Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS TRALA 15ª Xda DAS LIGAS DE FUTSAL DE BASE "COSTA DA MORTE".
Martes, 19 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FÚTSAL BASE
-"COSTA DA MORTE"-      

As ligas de fútsal de base "Costa da Morte" afrontan o treito final.

-Manuela Rial e EMF Vimianzo loitan polo título en Benxamíns-
-Fisober e Baleas dispútanse o título de Alevíns-
-Resultados e clasificacións 15ª Xornada-

15ª Xornada das Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte", e as cousas non varían. Os favoritos das duas categorías seguen a gañar, e o que teña un traspés quedarase sen o premio do título. Todo esto pola igualdade e coa ventaxe para os que teñen máis encontros gañados que trasladan aos segundos a tensión de ter que gañar os que teñen pendentes. Na categoría de Benxamín, o Colexio Manuela Rial segue lider e segundo, EMF Vimianzo, suma 6 menos pero con 2 encontros menos disputados. Nos Alevíns, o lider Fisober Dumbría, descansou e agora cos encontros igualados o FS As Baleas colócase a 3 putnos, pero neste caso cos mesmos encontros disputados. Cos mesmos puntos ca os rapaces camariñáns colócase terceiro o Concello de Fisterra, pero este cun encontro máis ca os "baleeiros"...Abre a nova o completo para ver os resultados, as clasificacións que nos fai chegar Fran "Pioto.

Segue cos resultados, clasificacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O BERGANTIÑOS FEMININO CF VOLVE A SENDA DO TRUNFO NA 22ª Xda DA 2ª DIVISIÓN FEMININA G2, (Crónica e moito máis).
Martes, 19 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-22ª Xornada-      

Carla Pose debutou cas carballesas xogando 40 minutos.

Bandeira SD 0-1 Bergantiños Feminino CF
-O equipo carballés retorna a senda do trunfo-

Retornou a senda do trunfo o Bergantiños Feminino CF na 22ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2, tras duas derrotas consecutivas ante os de arriba, nun encontro no que a "Killer" do equipo, María Ínsua, facía o único tanto do encontro, 12º da sua conta particular. Destacar o debut no equipoda xove cormelá, Carla Pose...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán, así como as clasificacións da liga e goleadoras, e outros datos.

Segue coa crónica, clasificacións, pichichis, etc...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"VITORIA MOI TRABALLADA POLA MÍNIMA DO ED AS MÚDAS NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININ
Martes, 19 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-22ª Xornada-      

O Puentearnelas foi o rival máis complicado dos últimos para as Miúdas.


SD Puentearnelas 0-1 ED As Miúdas
-Vitoria moi traballada do equipo muradán-

Tocou poñerse o mono de traballo para as rapazas do ED As Miúdas na 22ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, o sexto clasificado da liga púxolle as cousas moi difíciles as muradanas que gañaban pola mínima por primeira vez nesta tempada. Un gol de María Dosil aos 22 minutos de xogo foi o que decantou o choque para seguir defendendo a 3ª praza do podio ligueiro...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro do ED As Miúdas, que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ : "OS QUE LEVAMOS MÁIS TEMPO NESTO TEMOS QUE DAR UN PASO Ó FRONTE".
Luns, 18 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Quique xa suma 13 dianas 3 menos ca sua mellor marca na élite.

-Quique González : "A xente que levamos máis tempo nisto debemos dar un paso á fronte. Axudar, que se note esa experiencia"-

Rolda de prensa de Quique González, un dos "Top 5" a hora de sair a falar e decir algo saíndose dos tótip
cos de sempre ou de contestacións valeiras. O dianteiro vallisoletano do Depor só pensa en adestrar ben e gañarlle ao UD Almería o venres, (21:00 horas), para comezar a "sumar de 3 en 3 e ir partido a partido". Quique enfrontarase ao que foi varios anos o seu equipo, no que acadou a cifra dos 16 goles e que espera superar este ano : "o importante non é os goles que marque, senón que valgan para o equipo. Si que me gustaría superar a cifra que acadei no Almería, pero que valgan para algo". O ariete deportivista aboga porque os que teñen máis táboias son os que teñen que "dar un paso ó fronte nestes intres"..Abre a nova ao completo para ver as verbas de Quique González

Segue coas verbas de Quqie González e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
1ª GALICIA G2, (26ª Xda) : "O FIOSTERRA LÉVASE O DERBI ANTE O DUMBRÍA. VITORIA DO BAIO, E DERROTAS DE SONEIRA E ESTEIRANA".
Luns, 18 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-26ª Xornada-


Makaay fixo dobrete ante o seu ex.

-O Fisterra lévase o derbi consteiro ante o Dumbría e aguanta en posto de promoción. Vitoria do Baio para afinzar a 4ª praza e derrota pola mínima da Esteirana que fixo sufrir o lider-

Hoxe por problemas co editor que nos chegan por mor do antigo servidor non vos podemos traer as crónicas cos comentarios de tódolos adestradores coma normalmente polo peso da información. Estamos traballando na nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques e deixar atrás tódolos problemas que estamos a ter ultimamente, polos que vos pedimos desculpas.

26ª tirada da 1ª Galicia G2, cun derbi que amosou unha vez máis a necesidade dunha 1ª Galicia da Costa. Ambente de luxo no "Ara Solis" fisterrán para ver un derbi por todo o alto e no que o SD Fisterra con dous ex do CF Dumbría como Adrián "Makaay", que fixo dobrete, e Bruno, deixaron os puntos na casa. Os fisterrán seguen na promoción e a 3 puntos do lider Sigüeiro CF, que sufreu para levarse os 3 puntos ante a SCDR Esteirana, (0-1) que mereceu máis e plantou cara a pesares das baixas e dobraba o xeonllo no 77 cando facía o seu gol o lider. Pola sua banda o CD Baio goleaba ao UD Bastavales, (1-3), para afianzar a 4ª praza e seguir presionando o 3º, Flavia SD. Adiantábanse moi pronto os baieses con goles de Santi Díaz, (8´) e Martín "MC", (12´), e tras acurtar os locais de penalti o fío da hora de xogo, de novo "MC" via porta para finiquitar o encontro. Caía o SD Soneira ante o Chaián CF, (1-2), nun choque no que os vimianceses igualaron o gol inicial dos visitantes cun tanto de Aarón e vía como se levaban os visitantes os 3 puntos tras materializar un penalti nos derradeiros iontres do choque...Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
3ª DA COSTA , (24ª Xda) : "CORISTANCO VOLVE A FACER HISTORIA E O CABANA ACADA O ASCENSO. FALTA UN POSTO DA PROMOCIÓN".
Luns, 18 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-24 Xornada-

O Coristnco volveu a facer historia ante o Camariñas.
 
-O SD Coristanco volve a ser campión e o Cabana SD ascendido-
-Tres equipos para un posto na promoción de ascenso-

Hoxe por problemas co editor, que nos chegan por mor do antigo servidor, non vos podemos traer as crónicas cos comentarios de tódolos adestradores coma normalmente polo peso da información. Estamos traballando na nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques e deixar atrás tódolos problemas que estamos a ter ultimamente, polo que vos pedimos desculpas.

Aquí tedes tódolos resultados, clasificación e vindeira xornada da 3ª da Costa na que ttal e como vos apuntamos no día de onte o SD Coristanco proclamábase campión a falla de 2 xornadas para o final da liga. Os da "Terra da pataca" derrotaban 4-1 ao FC Camariñas ante a sua afección. Dase a casualidade de que fai 32 anos o equipo coristanqués gañaba a Copa da Costa ante o clube camariñán e volve a celebrar un título ante o mesmo rival neste 2019 que o clube verdibranco cumpre o seu 40 aniversario. O sábado 30 de Marzal a diretiva ten programada unha festa no encontro da derradeira xornada de liga na "Rocheira" ante o Sporting Seaia. Unha festa para celebrar o título na que haberá unha orquestra e na que está invitado todo o pobo de Coristanco. Agora os rapaces de Eloy Calvo queren completar a liga iunvictos. Outros que tamén festexaron foron os do Cabana SD que como xa vos adiantamos onte, acadaban ca vitoria sobre o UD Corcubión, (4-2), o ascenso direto a Liga da Costa. Agora falla saber quen será o que acompañne a SD Castríz, CF Porteño e Outes CF na promoción. O que máis papeletas ten é o FC Camariñas que ocupa a 6ª praza con 32 puntos, 3 máis ca CF Castrelo e SD Laxe...Abre a nova o completo para ver a clasificación e a vindeira xornada.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Coristanco e Cabana SD : xogadores, técnicos, diretivos, axudantes dos clubes, e como non aos afeccionados.

Segue ca clasificación e vindeira xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA DA COSTA , (24ª Xda) : "O MAZARICOS MÁIS LIDER COA DERROTA DO CORME E POR ABAIXO VITORIAS IMPORTANTES".
Luns, 18 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-24 Xornada-

Un tanto de Yago deulle 3 puntos importantes o Mazaricos ante o Buño.
 
-O Mazaricos máis lider coa derrota do Corme-
-Por abaixo vitorias e derrotas importantes-

Hoxe por problemas co editor que nos chegan por mor do antigo servidor non vos podemos traer as crónicas cos comentarios de tódolos adestradores coma normalmente polo peso da información. Estamos traballando na nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques e deixar atrás tódolos problemas que estamos a ter ultimamente, polos que vos pedimos desculpas.

Aquí tedes tódolos resultados, clasificación e vindeira xornada da Liga da Costa na que temos que destacar a vitoria sufrida do lider CF Mazaricos sobre o SCD Buño, cun tanto de Yago Dosil aos 42 minutos de xogo, este trunfo unido ao inesperada derrota do Corme CF ante o UD Cerqueda por 2-0 con goles de Crístian, (9´) e Diego, (40´), fan que os mazariquenses sexan máis líderes con 6 puntos de ventaxe sobre os cormeláns que no medio do malo, os seus imediatos perseguidores pola promoción non gañaron. O Volantes empataba na casa do SCD Malpica, (3-3) e o SD Ponteceso caía na casa do CD Muros, (2-0). Volveu a senda do trunfo o Muxía CF que tivo en Javi Toja ao seu mellor home, conseguindo remontarlle un 2-0 ao CF Lira cun "Hat-trick" do xove canteirán, ao que acompañaron goles de Víctor Alcaina e Mario Romaní, para completar o 2-5 final. En "terra de ninguén", (falando da clasificación), o xa desafiuzado SD Ameixenda caía ante o CD Baiñas, (0-2), ca primeira vitoria de Sanchiño no banco baiñés, ao igual ca José Barca que acadaba a sua primeira vitoria co Sporting Zas que vencía pola mínima cun gol en propia porta do ceense Brais, (86´), cando todo apuntaba o empate. Trunfo vital ante un rival pola permanenza que queda moi tocado, ca vitoria do CD Muros e ca do UD Monte Louro nas "Pedreiras" ante o SD San Lorenzo, (1-4). por unha vez aos de Óscar Leis entroulles a pelota, con dobretes de Iván, (10´e 46´) e José Louro, (57´e 61´). O gol verdillés chegaba de penalti por medio de Luciano no 90´...Abre a nova o completo para ver a clasificación e a vindeira xornada.

Segue ca clasificación e vindeira xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREFERENTE NORTE : "VITORIAS DE XALLAS E NEGREIRA, EMPATES DE SOFÁN E ARTEIXO E DERROTA DO NOIA".
Luns, 18 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-29 Xornada-

Resultados dos equipos da "Zona Pirata".
 
-Vitorias de Negreira e Xallas, empates de Arteixo
e Sofán e derrota do Noia-

O CF Noia caía pola mínima ante o Puebla CF no que se pode catalogar como un derbi, nun choque que se resolvía no derradeiro suspiro cando Papa Ibrahima batía a Alberto, (87´). Foron os noieses os únicos que caeron derrotado dos equipos da nosa maior zona de seguimento. O Xallas FC acadaba un importante trunfo na loita pola permanenza o golear ao colista Agrupación Estudiantil, (0-5), con goles de Álex Blanco, que facía un "Hat-trick", o terceiro deles de penalti, (14´, 47´e 91´), e os outros dous goles, un en propia porta de Mamadou, (76´) e o outro de Iago López, (87´). O SD Sofán sacaba 1 punto da casa do CSD Arzúa, (1-1), nun encontro no que se adiantaban os sofanistas por medio de Iván Rey o fío da hora de xogo, (58´) e empataban no derradeiro treito do arzuanos, por medio de Brais, (74´). Tamén acadaba unha igualada o Atlético Arteixo e facíao ante o CD Foz, (2-2). Dous goles de Oladapo, (76´e 87´), na parte final do encontro valíanlle aos arteixáns para sumar 1 punto, cando ían perdendo por 0-2. A vitoria da xornada chegaba por medio do SD Negreira que derrotaba a domicilio pola mínima ao Órdenes SD, no derbi montañés. Un gol de José Luis Cea no 92 dáballe os puntos aos nicranienses...Abre a nova o completo para ver a clasificación e a vindeira xornada.

Segue ca clasificación e vindeira xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CORISTANCO CAMPIÓN DA 3ª DA COSTA E CABANA ASCENSO DIRETO.
Domingo, 17 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
Coristanco e Cabana celebraron nos seus campos os éxitos acadados.

-SD Coristanco campión e ascenso direto do Cabana SD-

-A falla de duas xornadas para o final de liga-

Xa o decíamos na previa que a 24ª xornada da 3ª da Costa tiña moito en xogo e así foi. Que o SD Coristanco firmase unha temporada excelente era cuestión de días. Ou era nesta ou era noutra, pero os rapaces de Eloy Calvo tras acadar o "Martes de Entruido" o ascenso direto, ían a polo título de liga e hoxe ante o FC Camariñas podían acadalo e así foi, (4-1). Pola sua banda o Cabana SD necesitaba gañar para sacarse tensións e finiquitar o ascenso direto a Liga da Costa polo que loitaban co SD Castríz que terá que xogarse o ascenso na promoción trala vitoria dos de Fernando Mato e Pablo Rodríguez ante o UD Corcubión, (4-2)...Abre a nova ao completo para ver os reultados da xornada...

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Coristanco e Cabana SD : xogadores, técnicos, diretivos, axudantes dos clubes, e como non aos afeccionados.

Segue coa axenda da xornada nas 3 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DE RESULTADOS DE TODO O FÚTBOL SENIOR E BASE DA COSTA.
Domingo, 17 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Pirata-News
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e Galega,  Costa e Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte e Sur e Prebenxamíns.
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e Galega, Cadetes da Costa e Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte, Sur e Centro, (5º) Benxamíns F8 Grupo Norte, Sur e Centro, (5º) e Prebenxamíns da Costa. Nos alevíns e benxamíns norteños e sureños Copa e fase final da loita polo campionato de liga. Despois durante este luns 18, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible...Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DA 1ª GALICIA G2, LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA : "UN DERBI, UN CAMPIÓN E UN ASCENSO DIRETO EN XOGO".
Domingo, 17 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
AXENDA DO FÚTBOL DA COSTA

O Coristanco pode sair hoxe campión da 3ª da Costa.

-Un Derbi, un campión e un ascenso direto nesta xornada-

-1ª Galicia G2-Liga da Costa-3ª da Costa-

 A 24ª xornada da 3ª da Costa e da Liga da Costa, é 26ª na 1ª Galicia G2. N 3ª da Costa hoxe o SD Coristanco se vence ao FC Camariñas, (17:30 horas), na "Rocheira" convertiríase en campión de liga a falla de duas xornadas para rematar o campionato e o Cabana SD se derrota ao UD Corcubión nas "Redondas", (16:30 horas) acadaría o ascenso a Liga da Costa. Nesta liga, tal e como vos adiantamos onte na oprevia xogouse un encontro, o único que se xogou onte no fútbol senior costeiros e no que o SD Camelle con Barreiro de porteiro pola baixa dos seus dous metas empataban co CF Castrelo, (1-1), no "Rodeiro". Adiantábanse os camelláns o fío do descanso cun tanto de Miguel Riveiro, (44´) e empataba no derradeiro suspiro Picallo para os vimianceses, (88´). Na Liga da Costa o lider CF Mazaricos recibe na "Pedra d´ouro" ao SCD Buño, (16:30), nun encontro que ambos se xogan moito, un por arriba e o outro por abaixo e o segundo clasificado o Corme CF ten unha complicada saida ao "Xaviña", ante o UD Cerqueda, (17:00). Na 1ª Galicia G2 o encontro máis destacado dos nosos é o derbi costeiro no "Ara Solis, antre o SD Fisterra, e o CF Dumbría, (17:00), con moitos xogadores que xogaron en ambos clubes, ata o adestrador fisterrán, así como a Copa da Costa que se xogaron antre ambos no semblante. O peor clasificado dos nosos, a SCDR Esteirana recibe ao lider Sigüeiro CF, no "Xosé Luis Vara", (17:00)...Abre a nova ao completo para ver os horarios e enfrontamentos da xornada na 3 ligas...

Segue coa axenda da xornada nas 3 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
SÓ UN ENCONTRO ESTA TARDE EN TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA.
Sábado, 16 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-24ª Xornada-


O Camelle, está a sufrir un "Vía crucis" para xubntar un "once" este ano.

-Só un encontro hoxe en todo fútbol senior costeiro-

-Esta tarde Camelle-Castrelo-

 A 24ª xornada da 3ª da Costa, é a única liga senior costeira na que se xoga algo. A pasada semana nen eso, e en grande medida por mor da "Mikaela" de Buño, que afectou ata os horarios do fútbol base. Na tarde de hoxe xógase o SD Camelle-CF Castrelo, (16:30 horas), un encontro vital para os vimianceses para seguir vivos na loita polos dous postos de promoción de ascenso que ainda están no ar e que ocupan Outes CF, (5º) e FC Camariñas, (6º). Os camelláns que eran un dos equipos costeiros que se contancas mans que teñen dous porteiros, non poderán contar cun deles, David "Pesco", o sufrir a pasada semana a rotura do "Talón de Aquiles" e o outro por cuestións de traballo...Abre a nova ao completo para ver os horarios e enfrontamentos da xornada na 3ª da Costa...

Segue coa axenda da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DA REDE DO FÚTBOL BASE DA COSTA E LIGAS GALEGAS CON EQUIPOS COSTEIROS DENDE XUVENÍS A PREBENXAMÍNS.
Sábado, 16 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-AXENDA DO FÚTBOL BASE COSTEIRO-

Tódalas ligas con equipos da costa nas nosas foto-montaxes.

-Encontros dos Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns-

-Tódolos enfrontamentos, días e horas dos encontros-

Aquí tes a nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes a axenda das ligas de base de : Xuvenís da Costa e Liga Galega, Cadetes da Costa e Galega, Infantís da Costa, Alevíns, (Costa Norte, Sur e Centro), e Benxamíns, (Costa Norte, Sur e Centro), e Prebenxamíns da Costa, todas nun mesmo artigo para ver con maior comodidade todo o que temos no noso fútbol esta fin de semana. Nos benxamíns norteños e sureños xa temos algun resultado de onte venres. Nestas ligas comezan as liguiñas polos títulos de liga e as da 1ª Fase da Copa da Costa...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes con tódalas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


 
AXENDA . "COMEZAN AS LIGUIÑAS DA COPA E POLOS TÍTULOS NO FÚTBOL 8 BASE E XORNADA NO GRUPO CENTRO E PREBENXAMÍNS".
Venres, 15 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-FÚTBOL 8 DA COSTA BASE-      

Longa fin de semana no Fútbol 8 con moitos encontros.

-Comezan as liguiñas da Copa da Costa e da loita polos títulos-
-Alevíns e Benxamín Grupos Norte e Sur-
-7ª Xornada Alevíns e Benxamíns Grupo Centro e 8ª de Prebenxamíns-

Aquí tes Tódolos enfrontamentos, datas e horarios do Fútbol 8 Alevín, Benxamín e Prebenxamín da Costa. Nos Alevíns e Benxamíns da Costa Norte e Sur comezan as liguiñas tanto da Copa da Costa como da loita polo título de campións de liga, polo que varios equipos terán dous encontros estes días. Hoxe mesmo xa hai enfrontamentos, e completaranse antre mañán sábado e o Domingo, agás dous encontros que se atrasan ao día 19 e 22 de Marzal. Tamén temos a 7ª xornada nos Alevíns e Benxamíns da Costa Grupo Centro, (5º) e nos Prebenxamíns, (Grupo único). Abre a nova ao completo para ver tódolos enfrontamentos, datas e horarios, así coma o sistema de competición tanto na loita pola Fase Final da Copa da Costa, a que se unirán os equipos do Grupo Centro o acabar as ligas, e da loita polos títulos de liga.

Segue coa axenda de encontros e a información ampliada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA MÁIS CA INTERESANTE DE CARMELO DEL POZO.
Xoves, 14 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Carmelo deu conta de tódalas preguntas dos xornalistas.

-Carmelo del Pozo : "É o momento no que todos temos que dar un paso adiante e saír adiante destas complicacións"-

Rolda de prensa con tódalas frase do Director Deportivo do RC Deportivo, Carmelo del Pozo falando de tódolos temas como en él é habitual, falando con firmeza e sen deixar dúbidas...Abre a nova ao completo para ver as verbas deCarmelo del Pozo.

Segue coas verbas de Carmelo del Pozo e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "PRESENTACIÓN DE VÍTOR SILVA E NOVAS BREVES".
Xoves, 14 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

O portugués Vítor Silva foi presentadoi no día de hoxe.

-VÍTOR SILVA : "Son un xogador con características máis técnicas que físicas. Un xogador de último pase, de posesión de balón, de xerar xogo. É o meu perfil"-
-Escolma de novas breves-

O portugués Vítor Silva foi presentado antes do adestramento deste xoves acompañado por Carmelo del Pozo que despois de que falase o xogador atendeu as preguntas dos xornalistas. O xogador portugués defineuse coma "un xogador máis técnico que físico" e dixo que o seu "intermediario foi Natxo". O xogador de Penafiel, (Portugal), ven a reforzar o sitio deixado por Carles Gil, (que tampouco deixou moito), xa que Matías Nahuel é máis un extremo. O luso xogará co número 25...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Vítor Silva e as novas breves.

Segue coas verbas de Vítor Silva e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "EDU EXPÓSITO "XOGADOR ESTRELLA" E 2 ENCONTROS DE SANCIÓN, (NOVAS BREVES).
Mércoles, 13 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Dous encontros de sanción para Edu Expósito.

-Edu Expósito "xogador estrella" e 2 encontros de sanción-
-Escolma de novas breves-

O crecemento que está a amosar Edu Expósito non pasa desapercibido para ninguén. Tanto é así que a cantinela que máis se oe nas gradas de Riazor e nos debates dos bares é que : "a este para o ano lévannolo". Madurou e moito e recibe o premio ao "Xogador Estrella" por segunda vez no que vai de tempada. Socios, afeccionados e xornalistas elixírono coma o mellor xogador do pasado mes. Hoxe mesmo recibía a nova de que lle caían 2 encontros de sanción pola entrada que facía no encontro do pasado Domingo ante o UD Las Palmas polo que se perderá o encontro ante o UD Almería e o seguinte ante o Real Oviedo, pois segundo a LFP o encontro desta semana que se tiña que xogar co Reus Deportivo e que se lle da por gañado ao equipo deportivista por 1-0, non conta para as expulsións. O que sí conta é que este ano os comités e os colexiados estanse a cebar e de que maneira co Depor a hora dos cartóns vermellos e das sancións que conlevan, e non imos a numeralas porque foron moitas, sendo o equipo que menos faltas fai da categoría e un dos que máis recibe. No encontro do pasado luns antre o Málaga e o Osasuna, houbo entradas como a de Edu Expósito que non recibiron nen cartón. Un encontro que na primeira metade repateuse máis leña que nun asador arxentino...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Edu Expósito e as novas breves.

Segue coas verbas de Edu Expósito e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA PASADA XORNADA DO TENIS DE MESA COSTEIRO E PREVIA DA VINDEIRA.
Mércoles, 13 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA

Dobre de A Baña-Narón na concentración da 2ª Nacional Feminina.

-Crónica e resultados da xornada e previa dos vindeiros compromisos-
-Equipos da Costa da Morte-

Tremenda foi a pasada xornada, tal e como vos apuntábamos na previa, con grande cantidade de encontros e ca concentración da 2ª Nacional Feminina, na Baña, que gozou de deporte, gastronomía, confraternidade e divertimento para tódalas participantes. Aquí tes todo o que deu de sí a pasada xornada no Tenis de mesa con equipos da Costa da morte involucrados. Tódalas crónicas, resultados e previas da man de Stevo Zas para www.piratasdemuxia.es.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O BERGANTIÑOS FEMININO CAE INXUSTAMENTE ANTE O 3º CLASIFICADO DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2.
Mércoles, 13 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-21ª Xornada-      

Noe e Tamy, (Bergantiños), pugnan por un balón con Begoña, (Abella).

Bergantiños Feminino CF 2-3 SE Abella SDEC
-O fútbol foi inxusto unha vez máis co Bergantiños Feminino-

Retornou a competición tralo parón do "Entruido" ca 21ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2, e as rapazas bergantiñanas recibía o 3º, SE Abella SDEC. Volveu a ser inxusto o fútbol cas rapazas carballesas e se antes do parón perdían pola mínima co lider Betanzos, (1-0), merecendo polo menos o empate, dista volta e ante un dos "cocos" tamén facían un encontro como para levarse a lo menos 1 punto. Puxéronse 2-0 na primeira metade, pero na segunda topáronse ca dianteira Laura Raña, que suma 17 tantos nesta liga e que decantou o encontro ca remontada...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán, así como as clasificacións da liga e goleadoras, e outros datos.

Segue coa crónica, clasificacións, pichichis, etc...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O ED AS MIÚDAS GOLEA DE NOVO NA 21ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL E SEGUE ENGRANDECENDO A SUA HISTORIA.
Martes, 12 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-21ª Xornada-      

O "Campo O Pombal" veu unha nova exhibición das Miúdas.


Juventú Cambados 0-5 ED As Miúdas
-O equipo muradán segue engrandecendo a sua historia-

Nova goleada do ED As Miúdas na 21ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, batindo os seus propios records neste segundo ano de competición, en canto a vitorias, (16), derrotas, (tan só 4), goles marcados, (93), encaixados, (27), puntos, (49), máxima goleadora, (Bárbara, 38), e todo o que se lle está a poñer por diante, incluida a posición na táboa, na que tras esta goleada sobre o Juventú Cambados, (0-5), seguen como terceiras e con opcións de loitar pola segunda...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro do ED As Miúdas, que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

ACCESOS DIRETOS

 
SIGUENOS AQUÍ, (Preme)
 
REXÍSTRATE
 
COPA DEPUTACION

 
COPA FEDERACIÓN

 
FÚTBOL-8 COPAS DA COSTA 2018

 
COPA DA COSTA 2018

 
COPA VETERANOS 2018

 
COPA DA COSTA XUVENIL

 
COPA DA COSTA CADETES 2018

 
COPA DA COSTA INFANTIL 2018

 
COPA PROVINCIAL FEMENINA

 
COPA DA CORUÑA

 
RESUMO 2014
 
MUXIA CAMIÑANDO CARA O MAR
 
SALÓN DA FAMA

 
ESPECIAIS

 
Theme creado por dev-postnuke.com