Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

1, 8 E 15 DE XULLO "XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DO ED OS MIUDOS" DE MUROS.
Martes, 20 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO "OS MIUDOS""

           
-As xornadas erán os días 1, 8 e 15 de Xullo"-
-En Muros, Louro e Esteiro-

A Escola Deportiva Os Miudos de Muros, "Piratiña da Costa" polo seu traballo no fútbol base, orgañiza as primeiras "Xornadas de Fútbol Feminino", un evento pioneiro na zona sur da costa e que se espera que atraia a moitas rapazas : "con gañas de facer deporte e formar parte dun novo proxecto deportivo na nosa comarca", decíanos Fran Figueroa, un dos membros da escola deportiva muradana. A presentación das xornadas de fútbol feminino, terán lugar no Salón de Plenos do Concello de Muros o día 1 de Xullo a partires das 12:00 horas. Nela estarán presentes, Manu Sánchez e Alba Rodríguez, adestrador e preparadora física do Deportivo Feminino, respectivamente. Xa pola tarde a partires das 16:00 horas, terá lugar a primeira toma de contacto co balón, no "Eleuterio Balayo" de Muros. O día 8 será o turno para o "Agra de Filgueira" en Louro, a partires das 11:00 horas, e o terceiro día distas xornadas, será no "Xosé Luis Vara" en Esteiro, o día 15 de Xullo, a partires das 18:00 horas. Dende  ED Os Miudos de Muros, invitan a todas aquelas rapazas de 13 anos en vante a acudir a estas xornadas, que son totalmente de balde e co obxetivo de nun futuro próximo formar equipos de fútbol feminino na zona. De seguro que non tardaremos en ver competindo ao ED As Miudas.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO G1º: "ESPECIAL : RESUMO DA LIGA E DA TEMPADA DO BERGANTIÑOS CF".
Martes, 02 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-30ª Xornada-

                          As bergantiñanas despediron a liga ante o Sporting Burgo

-Especial resumo do Bergantiños Feminino CF e da liga-
-Remata a liga co "Bergan" nun meritorio 10º posto-
-Marcáronse nesta liga 1.226 goles a 5,87 por encontro-

Rematou a liga nesta 2ª División galega de Fútbol Feminino G1 e o debutante Bergantiños Feminino a pesares de ser un equipo "novel", sen experienza na grande maioría das suas xogadoras, acadou un meritorio 10º posto. Despideu a tempada con derrota nun encontro no que de gañar acabaría un chanzo máis arriba. Agora toca xa centrarse na sua primeira participación histórica na Copa Feminina de Fútbol, na que recibe xa este vindeiro Domingo ao Antas SD nas Eiroas a partires das 16:30 horas, co encontro de ida.

Marcáronse nesta xornada
50 goles a 7,14 por encontro. Rematou a competición ligueira con 1.226 goles, cunha media impresionante de 5,87 por encontro.

Aquí tes un resumo do que foi a liga para o Bergantiños Feminino CF e a liga en conxunto.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O COMBINADO DA COSTA FEMININO DERROTOU A SUB 15 CORUÑESA NO AMISTOSO DE BUÑO.
Martes, 02 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

-AMISTOSO-

 

                   Combinado da Costa, (azul), e Selección Coruñesa Sub-15, (amarelo).

-Xaviña se convirtió en una fiesta del fútbol femenino-

El Combinado de la Costa y la Selección Coruñesa Sub-15 convirtieron el Campo de Xaviña en una auténtica fiesta del fútbol femenino e hicieron las delicias del numeroso público presente en las gradas. O resultado que era o de menos foi de 2-1 para as rapazas costeiras.


Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A ASOCIACIÓN VIDÚ RECUPERA A SELECCIÓN DA COSTA FEMININA DE FÚTBOL QUE XOGARÁ O DÍA 1 EN BUÑO.
Mércoles, 26 Abril, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

FÚTBOL FEMININO FEMININA
-Amigable-




-A Selección da Costa de fútbol feminino xogará en Buño-
-Xogará ante a Seleccíón Sub 15 Coruñesa-


A Asociación Deportiva Vidú segue apostando polo deporte feminino e co apoio da Federación Galega de Fútbol creou a Selección da Costa de fútbol feminino, a cal debutará o vindeiro luns 1 de maio no Campo de Xaviña (Buño) ante a Selección Coruñesa Sub-15. Dirixirán ao convinado costeiro David Castro e María Varela. Pola banda das coruñesas o seu adestrador é Gueli Cotelo. A Costa da Morte é unha zona cunha gran tradición futbolística e na cal, actualmente o fútbol feminino está en pleno auxe.

Xa se teñen dado encontros con Seleccións da Costa de Fútbol Feminino, as derradeiras orgañizada polo Fisober FSF no Trofeo Concello de Vimianzo, (duas edicións), pero ata o de agora non se consolidou por medio dun ente que perpetúe os encontros dunha seleccción das nosas rapazas e agora quere sentarse unhas bases para darlle unha continuidade a selección.


Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO G1, (29ª Xda) : 2O BERGAN FEMININO DESPIDE A TEMPADA COMO LOCAL CON DERROTA".
Martes, 25 Abril, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-29ª Xornada-

                          As bergantiñanas despediron con derrota a tempada nas Eiroas.

Bergantiños Feminino CF 0-3 Antes SD
-Posiblemente o peor encontro das carballesas nesta tempada-
-O Ural CF campión de liga-

Mal partido do Bergantiños Feminino que nos primeiros 45 minutos xa perdía tódalas opcións ante un SD Antas que dominou e marcou os goles na primeira metade e que controlou o encontro na segunda sen pasar apuros. Pola sua banda o Ural CF rematou a sua participación nesta liga xa que na derradeira xornada que se disputará a vindeira fin de semana descansa, pero faino co título de campión baixo o brazo. As coruñesas gañaron 27 encontros dos 28 que conta a competición e perderon un, sumando 187 goles a favor por tan só 13 en contra. A suas máximas goleadoras, nun equipo que reparteu moito os goles antre as rapazas do equipo, foron :  Lucía Rosado con 38 e Alba Suárez con 32 e Sara Iglesias con 24.

Marcáronse nesta xornada 36 goles a 5,14 por encontro. No que vai de tempada lévanse marcado 1.176 goles, cunha media impresionante de 5,82 por encontro.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIV. GALEGA DE FÚTBOL FEMININO G1, (28ª Xda) : "GOLEADA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF A DOMICILIO".
Martes, 11 Abril, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-28ª Xornada-

                          As bergantiñanas van o parón tras golear o Brexo Lema.

Brexo Lema SD 1-5 Bergantiños Feminino CF
-As carballesas vanse o parón de Semana Santa
con boas sensacións-

Bo partido do Bergantiños Feminino que nos primeiros 45 minutos xa deixaba o partido encarrilado con tres goles de diferenza, para acabar goleando o Brexo Lema por 1-5. Vanse as carballesas o parón de Semana Santa con moi boas sensacións. Retomarase a competición o vindeiro 23 de Abril.

Marcáronse nesta xornada 24 goles a 4 por encontro. Bo rexistro a pesares de xogarse un encontro menos, o aprazado para o vindeiro día 19 o Sporting Cambre-Eirís SD, que se xogará  no "Dani Mallo" de Cambre a partires das 21:00 horas. No que vai de tempada lévanse marcado 1.140 goles, cunha media impresionante de 5,85 por encontro.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
"A SELECCIÓN CORUÑESA FEMININA DE FÚTBOL SUB15 XOGARÁ UN AMISTOSO EN CABANA.
Xoves, 06 Abril, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
SELECCIÓN CORUÑESA FEMININA
-Amigable-

                     Gueli Cotelo, (der) é o seu preparador.

-A Selección Coruñesa de Fútbol Sub15 xogará en Cabana-
-Será o vindeiro 11 de Abril contra os infantís do cabaneses-

O vindeiro martes 11 de Abril ás 17:00 horas disputarase no Campo Municipal das Redondas, (Neaño-Cabana), un partido amigable entre o Cabana Infantil e a Selección Coruñesa Feminina sub 15. 
O partido serve de preparación para a Fase Final do Campionato Galego para o combinado adestrado por Gueli Cotelo.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO, (26ª Xda) : "O BERGANTIÑOS PLANTA CARA O 5º CLASIFICADO".
Martes, 28 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-26ª Xornada-

                       As bergantiñanas plantáronlle cara o 5º clasificado.

Bergantiños Feminino CF 0-1 Imperator OAR
-Bo encontro das carballesas que caeron o final-

Un gol de Aroa en el 86 tras una buena jugada individual, da los tres puntos a las visitantes en un buen partido de las carballesas. Claramente se nota la mejoría de un Bergantiños que se enfrentaba por tercera vez en la temporada al Imperátor. En pretemporada ganaban las coruñesas por 9-1 y en la primera vuelta por 5-0. Ahora 0-1 y casi en el descuento.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIV. FEMININA DE FÚTBOL GALEGO G1, (25ª Xda) : "O BERGANTIÑOS SAEU MAL O ENCONTRO E ACABOU GOLEADO".
Mércoles, 22 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-25ª Xornada-

                       As bergantiñanas sairon mal de inicio no "Oseiro" e acabaron goleadas.

SCD Pastoriza 5-0 Bergantiños Feminino CF
-O Pastoriza resolveu o encontro en 30 minutos-

As rapazas do Bergantiños Femenino, víronse soprendidas polo potencial goleador do SCD Pastoriza que en media hora resolveu o encontro. Nada puideron facer as rapazas bergantiñanas ante o 3º clasificado na segunda metade a pesares de sairen máis concentradas e gozaren de varias ocasións de gol para como mínimo "maquillar" o resultado.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIV FÚTBOL FENMININO GALEGO G1, (24 Xda) : "GOLEADA DO BERGANTIÑOS FEMININO".
Martes, 14 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-24ª Xornada-

                       As bergantiñanas seguen a amosar o seu crecemento.

Bergantiños Feminino CF 10-0 Brexo Lema SD
-Segunda maior goleada na historia do Bergantiños Feminino-
-Terceira vitoria consecutivo das bergantiñanas-

Terceira victoria consecutiva para as rapazas do Bergantiños Femenino, e segunda maior goleda na sua corta historia na competición. Na 2ª xornada de liga e ca inexperiencia de ser debutantes, facíanlle un 11-0 ao Sporting Cambre. Dista volta quedaron a un gol de igualar esta marca tras endosarlle un 10-0 as colistas do Brexo Lema SD, pero o máis importante neste grupo de rapazas dirixidas por Gueli Cotelo e María Varela, é o crecemento que viñeron e van amosando nesta primeira incursión do Bergantiños CF no fútbol feminino, e que axuda a un futuro próspero do equipo, e a animar as rapazas da zona a unirse o proxecto.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA, (23ª Xda) : "SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA DO BERGANTIÑOS FEMININO".
Mércoles, 08 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-23ª Xornada-

                       As bergantiñanas voltaron o campo no que debutaron historicamente na liga.

Eirís SD 0-2 Bergantiños Feminino CF
-Segundo trunfo consecutivo do Bergantiños Feminino-
-Vitoria no campo no que debutou o equipo bergantiñán na categoría-

Segunda victoria consecutiva para el Bergantiños Femenino que volvía a Meicende, campo histórico al ser en el que se disputaba el primer partido oficial en la primera jornada de liga. Y no fue el mejor partido de las carballesas en un encuentro en el que sí se dispuso de bastantes y muy claras ocasiones.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIV. FEMININA DE FÚTBOL, (22ª Xda) : "TREMENDO XESTO DE DEPORTIVIDADE DO BERGANTIÑOS FEMININO".
Martes, 28 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-22ª Xornada-

                           Saltaron o terreo de xogo 10 xogadoras por equipo.

Bergantiños Feminino CF 3-2 Portazgo SD
-Tremendo xesto de deportividade do Bergantiños Feminino-
-Saeu con 10 xogadoras o ter o outro equipo tan só 10-

O Bergantiños Feminino CF deu unha lección de deportividade e "Fair-Play" ante o Portazgo SD ao saltar o campo con 10 xogadoras o saber que o seu rival tan só contaba con 10 xogadoras. As rapazas de Gueli Cotelo e María ensináronnos a todos o que é a palabra "deportividade", e xestos coma estes fan que non poidamos máis ca darlles a nosa máis cordial noraboa e un aplauso interminable...Bravo!!!


Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GI : "EMPATE QUE SABE A POUCO DO BERGANTIÑOS FEMININO".
Venres, 17 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-20ª Xornada-

                           Os equipos gardaron un sentido minuto de silencio antes do inicio.

Bergantiños Feminino CF 3-3 SE Abella
-Empate que soubo a pouco para as bergantiñanas-


O Bergantiños Feminino CF sacou un punto no seu campo ante o SE Abella, nun encontro no que gañaban por 3-2 un encontro que lles igualaron as rivais nos derradeiros supiros do encontro. Aquí tes a crónica, goleadores, e previa da 21ª Xornada.


Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
XII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICA FEMININAS : "A GALEGA CAE CA CABEZA ALTA ANTE EUSKADI".
Domingo, 05 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
XII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL FEMININO
-2ª Fase-

                                                      As Sub 18 caeu ca cabeza alta.

-As Sub 18 cae inmerecidamente ante Euskadi, 1-2-
-As Sub 16 caeu por 0-4 ante o combinado vasco-


Derrota no minuto 92 do equipo feminino Sub 18 de Galicia que deixa as galegas fora da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Feminino.Mereceron máis as rapazas galegas pero a falla na definición condenou o equipo ante Euskadi que tras adiantarse na primeira metade cun gol de Enara, (28´) vía como lle empataban as galegas a volta de vestiarios por medio de Inés, (48´). Tivo en varias ocasións o combinado galego o gol da vitoria as portas, pero serían as anfitrionas desta segunda fase as que na derradeira xogada do choque poñían un inmerecido 1-2 no marcador, deixando as galegas como decimos automaticamente fora da Fase Final diste campionato. Pola sua banda a Selección Galega Sub 16 que tomou esa fase como adestramento ao non ter probabilidades de pasar a fase final, caía ante o combinado vasco por 0-4. As vascas sí estarán na loita polo título.


Galicia: Carmen Sumay, María Calvar, Lara Martínez, Laura Vázquez, Sara Debén, Tere Abelleira, Lía Muíño, Inés Faro (Tatiana Barcia, min.86), Nuria Rábano, Ana Iglesias (carolina Brañas, min.77) e Lucía Pardo.

Euskadi: Maitane Bravo (Nagore Burgoa, min.46), Saioa Martínez (Amaiur Sarriegui, min.74), Naira Maria Solis, Irune Maza (Marta San Adrian, min.60), Damaris Berta, Eider Murguia, Maialen Vega (Leire Manterola, min.70), Nerea Eizaguirre, Oihane Hernández, Nerea Kortabitarte e Enara Louvelli.

Goles: 0-1 Enara Louvelli (28'), 1-1 Inés (48'), 1-2 Enara Louvelli (92').

Arbitro: Adrián Merino Ortiz, auxiliado por Nahía Alonso e Igor Carrascal.

Incidencias: Campos de Lezama. Partido correspondente á Segunda Fase do XII Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-18 Femininas.

-Unha información achegada pola FGF-


 
A SELECCIÓN GALEGA FEMININA SUB 18 GOLEA A MURCIA E A SUB 16 EMPATA.
Sábado, 04 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL FEMININO
-2ª Fase-

                                                      As Sub 18 golearon a Murcia e volven a xogar hoxe.

-As Sub 18 golearon a Murcia por 0-5-
-As Sub 16 non pasaron do 0-0 ante a selección muriciana-


 As Seleccións Galegas Sub18 e Sub16 femininas de fútbol xogaron o seu primeiro encontro da Segunda Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Feminino, que se está a celebrar nas instalacións do Athletic de Bilbao en Lezama. As nosas chegan a esta segunda fase despois de sumar 3 puntos a Sub18, e con opcións a pasar a Fase Final. Non así ás Sub 16 que con e 0 puntos na primeira fase disputada en Castelldefels, non teñen opcións e tomarán esta fase como adestramento.

A Selección Sub 18 derrotaba a Selección de Murcia por 0-5 con goles de Inés, Ana e un "Hat-trick" de Tere, para sumar 3 novos puntos. No día de hoxe terán en fronte a Selección de Euskadi. As xuvenís galegas deben gañar e logo esperar os resultados das outras seleccións para ver se pasan a rolda final. 
Neste sentido, dous goles nun mesmo minuto, e no desconto, complicaron moito a clasificación. En primeiro lugar o 2-1 de Navarra ante País Vasco e tamén o empate, 1-1 de Castela A Mancha contra Madrid. Pero mentras hai vida hai esperanzas e as opcións matemáticas seguen existindo. Pola sua banda a Selección Galega Sub 16, xa sen opcións a pasar a rolda final,  non pasaba do empate a ceros ante a Selección de Murcia.


 
AS SELECCIÓNS GALEGAS FEMININAS DE FÚTBOL SUB 18 E SUB 16 RUMBO A LEZAMA.
Xoves, 02 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL FEMININO
-2ª Fase-

                                                      As Sub 18 teñen opcións a loitar polo título.

-A Sub18 e A Sub16 femininas disputan a 2ª Fase do Campionato de España-

 As Seleccións Galegas Sub18 e Sub16 femininas de fútbol tomaron hoxe a primeira hora viaxe rumbo a Bilbao, donde mañán venres e o sábado disputarán a Segunda Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Feminino, nas instalacións do Athletic de Bilbao en Lezama. As nosas chegan a esta segunda fase despois de sumar 3 puntos a Sub18 e 0 puntos a Sub16 na primeira fase disputada en Castelldefels na fase anterior. Polo tanto, a Sub18 ten posibilidades de clasificación para a Fase Final. Para iso terá que gañar os dous partidos, (ante Murcia e País Vasco), e esperar ós resultados dos outros grupos. A selección Sub16 enfocará estes encontros do campionato coa formación como elemento principal de traballo ao non ter opcións de clasificación.


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIV. GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1, (19ª Xda) : "DERROTA DO BERGANTIÑOS ANTE AS SEGUNDAS DA LIGA".
Mércoles, 01 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-19ª Xornada-

                           As bergantiñanas nada puidero facer ante as segundas da liga.

CF Deportivo Orzán 7-0 Bergantiños Feminino CF
-Vitoria sen paliativos das segundas da liga-


Aguantaron ben as carballesas o poderío do segundo clasificado, CF Deportivo Orzán na primeira metade, pero acabarían sucumbindo na segunda metade para acabar goleadas.


Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO BERGANTIÑOS FEMININO CF 1-2 CD OBRERO DA 2ª DIVISIÓN GALEGA G1.
Xoves, 26 Xaneiro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-18ª Xornada-

                             Bonito e disputado encontro antre Bergantiños e Obrero.

Bergantiños Feminino CF 1-2 CD Obrero
-As bergantiñanas fixeron méritos para máis-


Non puido ser e o final acabaron perdendo as rapazas de Gueli e María ante o CD Obrero, un encontro no que fixeron méritos dabondo como para a lo menos sacar 1 punto. Con todo iso, están situadas na 9ª posición da táboa e cando se enfrontan aos equipos da sua liga, o nivel que están a amosar é excelente, tendo en conta que iste é o primeiro ano do clube bergantiñán con representación no fútbol feminino, e ademáis é o primeiro ano para a maoría delas nista competición.


Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIV. GALEGA FEMININA DE FÚTBOL, (15ª Xda) : "O BERGANTIÑOS FEMININO DESPIDE O ANO GOLEANDO".
Martes, 13 Decembro, 2016 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-15ª Xornada-

                             O Bergantiños Feminino golea para despedir o 2016.

Bergantiños Feminino CF 4-0 Sporting Burgo
-As bergantiñanas acaban a primeira volta na metade da táboa-


Sobresainte para as rapazas de Gueli e María nista primeira
andadura na competición feminina acabando esta primeira tirada da competición na 9ª praza, cos mesmos 18 puntos co 8º o Eirís SD. As carballesas acaban o ano con 6 encontros gañados e 8 perdidos, con 34 goles a favor e 45 en contra. Uns números excelentes tendo en conta que son debutantes en liga. As bergantiñanas que derrotaban por un contundente 5-0 ao Sporting Burgo. Unha goleada para despedida diste 2016, xa que a competición nista categoría non se retoma ata o 8 de Xaneiro do 2017 ca disputa da 16ª xornada, inicio da segunda volta.

Aquí tes a crónica do noso colaborador e adestrador das bergantiñanas, Gueli Cotelo.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIV. FEMININA DE FÚTBOL GI, (14ª Xda) : "DERROTA EXCESIVA PARA O BERGANTIÑOS FEMININO".
Mércoles, 07 Decembro, 2016 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1º
-14ª Xornada-

                             A plantilla do Bergantiños Feminino posou para piratasdemuxia.es

Antas SD
4-0 Bergantiños Feminino CF
-Non refrexa o marcador o que foi o encontro das bergantiñanas-


Non reflexa o marcador o bo traballo realizado polas nosas xogadoras ante un dos rivais máis duros e experimentados da categoría.
Aínda que as locais se adelantaron moi cedo, aos 3 minutos do partido tras un despiste, a primeira parte foi moi igualada e os dous conxuntos loitaban por gañar o mediocampo nunha fermosa e dura batalla entre as mediocentros de ambos equipos.

Aquí tes a crónica do noso colaborador e adestrador das bergantiñanas, Gueli Cotelo.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com