Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

BRILANTE CAMPIONATO DAS RAPAZAS COSTEIRAS DA SELECCIÓN CORUÑESA NO GALEGO SUB 15 DE CAMBADOS.
Venres, 03 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
CAMPIONATO GALEGO COMARCAL FEMININO
-Sub 15-  
 
Marta e Laura con Gueli Cotelo no campionato galego.

-A Selección da Coruña colider da 1ª Fase-
-Laura e Marta representantes costeiras-

Como xa vos informamos antes, durante e depois, este pasado 1 de Novembo tivo lugar a 1ª Fase do Campionato Galego Comarcal Sub 15, tanto en categoría masculina como na feminina. Nos rapaces debutaba a Selección da Costa da Morte historicamente de maneira oficial. No enlace direto da dereita da web do Futbol Base podes ver toda a información e unha escolma de fotos dos rapaces costeiros. Na Selección da Coruña feminina tamén houbo representación costeira, pois ademáis dos adestradores, Gueli Cotelo e Óscar "Mingui", estaban no equipo que vai colider xunto con Vigo, Laura Torrado, (Cabana de Bergantiños), xogadora do Bergantiños CF, e Marta Calvo, (Noia), xogadora do Outes CF. Ambas fixeron un brilante campionato e xunto coas suas compañeiras gañaron os 2 encontros disputados, algo que só conseguiron eleas e as viguesas nesta 1ª Fase disputada nas instalacións deportiva do "Pombal", (Cambados).

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO BERGANTILÑOS FEMININO E O ED AS MIUDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1 e G2 :
Martes, 24 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     O Bergantiños 4º cos mesmos puntos co 2º e 3º.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 vitoria do Bergantiños que se pon 4º-
-No Grupo 2 derrota do ED As Miudas nun bo encontro-

Cuarta xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e 3ª da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF sumou a sua terceira vitoria en 4 encontros ao derrotar por 2-1 ao SD Orzán "B", facendo deste un inicio de liga histórico, e que amosa o gran crecemento futbolístico destas rapazas no segundo ano de competición para elas. As carballesas están agora na cuarta praza con 9 puntos os mesmos co 3º, Ribadeo FC e o 2º, Deportivo Orzán e a 3 puntos do lider, Pastoriza SD, que é o único que suma a vitoria por encontro. No que se refire ao Grupo 2 no que temos ao debutante ED As Miudas, caían ante o Xuventude Aguiño por 3-0, tras relizar un moi bo encontro ante o lider da liga, o que non está nada, pero nada mal. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS Xda NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1 E G2 : "1ª DERROTA DO "BERGAN" E 1ª VITORIA DO MIUDAS".
Martes, 17 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     O ED as Miudas sumou a sua primeira vitora da historia.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 primeira derrota do Bergantiños-
-No Grupo 2 chegou a 1ª vitoria histórica do ED As Miudas-

Terceira xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e 2ª da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF caeu ante o Unión Campestre por un axustado 3-2, sendo esta a primeira derrota das bergantiñanas tras duas vitorias consecutivas. No que se refire o Grupo 2 esta xornada foi unha data histórica para as rapazas do ED As Miudas, que debutaban no Eleuterio Balayo en encontro oficial e facíano da mellor maneira brindando aos seus siareiros a primeira vitoria da historia para o recén formado equipo, derrotando ao Victoria CF "C" por 2-1. Dende aquí a nosa máis cordial noraboa e longa via de éxitos para o clube muradán que puxo a primeira pedra dunha, (seguro), traxectoria chea de boas cousas. Como cada ano os martes todo o fútbol feminino na nosa web.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DO BERGANTIÑOS FEMININO E ED AS MIUDAS.
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
         Histórico gol de Bárbara, (ED Miudas), no Barrosas de Villestro.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 segundo trunfo do Bergantiños-
-No Grupo 2 debút histórico do ED As Miudas-

Segunda xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e inicio da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF derrotaba ao Vioño Feminino por 3-0, sendo así o segundo trunfo consecutivo das carballesas, que xa amosan o crecemento co que acabaron a pasada tempada a do seu debút na categoría. Un debút que este ano lles tocou as rapazas do ED As Miudas, que debutaban sendo a primeira vez que disputaban un encontro oficial. O resultado non foi bo, xa que caían por 8-1 ante o SD Villestro, pero o máis importante foi a primeira pedra deste equipo e a sua histórica posta de longo, como tamén pasará a historia da escola deportiva muradana e do fútbol costeiro o gol de Bárbara aos 54 minutos de xogo no Campo da Barrosa de Villestro. O primeiro gol do ED As Miudas en competición oficial. Aquí tes as crónicas que nos achegan os adestradores, Gueli Cotelo, (Bergantiños) e Fran Figueroa, (Miudas), de ambos encontros e moito máis. Como cada ano os martes todo o fútbol feminino na nosa web.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE COMEZA A 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FUTBOL FEMININO G2 NA QUE DEBUTARÁ O ED AS MIUDAS.
Sábado, 07 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
               
    O Deportivo Feminino apadriñou as xornadas das que saeu o ED As Miudas.

-Hoxe comeza a 2ª División Galega Feminina G2-
-O ED As Miudas debuta mañán en Villestro-

Hoxe sábado co encontro Xuventude Aguiño-Santiso comeza a andar a 2ª División Autonómica G2 de Fútbol 2017/18. Unha liga na que debuta por primeira vez cun equipo feminino o ED Os Miudos, ao que nos denominaremos por ser féminas o ED As Miudas, e que comeza mañán Domingo 8 visitando a partires das 16:30 horas ao SD Villestro no Campo da Barrosa coa arbitraxe de Alberto Rey Molano do Colexio Santiagués. Un equipo que dirixirá Fran Figueroa, e que se forxou nunhas xornadas de fútbol feminino que orgañizou a escola de fútbol muradana, que preside Vinto Tajes, e que desenrolou neste fermoso proxecto que veu nacer a un equipo feminino costeiro no sur da nosa "bisbarra" futbolística. Cada semana ao igual que xa estamos a facer dende o ano pasado que debutou o Bergantiños Feminino CF, traerémosvos as crónicas do equipo muradán e do carballes, (que xa comezou no Grupo 1 a semana pasada). Nas nosas clasificacións podes seguir estas duas ligas, premendo na que queirades ver, cos enfrontamentos, horarios, datas, resultados e calendario completo.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AS XOGADORAS COSTEIRA MARTA, NOELIA E LAURA CONVOCADAS CA SELECCIÓN CORUÑESA SUB 15.
Venres, 06 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
SELECCIÓN CORUÑESA DE FÚTBOL
 
Marta, Noelia e Laura convocadas ca Selección Coruñesa.

-Marta, Noelia e Laura xogadores costeiras convocadas-
-Adestramento preparatorio para o Campionato Galego Sub 15-

O adestrador da Selección Coruñesa Sub 15 convocou para un adestramento o vindeiro luns 9 de Outubro a partires das 18:15 horas, as rapazas Marta Calvo do Outes CF, e Noelia Amarelle e Laura Torrado do Bergantiños Feminino CF no Municipal da Laracha, preparatorio para a primeira fase do Campionato Galego de seleccións provinciais. Tamén están convocadas ademáis das costeiras : Noelia Pérez, (UD Carral), Lara Sánchez, Inés Rodriguez e María Valcarcel, (Deportivo Orzán), Gisele Englem, Paula Tadeo, Andrea Ansede, Lucía Fuentes, Alejandra Rodríguez, Andrea Orosa, Salma Barros, (Orzán SD), Carlota Barreiros, Aroa Guerra, (Imperator OAR), Andrea Díaz, Laura Muñíz, Jennifer Díaz, Carla García, Paula González, Laura Yáñez, Laura Cetina, Inés García, Zaida Táboas, Candela Sánchez, Martina Romay e Noa Ruíz, (Victoria CF).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O BERGANTIÑOS FEMININO INICIA A LIGA CUNHA VITORIA SOBRE O BREXO LEMA.
Martes, 03 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1
-1ª Xornada-  
 
Segundo ano do Bergantiños Feminino na competición.

-O Bergantiños Feminino abre a liga cunha vitoria-
-As carballesas derrotaron por 0-2 o Brexo Lema

Primeiro partido de liga e primeira vitoria para nosas mozas. O equipo mostrouse moi seguro en defensa, concedendo escasas ocasións de gol para as locais. Pronto se poñería o partido de fronte cando María Lijó remataba en gol un rechaze na área. Pouco antes do gol, Tamara fallaba un man a man coa porteira local Malena. Andrea puido ampliar a vantaxe e Tamara tería outra ocasión clara, pero ambas non estiveron acertadas e case sen ocasións locais, chegábase ao descanso.Tras a continuación as carballesas saíron ao campo sabedoras da necesidade de marcar un gol para encarrilar con máis calma a segunda parte, e Tamara facía o gol da tranquilidade no 55. A pesar de dispoñer varias ocasións para aumentar a vantaxe, o marcador non se movería e a poucos minutos para acabar o partido, Lucía sacaba unha boa man ao lanzamento dunha falta, por medio de María Isabel para as locais. Finalmente non se movería o marcador.

O vindeiro domingo recibirán nas Eiroas ao Vioño, que vén de ser goleado polo Imperátor, un dos fanfurriñeiros da categoría.
 

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CALENDARIOS E TODA A INFORMACIÓN DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO G1 e G2 CO BERGANTIÑOS E AS MIUDAS A ESCEA.
Mércoles, 27 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

O Grupo 1 do Bergantiños Feminino xa comeza o Domingo 1.

-Calendarios 2ª División Galega de Fútbol Feminino Grupos 1 e 2-
-
Bergantiños CF e ED As Miudas, no Grupo 1 e 2-

Sodes moitas as que nos preguntábades cando saían os calendarios da 2ª División Galega Feminina de Fútbol, pois non sen tempo xa nos chegaron dende a RFGF. O Bergantiños que está enclavado no Grupo 1 xa comeza esta mesma fin de semana, visitando ao Brexo Lema nos Pinares o Domingo 1 de Outubro a partires das 19:30 horas. No que se refire aos ED As Miudas, terá que esperar unha semana máis para seu histórico debut na competición e como equipo federado. As rapazas muradanas comezan o 8 de Outubro e farano visitando o SD Villestro na Barrosa a partires das 16;30 horas. As de Muros están enclavadas no Grupo 2 cos equipos da Zona de Santiago. Abrindo a nova completa, tes os emparellamentos da 1ª xornada destas ligas, que ao iggual que xa levamos anos coas crónicas e clasificacións do Bergantiños CF Feminino, este ano tamén seguiremos o ED As Miudas, cas clasificacións e resultados que podedes ver a esquerda da nosa web e coas crónicas dos encontros.Toda a información do Fútbol Feminino queda rexistrada a un "click" no enlace direto da dereita da portada da web, así coma tódalas categorías indo o enlace desexado.


Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O SÁBADO 2 PRESENTACIÓN DO ED AS MIUDAS DE FÚTBOL FEMININO NUN TRIANGULAR EN MUROS.
Luns, 28 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

O ED As Muidas preséntase ante a sua afección.

-O ED As Miudas xogará o seu "I Triangular"-
-ED As Miudas, Bergantiños e un Combinado da Costa-

O ED As Miudas, que como sabedes se formou tralas
"Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", e que xa é toda unha realidade, xogará o vindeiro sábado no Eleuterio Balayo de Muros, un triangular amigable co Bergantiños CF Feminino e un Combinado da Costa. As rapazas que dirixirá Fran Figueroa, cabeza visible diste proxecto, serán xunto cas bergantiñanas as primeiras en saltar o céspede muradán ás 18:00 horas, para logo xogárense os outros dous encontros. As rapazas muradanas xogarán esta tempada na 2ª División Galega Feminina de Santiago, as que seguiremos e poderedes seguir toda tempada na nosa web cas crónicas, resultados e clasificacións, así como as bergantiñanans, as que xa vimos seguindo coa axuda de Gueli Cotelo, máximo responsable do equipo, e seguiremos esta tempada de novo e que xogan na mesma categoría pero no grupo da Coruña.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O DEPOR FEMININO REVALIDA O TÍTULO NA "II COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DE FÚTBOL FEMININO".
Mércoles, 23 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"II COPA DEPUTACIÓN FEMININA" 
 
Foto de "Familia", dos dous equipos trala final, (Foto : Deportivo Feminino).

-Depor Feminino 3-0 Victoria CF-
-O Depor Feminino proclámase campión da "II Copa Deputación Feminina"-

O Depor Feminino "A" proclamouse campión da "II Copa Deputación de Fútbol Feminino", revalidando o título do ano pasado, ao derrotar na finalísima a un combatente Victoria CF por 3-0 con goles de Jone Bilbao, por partida dobre (22´e 30´), e Gabriela, (34´). Marcou no 78 un gol de saque de curruncho, "Gol Olímpico", e foi anulado, pola loita das xogadoras, pero entrando o gol sen tocar en ninguén. A final tal e como vos adiantamos na previa, foi no Municipal de Órdes.
 

"A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Deportivo Feminino, : xogadoras, técnicos, axudantes, etc".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : "NA TARDE DE HOXE A FINAL DA "II COPA DEPUTACIÓN FEMININA" EN ÓRDES.
Mércoles, 23 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"II COPA DEPUTACIÓN FEMININA"

O camiño a Gran Final dos equipos coruñeses-
       

-Hoxe en Órdes a Gran Final da "II Copa Deputación Feminina"-
-Deportivo e Victoria a pola Copa-


Hoxe mércores 23 de Agosto será unha data inolvidable para as rapazas do Deportivo Feminino e para as do Victoria CF ca finalísima da "II Copa Deputación da Coruña de Fútbol Feminino". Unha final a que chegan "deportivistas" e "victoristas" tras deixar na cuneta, as "branquiazuis" ao Deportivo Orzán, (0-17), Victoria CF, (de Santiago, 0-8) e SD Tordoia, (0-9) e as "branquinegras", o Imperator OAR, (0-8), SD Torre, (0-4), Xuventude Aguiño, (0-15), e Orzán SD, (1-2). O derbi coruñés desta Gran Final que terá lugar no Municipal de Vista Alegre, (Órdes), comezará a partires das 19:30 horas e será arbitrada por Ángel Acuña Piñeiro, (Comité Galego), como árbitro principal e auxiliado nas bandas polas irmáns, Ana e Andrea Baneira Suarez, do Comité Galego a primeira e do da Coruña a segunda.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
INSCRITO NA RFGF O NOVO EQUIPO DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS DE MUROS.
Martes, 08 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

As xornadas de fútbol feminino da ED Os Muidos da o seus primeiros froitos.

-O ED As Miudas xa é unha realidade-
-O equipo competirá na 2ª División Galega Feminina-

Cando no pasado mes de Xullo se desenrolaron
as "Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", un dos soños do responsable por parte da Escola Deportiva Os Miudos de Muros, Fran Figueroa, era atraer as rapazas da zona e facer un equipo de fútbol feminino na costa e o soño chegou a converterse en realidade. As rapazas acudiron a chamada da escola deportiva muradana que preside Vinto Tajes e o proxecto chegou ao seu cúmio ca inscripción dun equipo na RFGF. Un equipo o da "ED As Miudas" que xogará a vindeira tempada na 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2. O adestrador Fran Figueróa cheo de ledicia polo primeiro paso, (e o máis complicado), conseguido decíanos que : "Aquel soño de hai algo máis dun més vaise facendo real. A día de hoxe temos 15 xogadoras comprometidas, pero faltan varias por confirmar para completar o que xa é unha realidade. O noso equipo de Fútbol 11 feminino representará a Costa da Morte na 2ª División Galega. Por ilusión non vai quedar!!!...E vós coa vosa difusión e apoio sodes parte responsable de que esto sexa unha realidade".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
EXITO ROTUNDO NO PECHE DAS XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS, (ENTREVISTA A FRAN FIGUEROA).
Domingo, 16 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DO FÚTBOL FEMININO ED OS MIUDOS"

As Rapazas das xornadas disfrutaron ca compaña de Vero Boquete

-Vero Boquete pechou con éxito rotundo as xornadas das "Miudas"-
-Unhas xornadas que tiveron lugar en Muros, Louro e Esteiro-

A mais grande das xogadoras do fútbol galego e español a nivel internacional
, Vero Boquete, xunto ca Seleccionadora Galega, Susú Cores pecharon as "Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", unhas xornadas que se disputaron en Muros, Monte Louro, e Esteiro. O éxito foi "rotundo" como nos apunta nesta entrevista o responsable por parte da ED Os Miudos de Muros, Fran Figueroa, que xa nos apunta que isto foi a semente para crear un equipo de Fútbol Feminino das escolas deportivas muradanas. Onte con Vero Boquete e Susú Cores estivo o adestrador costeiro Felipe Candamo e nas anteriors xornadas tamén colaboraron, Óscar Leis, Manu de Roque, e por parte do Deportivo Feminino, o adestrador, Manu Sánchez, a preparadora física Alba, e a capitana do equipo deportivista, Miriam. Colaboraron nestas xornadas o Concello de Muros e o Deportivo Feminino.

Abrindo a nova completa tes a entrevista a Fran Figueroa.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
VERO BOQUETE ESTARÁ MAÑÁN NA DERRADEIRA XORNADA DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS EN ESTEIRO.
Venres, 14 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DO FÚTBOL FEMININO ED OS MIUDOS"


-Vero Boquete estará cas rapazas no peche das xornadas-
-Unhas xornada que terá lugar no "Xosé Luis Vara"-

A mais grande das xogadoras do fútbol galego e español a nivel internacional
, Vero Boquete, será a "sorpresa" que tiñan gardada os orgañizadores das "Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", unhas xornadas que tralo seu paso por Muros e Monte Louro, chegan a seu derradeiro día cun balanzo extraordinario e con visos a crear un equipo de fútbol feminino da ED Os Miudos que preside Vinto Tajes. Mañán dende ás 11:30 horas, as rapazas que teñades de 13 anos en diante e queirades pasarvos polo "Xosé Luis Vara" de Esteiro, (Muros), podedes facelo sen ningún compromiso. Levade material deportivo e como diría Joaquín Prat : "a jugar!!!... Non se queda só na extraordinaria xogadora Vero Boquete, que fará as delicias das rapazas e de madriña de peche das xornadas, senón que tamén estará no campo de fútbol esteirán, a Seleccionadora Galega, Susú Cores, para impartir maestría, xunto co adestrador da parte orgañizadora a Escola Deportiva Os Miudos de Muros, Fran Figueroa. Colaboraron nestas xornadas o Concello de Muros e o Deportivo Feminino.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
"TROCO NO HORARIO PARA O PECHE DAS XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DAS ED OS MIUDOS"
Martes, 11 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO "OS MIUDOS""

Susú Cores estará no peche das xornadas de fútbol feminino.
       

-3º día das xornadas de Fútbol Feminino "Os Miudos"-
-O sábado 15 en Esteiro dende ás 11:30 h-
-Haberá sorpresa-

O vindeiro sábado 15 de Xullo terá lugar o derradeiro día das
"Xornadas de Fútbol Feminino", que orgañiza a Escola Deportiva Os Miudos de Muros, ("Piratiña da Costa 2014/15"), coa colaboración do Concello de Muros e do Deportivo Feminino. Xa vos informávamos na crónica da pasada semana da xornada que se celebrou en Monte Louro que para ista derradeira xornada que terá lugar no Xosé Luis Vara de Esteiro, (Muros), habería troco de horario para non coincidir ca "Baixada das Carrilanas de Esteiro" e así mesmo é. Segundo nos informan dende a escola deportiva muradana o peche destas xornadas, que están a ter un gran éxito pasa das 18:00 horas ás 11:30 horas. Unha xornada de peche que terá "sorpresa", e a que están invitadas totalmente de balde todas aquelas rapazas de 13 anos en vate que desexen pasar unha xornada de fútbol e disfrute. Estará nos adestramentos este sábado en Esteiro, Susú Cores, Seleccionadora Galega Sub 12 e adestradora do Deportivo Orzán CF. A sorpesa segundo Fran Fuigueroa, adestrador do ED Os Miudos e máximo responsable das xornadas : "Develarei a sorpesa o venres".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
GRAN DÍA DE FÚTBOL FEMININO NA 2ª Xda DAS "XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO ED OS MIUDOS".
Sábado, 08 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO "OS MIUDOS""

Bo día de fútbol feminino no "Agra de Filgueira".
       

-2º día das xornadas de Fútbol Feminino "Os Miudos"-
-Gran día de fútbol no Agra de Filgueira, (Monte Louro)-

-O 15 en Esteiro derradeiro día-

Segunda xornada e segundo día de fútbol e disfrute nas
"Xornadas de Fútbol Feminino", que orgañiza a Escola Deportiva Os Miudos de Muros, ("Piratiña da Costa 2014/15"), coa colaboración do Concello de Muros e do Deportivo Feminino. Desta volta non estiveron presentes fisicamente os adestradores do Deportivo Feminino, pero sí de maneira testimonial. Dista volta onda a Fran Figueroa, adestrador dos "Miudos", estiveron dous grandes do fútbol costeiro como son Manu de Roque e Óscar Leis, que nisto do fútbol base levan traballado moito. O "Agra de Filgueira" acolleu unha xornda de fútbol e diversión para as rapazas, as que se sumaron con respecto a primeira xornada, 5 rapazas máis. Por parte do UD Monte Louro o recibimento da xornada foi incrible, en atención e ata no recibimento, cun mosaico que rezaba : "As Miudas".  A terceira distas xornadas, será no "Xosé Luis Vara" en Esteiro, o vindeiro día 15 de Xullo, a hora establecida era a das 18:00 horas, pero a orgañización estudia trocar a hora para non coincidir ca baixada das "Carrilanas de Esteiro" e as participantes poidan acudir as duas citas.

Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MAÑÁN SÁBADO 8 2ª XORNADA DAS "XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS", EN
Venres, 07 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO "OS MIUDOS""

As rapazas teñen unha nova xornada de fútbol en Louro.
       

-2º día das xornadas de Fútbol Feminino "Os Miudos"-
-Mañán no Agra de Filgueira, (Monte Louro)-

-Rematan o 15 en Esteiro-

Mañán sábado terá lugar o segundo día das
"Xornadas de Fútbol Feminino", que orgañiza a Escola Deportiva Os Miudos de Muros, ("Piratiña da Costa 2014/15"), coa colaboración do Concello de Muros e do Deportivo Feminino. A presentación e a primeira destas xornadas foi a pasada semana o día 1, tal e como xa vos informamos o por miudo. Mañán sábado día 8 será no "Agra de Filgueira" en Louro, a partires das 11:00 horas. Xa sabedes que estades invitadas tódalas rapazas de 13 anos en vante, a disfrutar dunha xornada de fútbol e divertimento cos adestradores da escola deportiva muradana e do Deportivo. A terceira distas xornadas, será no "Xosé Luis Vara" en Esteiro, o día 15 de Xullo, a partires das 18:00 horas.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PRESENTACIÓN E 1ª XORNADA DO FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS.
Domingo, 02 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO "OS MIUDOS""

As rapazas disfrutaron dunha xornada inexquecible en Muros.
       

-Botaron a andar as xornadas de Fútbol Feminino "Os Miudos"-
-Proximas citas o 8 e 15 de Xullo"-

-En Monte Louro e Esteiro-

A Escola Deportiva Os Miudos de Muros, "Piratiña da Costa" presentou as primeiras "Xornadas de Fútbol Feminino", no Concello de Muros ca alcaldesa muradana, representantes do Deportivo Feminino e dos orgañizadores na persoa do seu presidente Vinto Tajes e Fran Figueroa. A uns e outros a iniciativa pareceulles "fantástica" e esoeran que na do día 8 será no "Agra de Filgueira" en Louro, a partires das 11:00 horas, e na terceira día distas xornadas, que será no "Xosé Luis Vara" en Esteiro, o día 15 de Xullo, a partires das 18:00 horas. esperan que se sumen máis rapazas as xornadas que teñen detrás un futuro de equipo da zona sur no ámbito feminino.

Aquí tes todo o que deu de sía a presentación e a primeira xornada no "Eluterio Balayo" de Muros.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MAÑÁN 1 DE XULLO COMEZAN AS "XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO OS MIUDOS".
Venres, 30 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO "OS MIUDOS""

           
-Mañán sábado comezan as xornadas de Fútbol Feminino "Os Miudos"-
-Serán os días 1, 8 e 15 de Xullo"-

-En Muros, Louro e Esteiro-

A Escola Deportiva Os Miudos de Muros, "Piratiña da Costa" polo seu traballo no fútbol base, orgañiza as primeiras "Xornadas de Fútbol Feminino", un evento pioneiro na zona sur da costa e que se espera que atraia a moitas rapazas : "con gañas de facer deporte e formar parte dun novo proxecto deportivo na nosa comarca", decíanos Fran Figueroa, un dos membros da escola deportiva muradana. A presentación das xornadas de fútbol feminino, terán lugar no Salón de Plenos do Concello de Muros, mañán 1 de Xullo a partires das 12:00 horas. Nela estarán presentes, Manu Sánchez e Alba Rodríguez, adestrador e preparadora física do Deportivo Feminino, respectivamente. Xa pola tarde a partires das 16:00 horas, terá lugar a primeira toma de contacto co balón, no "Eleuterio Balayo" de Muros. O día 8 será o turno para o "Agra de Filgueira" en Louro, a partires das 11:00 horas, e o terceiro día distas xornadas, será no "Xosé Luis Vara" en Esteiro, o día 15 de Xullo, a partires das 18:00 horas. Dende  ED Os Miudos de Muros, invitan a todas aquelas rapazas de 13 anos en vante a acudir a estas xornadas, que son totalmente de balde e co obxetivo de nun futuro próximo formar equipos de fútbol feminino na zona. De seguro que non tardaremos en ver competindo ao ED As Miudas.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
A SELECCIÓN DA CORUÑA SUB 15 PROCAMOUSE CAMPIONA DO "CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS FEMININAS SUB 15".
Martes, 27 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS
-Femininas Comarcais-
                 
         As coruñesas fixeron unha fase final extraordinaria.

-A Selección Coruñesa levouse o Campionato Galego-
-Marcou 6 goles e non recibeu ningún nesta Fase Final-


A Selección Feminina Sub 15 da Coruña, dirixida por Gueli Cotelo e Óscar "Mingui", culminou a sua boa preparación previa, proclamándose gañadora no Campionato Galego de Seleccións Comarcais da categoría Sub15 feminina. O campo de Vista Alegre, en Boiro, acolleron a fase final, que contou cunha numerosa presenza de público, ateigando as gradas na xornada de tarde. As coruñesas gañáronlle nas semifinais a Pontevedra, (2-0) e na Gran Final a Santiago, (4-0), sumando 6 goles a favor e "0" en contra.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com