Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

CONVOCATORIA DA SELECCIÓN COMARCAL FEMININA SUB 14 PARA UN AMIGABLE NO "ROXO", (CERCEDA).
Xoves, 25 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

Esta é a lista de convocadas.

-Amigable da Selección Comarcal Feminina Sub 14-

-Será o luns 29 ante o CD Queixas no "Roxo"-

A Selección Comarcal Feminina Sub 14, ten preparado un amigable o vindeiro luns 29 de Outubro no Municipal do "Roxo", (Cerceda), ante o CD Queixas Infantil, preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais. Un total de 21 rapazas antre as que están as costeiras : Lucía Rodríguez, (Cabana SD), Laura Caamaño, (SCDR Esteirana) e Alexia Lorenzo, (SD Coristanco), disfrutarán deste amigable as órdes de Gueli Cotelo, adestrador da selección e actualmente adestrador do Bergantiños Feminino CF da 2ª División Galega Feminina G2...

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE VINDEIRO SÁBADO COMEZA A "LIGA GALEGA PROMESAS" UN PASO ADIANTE NO POTENCIAMENTO DO FÚTBOL FEMININO.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
LIGA GALEGA PROMESAS

A "Liga Promesas" é un paso adiante no potenciamento do fútbol feminino.

-Este sábado 27 de Outubro comeza no Sur a "Liga Promesas"-
-No Norte comezará o 11 de Novembro-


O histórico e máis ca interesante e importante proxecto que comeza das "Ligas Promesa" de prebenxamíns, benxamíns e alevíns femininas de fútbol, do que xa vos temos falado, comeza este sábado 27 de Outubro poñendo en liza a 14 clubes da Zona Sur. Os da Zona Norte comezarán o vindeiro 11 de Novembro. Iste gran proxecto de promoción do fútbol feminno dende a base comeza con moita ilusión. Abre a nova o completo para ver todo a información que nos achega a Real Fedearción Galega de Fútbol xunto cos calendarios de ambas zonas.

Segue con toda a información e calendarios das ligas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA VITORIA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF NA 6ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-6ª Xornada-      

As bergantiñanas suman a primeira vitoria fora da casa.

Arzúa FCF 0-2 Bergantiños Feminino CF
-As carballesas retoman a senda da vitoria co 1º trunfo a domicilio-

Tras duas derrotas consecutivas o Bergantiños Feminino CF nesta 5ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, retoma a senda da vitoria, tras derrotar por 0-2 ao Arzúa FCF no Municipal do Viso, sumando así a primeira vitoria a domicilio no que vai de tempada....Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA DO ED AS MIÚDAS NA 6ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL G3.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-6ª Xornada-      


As "miúdas" acadaron unha remontada sufrida das que saben de maravilla..

ED As Miúdas 3-2 Carreira CF
-Traballada e sufrida remontada do ED As Miúdas-

Tocoulle remontar nesta 6ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3,  o ED As Miúdas que o ecuador da primeira metade xa perdía por 0-2. Non desfaleceron as muradanas e conseguiron o gol da remontada no desconto, tras conseguir empatar cando pouco faltaba para o remate do tempo regulamentario, ante un bo Carreira CF, que se topou cun Miúdas que se contaxiou dos ánimos da grada do "Eleuterio Balayo"...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
5ª Xda 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2 : DERROTA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF ANTE O LIDER POR 1-4".
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-5ª Xornada-      

As bergantiñanas víronse superadas polo lider da competición.

Bergantiños Feminino CF 1-4 Sporting Cambre
-2ª derrota consecutiva das carballesas desta volta ante o lider-

Unha primeira metade para esquecer nestaTiña un rival complicado o Bergantiños Feminino CF nesta 5ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, nada menos ca o lider da competición. Trataron de facerlle fronte coas suas armas as rapazas carballesas, pero os erros defensivos e a falla de acerto, fixeron que o Sporting Cambre, non errase e se levase os 3 puntos...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
5ª Xda 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3 : ATLÉTICO ESTRADA ED 1-6 ED AS MIÚDAS : "AS MIÚDAS ENGRANDÉCENSE ANTE AS BAIXAS E AS INCIDENCIAS".
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-5ª Xornada-      


A "killer", Bárbara, (8), encara a porta estradense.

Atlético Estrada ED 1-6 ED As Miúdas
-O ED As Miúdas engrandeceuse ante as baixas e as incidencias-

5ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, e o ED As Miúdas que se presentaba no Municipal "Manuel Regueiro", (antigo "Figueroa" da Estrada), con moitas baixas, para enfrontarse ao Atlético Estrada ED, engrandeceuse para non só gañar, senón que golear a domicilio e facerse grandes resistindo a antideportividade que se viveu das varandillas hacia afora. As rapazas muradanas con esta vitoria suman a cuarta en 5 encontros, neste espectacular inicio de liga...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontroque nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL G2, (4ª Xda) : "UNHA MALA 1ª METADE CONDENA O BERGANTIÑOS FEMININO CF A UNHA GOLEADA EN SANTIAGO".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-4ª Xornada-      


As bergantiñanas caeron en Santiago nun mal encontro.


Victoria FC 5-2 Bergantiños Feminino CF
-Unha mala primeira metade condenou o Bergantiños-

Unha primeira metade para esquecer nesta 4ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, do Bergantiños Feminino CF en Santiago ante o Victoria FC, fixo que o encontro na segunda fose un mero trámite. As rapazas carballesas íanse aos vestiarios cun craro 5-0 e a pesres de que se recompuxeron nos segundos 45 minutos, a distanza era insalbable...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3, (4ª Xda) : "VITORIA DO ED AS MIÚDAS ANTE UN DOS FORTES DA CATEGORÍA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-4ª Xornada-      


As Miúdas golean a un dos fortes da categoría.

ED As Miúdas 4-0 Xuventú Aguiño SD
-Vitoria para as muradanas que igualan o seu rival deste encontro-

4ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, e o ED As Miúdas golea ao Xuventú de Aguiño, cunha Bárbara, que estivo como dí o seu nome e fixo un "Hat-trick" para situarse con 5 goles na táboa de goleadoras, e ver como o seu equipo segue cun excelente inicio de campaña con 3 vitorias e unha derrota, situadas na 4ª praza con 9 puntos os mesmos cas terceiras, e rivais deste encontro e a 3 do EMF Concello de Boiro e SD Chispa, que suman as 4 xornadas con vitoria...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontroque nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DA GOLEADA A DOMICILIO DO ED AS MIÚDAS NA 1ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 3.
Mércoles, 19 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-1ª Xornada-      


As Miúdas comezaron da maneira desexada, celebrando unha goleada.

Úmia CF "B" 1-6 ED As Miúdas
-Goleada a domicilio das Miúdas para comezar o curso-

Bo debut ligueiro das Miúdas, na 1ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, (antes estaban no Grupo 1), que se desplazaron a Barrantes con moitos cambios no equipo con respecto a temporada pasada, no 11 inicial. Xa que 3 das 5 novas fichaxes que formarían no medio campo do equipo, (María de Pastora, Noe e Sandra, Ainoa), debutarían no segundo tempo. Dominio do xogo desde o principio para as visitantes onde Bárbara chegaría a area rival no minuto 3 pero sin concretar con claridade. Serían moitas as incursións en velocidade por banda esquerda da de Esteiro pero non había puntería para materializar as accións...Abre a nova o completo para ver o resto da crónica que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF, (1ª Xda) : BO ENCONTRO DO COMARCAL A FERVENZA FSF A PESARES DE PERDER.
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-1ª Xornada-      


Bo encontro das naronesas en Bilbao.

Bilbo FS 6-3 Comarcal a Fervenza FSF
-Demasiado castigo para un bo Comarcal a Fervenza-

Demasiado castigo o sufrido polo Comarcal a Fervenza FSF no primeiro embite da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala. Caeron as de Ferrolterra por 6-3 ante o Bilbo FS nun encontro no que deron sempre a cara e no que lle xogaron de ti a ti a un dos candidatos ao título. Deben quedarse as naronesas coas boas sensacións a pesares do resultado final...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.






 
EMPATE DO BERGANTIÑOS FEMININO CF NA 1ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMNINO GRUPO 2.
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-1ª Xornada-      


Lara Sánchez debutou na porta do Bergantiños CF como titular.

Begantiños Feminino CF 1-1 CD Narón
-Empate do Bergantiños no inicio dista liga ante un debutante-

Presentábase en " As Eiroas", (Carballo), un CD Narón coa intención de pelexar polos postos de ascenso, e atopouse cun bo Bergantiños que foi de menos a máis nun partido no que despois do visto, un punto sábelle a pouco. Os primeiros minutos de partido foron moi bos para as carballesas e Noe facía o primeiro gol na primeira chegada. A raíz do gol encaixado, as visitantes fixéronse co dominio do balón e empezaban a chegar á portería de Lara con certo perigo. Mediana a primeira parte, unha chegada por banda esquerda acababa co gol do empate tras un bo disparo desde 25 metros no que Lara Sánchez nada puido facer. Con moita igualdade chegábase ao descanso...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF, (1ª Xda) : BO ENCONTRO DO COMARCAL A FERVENZA FSF A PE
Xoves, 13 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-1ª Xornada-      


Bo encontro das naronesas en Bilbao.

Bilbo FS 6-3 Comarcal a Fervenza FSF
-Demasiado castigo para un bo Comarcal a Fervenza-

Demasiado castigo o sufrido polo Comarcal a Fervenza FSF no primeiro embite da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala. Caeron as de Ferrolterra por 6-3 ante o Bilbo FS nun encontro no que deron sempre a cara e no que lle xogaron de ti a ti a un dos candidatos ao título. Deben quedarse as naronesas coas boas sensacións a pesares do resultado final...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.






 
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF, (1ª Xda) : BO ENCONTRO DO COMARCAL A FERVENZA FSF A PE
Xoves, 13 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-1ª Xornada-      


Bo encontro das naronesas en Bilbao.

Bilbo FS 6-3 Comarcal a Fervenza FSF
-Demasiado castigo para un bo Comarcal a Fervenza-

Demasiado castigo o sufrido polo Comarcal a Fervenza FSF no primeiro embite da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala. Caeron as de Ferrolterra por 6-3 ante o Bilbo FS nun encontro no que deron sempre a cara e no que lle xogaron de ti a ti a un dos candidatos ao título. Deben quedarse as naronesas coas boas sensacións a pesares do resultado final...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.






 
CALENDARIOS : ASÍ SERÁN A 2ª DIVISIÓN FEIMININA GALEGA G2 e G3- 2018-19 PARA BERGANTIÑOS E AS MIÚDAS.
Martes, 04 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
-FÚTBOL FEMININO-
-Calendarios-

As ligas comezan o 16 de Setembro para Miúdas e Bergantiños.


-Así serán a 2ª División Feminina Galega de Fútbol G2 e G3- 2018/19-

-Calendarios 1ª Xornada e datos-

Aquí tes como serán as ligas da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupos 1º e 2º- 2018/19. Unhas ligas nas que no Grupo 2, temos como equipo costeiro ao Bergantiños Feminino CF, que suma a sua terceira participación consecutiva, e que xa é un equipo totalmente consolidado e vindo dunha excelente campaña e cun grande crecemento. O clube ten aberta unha campaña de captación de xogadoras por medio da Escola de Fútbol Luis Calvo Sanz. As carballesas que terán como adestrador un ano máis a Gueli Cotelo, debutan na sua casa recibindo ao debutante CD Narón.  No Grupo 3 ao ED Os Miúdos, (o ano pasado no Grupo 1), que suma a sua segunda participación seguida, tralo excelente debút do pasado curso. As muradanas que dirixe Fran Figueroa un ano máis, debutan visitando ao Umia CF "B". Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cos calendarios e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN DEPORTIVO ABANCA E VICTORIA CF REEDITAN A FINAL DA "COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO".
Martes, 21 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
-FÚTBOL FEMININO-

Repítese a final do ano pasado quie se levaran as deportivistas.

Depor Abanca Vs Victoria CF

-Mañán mércores final da "III Copa Deputación"-

Mañán mércores 22 de Agosto xogarase no "Ponte dos Brozos" de Arteixo a finalísima da "III Copa Deputación da Coruña de Fútbol Feminino". Nela enfróntanse o Deportivo Abanca, que chega por 3ª vez consecutiva e que gañou as duas últimas e o Victoria CF ao que derrotou na final do ano pasado por 3-0. O encontro comezará ás 20:30 horas e a entrada será de balde para os afeccionados.

Tamén referíndose ao fútbol feminino a Selección Española Sub 20 derrotaba onte a anfitriona Francia por 1-0 e xogará a final o vindeiro venres a partires das 19:30 horas ante Japón a que na fase de grupos derrotou por 1-0.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BERGANTIÑOS FEMININO E ED AS MIÚDAS EMPATAN NUN DERBI AMIGABLE XOGADO EN CARBALLO.
Luns, 20 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
-FÚTBOL FEMININO-

O ED As Miúdas ao completo antes do encontro en Carballo.

-Bergantiños e As Miúdas empatan nun derbi amigable-

Bergantiños Feminino e ED As Miúdas xogaron na tarde de onte un bonito derbi amigable de preparación para a liga. Ambos conxuntos non se toparán na competición debido a que cada equipo xoga nun grupo distinto, polo que foi moi bonito ver aos dous equipos costeiros xogar xuntos. O resultado final desta proba foi de 2-2. Abrindo a nova completa tedes a crónica do que deu de sí este amigable, da man do noso colaborador e adestrador do equipo muradán, Fran Figueroa.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"III COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO" : O DEPORTIVO FEMININO AMOSOU TODO O SEU POTENCIA ANTE O BERGANTIÑOS CF.
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"III COPA DEPUTACIÓN FEMININA"


O Deportivo amosou todo o seu potencial no anexo das "Eiroas".
(Foto : rcdeportivo.com)

Bergantiños CF 0-13 Deportivo Abanca

-Moito Deportivo para o equipo carballés
-

Esta segunda rolda da "III Copa Deputación Feminina" quixo que o Bergantiños CF Feminino tivese o premio de enfrontarse co máximo representante do fútbol galego feminino o Deportivo Abanca, equipo da 2ª División nacional e que un ano máis loitará polo ascenso a élite do fútbol feminino español. Tan só 7 minutos tardou María Calvo en abrir o marcador e a pesares da gran loita que puxeron as carballesas, ao remapate do primeiro tempo xa o marcador era favorable as herculinas por 0-5, con goles de María Calvo, (7´), Erika, (17´), Carlota, (36´ e 42´), e Iris, (39´). Xa na segunda metade nada máis reanudarse o xogo, María Calvo facía o sexto para as branquiazuis e Patri facía un "Hat-Trick" en 10 minutos, (53´, 60´e 63´). Tamén completaría un "Hat-Trick", Iris, con dous goles consecutivos, tralos tres de Patri, (69´e 83´), e a mala sorte cebouse cas bergantiñanas, pois Marta e Lara, no desconto, facían sendos goles en propia porta para completar o 0-13. Agora o equipo deportivista terá en Cuartos de Final como rival ao Imperator OAR Feminino.

Bergantiños CF Feminino : Diana, Lara Rabuñal, Laura Torrado, Laura Seoane, (Lara Fariña, 67´), Paula, Laura Cambón, (Eva, 46´), Lorena, (María López, 42´), Noelia, (María Insua) Marta, Tamara e Isa.

Deportivo Abanca : Jessi, Laura, (Cris, 21´), Silvia Mérida, Patri Díaz, Antía, Iris, Carlota, Lía, Erika, María Calvo, (Gabriela, 56´), e Patri López.

Árbitro : Pablo Rama, asistido nas bandas por : Óscar Rey e Esteban Dominguez. Non amosou ningún cartón.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
AS DEPORTIVISTAS MARTA MIERES E TERESA ABELLEIRAS CAMPIONAS DE EUROPA SUB 17.
Martes, 31 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
EUROPEO FEMININO SUB 17


Tere e Marta cas preseas de campionas de Europa.

-
Malena Mieres e Teresa Abelleira campionas de Europa Sub 17-

Se o sábado era o xogador fabrilista Pedro Correia o que se proeclamaba campión de Europa Sub 19 ca Selección de Portugal, tras derrotar a Italia por 3-4 na prórroga da final cun tanto do propio canteirán deportivista, onte eran as xogadoras do Deportivo Feminino, Malena Mieres e Teresa Abelleira as que se proclamaban campionas de Europa Sub 17 tras derrotar na Gran Final a Alemaña por 0-1 con gol de María Llompart. As rapazas españolas foron moi superiores as alemanas a pesares do curto do resultado e fixéronse merecedoras a iste gran trunfo que lles da un sitio na historia do fútbol feminino. A nosa máis cordial noraboa as duas deportivistas, así coo a Selección Española por iste logro.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO ED AS MIÚDAS E BERGANTIÑOS CF DA "COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO".
Luns, 30 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
COPA DEPUTACIÓN FEMININA


As Miúdas tiveron que ir xogar o "A Merced" de Conxo.

-
Bergantiños segue e ED As Miúdas cae na Copa Deputación Feminina-
-As carballesas terán agora o Deportivo
-

O ED As Miúdas de Muros caeu no "Campo da Merced", ante o SD Villestro subcampión de liga, por 5-0 tras aguantar ben ata o treito final, na primeira rolda da Copa Deputación Feminina. O clube de Muros viveu unha situación verdadeiramente patética, pois cando chegaron o campo "A Barrosa", os encargados do mesmo non tiñan notificación do encontro e para non vir de volta a Muros sen xogar foron a disputar a eliminatoria a Conxo. Pola sua banda o Bergantiños derrotaba por 1-2 ao Brexo Lema nos "Pinares" polo que namentras as muradanas xa din adeus a competición, as carballesas, seguen e terán a un rival de campaniñas, nada medos que ao Deportivo Feminino. Aquí tes as crónicas dos encontros de muradanas e carballesas.

Segue cas crónicas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
ARRANCA A "COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO" CO ED AS MIÚDAS E O BERGANTIÑOS FEMININO A ESCEA.
Domingo, 29 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
COPA DEPUTACIÓN FEMININA


O Bergantiños terá como rival ao Brexo Lema.

-Comeza a Copa Deputación
para Bergantiños e ED As Miúdas-
-Ambos equipos xogan hoxe ás 19:00 horas
-

Comeza hoxe a Copa Deputación Feminina e nela o Bergantiños visita ao Brexo Lema nos "Pinares" a partires das 19:00 horas ca arbitraxe de Iván Miño. En liga o equipo bergantiñán derrotou ao brexista por 0-2, na primeira xornada de liga. No encontro da segunda volta en Carballo empataron a ceros, (0-0). Pola sua banda o ED As Miúdas visita ao SD Villestro no "Barrosa" coa arbitraxe de Alain Kevin García, tamén as 19:00 horas. Na liga o equipo muradán sufreu sendas goleadas ante as villestresas que acabaron como subcampionas de liga. Na primeira xornada caeron por 8-1 e no encontro da 2ª volta por 0-6. Con moi pouco traballo de pretempada tanto as carballesas como as muradanas, afrontan estes encontros coa ilusión de facer un bo papel e de ir preparandose para o vindeiro curso que comezará en Setembro.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com