Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

PREVIA DO ENCONTRO HOMENAXE AS PIONEIRAS DO FÚTBOL FEMININO DE ESTEIRO ANTRE O MIÚDAS E A SELECCIÓN DA COSTA.
Venres, 28 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

 A Selección da Costa Feminina de Fútbol, xogará no encontro homenaxe de Esteiro.

ED As Miúdas Vs Selección da Costa
-Homenaxe as xogadoras do SCDR Esteirana dos 70-

Mañán sábado 29 de Nadal a Selección da Costa Feminina de Fútbol, xogará un encontro amigable ante o ED As Miúdas de Muros, tal e como xa vos temos informado días atrás. Este encontro será no "Xosé Luis Vara", ás 17:00 horas e nél homenaxearase as pioneiras do fútbol feminino na zona sur da costa co equipo da SCDR Esteirana dos anos 70, orgañizado pola SCDR Esteirana e ca colaboración do ED As Miúdas, e a Subdelegación da RFGF da Costa. Para preparar este encontro a Selección da Costa Feminina tivo un adestramento o pasado 26 de Nadal no Municipal de Vimianzo. Aquí tedes unha previa do encontro, e a información das convocadas para o mesmo por parte da Selección da Costa que nos fan chegar dende a Asociación Deportiva Vidú...Abre a nova o completo para ver a lista de convocadas da Selección da Costa.

Segue coa previa do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRESENTADA EN ABEGONDO A "VI GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO", (TODA A INFORMACIÓN DA GALA E DO ACTO).
Xoves, 20 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
VI GALA DO FÚTBOL FEMININO

 A gala foi presentada no Concello de Abegonde.


-Presentada a "VI Gala do Fútbol Feminino Galego"-
-Terá lugar o vindeiro 29 de Nadal-

No día de hoxe foi presentada no Concello de Abegondo a "VI Gala do Fútbol Feminino Galego", orgañizado pola Revista do Fútbol Feminino Galego e no que se premian as melores xogadoras, clubes e colaboradores do fútbol feminino da nosa comunidade, mellor gol, mellor colexiada, etc. O evento terá lugar Centro Cultural "O Salón", (San Tiros de Mabegondo-Abegondo), o sábado 29 de Nadal en San Tirso de Mabegondo e dará comezo a partires das 20:00, con entrada de balde ata completar o aforo do citado local, con capacidade para 300 persoas. As portas estarán abertas dende 20 minutos antes do comezo da gala. Aquí tes todo o que deu de sí a presentación da gala no consistorio abegondés, da man do director da Revista do Fútbol Feminino Galego, Carlos Castro. Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coa infromación da gala...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O VINDEIRO 29 DE NADAL TERÁ LUGAR EN MABEGONDO A "VI GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO".
Mércoles, 19 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
VI GALA DO FÚTBOL FEMININO

 Teresa Abelleira levou 3 galardóns na pasada edición.


-A "VI Gala do Fútbol Feminino Galego" será en Mabegondo-
-Terá lugar o vindeiro 29 de Nadal-

O sábado 29 de Nadal terá lugar en San Tirso de Mabegondo a "VI Gala do Fútbol Feminino Galego", orgañizado pola Revista do Fútbol Feminino Galego e no que se premian as melores xogadoras, clubes e colabroadores do fútbol feminino da nosa comunidade. O evento terá lugar Centro Cultural "O Salón", (San Tiros de Mabegondo-Abegondo), e dará comezo a partires das 20:00, con entrada de balde ata completar o aforo do citado local, con capacidade para 300 persoas. As portas estarán abertas dende 20 minutos antes do comezo da gala. A pasada tempada foi celebrado a gala en Cambados e nela,  Teresa Abelleira, (con 3 galardóns), xogadora do Deportivo Feminino e que días despois se convertira en campiona de Europa Sub 19, ca Selección Española, foi unha das premiadas máis destacadas xunto con Vero Boquete, a mellor xogadora galega de fútbol da historia.

Dende www.piratasdemuxia.es agradecer un ano máis a orgañización a invitación ao evento, pola nosa implicación na información deste deporte.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ED AS MIÚDAS E SELECCIÓN DA COSTA FEMININA HOMENAXEARÁN AS INTEGRANTES DO SCDR ESTEIRANA DOS 70.
Martes, 18 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
ENCONTRO HOMENAXE

 ED As Miúdas está a facer unha campaña extraordinaria.


ED As Miúdas Vs Selección da Costa
-Homenaxe as xogadoras do SCDR Esteirana dos 70-

Estes días ca convocatoria da Selección da Costa Feminina de Fútbol, xa vos falábamos de que adestraban de cara a un encontro amigable ante o ED As Miúdas de Muros o vindeiro día 29. Este encontro será no "Xosé Luis Vara", ás 17:00 horas e nél homenaxearase as pioneiras do fútbol feminino na zona sur da costa co equipo da SCDR Esteirana dos anos 70, orgañizado pola SCDR Esteirana e ca colaboración do ED As Miúdas e a Subdelegación da RFGF da Costa. Fran Figueroa adestrador do ED As Miúdas e "alma mater" da fundación do mesmo, cre que este será : "Un día moi bonito para todos e todas, xa que se vai a rendir homenaxe a unhas mulleres que se calzaron as botas de fútbol, nun mundo mois de homes, e por aquela moitísimo máis". Para Fran que conta con ata 6 rapazas de Esteiro nop seu equipo : "Será tamén moi especial para as nosas xogadoras do pobo, homenaxeando as suas veciñas. Alégrame moito que contasen connosco para este evento tan emotivo e importante e máis nos tempos que corren". Para preparar este encontro a Selección da Costa Feminina ten o adestramento o 26 de Nadl a partires das 19:00 horas no Municipal de Vimianzo...Abre a nova o completo para ver a lista de convocadas da Selección da Costa.

Segue coa lista de convocadas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 14ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2 CA VITORIA DO ED AS MIÚDAS.
Martes, 18 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-13ª Xornada-      

 ED As Miúdas gañou remontando un resultado adverso.


ED As Miúdas 4-2 CD Unión
-O ED As Miúdas pecha a 1ª volta na 3ª posición-

Moi bo encontro do ED As Miúdas na 13ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, ante o CD Unión, 6º clasificado da categoría, (4-2), nun difícil choque no que tras poñerse por diante víronse remontadas e conseguiron darlle volta ao marcador. As muradanas pechan así a 1ª volta do campionato nunha extraordinaria 3ª posición e teñen a vindeira fin de semana, o Domingo 23, ás 16:00 horas, a oportunidade de pechar o ano tamén nesta praza e tamén no "Eleuterio Balayo", no que reciben para comezar a 2ª volta ao Umia CF, se non hai troco de horarios e día. As rapazas de Fran Figueroa e Fernando García, cos 4 goles do encontro contra as do Barbanza sumaron a cifra redonda de 50 goles acadados, dos que 20 foron obra de Bárbara, que lidera a táboa de goleadoras do campionato xunto con Mélanie do EFM Concello de Boiro. Noutro órde de cousas decir que o equipo muradán xogará un amigable de preparación contra a Selección da Costa Feminina, no "Xosé Luis Vara" de Esteiro, (Muros), o vindeiro día 29 de Nadal. Na portada da web tedes nun artigo a lista de convocadas da selección costeira, na que caben varias das xogadoras muradanas, (e que na lista oficial cando se de o caso estarán), que desta volta serán "rivais amigables" das seleccionadas. Tamén dicir no que se refire a liga, que se xogou xa un encontro da 14ª xornada, no que o SD Noalla derrotaba por 1-0 ao CD Bamio, cun tanto de María Otero no minuto 48...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro do ED As Miúdas, que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LISTA DE CONVOCADAS PARA UN ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN DA COSTA FEMININA DE FÚTBOL.
Luns, 17 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
SELECCIÓN FEMININA DA COSTA


Marta Calvo convocada tras debutar con Galicia a pasada fin de semana.

-Convocatoria da Selección Feminina da Costa para un adestramento-

A Subdelegación da RFGF da Costa por medio do seu subdelegado, Manolo Corredoira fainos chegar a lista de convocadas da Selección da Costa Feminina, para un adestramento o vindeiro 26 de Nadal no Municipal de Vimianzo. Un total de 22 rapazas de 12 equipos, están convocadas para ese día a partires das 19:00 horas, para enfrontarse ao ED As Miúdas...Abre a nova completa para ver a lista de convocadas.

Segue ca lista de convocadas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DENDE ESTE VENRES 14 O DOMINGO 18 O "CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS FEMININAS SUB 15 e SUB 17" EN COMPOSTELA, (TODA A INFORMACOIÓN E FOTOS).
Mércoles, 12 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino


-Campionato de España de Seleccións Sub 15 e Sub 17 Femininas-
-Do 14 de Nadal ao 16 en Santiago de Compostela-

Dende este vindeiro venres 14 de Nadal ao Domingo 16, (ambos incluidos), dispútase en Santiago de Compostela o Campionato de España (1ª Fase) de Seleccións Autonómicas Sub15 e Sub17 femininas, no campo Municipal de Santa Isabel. Os seleccionadores galegos, Quin Valbuena en Sub17 e Susú Cores en Sub15, deron hoxe a coñecer a listaxe definitiva de xogadoras que defenderán a Galicia nesta fase na que ocombinado galego exerce de anfitrión. Achegámovos da man da RFGF, as dúas convocatorias, e o calendario, das seleccións galegas, as cales farán aínda unha última sesión de adestramento mañá xoves, pola tarde en Santa Isabel. Tamén nos mandan fotos das dúas seleccións desta mesma semana, (están abrindo a nova o completo). Destacar a presenta de Marta Calvo, (Outes CF) no combinado Sub 17.  Está previsto que Vero Boquete, "buque enseña" do fútbol feminino galego, visite ás seleccións e para darlle ánimos ás xogadoras, o que aproveitaran para facer unha foto conxunta...Abre a nova completa para ver o calendario de encontros e fotos das duas seleccións femininas.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF ANTE O BREXO LEMA SD, NA 12ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 :
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-12ª Xornada-      

María Insua autora do tanto da vitorioa bergantiñana.


Brexo Lrema SD 0-1 Bergantiños Feminino CF
-Un golazo de María Insua deulle a vitoria ao  Bergantiños-

Un só tanto, pero un verdadeiro golazo de María Insua, foi suficiente para levarse os 3 puntos ó Bergantiños Feminino CF na 12ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, ante o Brexo Lema SD, nun choque no que as bergantiñanas faltoulle definir as ocasións que crearon. O resultado foi moi curto para o visto no "Pinares", o que aguantou a incertidume ata o pitido final, dado que as inclemencias climatol´ñoxicas, podían albergar algún que outro susto...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán, así como as clasificacións da liga e goleadoras, e outros datos.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA ANTE O BAMIO DO ED AS MIÚDAS NA 12ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 3.
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-12ª Xornada-      

 ED As Miúdas recuperou a terceira praza en Bamio.


CD Bamio 1-3 ED As Miúdas
-O ED As Miúdas recupera a senda da vitoria-

Recupera o sorriso o ED As Miúdas na 12ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, tras derrotar ao 10º clasificado o CD Bamio,  (agora 11º), e a pesres das numerosas baixas e das inclemencias meteorolóxicas. Ademáis a vitoria traía premio, xa que recuperaban as muradanas a 3ª praza trala derrota do Xuventu Aguiño na casa do lider SD Chispa, (6-1)...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
crónica e moito máis do encontro do bergantiños feminino da 2ª división galega de fútbol grupo 2º na sua 11ª xornada.
Martes, 27 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-11ª Xornada-      

O Bergantiños rivindicou nas "Eiroas" o : "Non a violencia de xénero".


Bergantiños Feminino CF 5-3 UD Carral
-O Bergantiños levouse un encontro emocionante-

Vitoria do Bergantiños Feminino CF na 11ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, ante o UD Carral Feminino, nun choque dos que disfruta o afeccioando. Un choque moi disputado no que agás no empate a uns no inicio de encontro, tras adiantarse as propias bergantiñanas, sempre foi por diante, pero co equipo carralense sempre metido no encontro. Soubo sufrir e aguantar a presión do rival o equipo carballés e levarse 3 puntos e consolidarse na metade da táboa mirando de preto chanzos máis altos...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO ED AS MIÚDAS DE MUROS DA 11ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3.
Martes, 27 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-11ª Xornada-      

 ED As Miúdas reivindicaron o : "Non a violencia de xénero".

ED As Miúdas 2-3 EFM Concello de Boiro
-O ED As Miúdas cae a 4ª praza tras unha derrota inxusta-

Non foi o día do ED As Miúdas na 11ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, e acabou caendo ante o EFM Concello de Boiro, que chegaba na cuarta posición, (a que caen agora as muradanas), nun encontro no que as muradanas foron superiores pero puidéronlle a falla de puntería e os nervos. A falla de definición, porque tiveron ocasións para levarse ben o encontro, e os nervos, porque o final o encontro volveuse tenso e acabarían con duas expulsadas que non poderán estar o vindeiro Domingo en Bamio. Coa derrota do equipo costeiro, pasa a segunda praza o Xuventú Aguiño SD, con 28 puntos e na terceira praza o EFM Concello de Boiro con 27, polos 25 das muradanas. O SD Chispa abre fenda no liderato índose aos 33 puntos...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO BERGANTIÑOS FEMININO CF NA 10ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 NA QUE ACADOU UN EMPATE QUE SOUBO A MOI POUCO.
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-10ª Xornada-      

O Bergantiños deixou escapar 2 puntos no Municipal de Santiso.


UD Santiso FC 1-1 Bergantiños Feminino CF
-O equipo bergantiñán desperdiciou numerosas ocasións de gol-

Chegaba Bergantiños Feminino CF a esta 10ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, coa moral moi alta tras golear a pasada semana ao Bandeira SD, (8-1), e notouse no seu xogo, máis alegre e creando numerosas ocasións de gol, pero desta volta erraron na puntería e non pasaban dun empate auns, (1-1) ante o UD Santiso FC, que lles sabía a moi pouco...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO ED AS MIÚDAS NA 10ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3 NO QUE ACADABA UN EMPATE "AGRIDOCE".
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-10ª Xornada-      

Penalti por empuxón non pitado ao ED As Miúdas no minuto 84.

SD Noalla 2-2 ED As Miúdas
-Empate insulso do ED As Miúdas que non perde a 2ª praza-

Non foi bo o encontro do ED As Miúdas na 10ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, pero con todo eso acadaron un empate ante o SD Noalla no "Campo A Lanzada" de Sanxenxo que as manteñen na segunda praza, pero agora cos mesmos pountos cas terceiras, Xuventú Aguiño. Con todo eso o resultado podería ter trocado se o colexiado vise, (ou quixese pitar), o claro penalti que podedes ver na imaxe de Chema Caamaño, que coma sempre nos abastece de estupendas fotos dos encontros das muradanas, o cal agradecemos enormemente...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA "IN EXTREMMIS" DO ED AS MIÚDAS NA 9ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL G3.
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-9ª Xornada-      

As "miúdas" gañaron sobre o pitido final.

ED As Miúdas 2-1 SD Puentearnelas
-Vitoria "in extremis" dun Miúdas que non perdeu a esperanza-

Non foi ata o 95 cando Bárbara batía a meta visitante defendida por Vanesa, e poñía o 2-1 definitivo no marcador do Eleuterio Balayo de Muros e facía estalar de ledicia a tódolos visitantes. Era o gol número 15 da pichichi da liga, pero posiblemente o de máis ledicia da tempada, pois tras adiantarse o Puentearnelas e conseguir empatar as muradanas enriba do pitido final da primeira metade por medio de Noelia, e quedar na segunda metade as visitantes cunha xogadora menos por expulsión de Alba con dobre cartón e media hora por diante, non foi ata o derradeiro suspiro que daba premio a insistencia e a non peder a esperanza. Ben e certo que dende o bando contrario sentou coma un xarro de auga xeada, dado que tralo gran esforzo de manter o 1-1 tanto tempo, cun dobre esforzo con unha menos, se lles fose o mel dos beizos dista maneira, pero o fútbol entende moito de "lusco e fusco"...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O BERGANTIÑOS FEMININO RECUPERA O SORRISO NA 9ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2 TRAS GOLEAR O BANDEIRA SD, (8-1).
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-9ª Xornada-      

O Bergantiños goleou nunha excelente segunda metade.


Bergantiños Feminino CF 8-1 Bandeira SD
-O equipo carballés recupera o sorriso-

Tras duas derrotas consecutivas o Bergantiños Feminino CF recupera o sorriso nesta 9ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, a costa das colistas, Bandeira SD, (8-1). A pesares do resultado, na primeira metade non parecía que a cousa se ía a poñer tan ben, pois tras adiantarse as carballesas por parte de Tamara aos 2 minutos de xogo, 3 minutos despois empataban as de Bandeira, cun tanto de Nazaret e xusto antes do descanso Fra poñía o 2-1. Na segunda metade as bergantiñanas foron unha "apisonadora"...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DA VITORIA POR 6-2 DO ED AS MIÚDAS AO JUVENTÚ CAMBADOS DA 8ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3.
Martes, 06 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-8ª Xornada-      


As "miúdas" golearon para manterse na 2ª praza.

ED As Miúdas 6-2 Juventú Cambados
-Goleada da "miúdas" que xa suman 34 goles a favor en 8 choques-

Se a semana pasada falábamos de que facían historia o ED As Miúdas, o acadar a segunda praza, non só neste aspecto están a escribir os seus nomes en letras grandes as rapazas do clube muradán a nivel da Costa da Morte, senón que o están a facer na sua traxectoria. Tras un primeiro ano de contacto con este fútbol, con moitas rapazas que ou viñan do futsal ou non xogaran nunca, agora seguen na 2ª praza e con 7 vitorias en 8 encontros, ca frioleira de 34 goles a favor e tan só 11 en contra, e deses 11, 5 foron nun encontro, o que lle gañaba o SD Chispa, (lider da liga), por 5-1. Tan só recibiron gol, en 5 encontros e ademáis a sua dianteira Bárbara lider a lista de máximas goleadoras da liga con 14 tantos..Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DO ENCONTRO DA 8ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 : SE ABELLA 3-0 BERGANTIÑOS FEMININO CF.
Martes, 06 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-8ª Xornada-      

Lara Sánchez é a xove gardamallas do Bergantiños Feminino CF.


SE Abella SDEC 3-0 Bergantiños Feminino CF
-Mereceu máis o equipo carballés a pesares do que dí o resultado-

Derrota demasiado abiultada do Bergantiños Feminino CF nesta 8ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, nun encontro no que as bergantiñanas fixeron como para sacar algo en positivo, pero os puntos foron para o que estivo máis acertado, niste caso o SE Abella SDEC, (3-0)...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BRILANTE PAPEL DA SELECCIÓN DA CORUÑA SUB 14 NO CAMPIONATO GALEGO COMARCAL DE FÚTBOL FEMININO CON 4 RAPAZAS DA COSTA NAS SUAS FILAS.
Venres, 02 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

Brilante papel da Selección da Coruña no Campionato Galego.

-Impecable a Selección da Coruña Feminina Sub 14-

-Goleou nos dous encontros da 1ª Fase do Campionato Galego-

A Selección da Coruña Feminina Sub 14, coas rapazas da costa : Ana, (Malpica), Lucía Rodríguez, (Cabana), Laura Caamaño, (Esteiro) e Alexia Lorenzo, (Coristanco), que formaban parte do grupo de 21 rapazas que convocou o seleccionador coruñes, e tamén costeiro, Gueli Cotelo, xunto ca sua axudante Laura Seoane, xogadorsa do Bergantiños CF,  fixeron un brilante, impecable torneo na 1ª Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Femininas Sub 14, goleando no primeiro encontro a Selección de Pontevedra, (3-0), para despois facerlle un "set en branco" a Selección de Lugo, (6-0). Decir sobre as rapazas costeiras, que amosaron un gran nivel e a coristanquesa Alexia foi a autora de 2 dos 9 goles que marcou o combinado coruñés. Abrindo a nova o completo tes toda a información que nos achega o seleccionador Gueli Cotelo.

Segue coa crónica dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA DERROTA DO BERGANTIÑOS CF NA 7ª Xda DA 2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL G2 :
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-7ª Xornada-      

Marta Fra fixo o segundo tanto do Bergantiños Feminino.

Bergantiños Feminino CF 2-4 Betanzos CF
-As bergantiñanas acusaron as baixas ante as brigantinas-

Trala vitoria da pasada semana o Bergantiños Feminino CF nesta 7ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, volveu a caer derrotado. Chegaron a este encontro as rapazas bergantiñanas con numerosas baixas e iso fíxose notar ante o Betanzos CF, un dos equipos fortes da categorías, que ademáis tiveron a sorte de cara a porta, e souberon reacciónar e matar o encontro cando as carballesas se poñían de cheo co 2-3 na loita por puntuar. Dirixeu o encontro o baiés, Manuel Espasandín...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
GOLEADA DO ED AS MIÚDAS NA 7ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL G3 QUE AS COLOCA NUN HIISTÓRICO 2ª POSTO.
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-7ª Xornada-      


As "miúdas" golearon e fixeron historia.

CD Mosteiro 0-7 ED As Miúdas
-Histórica segunda praza do ED As Miúdas-

Segue a facer historia e a facerse grande o ED As Miúdas, que trala goleada ante o CD Mosteiro, (0-7), nesta 7ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3,  colócanse nunha histórica segunda praza a estas alturas da tempada e ademáis a sua xogadora Bárbara que marcou 6 dos 7 goles do seu equipos ponse con 12 tantos na cabeza da táboa de máximas goleadoras da categoría, 2 máis ca segunda Laura Gómez do CD Unión...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com