http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

PRIMEIRAS DERROTAS DOS EQUIPOS DO FISOBER.
Martes, 15 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
N. Polideportivas



Primeiras derrotas na Liga para os equipos do Fisober C. Vimianzo, as cadetes caeron na casa 1-4 contra as ourensanas do Cidade das Burgas e as senior perderon en Boqueixon por 3-2.Istas derrotas non empañan as "inmaculadas" traxectorias que están a levar os equipos representativos, das comarcas de Fisterra, Soneira e Bergantiños, no futbol sala feminino.

 

Se premes en "Ler a nova completa..." podes ver tódolos datos e crónicas dos dous encontros...



 
MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO DOS PROTAGONISTAS DO ALMERÍA 1-1 DEPORTIVO:
Luns, 14 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News

"Fue increíble salir del campo y que entrara Valerón. En la vida imaginé que me pasaría. Es un orgullo y una satisfacción enorme.Agradezco sus palabras, (de Lotina). Yo intento mejorar poco a poco y aumentar mi rendimiento cada partido.Me quedo con el viaje y con el debut. Es algo especial e inolvidable".

Seguen as manifestacións post-encontro se premes en "Ler a nova completa..."

 
CRÓNICAS DA 3ª AUTONÓMICA, (DA COSTA), DA 15ª XORNADA:
Luns, 14 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Cabana 1-2 Club do Mar

Un gol de Pablo Piñeiro, no tempo engadido, deulle a victoria o equipo de Caión, nun encontro no que fixeron méritos pra levarse os tres puntos.Adiantouse o equipo visitante, cun gol de Jorge de penalti, así acabaría o primeiro tempo.O Cabana, saeu a busac do empate, e puido pagalo caro, con ate duas ocasións moi craras dos caionenses, o contragolpe, pero sería o xuvenil, Basti, o que acadaría a igualada, 75´), co seu terceiro gol nunha semán, pois marcou no encontro aparazado que xogaron o pasado día 8, os dous goles do seu equipo.O empate "espoleou" os visitantes, que buscaron a victoria, ate que no tempo de desconto, lles sonrieu a sorte, o acadar o gol da victoria, Pablo Piñeiro.En honor o Cabana, decir, que aliñou a cinco xuvenís, debido as numerosas baixas cas que conta, que baixaron o potencial do equipo, con respecto as primeiras xornadas.

Cabana: Ameijenda, Isaác, Jacobo, Rubén, Antonio, (Sergio, 70´), Chuchi, (Eloi, 46´), Puñal, Quilmes, (Cristian, 79´), Eloi Eiroa, Basti e Adán, (Diego, 46´).

Club do Mar: Borja, Jorge Sar, Luis Lareo, Jorge, Paco, (Maracas, 67´), Chori, (Manuel, 57´), Alberto, Repi, Pablo Piñeiro, Bruno, Rubén, (Isaác, 77´).

Seguen as crónicas premendo en "Ler a nova completa..."

 
Crónicas da Liga da Costa
Luns, 14 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Sp. Zas 2-2 Baio

O Zas, lider, non puido co Baio,que loita pola permanencia, no derbi. Os locais víronse sorprendidos na primeira metade, por duas circunstancias, a primeira o gol do pichichi, Guillermo no minuto 20, que adiantou o seu equipo 0-1; e a expulsión do seu dianteiro Navarro, pero pese a todo eso o Baio foi mellor e dominou a primeira metade. Tralo descanso, os visitantes, no minuto 49, marcaron o 0-2, con un gol de Jorge ó rechace de unha falta de Alberto.Pola contra o  Zas crecéuse a medida que pasaban os minutos, e vía como quedaban con menos homes, debido as expulsións de Navarro m.30, Pichín m.50 e Mario m.30, o Baio tamén vería a expulsión, de Diego Díaz, (53´). Despois de insistir e presionar,  tivo que ser Braulio,  no minuto 60, en xogada persoal, o que  marcou o 1-2, acortando distancias e dando esperanzas o seu equipo. Seguiron loitando e a igualada chegou no minuto 77 con un gol, de penalti sobre Braulio, que transformou Jorge.

Sp. Zas: Norber, Chentony, (Ibiza m.63), Julián, Dávid, Julián, Pereiro, (Roly m.46), Braulio, kiko, Jorge, Mario, Pichín y Navarro.

Baio: Manuel, José Antonio, Fermín, Mario, Diego Díaz , Pensado, Alberto, Jorge, Felipe, (Canal m.46), Álex Cameán (MC m.14), (Eloi m.57), Guillermo.

Para seguir lendo o resto das crónicas preme en "Ler a nova completa..."


 
Crónicas 1ª Autonómica
Luns, 14 Decembro, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa


Dumbría 0-0 Ponterceso.


O Dumbría tivo a posesión do balón, pero careceo de profundidade, e non xenerou oportunidades claras de perigro ante a portería contraria. Pola contra o Ponteceso acadou o que viñera buscar, moi ben en defensa, presionando no medio e balón largos para Charro.

Dumbría:
Purrúa, Iván Pequeño, (Roco 77´) Nico, Chula, Rubén, Schuster, Aaron, Luisito, (Iago 60´), Luis, (Sestayo 60´), Llanero, Tasky.

Ponteceso: Pombo, Adrián, (David 49´), Carlos Mato, Fabián, Dani Pllas, Pablo Vázquez, Tucho, Mendieta, (Luisete 35´),(alfredo 79´),  Rubén Rama, Losito, (Ríos 71´), Alfredo.

Resto das crónicas en "Ler a nova completa".


 
Crónicas da 3ª División.
Luns, 14 Decembro, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa
3ª División

Verín 3- 2 Bergantiños
Derrota do Bergantiños, que xogou cun home menos dende o minuto 75, ante o colista , que marcou o gol da victoria no 93.

Somozas 0-1 Santa Comba
Adrián , do Santa Comba, doulle os tres puntos o seu equipo con un gol de vaselina.

Negreira 1-3 Coruxo
Nada pudo facer o Negreira ante un rival que foi moi superior.


 
Versión imprimible  
RESULTADOS DAS LIGAS, DA XORNADA DOMINICAL:
Domingo, 13 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Pirata-News1ª División:
Ca victoria do Mallorca do "Chorón" Manzano, pola mínima en Pamplona, ante o Osasuna, apéa o Deportivo, da 5ª praza, con un punto máis, 27.
Tódolos resultados en "Clasificacións".
3ª División:
Importantísima victoria pola mínima do Santa Comba, con gol de Adrián, ante o equipo que o precedía na táboa, e que marcaba os postos de descenso, o Somozas, con ista victoria, remonta o seu rival de hoxe, e mira pro Bergantiños, que con un punto máis, (13), marca os postos de salvación.O equipo carballés, complicouse a vida hoxe ca sua derrota, (3-2), no campo do Verín, outro que se complica a vida, pero tiña un duro "croio" coma rival, e o Negreira, que perdeu na casa, 1-3 ante o equipo vigués do Coruxo.Por outra banda, o Cerceda non pasou do empate no Couto, ante o Ourense, (1-1), polo que queda a dous puntos do Fabril, que onte perdía na casa ante o Narón.
Tódolos resultados en "Clasificacións".
Rexional Preferente:
Mugardos 0-1 Laracha:
Debut, do novo adestrador, José Luis Lemos, pola mínima, no seu primeiro encontro, no retorno os vestiarios, tras ascender entres anos seguidos o Montañeros, e embarcarse, na mala experiencia do Ciudad de Santiago, que o final, afundíuse, nunha "morte anunciada".
1ª Autonómica:
Importantísima victoria do Soneira, que tralo empate do lider o Victoria, coloca os de Manolito, a tan só un punto do liderato.Xa decíamos onte que a victoria do Atlético Arteixo na casa do Sporting Cambre, que ía segundo, ía a apretar a clasificación, e vaia se o fixo.Por outra banda, non é menos importante o punto que sacou o Ponteceso de José Manuel Mato, en Dumbría.
Tódolos resultados en "Clasificacións".
Liga da Costa:
Tropezo do Sporting Zas, que non pasou do empate, na casa ante o Baio, (2-2), que aproveitaron, o Xallas, que goleou o Corme, (2-4), e o Camariñas, que gañou tamén goleando, no Pindo, (1-4).O equipo camariñán de gañarlle o Sofán no encontro que ten aprazado, e que xogará o vindeiro, 27, poñería se de segundo, a un punto do lider o Sporting Zas, pero pra iso ainda queda unha xornada máis, antes de acabar o ano.O Monte Louro, perdeu pola mínima en Fisterra, e ainda segue en postos de descenso, namentras que o Esteirana, caeu goleado na casa, ante o Porteño, (1-3), pero ainda ten marxe, non así o Lira, que segue ca sua caida, en "picado".
Tódolos resultados en "Clasificacións".
3ª da Costa:
O Dumbría B, non errou, e segue na loita, co Buño, que gañou o sábado, por outra banda, o Club do Mar de Caión, métese de cheo na loita polo ascenso, trala victoria de hoxe en Cabana, ante un rival directo, polo que se van clarexando as cousas na loita pola parte de arriba.O Mazaricos deu un paso atrás, o non pasar do empate ante o Cerqueda.
Tódolos resultados en "Clasificacións".


Pra entrar nas "Clasificacións" tes que facelo como rexistrado, e con un navigador que non seña o Internet Explorer.


 
Versión imprimible  
ALMERÍA Vs DEPOR: (Primeira metade).
Domingo, 13 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News
1-1
Kalu Uche, (54´) - Pablo Álvarez, (74´).

Primeira metade


Encontro moi igualado, con ocasións moi craras, pra ámbolos dous conxuntos, con un pouco máis pro Depor.Juan Rodriguez, en duas ocasións, unha delas o pau, e Antonio Tomás, cun forte disparo, que o porteiro almeriense, Diego Alves, desviou o pau longueiro, foron as ocasións máis craras pra Depor. Por parte do equipo local, un forte disparo de Piatti, a escadra, desviouno a corner, Aranzubía.Polo demáis moita igualdade, sen control, por parte de ningún dos dous conxuntos.

Segunda metade

Non saeu o Depor coma na primeira metade, e unha xogada pola banda do Almería, con un bo centro dende a banda de Mateo, rematouna o borde do área pequena, Kalu Uche, o fondo da rede, só, sen naide que o estorbase.Tras iste erro defensivo, e o gol o Almería creceuse, e Lotina que xa puxera no campo a Valerón, (Juan Domínguez), fixo un dobre troco, dando entrada a Pablo Álvarez e a Iván Pérez, por Sergio, e Mista, (desaperecido en combate II).O Depor tivo un pouco máis o balón, ca referenza do "Mago de Argueneguín" no campo, e pouco a pouco, foise facendo non máis dono do encontro, senón que quitándolle o protagonismo o equipo local.Nunha distas, unha boa xogada de contragolpe, cando corría o 74 de encontro, foi centrada dende a banda o área por Manuel Pablo, con prolongación hacia atrás de Valerón, e Pablo Álvarez, rematou de testa a pracer entrando no segundo pau.Ate o final, eles puideron marcar, pero o Depor, baixo a "batuta" de Valerón, tamén tivo as suas ocasións.O final un punto, que puido ser ningún, pero que sabe a pouco, ou a moito, tendo en conta as numerosas baixas.O guión, foi o da historia, na primeira división co de hoxe, tres encontros antre o Almería e o Depor, no "Estadio de los Juegos del Mediterraneo", unha victoria pros locais por 1-0, unha victoria pro Depor por, 0-1, e hoxe tocaba empate...a uns.

Iste é o equipo inicial do Depor:
Aranzubia; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Filipe Luis; Sergio, (Iván Pérez), Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Juan Domínguez; (Valerón), Adrián e Mista, (Pablo Álvarez).
Non veu nengún cartón o Depor.

Iste é o equipo inicial do UD Almería:
Diego Alves; Juanma Ortiz, Chico, Acasiete, Cisma; M'Bami, Soriano, Corona, Míchel; Piatti, (Nieto), e Kalu Uche.

 
Versión imprimible  
PREVIA DO, ALMERÍA Vs DEPORTIVO:
Domingo, 13 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News

Montaxe de PauloBG, (12 anos).

Os enfrontamentos antre o Deportivo e o Almería, en terras almerienses, non teñen moito que falar, encanto a estatísticas, pois tan só xogadorn en catro ocasións, duas no antigo campo de Juan Rojas, na 2ª División, aprimeira na tempada, 1978/79, con victoria por 2-1 pros locais, e a segunda na tempada 1981/82, con empate a ceros, e dúas veces na máxima categoría, niste caso no novo estadio, chamado "Estadio de los XV Juegos del Mediterraneo".Fai dous anos, un 20 de Xaneiro, con victoria pola mínima pros locais, e o ano pasado, na xornada 13, un 30 de Novembro, con victoria pola mínima pro Depor.

O gol da victoria do pasado ano, acadouno, Verdú, no 72 de encontro, e sumábamos 21 puntos en 13 xornadas, catro menos que iste ano nisa mesma xornada.
O encontro de hoxe, é un encontro con dobre fío.Namentras o Almería, a dous puntos do descenso, ten que ir a por todas, e non está ahí a baixo, por facelo mal, senón, porque non ten o gol do pasado ano, que contaba con Negredo.Así e todo conta con Kalu Uche, que é un seguro de gol e leva 4 dos 14 goles que leva o equipo.Quizais onde máis erra o equipo é en defensa, pois o seu porteiro, Diego Alves, leva encaixados, 21 goles en 13 xornadas.

Segue a previa se premes en "Ler a nova completa..."

 
AXENDA FUTBOLÍSTICA, (do sábado e crónicas):
Sábado, 12 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Pirata-News1ª División:
Zaragoza 1-2 Atlhetic de Bilbao: 0-1, San José, (60´), 0-2, Susaeta, (81´), 1-2, Diogo, (91´).
Barcelona 1-0 Español: Ibraimovic, (39´´,pen.).
Valencia 2-3 Real Madrid: Higuaín, (2), Villa, Joaquín, Garay.
3ª División:
Racing Vilalbés1-0 Céltiga:
Tres puntos de "respiro", do Racing Vilalbés, que se aparta un pouco da queima, dos postos de descenso, con 17, puntos, a 6 do Somozas, que caeu os postos de descenso, trala "exclusión" do Ciudad de Santiago.
Fabril 1-2 Narón:
Sorpresiva derrota do Fabril, ante o equipo "revelación" dista liga, que con 640 socios, está loitando polos postos que dan acceso a liguiña de ascenso a 2ªB.Mañán o Cerceda, terá a ocasión de empatar a puntos cos coruñeses, de ser quen de gañarlle no Couto o Ourense.
1ª Autonómica:
Sporting Cambre 0-1 Atlético Arteixo:
"Impresionante", iste Atlético Arteixo, que ten o "antídoto", contra os equipos da parte alta, pois se fai unhas datas, gañaba, goleando, no campo do Visctoria, que ía de lider invicto, (1-4), no día de hoxe visitaba o segundo clasificado, e non só lle gañou, senón que empata con él, con 29 puntos, e aprtea máis a clasificación, pois de gañar mañán o Soneira, lle gaña o Vizoño, collerá a segunda posición, e o Dumbría de gañarlle, o Ponteceso, empataría a puntos, co Sporting Cambre e Atlético Arteixo, menuda xornada a de mañán, tralo resultado do equipo arteixán.
Liga da Costa: Tódolos encontros o Domingo.
3ª da Costa:
Nantón 5-0 Muxía:
O Muxía, que pintaba ben fai unhas semáns, "desmorónase", trala marcha do adestrador, Luis Romaní.Colleu as rendas o Presidente do clube, Estanislao Romar, pero hoxe, non tivo opción, ante un gran Nantón, que foi unha apisonadora na segunda metade, trala expulsión, do porteiro, Ángel Luis, por protestarlle o colexiado, tras un penalti inexistente, e o Muxía que só contaba con 13 xogadores, tivo que poñer de porteiro o xogador de campo, Alvaro.Ista xogada, foi clave, pero na primeira metade que acabou con 1-0, xa fora moi superior o equipo local.Os goles do Nantón foron obra de Manolo, (2), Luis, (2), (que suma o seu 14º gol), e Javi Peón.
Muros B 0-2 Buño:
Plantoulle cara o filial do Muros, o lider na primeira metade, a pesares da superioridade, dos "oleiros", pero xa na segunda metade, o pouco de comezar, errou un penalti, que foi o preludio, dos dous goles, que virían cáseque seguidos, antre os minutos, 25 e 35, que puxeron no marcador, o dominio, dos visitantes nista segunda metade.
Corcubión 9-1 Ponteceso B:
Encontro sen historia, no Novo Cubaleiro, con 2 goles de Pablo, 2Roberto, (que xa suma 13), 2 Balucho, e Adrián, Edu e José con un gol.
Atlético Pereiriña 0-3 Outes:
Adiantouse o Outes, que vai a máis, con dous goles na primeira metade, o primeiro de Rubén, (18´), de falta directa, e o segundo no desconto dista primeira metade, con un gol de Pesco, nun un contra un, co porteiro local, picándolla por enriba, (Pesco, sería expulsado, no desconto final).Na segunda metade, houbo xogo bronco, por ambalas duas partes, pero o Outes, con unha forte defensa, controlou ben os da Feira Nova.No minuto 70, Saúl, deixaría sentenciado o encontro o rematar un centro de Arturo antre liñas
Liga Gallega Xuvenil:
Racing Vilalbés 4-0 Cabana

Xuvenis da Costa G3 e G4:
G3: Santa Comba 6-0 Dumbría
Tódolos resultados en "Clasificacións".
G4: Muxía 4-0 Sporting Zas

-Como nos informades, nalgunhas categorías non aparece a clasificación, por un problema no programa que estamos tentando de arranxar. Desculpade!.


 
Versión imprimible  
O SABÍAS QUE...?...DO ALMERÍA:
Sábado, 12 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Sabías que...Sabías que...O Almería é o equipo mais xove da Primeira División española, fundado no 1989, tivo unha carreira meteórica, no 1992 xa estaba  na terceira, no 93 en Segunda B,e no 95 en Segunda División, ahí frenouse e voltou a segunda B, pero no 2007,acadou a Primeira División.

Sabías que...No seu escudo ten representado o Índalo, que é unha pintura rupestre da Edade do Cobre, que se atopa na "Cueva de los Letreos", en Vélez, (Almería). Créen que representa o "Mensaxeiro do Deuses".

Sabías que...O equipo almeriense é o único na primeira española que viste a sua propia marca de roupa, UDA, que son as siglas do equipo, Unión Deportiva Almería.

Sabías que...Xoga no Estadio de los XV Juegos Mediterraneos, que foi construido pra istes xogos no 2005, ten unha capacidade pra 22.000 espectadores.Antes xogaban no Juan Rojas,que tiña capacidade pra 13.648 espectadores, 8.000 de pé.

Sabías que...O Depor e o Almería só se enfrontaron duas veces en competición oficial, na 1ª División, no Estadio de los XV Juegos Mediterraneos, e gañounosunha e perdeu a outra.Namentras que no anterior estadio Juan Rojas, enfrontáronse tamén duas veces na 2ª División, cunha victoria pros locais e un empate a cero.O primeiro enfrontamento foi no 1978, cando Mark Knopler, triunfaba con unha canción que se titula, "Sultans of Swing"...sónache!!!

 
Versión imprimible  
HUGO SÁNCHEZ: "EL DEPORTIVO, ES UN RIVAL COMPLICADO".
Venres, 11 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News
http://i2.esmas.com/2009/02/21/34855/hugo-sanchez-300x350.jpg
Hugo Sánchez, "teme" o Depor, pero van a sair a "gañar".

O adestrador Hugo Sánchez, avisa do perigo do Depor, tanto fora como na casa."El Deportivo va a ser un rival complicado, está bien dirigido, es un bloque compacto y está fuerte no sólo en su campo sino también en los desplazamientos; tendremos que estar muy centrados los noventa minutos", dixo o mexicano en rolad de prensa.

Segue a rolda de Hugo Sánchez, premendo en "Ler a nova completa" ou no titular da nova...

 
"PARTE DE SANCIÓNS".
Venres, 11 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Pirata-News

Aquí tes o parte de sancionados da Liga da Costa e da 3ª da Costa, na que tan só hai catro sancionados, e os catro por acumulación de cartóns.Na 1ª Autonómica, os equipos da zona dos que nos seguides masivamente, non hai ningún sancionado e nos seus rivais, tan só o Sporting Cambre, perde o seu xogador, Daniel Cardelle, que veu un dobre cartón amarelo, no encontro da pasada fin de semán ante o Imeprator, polo que non poderá estar ante o Atlético Arteixo.Na 1ª División, o Depor nen o Almería teñen sancionados.

Preme en "Ler a nova completa...", pra ver o listado.

 
SERÁ A HORA DE VALERÓN?.
Venres, 11 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News

                            Valerón "preparado", se Lotina o precisa.


Cinco baixas acumula o Depor xa, pra Almería, e a cal máis importante, polo que será a hora de xente coma, Pablo Álvarez, Iván Pérez, Juan Domínguez, e como non Valerón.

O "Mago de Arguineguín", Juan Carlos Valerón, "Pirata de Honra 2008", cre, que estalles a pasar "factura", o bo traballo, que veñen realizando, e que pra iso están todos, pra que "no se note".

"Estamos haciendo un trabajo muy bueno desde el principio de Liga y es normal que pase factura, no hay que darle más importancia. Para eso estamos todos, para que no se note", dixo Valerón.

Segue a rolda de prensa de Valerón en "Ler a nova completa..."

 
BOAS NOVAS ECONÓMICAS, PERO AINDA FALTA MOITO...
Venres, 11 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News

O clube presentará, unha rebaixa na débeda, de cáseque38 millóns de euros.


Segunda unha nota da Axencia EFE, o Deportivo, presentou unhas contas, cunha rebaixa de 37.822.882,95 euros.No derradeiro exercicio, o clube, presentou unha débeda, de 159.815.506,95 euros, e o vindeiro, venres, ou o sábado, en segunda convocatoria, se non houbese, "cuorum" na primeira, presentará os accionistas, unhha débeda de 121.992.624 euros.

Tamén baixa o presuposto, que se na pasada campaña, era de, 59.836.000 euros, pra ista tempada, será de 55.813.835 euros, polo tanto hai unha reducción de 4 millóns de euros.

Antre outros motivos, a débeda redúxose, o haber satisfeito parte das suas obrigacións, contraídas coas Administracións Púbricas e o haber reducido a sua nómina de futbolistas.

 
Versión imprimible  
GUARDADO, "SERIA" DUDA PRA ALMERÍA.
Xoves, 10 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News
Filipe, adestrou con normalidade, pero Guardado non.

O brasileiro, Filipe Luis, adestrou con total normalidade, namentras que Guardado, abandonou, por "pecaución", xa que ainda garda molestias, da xogada clave, do encontro co Barcelona, na que Alves, debería haber visto o seguyndo cartón amarelo, e se expulsado.Non foi así, e con Guardado fora, o Barcelona marcou, entrando pola sua banda.

"Todavía estoy un poco cargado y estamos tomando precauciones.Los doctores también están con esa preocupación de que prefieren que no juegue un partido si hay posibilidad de romperme. Hasta hoy no he hecho un entrenamiento completo y vamos a ver qué pasa de aquí al domingo", dixo Guardado tralo adestramento.

Segue en "Ler a nova completa..."

 
O por qué das lesións dos dianteiros.
Xoves, 10 Decembro, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://estaticos04.marca.com/imagenes/2009/01/27/futbol/equipos/deportivo/1233072866_0.jpg
Demasiadas lesións xuntas no Depor.

Todos nos preguntamos, o por qué das lesións dos dianteiros do Depor. Temos que lembrar que Lassad e Riki, serán baixa ata 2010, que Adrián tivo unha pretemporada e un inicio de liga  intermitente por continuos problemas físicos, que na campaña pasada Mista e Bodipo tamén sufriron algún que outro problema, e estiveron ata dous meses sin xogar, e Juca, entra a formar parte do "clan2 dos que se lesionan unha e outra vez.

Segundo  o preparador físico do Deportivo, Eduardo Domínguez, as lesións veñen dados pola potencia e a musculatura especifica, de cada xogador: "Los delanteros por lo general suelen der jugadores muy potentes. Es raro ver a uno lento, a no ser que sea grandote. Desde el punto de vista de las contusiones, los delanteros son muchas veces los que reciben más patadas y eso, quieras que no, les va generando traumatismos a nivel óseo y tienen que soportarlo".

Debido a todo isto o corpo técnico do Deportivo, iniciou ista tempada, un programa de prevención de lesións, con cinco módulos diferentes e cada xogador do equipo, en función da sua musculatura e as suas necesidades, realiza un, dous, tres, ou os módulos que sexan necesarios. "Los delanteros son los que creemos que deben hacer diferentes programas con diferentes orientaciones hacia la propiocepción de rodilla y tobillo, la musculatura posterior, los estiramientosde musculatura anterior y lo que es el reforzamiento abdominal y lumbar porque el cuerpo no son sistemas separados, es un sistema único, en el que una cosa afecta a la otra". declarou Eduardo Domínguez.

 
Versión imprimible  
O Concello aproba adicarlle unha rua o Depor.
Xoves, 10 Decembro, 2009 Enviado por Pato
Depor News

  O  Pleno do Concello de A Coruña, ca unanimidade dos tres grupos municipais, acadou onte adicarlle unha rúa ó "Real Club Deportivo de La Coruña". Así, a proposta da Alcaldía indica que "son muchas las entidades y los ciudadanos que se han sumado a la iniciativa de la Federación de Peñas para que se dedique al Deportivo una calle de la ciudad, (antre elas piratasdemuxia.es, que recibeu, máis de 200 peticións, no correo electrónico na nosa web). No parece necesario resaltar la labor social y deportiva realizada por nuestro centenario Club de Fútbol para justificar la dedicatoria, sobre todo, si tenemos en cuenta que sus merecimientos han sido ya acreditados cuando la corporación, por unanimidad, le otorgó la más alta distinción que entrega el Ayuntamiento: la Medalla de Oro de la ciudad".

O que non se coñoce é cal será a ubicación de dita rua. A  Federación de Peñas propuxo que fora o lugar da  Avenida General Sanjurjo, que desemboca na Plaza de Catro Camiños, lugar donde  se celebran os títulos e éxitos do Depor, pero o alclde  coruñés xa dixo que non pode ser posible, logo pediron a Terceira Ronda, pero xa lle estaba "adxudicada" a S.M.o Rei Juan Carlos. Esperemos que non haxa tanto que esperar , como as ruas que hai cinco anos aprobaron para Mauro Silva e Fran, que todavía están esperando emplazamento.



 
Versión imprimible  
LOPO "INSTA", A QUE SÓ SE PENSE NO ALMERÍA.
Xoves, 10 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News

                                            Lopo e "precavido", con respecto o Almería.


O defensa do Depor, Alberto Lopo, non se fía do Almería, nen da sua situación, a dous puntos do descenso, e como mostra lembra, o bon papel que fixeron no Bernabeu, que só ca pegada, foi capáz de doblegalos o equipo da capital do Estado.

"El Almería tiene un buen equipo, como todos los de Primera. Cuenta con gente rápida arriba y también por las bandas. Tuvo al Madrid contra las cuerdas, así que hay que tener cuidado", dixo Lopo.

Segue en "Ler a nova completa..."

 
FOTOS DE AFECIONADOS:
Mércoles, 09 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Depor News
Aquí tedes nha escolma de fotos do viaxe dos afecionados deportivistas a Santander.Niste caso son do noso usuario, "Esteban", un dos fundadores da peña deportivista, "Peisaco", de Paiosaco, que viaxou a Santander, xunto cos seus amigos da peña, a disfrutar da victoria, do Depor, así coma das cualidades culinarias cántabras, e regado todo cunha boa cervexa, "galega".Xa sabes que se queres podes mandarnos as tuas fotos, que teñan que ver ou co Depor, ou coas ligas que levamos.


A ledicia, dos compañeiros deportivistas da peña Peisaco.

Se queres ver máis fotos, preme abaixo, en "Ler a nova completa..."


 

<   11121313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263738393103113123133143153163   >

Theme creado por dev-postnuke.com