http://www.canaldeportivo.tv
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 2
Total:  Total: 2
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

XUNTANZA DOS CLUBES DA 3ª GALEGA, E DE PREFERENTE NORTE.
Mércoles, 11 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente

A Asociación de Clubes Galegos de Futbol, convoca a unha xuntanza, os clubes, da 3ª División Galega, (Grupo 1), e os Rexional Preferente Norte, o vindeiro sábado 14 de Agosto, no Multiusos de San Lázaro, a partires das 10:30 horas, para tratar, as consecuencias, do descenso administrativo, da SD Compostela.

Xa tes en "Clasificacións", os calendarios da 3ª División, e da Rexional Preferente, totalmente actualizados.


 
Versión imprimible  
ENCONTROS DE FUTBOL, PARA HOXE:
Mércoles, 11 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Pirata-NewsEncontros:

200 Aniversario da Independenza de México:
México 1-1 España


Copa Deputación, (Cuartos de Final):
Cerceda 1-1 Racing de Ferrol:  Pasa o Cerceda.
Dorneda 1-1 Fabril:  Pasa o Fabril.
Betanzos 2-0 Compostela Pasa o Betanzos
Boiro 0-0 Montañeros:  Pasa o Montañeros

Amistoso:
CD Baio-BergantiñosCF:  O Clube Deportivo Baio, infórmanos, de que o vindeiro sábado 14 de Agosto, enfrontarase, no Platas Reinoso, (Baio), o Bergantiños CF, a partires das 20:00 horas.

 
Versión imprimible  
GUARDADO, O MANCHESTER UNITED?.
Mércoles, 11 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

 

 

Guardado, de "Red"?

Segundo informa un xornal dixital, Guardado, interesa o Manchester.

Os nosos amigos da web www.eldepor.com, fanse eco, dunha rumor, de interese, para as arcas deportivistas, que recabou, o seu usuario, pachulomipirulo, no que aparece, un enlace, co xornal dixital, Caugthofside, no que se mostra unha nova, na que afirman, que Álex Férguson, está interesado, en facerse, cos servizos, do interior deportivista, Andrés Guardado, o que veñen seguindo fai tempo.Nista nova, falan, da cantidade de 12 millóns de libras, (14,5 millóns de euros).

"O Manchester United, está considerando unha medida de alta calificación internacional, como o mexicano Andrés Guardado.Sir Alex Ferguson quer traer máis creatividade o seu medio campo, para Old Trafford. O extremo do Deportivo da Coruña fixo unha boa Copa del Mundo, e o parecer foi sinalado, como unha posible incorporación o equipo, pola rede do clube, de exploración, que seguiron de preto o xove, dende fai tempo", di o Caugthoofside, inglés, sobre Guardado.

Tamén falan no artigo, de que apunto, estivo de recalar na Premier, antes de vir o Depor, e que é un xogador "crucial", no Depor, tanto, que estivo, na estela, do Madrid e o Benfica.Ademáis contan, que tanto Anderson, coma Michael Carrick, tiveron un mal ano, e que Gabriel Obertan foi un fracaso, sería máis que posible a fichaxe polos "Red", dado, que non suporía un desembolso, que puidera afectar as arcas do clube.

O xogador será titular, na noite de hoxe, (22:00 horas/TVE), no encontro, do 200 Aniversario, da independenza de México, que enfrontará a "Tri", contra España, no Estadio Azteka, de México DF.

Preme aquí, ou nos enlaces, para ver o artigo, en inglés, ou a nosa web amiga eldepor.com.



 
Versión imprimible  
PRONTO VEREDES, AS FOTOS DO "IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR", QUE FOI TODO UN NOVO
Mércoles, 11 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Un novo éxito, de festa e visitantes do "Mercado das Rutas do Mar".

Ista pasada semán como vos informamos, tiña lugar en Muxía, o "IV Mercado das Rutas do Mar".As previsións de que ía a haber moita xente, estaban aseguradas, pero o final, rompeuse, calqueira previsión, e foi o máis concurrido, dos catro que se levan.Xa na mañán do sábado, apuntábamos, que había "cheo".Os xa numerosos visitantes, turistas e veciños, sumóuse, unha expedición de máis de 1200 peregrinos, que viñan a facer a sua visita o Santuario da Nosa Señora da Barca, Final da Ruta Xacobea, e que se sumaron a festa, disfrutando da música e os manxares dos nosos mares e de terra.
Durante todo o día do sábado, e ate altas horas da madrugada, o pobo foi un fervedeiro, e o mesmo pasou na xornada do Domingo, que se culminou, con reparto de bonito asado de balde, para tódolos visitantes, e coma outros anos, bebida gratuita, para todos, para rematar a festa, que se prolongou, ate a madrugada do luns.
O grande éxito, dista celebración, foi a involucración dos veciños, cos seus numerosos postos, que dispensaron, bebidas, e os mellores manxares do mar e do cortello, a precios, moi asequibles, tanto foi así, que algúns acabaron as existencias, o sábado e tiveron que trocar de menú.Ademáis houbo, música, tanto de grupos contratados polo concello, coma espontáneos.Mostros mariños, xogos para os nenos, bailes, teatro ambulante...etc,etc, etc.

Nosa máis cordial noraboa, o concello, e a tódolos veciños, que participaron dista  "Gran festa do verán", por disfrutar e facer disfrutar a tódolos que visitaron Muxía a pasada fin de semán, que de seguro, que voltarán.

Estamos a preparar, para que vexades en breve, unha escolma de fotos, para o noso  "Album de fotos dos Piratas", así coma para colgar, en Youtube, unha reportaxe fotográfica, e algún vídeo.
Non o perdas, poide que salgas, se andiveches polo "Mercado das Rutas do Mar".


 
Versión imprimible  
LOTINA: "HAY CONTACTOS, POR EL LATERALY EN POCOS DÍAS..."
Martes, 10 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Lotina, confirma, o pronto desembarco, dun lateral esquerdo

Lotina, confirmou, que xa hai "algo", concretado, sobre o novo lateral esquerdo, para o equipo, e que podería estar pronto, sendo presentado.
"Hay contactos por el lateral y en pocos días lo lógico es que se concreten, porque, ya hemos descartado varios de los que nos habían ofrecido y tenemos uno muy concreto.Estamos esperando una respuesta".

Apuntou, que foron descartando xogadores, e só quedan na lista un arxentino, e un español.
Falábase do lateral do Newcastle, José Enrique, e de Del Horno, os que él desbotou, o primeiro, polo abultado, das fichas, no futbol inglés; "¿Quién iguala el contrato que tiene? En Inglaterra los contratos son tremendos", e sobre o vasco do Valencia, afirmou, non haber mantido contacto, ningún, por él, ainda que é un xogador que non lle disgusta.

Sobre o dianteiro, o asunto, pasa polo "vil metal", os que lle gustan, son caros, e os que son baratos non lle gusta...é ahí o dilema!.
Non qyuer decir, co interese, por facerse con un dianteiro, que non lle gusten os que ten, segundo o vasco.
"No es que no convenzan los de ahora, porque nadie puede negar que el equipo tiene buenos delanteros, pero hace falta uno distinto, uno que sea referencia clara arriba porque no tenemos un nueve. Estamos mirando, pero no puedo decir que vaya a venir".

Con todo iso non está preocupado, pola falla de gol, na pretempada, pois o "equipo chega ben arriba", pero para él, o equipo, ten que; "mejorar la plantilla, a expensas, de las posibilidades".

"La pretemporada va bien en cuanto trabajo, le estamos dando minutos a casi todos los jugadores, cogiendo la forma y mejorando el aspecto técnico-táctico. Cada día vamos haciendo algunas cosas mejor, algunas peor, pero hay que darse cuenta que esto, es para mejorar y no hay presión de puntos", apuntou, sobre o devír do equipo, no que vai de preparación, para a liga 2010-11.

Fonte da información: Axencia EFE; Redacción piratasdemuxia.es

 
Versión imprimible  
TROCO DE CALENDARIOS NA 3ª DIVISIÓN, E NA REXIONAL PREFERENTE NORTE.
Martes, 10 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
http://www.elcorreogallego.es/img/noticias/20090113/cp33f03397301_211240.jpg
O descenso da Sd Compostela, fai que se modifiquen os calendarios.

Unha vez máis, e xa van dous anos seguidos, un equipo de Santiago de Compostela, fai que haxa trocos nos calendarios.Se o pasado ano, foi o Ciudad de Santiago, o que foi descendido, administrativamente, iste ano tocoulle a SD Compostela, de José María Caneda.

O descenso do equipo "Picholeiro", a Rexional Preferente Norte, fai que os calendarios, de ámbalas duas ligas troquen.

-Na 3ª División Grupo 1, o Bergantiños, comeza de igual maneira, na casa, ante o Alondras, e o Cerceda, faráo igulamente na casa ante o Villalonga, pero por troques, o Bergantiños, acabará a liga, na penúltima xornada, (08/05/2011), ante o Racing de Ferrol, namentras que o Cerceda, faráo, na 38ª xornada, (a última), o 15 de Maio do 2011, na casa ante o Portonovo.

-Na Rexional Preferente, o Laracha-Soneira da primeira xornada, voltou a coincidir igual, pero a liga pasa a ter 4 xornadas máis, co anterior calendario, o entrar a SD Compostela, e o Laracha, o igual co Bergantiños, na 3ª División, acabará a liga, na penúltima xornada, (41ª-15/05/2011).O Soneira faráo, na derradeira xornada, (42ª), visitando a SD Compostela, pois o Laracha, vai ser o que lle vaia deixando os equipos o Soneira, o que lle facilitará ver os seus rivais da semán seguinte, moi preto da casa.O equipo da Laracha, o que lle vai pasando os equipos, é a SD Compostela.

Temos modificada a 1ª, e as dúas últimas xornadas, de cada unha distas duas ligas,
pois hai que facer todo a man, en breve estará todo o calendario correcto.


 
Versión imprimible  
O DEPOR, FINIQUITA, A DÉBEDA CO MALLORCA, E XA PODE DAR DE ALTA AS NOVAS INCORPORACIÓNS.
Martes, 10 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

http://t2.gstatic.com/images?q=tbn:9PM6HO4GTPhtEM:http://static5.elmallorca.com/data/articles/000/019/171/normal.jpg?1242072796&t=1
Agora é o Mallorca, o que ten unha débeda co Depor.

A Liga de Futbol Profesional, fixo púbrico, que o Depor, depositou, niste organismo, a cantidade, de 1.086.445 euros, montante, da débeda, que tiña contraida co Real Mallorca, polo que segundo o organismo federativo: "Se ha procedido, al levantamiento, de lñas suspensiones en la tramitación de licencias, que pesaban sobre el Deportivo de La Coruña, por lo que no existe carga o impedimento alguno, para que mencionada SAD, pueda proceder a tramitar licencias".

Agora é o clube balear, o que ten unha débeda, co noso clube, por un montante de 400.000 euros, correspondentes a fichaxe do porteiro israelí; Dudú Aouate, na tempada 2008-09.

 
Versión imprimible  
Próximo encontro da pretempada, contra o Pontevedra.
Martes, 10 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

O Depor no pasado Teresa Herrera.

O  Deportivo xogará o séptimo amistoso da pretempada o próximo xoves ante o Pontevedra, de Segunda División B, na localidade de Lalín, ás 20:00.

O conxunto coruñés confirmou hoxe o novo encontro de preparación que programou tras haber cancelado un partido en Brasil, onde iba a participar nos actos do sesenta aniversario do estadio de Maracaná ante o Flamengo.

 

O Catania, italiano, tiña anunciado, un encontro na sua web, ante o Deportivo para o vindeiro día  13, as 20:45 horas, no Estadio Massimino.O caso é que non tiña nada acordado, co Depor.Unha manobra "rara" do clube italiano, que o final, xogará ise mesmo día, co Villareal B, pois dende o equipo alicantino, xa informaron, que o primeiro equipo, non se desprazaría a iste encontro.

O que informa o xornal do clube, (DeporSport), é que co motivo da disputa dun amistoso en Parma, (o derradeiro da pretempada), están a pechar un encontro de preparación, para o día 17 ou 18 de Agosto, que con toda propabilidade, será en Bari, contra o equipo local.



 
Versión imprimible  
TROFEOS VERANIEGOS.
Luns, 09 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

O UD Paiosaco-H.Añón, presentouse ante a sua afeción.

Paiosaco 1-1 Olímpico

O Olímpico, levouse o "Trofeo Hierros Añón", o vencer na Porta Santa o Paiosaco, na tanda de penaltis.Nun encontro, que foi de bela factura, os rapaces de Andrés Andrade, puxéronse por diante, o marcar. Jhoni, cando ía unha hora de encontro, pero pouco lles ía a durar a ledicia, pois un penalti, que se encargaría de transformar Berti, poñía as táboas no marcador, que a postre, darían paso a tanda de penaltis.Non se notou para nada a diferenza de categoría de ámbolos dous conxuntos.



Buño - Malpica - Cerqueda

A tanda de penaltis, deulle o"XXVII Trofeo Olería", de Buño, o Malpica, de Manuel Agilda.


Enfrontábanse, os tres equipos do Concello de Malpica, nun triangular, con motivo do "Trofeo Olería de Buño", no campo de Xaviña.No primeiro enfrontamento, o Malpica, desfacíase, do Cerqueda, con un contundente 4-0, para despois empatar a uns cos anfitrións.O Buño, tiña que facer un sobreesforzo, para levarse o seu trofeo, pois tiña que golear o Cerqueda, e así o fixo, pero polo mesmo resultado, que acadara o equipo da capital do concello, (4-0), así pois, pasouse os lanzamentos dende os 11 metros, dado o empate a todo, antre os dous grandes malpicáns, que militan na Liga da Costa.Ahí foi mellor o equipo de Agilda, e levouse o trofeo, para as suas vitrinas, no 40 aniversario, da sua fundación.


A primeira eliminatoria, do "L Trofeo da Xunqueira", foi suspendida.

Na tarde de onte debería disputarse, no campo Sampaio de Refoxos, de Cee, a primeira eliminatoria, do "L Trofeo da Xunqueira", que enfrontaba o Soneira, de Preferente e o Santa Comba, da 3ª División. A causa, foi que o Soneira, non contaba con xogadores, para disputar o encontro.Ademáis de que estaban, cas festas, na localidade de Vimianzo, o día anterior, xogaran, un triangular, co Fabril e o Montañeros.Por iste motivo, o UC Cee, non coñece ainda o rival da Final, (que ía a ser, o vencedor dista eliminatoria), que será o vindeiro Domingo, 15 de Agosto, con motivo das festas da Xunqueira.O encontro, está programado, para as 19:00 horas.Antes, haberá, encontro, de benxamíns e alevíns, de Cee e Corcubión, (18:00 horas).

O UC Cee, está a espera da decisión, do xogador do Dumbría, José Carlos, "Llanero", para ver se se enrola nas filas ceenses, as órdes, de José Manuel "Pato".

 
Versión imprimible  
Copa Neria, cuartos de final.
Luns, 09 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Copa Neria (Cuartos de final)

Sp. Zas 1-2 Camariñas.-  1-0, min. 5 Peque; 1-1, min60 Mané, de penalti; 1-2 min.75, David.
Ponteceso 5-1 Cee.- 
1-0, min.10, Toniño; 2-0, min.25, Charro; 3-0 min.30, Luisete; 3-1 min.60, Rubén Fiuza; 4-1 min.70, Mato; 5-1 min.83, Bolón.
Carnota 1-1 Mazaricos.-
O Mazaricos eliminou o Carnota nos penaltis por 5-4.



 
Cronicas da Copa Deputación.
Luns, 09 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

COPA DEPUTACIÓN (octavos de final)

Laracha 0-2 Cerceda

 O Cerceda deixou claro onte que equipo de Terceira, o derrotar o Laracha.  Os locales levaron o peso do partido durante varios minutos, e tiveron a posesión do balón, pero non contaban que no minuto 35, do encontro, Souto  nunha moi boa xogada acadaria o gol para o seu equipo.  Tras o descanso o Laracha ofrecio a sua versión mais agresiva e ata puideron marcar en varias ocasións, pero os xogadores do Cerceda souperon cortar as xogadas do equipo rival. Xa co tempo cuimplido , Manu Barreiro, sentencio o encontro a a eliminatoria.

Betanzos 2-2 Bergantiños

 O Betanzos situase nos cuartos de final da Copa da Diputación, o vencer o Bergantiños na tanda de penaltis. Os de Óscar Gilsanz, estivo contra as cordas nos primeiros minutos de encontro. O dianteiro Josiño, en duas moi boas xogadas, e tan só en dous minutos, situaría o Bergantiños con unha clara ventaxa no marcador. Reacionaría o Betanzos, e Andrés conseguiría o  1-2, para o seu equipo. Xa no egundo tempo, a igualdade entre os dous equipos, evitou que se puideran ver mais ocasións de gol. Co tempo cumplido Iván marcouo empate para o Betanzos. Na tanda de penaltis, o conxunto local foi mais efectivo e acadou a victoria.

Fabril 1-0 Narón

O equipo deportivista, situase nos cuartos de final da Copa da Diputación.A falta de Dioni, que viaxou co Depor a Londres, e que xa está de volta co equipo, foi de novo, Jona, o encargado, de marcar, para os de Tito Ramallo.O seu gol, os 78 minutos, valeu, para que o Fabril, sega adiante na Copa Diputación 2010.Iste é o sexto gol que marca, Jona na pretempada.O filial do Depor, en verbas do seu adestrador, "notóuse canso, pero fomos xustos venvcedores".

Outros resultados:
Dorneda 2-0 Órdenes
Santiago 0-1 Boiro


Fonte da Información: Dxt Campeón.


 
LOTINA: "VEO SORPRENDENTEMENTE BIEN AL EQUIPO, A ESTAS ALTURAS".
Domingo, 08 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Lotina, valora como "sorprendente", o que se está a facer no equipo.


O adestrador deportivista, manifesta ver o seu equipo "sorprendente", a istas alturas de pretempada.Ben e certo, que lles costa gañar, habendo marcado poucos goles, pero recibindo menos.Curiosamente no encontro, que máis viron porta, (Unión Berlín 3-3), foi no que máis encaixaron.
"Veo sorprendentemente bien al equipo a estas alturas", decía Lotina, tralo encontro de onte no Upton Park, pois o West Ham, que comeza para a semán, a competir, na Premier, viña de derrotar nos amistosos, o Panathinaikos, e o Hamburgo, e máis tendo en conta, que viaxou a Londres, con once baixas, tendo que poñer a Rochela, de centrocampista e a Seoane, de lateral esquerdo, sendo lateral dereito.
O equipo, como xa vimos repetindo, en máis dunha ocasión, amosa boas maneiras, e ten máis control de balón, ten xogadores, que queren o balón, e que buscan o xogo combinativo, con rapidez, nas accións.Ben e certo que precisamos fai anos a un "Killer", na dianteira, pero iste equipo, deixa ver, "aires novos", e co transcurso dos adestramentos, a de dar moito que falar, a pena...que non todos sexan xogadores en propiedade.

Juan Domínguez lesionado

A magoa do encontro de onte, foi o novo esguince de nocello, que sufreu, Juan Domínguez, tras unha dura entrada dun xogador do West Ham.Terá que manter repouso, e os equipos médicos, vixiarán a sua evolución.Juan Domínguez, é un rapaz, que esconde moi ben o balón, o que fai, que sufra, moitas patadas, dos adversarios, nista ocasión, é o segundo esguince, que sofre, producido, por outro, no que vai de pretempada.
Por outra banda o equipo, terá descanso ate o martes, xa que non teñen, ningún amistoso, ate o vindeiro día 13 de Agosto, no que visita o Estadio Massimino, onde se enfrontarán o  Catania, co que xogará, a partires das 20:45 horas, segundo informabamos fai uns días, tras velo na web do equipo italiano.Para pechar a pretempada, disputará tamén en Italia, un amistoso, contra o Parma, o vindeiro 21 de Agosto.

 Baixas para a semán

Noutro orde de cousas, Guardado, Adrián, e Rubén Pérez, non estará co equipo durante a semán, xa que o mexicano, viaxa o seu pais, para disputar no Estadio Azteka, un encontro amigable, contra a Selección Española, para conmemoraar o 200 aniversario, da independenza mexicana.Adrián López, e Rubén Pérez, foron convocados pola Selección Sub-21.

 
Versión imprimible  
ENCONTROS DA PRETEMPADA, NOS QUE O MUXÍA CF, COMEZOU CON DERROTA.
Domingo, 08 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
                                               
Muxía CF 1-3 Bergantiños Xuvenil


O Muxiá CF, xogou no día de onte o primeiro encontro, da pretempada, ante o Bergantiños Xuvenil, da liga Nacional Xuvenil, e caeu, nunha segunda metade, na que os carballeses, estiveron mellor fisicamente.
Comezou marcando o equipo de Luis Romaní, moi cedo, cun gol de Pereira, os 10 minutos, pero un gol de Doldán, os 35, poñería a igualada no marcador, ca que se chegaría o descanso.Xa no segundo periodo, os muxiáns, notóuselle o baixón físisco, o que aproveitou o Bergantiños, para adiantarse no marcador, cando corría o minuto 50, cun tanto marcado por Nando.Máis tarde, Héctor Lorenzo, poñería o definitivo, 1-3, os 83 minutos, dándolle a victoria, merecida os carballeses.
No equipo muxián, non puido debutar a nova fichaxe, Manuel Soto, "Padronés", que se lesionou, na final de futbol sala, da "1ª Liga de Futbol Sala do Concello de Muxía", fai unha semán.Ademáis os muxiáns, evidenciaron, o "desgaste", do "Mercado das Rutas do Mar", que se está a desemvolver na vila, e que remata na noite de hoxe.

Muxía CF: Ángel Luis; Conguito, Fran, Ángel, Chori, Gerardo, Currás, Carliños, Martín, Casais y Pereira. Tamén xogaron: Papi, Raúl, Carrera, Alberto e Fernando.

Bergantiños Xuvenil: Dani; Jonathan, Rodrigo, Sebas, Javi; Héctor Mallo, Norberto, Roberto Molk, Adrián Doldán, Chechu y Nando. Tamén xogaron: Adrián Fraga, Miguel Varela, Nando Acón, Héctor Lorenzo e Julián.

Outros amistosos:
Xogados o venres:
Baio 2-0 Sporting Zas: goles de Martín MC, (pen.), e Fernando.
Ponteceso 2-2 Cerqueda: 1-0, Nando, 2-0, Charro, 2-1, Gabi, 2-2, Carlos.
Xogados onte:
Triangular de Vimianzo:
O Fabril, fíxose, co Trofeo, das festas de verán do Concello de Vimianzo, o vencer pola mínima o equipo local, do Soneira, e o Montañeros.
Soneira 1-0 Montañeros
Fabril 1-0 Montañeros
Soneira 0-1 Fabril
Máis amistosos:

Dumbría 3-1 Dumbría B
Corme 2-2 Baio
Xaviña 2-4 Laxe
Club do Mar 5-0 Pastoriza
UC Cee 1-3 Fisterra

Encontros para hoxe:
Copa Diputación:

Laracha-Cerceda:
ás 19:00 horas.
Betanzos-Bergantiños: ás 19:00 horas.
"L Trofeo Festa da Xunqueira", (1ª Eliminatoria):
Soneira-Santa Comba: a partires das 19:00 horas, no San Paio de Refoxos.

O desenlaze, diste trofeo, un dos máis importantes, das citas estivais, será o vindeiro Domingo, (15 de Agosto), no que o UC Cee, enfrontarase, o gañador, do encontro de hoxe, antre o Soneira, da Rexional Preferente e o Santa Comba, da 3ª División, a partires das 19:00 horas.
O vindeiro Domingo, tamén se disputará no mesmo escenario, o Trofeo "Vila de Cee", xogarán a partires das 18:00 horas, os equipos de alevíns e benxamís, de Cee, e Corcubión.

 
Versión imprimible  
SEGUEMOS A AMOSAR BOAS MANEIRAS, PERO SEN GAÑAR.
Sábado, 07 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.whufc.com/javaImages/51/a0/0,,12562~8953937,00.jpg
O Depor segue a mostrar "falla de gol", pero o caso é que ten, mellor equipo co pasado exercicio.

West Ham 0-0 Depor

Penaltis

5-4

As pretemporadas son para sumar minutos de adestramento.Non nos gusta que non haxa gol no noso equipo, pero ben e certo, que se o houbera, non sería máis que un espellismo, senón basta mirar, cando foi o primeiro ano de Toshack.Metémoslle 7 o Bayern de Munich, e gañámoslle o Real Madrid, a Supercopa de "calle", con victorias na Coruña e en Riazor, e en Madrid, e logo, cáseque descendemos.E o ano pasado, tras unha pretempada, digamos, "vulgar", tivemos unha primeira volta, estupenda, e despedimola pretempada, cunha derrota en Pamplona, por 4-2, tras ir gañando por 0-2.Ou o Celta que tras unha pretempada de escándalo, baixou a segunda.

Na tarde de hoxe, o Depor fixo, unha gran primeira metade, sendo o dono do balón e do xogo.Dioni, que foi titular, como apuntara Lotina, loitou canto puido diante, e Lassad, tivo a mellor oportunidade da tarde, con un tiro o poste.Pero, Guardado, e Colotto, tamén puideron poñer por diante os nosos, con sendos tiros de testa.

Xa na segunda metade, houbo, un baixón de xogo, por parte dos nosos.Viñeron, os normais trocos, en cadea, e os que xa estaban no terreo de xogo, chegoulles, o máis que normal cansanzo de pretempada.O West Ham, máis rodado, foi a máis, pero por istes detalles, pero ainda así e todo, non chegou a inquietar a Manu, máis ben, foron, e Riki, os que remataron a porta nista segunda metade.Por parte dos ingleses, a única ocasión diste encontro, foi un disparo de Mark Noble, que Manu, parou, de maneira, extraordinaria, cando xa remataba o encontro.

Chegouse os penaltis, diste primeiro trofeo da Sbobet Cup, e nista ocasión, foi Juan Carlos Valeron, o que errou nos tiros dende os once metros, dándolle a copa os ingleses, e sendo a terceira vez, no que vai de pretempada, en que perden un trofeo, na tanda de penaltis.

Polo Depor xogaron:
Manu; Laure (Manuel Pablo, 88'), Zé Castro, Colotto, Seoane; Rochela, Juan Rodríguez (Valerón, 73'); Pablo Álvarez, Lassad (Juan Domínguez, 60'), Guardado (Saúl, 60'); Dioni (Riki, 73').

Boa entrada no Upton Park, con 14.295 espectadores, que viron, unha rolda de penaltis, que se desenvolveu da seguinte maneira:
Noble ( 1-0); Zé Castro (1-1); Cole (2-1); Rochela (2-2); Piquionne (3-2); Valerón (erra); Faubert (4-2); Colotto (4-3); Barrera (5-3).


 
Versión imprimible  
FIN DE SEMÁN CHEO, DE FESTAS POR TODA A ZONA.
Sábado, 07 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

O "IV Mercado das Rutas do Mar", comeza con cheo pola mañán, pero ademáis hai un "sin fín" de festas pola zona.


A noso correo, (info@piratasdemuxia.es), chegaron un sin fín de emails, sobre festas, o ver o anuncio que puxemos do "IV Mercado da Rutas do Mar", e aquí vos enumeramos as festas que podedes visitar durante ista fin de semán, que nos informaron:

-Hoxe terá lugar a 27ª Edición da Carballeira, de Zas, posiblemente a congregación Folk máis importante de Galicia, pois non conta ca pubricidade que ten a de Ortigueira, pero cada ano congréganse, nista carballeira, máis de 10.000 persoas.O prta ofrte dista noite, será, o grupo francés, Gwendal, os chamados Beatles da música celta.Ademaís estarán: Clan Maragato, Quempallou e a Banda Potemkin.Pero os que lle quentarán os motores a ista xente, serán a bandas de gaitas, da Asociación Castro Meda, (que é a orgañizadora da Carballeira), a Donaire, e Maruxía.

-En Vimianzo, as "Festas do Veran", comezaron, onte e son ate mañán.Ademáis contan con un triangular, antre Soneira, Montañeros e Fabril, que se xogará ista tarde no Municipal de Vimianzo.

-Laxe, fai a sua primeira "Festa Pirata", que con actos todo o día, traslada a vila o tempo dos piratas, que asolaron a costa galega.

-En San Mamed, teñen festa con verbena, o mesmo ca veciña localidade de O Pindo.

-En Sardiñeiro, (Fisterra), están cas Festa do Carme, que comezaron onte, e acaban mañán.

-En Buño, (Malpica), están cas suas festas, e ca Mostra de Olería de Buño, (Premio Bellas Artes), a festa é hoxe e mañán Domingo, pero a mostra dura 10 días.

-En Muros, están co "Castelo Rock", con actuacións, na zona portuaria.

-En Corcubión, durante o día de hoxe, teñen a Festa de exaltación, do Porco Celta.

 
Versión imprimible  
VEN A MUXÍA, INVOLÚCRATE E DISFRUTA; NON O ESQUECERÁS NUNCA.
Venres, 06 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


Por cuarto ano consecutivo, Muxía vístese, co ambente mariñeiro de antaño.
Mariñeiros, piratas, doncellas, mostros mariños...
Ista é unha festa a que hai que vir, co estómago, e o fígado preparados, pois trátase de xantar e beber, o que se poida; mexillóns, percebes, longueirons, berberechos, melgacho guisado, sardiñas, xurelos, empanadas de todo tipo, chourizos, da casa, filloas a pedra, churrasco...regados, con viño, cervexa, licores varios, e para rematar queimadas, e todo a módicos prezos.A Rúa da Virxe da Barca, Rúa Real, Praza da Constitución, Cabo da Vila, e a zona do malecón, énchense de postos, digamos, pequenas tabernas o aire libre, para o disfrute de tódolos visitantes, que acostuman a ser milleiros, antre os dous días que dura.Para rematar a festa o Concello de Muxía, convida a todo aquel que queira o Domingo, a última hora, a peixe, no Malecón, (mal chamado nistes tempos "Paseo Marítimo", cando sempre foi o Malecón, nome co que o bautizaron, os moitos muxiáns, que houbo en Cuba, cando era española).

O "Mercado da Rutas do Mar", mal chamado por algúns, mercado medieval, (non se parece en nada), é unha das mellores festas do verán na Costa da Morte, e con tan só catro edicións, está totalmente consolidado, e veciños, (que se involucran totalmente na festa), coma forasteiros, escollen istas datas, polas que esperan todo ano, para vivir algo diferente.Todo un acerto e un logro, polos orgañizadores, que tiveron unha idea, que cuaxou dende o primeiro día.

Ademáis das exquiciteces, para o padal, hai, numerosas actuacións musicais, teatro da rúa, bailes, cousas para os nenos, etc, etc, etc.

Ven a Muxía, disfrázate, de algo sobre o mar, dos tempos do mar, involúcrate, no ambente, e...o abordaxe!!!

No noso "Album dos Piratas", (a dereita do web), podes ver as fotos das anteriores edicións.

Preme abaixo, en "Ler a nova completa...",
e tes todo o programa de actos, (que os hai durante todo o día, as duas xornadas),
aparte das "Tabernas do mar".


 
CALENDARIO DA 2ª AUTONÓMICA GRUPO 1.
Venres, 06 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Calendario da 2ª Autonómica Grupo 1



Como o prometido é débeda, aquí tedes o calendario, da 2ª Autonómica Grupo 1, para tódolos nosos, usuarios, e seguidores, da Unión Deportiva Paiosaco-Hierros Añón.Xa o podedes ver no apartado de "Clasificacións".
O primeiro encontro, será na Porta Santa, o vindeiro 5 de Setembro, e o rival, será o CD Larín.En piratasdemuxia.es, seguiremos moi de preto, a andaina do equipo de "Peisaco", durante toda a liga, e cada Domingo, poderás ver aquí os resultados, e o día seguinte a crónica do encontro.

Dende aquí desexámosvos toda a sorte do mundo, e que se acade a ansiada volta a 1ª Autonómica, da que o pasado ano, estivéchedes a piques de acadar, ate a derradeira xornada.

 
DIONI, LASSAD E ROCHELA, TITULARES EN LONDRES.
Venres, 06 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Lotina, desvelou varios dos titulares.

O adestrador deportivista, Miguel Ángel Lotina, desvelou, que Dioni e Lassad, será a dianteira titular, do Deportivo, en Londres,no encontro de mañán, (16:00 h, hora galega), ante o West Ham, e que ademáis, Rochela, xogará de inicio, de medio centro.

Lotina, falou, sobre Dioni, o que quer seguir vendo, pois segundo, él ten o mérito, de haber marcado 11 goles, na 2ª B, e que é un xogador, que hai que ir facendo, ademáis quer ver a Lassad, de enganche.Riki, comezará no banquiño, pois leva moitos minutos disputados, segundo o de Meñaka.
"Dioni va a jugar de inicio porque Riki también está jugando mucho y quiero ver a Lassad en el enganche. Más o menos ya le conocemos, pero queremos verle en un partido de muchísima exigencia", dixo Lotina, que confesou, que Dioni xogará no filial; "Se le ha fichado para eso, viene con once goles en Segunda B y hay que darle tiempo al tiempo".

Considera o encontro, de moita exigencia, xa que a Premier League, comeza a vindeira semán, polo que será un encontro de máxima esixencia.
"Los partidos que hemos jugado han sido exigentes todos excepto el del Union Berlin, pero éste es un partido de presentación a una semana del inicio de la Premier, el rival es un equipo con mucha velocidad y ritmo y todo eso hace que sea un partido con más exigencia pero nos viene bien".

Fichar a un lateral esquerdo sí ou sí, e buscan a un dianteiro en Brasil.

"Al lateral hay que ficharlo sí o sí, es lo primero. Tenemos dos como Stopira y Raúl, con futuro, pero que necesitan trabajar en el filial. Para el delantero, estamos viendo Brasil y más sitios, dos o tres países, pero son extracomunitarios e intentamos no equivocarnos. Estoy mirando tres jugadores, pero nos falta el lateral y tengo que jugar un poco con eso",


 
Versión imprimible  
BREVES DA COSTA:
Venres, 06 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-O Muxía, xogará o seu primeiro encontro de pretempada mañán, na Arliña, a partires das 18:00 horas, contra o Bergantiños Xuvenil, en plena festa do "IV Mercado das Rutas do Mar".O equipo que dirixe, Luis Romaní, conta cas novedades de Gerardo, retornado do Camariñas, e o ex do Soneira, que xogaba no Carpintería Loureiro, de Pasarela, (Vimianzo), Manuelñ Soto, "Padronés".
-O Coristanco, será adestrado, ista tempada, porlo carballés, José María Dasilva.Acaba de fichar do fubol de peñas, o centrocampista, Gustavo, (Deportivo Razo), e os dianteiros, Palermo, (Independiente), e Toni, (Peña A Brea).
http://4.bp.blogspot.com/_gx0L7-hs4mE/Sie6PcXd6PI/AAAAAAAAAV0/EHS7-y_xrsQ/S240/Imagen%284%29.jpg
-Roberto Lozano, é o novo adestrador, do Independiente de Carballo.O adestrador, ven do futbol de veteranos, no que xogaba no San Román.O equipo que comezou iste pasado martes os adestramentos, está a ultimar a sua plantilla.
-José Baneira Baneira, é o novo presidente do Corcoesto.Iste industrial natural da vila, está a confeccionar a nova directiva.O que é seguro, é que Pablo Nogueira, seguirá como adestrador, por séptima tempada consecutiva, algo inédito, no futbol da costa.Comezarán a pretempada o vindeiro día 13.Nistes intres contan con 18 xogadores no plantel.

 
Versión imprimible  
GUARDADO:"HASTA CUANDO ME RETIRE, ME VA A QUEDAR EL TRAGO AMARGO".
Xoves, 05 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Guardado, non esquece o vivido durante o Mundial de Sudáfrica.

O mexicano, Andrés Guardado, dí non esquecer o que lle ocurreu, durante o Mundial."Nunca se me va a olvidar. Hasta cuando me retire y recuerde mi carrera me va a quedar el trago amargo que pasé en el Mundial", pero valora a confianza, que ten depositado en él Lotina, o contrario, ca Aguirre."Tener un técnico que confía plenamente en todos los aspectos cuando estás bien o cuando estás mal, te da confianza para trabajar, para tratar de corresponderle y este año no será la excepción, Lotina confía en mí, hay más competencia en las bandas y todo esto hará que el Dépor crezca en general".

Co paso do tempo, segundo o mexicano, verase, quenes son os importantes do equipo."Conforme vaya pasando el tiempo y se vaya conformando el grupo para la Liga nos daremos cuenta de quienes son o somos los importantes para la competición. Es normal que los que más experiencia tienen tiren más del equipo, pero también los que tenemos más confianza con el míster tenemos que aportar".

Rematou decindo na rolda de prensa, que non ten ningunha oferta, nen quer que as haxa."No hay ninguna oferta ni yo tampoco quiero que haya. Estoy trabajando centrado aquí y lo que venga, si viene algo, ya se verá".

Fonte da información: Axencia EFE.

 
Versión imprimible  

<   12345678910111213141516171819202131415161718191101111121131141151161   >

Theme creado por dev-postnuke.com