| Usuarios |
Benvido Invitado
O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
|
 |
Admins |
|
Pirata |
|
|
RubenGarcia |
|
|
Pato |
|
 |
Membros: |
 |
Novos Hoxe: |
5 |
 |
Novos Onte: |
11 |
 |
Total: |
4246 |
 |
Ultimo: |
| Kplfsqcwa |
 |
Conectados |
 |
Membros: |
0 |
 |
Invitados: |
3 |
 |
Total: |
3 |
 |
Membros Online |
| No hai membros conectados |
|
|
|
|
|
| "PAPI" RENOVA CO CAMARIÑAS. |
| Martes, 16 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
  "Papi" e Camariñas, xuntos un ano máis.
O adestrador muxián, Juan Cortés Lema, "Papi", que está a facer unha brilante campaña, co Camariñas da Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), e que segue a loitar polo ascenso a 1ª Autonómica, acaba de ampliar contrato, co Camariñas, por unha tempada máis. O acordo foi rápido, e con acordo total, nas dúas condicións que puxo o muxián: "Decidirei eu as novas incorporacións, e os descartes, foi o único que lles pedín, e non houbo ningúnha traba por parte dos directivos do equipo", comentábanos "Papi", que se amosaba contento de seguir co proxecto, que comezou ista tempada, na que estan a acadar cotas superiores as que se marcaron a principio de tempada, e podían estar mellor, de non ser polas múltiples baixas.
|
|
| "CADERNO DE BITÁCORA" EN ELDEPOR.COM. |
| Martes, 16 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 
Viven sen vivir en eles...Quenos pasa? Un martes máis podes pasarte, por ww.eldepor.com, e ler o meu artigo de colaboración, ca web deportivista de La Vanguardia, que "estupendamente", dirixe o noso amigo Tomás Magaña, na que niste caso fago unha pequena reflexión, do bache de xogo e resultados do noso Depor, tralo encontro ante o Español, o primeiro no Estadio de Cornellá-El Prat. Premendo ou ven no enlace da web, ou nista rengleira serás redireccionado o artigo, e se te rexistras, poderás comentalo que queiras, esteñas en contra ou de acordo.
|
|
| PASAMENTO DE UN AMIGO, (D.E.P.). |
| Martes, 16 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |

No día de onte foi soterrado, na Vila de Muxía, o noso amigo, e deportivista Felipe Martín Gómez, o que dende aquí lle queremos facer unha pequena homenaxe, e moitos ánimos pros seus familiares.Con Felipe, pasamos moitas tardes de futbol en Riazor, e viaxamos en inciontables ocasións xuntos o Estadio. Deportivista de toda a vida, socio e accionista, tamén foi directivo do Muxía F C, e colaborou sempre na orgañización do Manolo Martín, o Torneo máis importante do vran na Costa da Morte, ademáis no ámbito laboral, foi lonxeiro dende 1962, ate 2001, cando se retirou, tamén foi moitios anos Presidente da Comisión de Festas da Romaría da Barca e San Miguel. Dende aquí a nosa lembranza a iste "Gran home", (D.E.P).
|
|
| ESCOLMA DE FOTOS DO MUXÍA-MUROS B: |
| Martes, 16 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 Aqí tes unha extensa escolma de fotos do encontro antre o Muxía e o Muros B, (4-0), da 23ª xornada da 3ª Autonómica G5.Veciños de Muros, deron o seu toque de Carnaval, a fría tarde, e posaron pra piratasdemuxia.es.Son moitos, os seguidores do Muros, que nos visitan a diario, de maneira especial, dende Nova York, pros que vai adicada ista escolma fotográfica. Preme en "Ler a nova completa..." e verás máis fotos.
|
|
| AS RAPAZAS DO FISOBER, SEGUEN NA SENDA DOS TRUNFOS: |
| Martes, 16 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |

As senior xogaron no Pavillón Municipal de Dumbría
Pleno de vitorias na Liga para os equipos do Fisober C. Vimianzo, ás senior derrotaban ó Sobrado por 4-2 e as cadetes impoñianse a domicilio o Viveiro por 0-5.
Se premes en "Ler a nova completa...", podes ver tódolos detalles, crónicas...
|
|
| Cronicas da 3ª Costa, (23ª xornada): |
| Luns, 15 Febreiro, 2010 Enviado por Pato |
 Coristanco 1-1 Buño Novo tropezo do Buño, que non soupo aproveitar a derrota do Dumbría B, pero aínda así situase a un punto do lider e con un partido menos. Comenzaría marcando Víctor, nunha internada pola banda. Na segunda metade, Toniño aproveitouse dunha indecisión de Brais para marcar o gol do empate. Calquera pudo levarse o partido nos últimos minutos do partido.
Coristanco: Jack, Cota (Pita m.65), Moncho, Oscar, Marcos, Arantón (Fan Fariña m.75), Carlos, Luis, Suso, Mallón, Toniño.
Buño: Brais, Pancho, Lolo, Diego, Daviciño, Jorge, Emilio, Fran Martuxa (Dourado m.60), Rubén (Juan m.20), Santi (Richard m,.70), Víctor.
Goles: 0-1, min.38 Víctor; 1-1 min.67 Toniño.
Máis crónica en "ler a nova completa".
|
|
| Liga da Costa, (Crónicas da 23ª xornada): |
| Luns, 15 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 Unión Vimianzo 2-2 Xallas
Partido bonito e con alternativas, tanto no xogo coma no marcador.Púxose por diante o equipo xalleiro, os 33 minutos con un gol de Charly, pero o xogador-adestrador muxián, Fran Toba, (o home do encontro), con dous goles en cinco minutos, acadaría a remontada antes do descanso.Con polémica o Xallas, acadaría o empate no 89, o aproveitar un balón, Ventura, cando os locais protestaban unha falta anterior, sobre Riveiro, que o colexiado non sinalou.
Unión Vimianzo: Damián, Amarelle, Martín, Riveiro, Iván de Treos, Adrián, Iván de Baiñas, (David Framil, 59´), Fran Pioto, Javi Suárez, Jaime e Arán, (Camilo, 70´).
Xallas: Cheli, Álvaro, (Rubén Forján, 51´), Iván Forján, (Solís, 31´), Carteiro, Lobo, Ricardo, Pepe, (Ventura, 58´), Ismael, Jaime, (Toni, 46´), Charli e Jesús.
Seguen as crónicas en "Ler a nova completa..."
|
|
| Crónicas da 23 xornada da 1ª Autonómica. |
| Luns, 15 Febreiro, 2010 Enviado por Pato |
 Atlético Arteixo 1-1 Unión Club Cee Resultado sorpresa en Fonte dos Brozos, no que o ex-xogador do Arteixo, Luigi, con un gol de falta directa, os 74 minutos, aguaba a festa dos locales, que que tiñan o marcador o seu favor desde o minuto 19 do encontro, no que marcara Jairo de cabeza a saída dun cormer. Punto moi valioso para os de Cee na sua loita por evitar o descenso, do que están a tan só un punto pero tamén se situan a 2 puntos da decimosegunda praza.
Mais crónicas en "ler a nova completa".
|
|
| ESPAÑOL 2-0 DEPOR: "PATÉTICO", ANTE UN ADVERSARIO "MEDIOCRE". |
| Domingo, 14 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |

2-0 1-0, Verdú, (38´), Callejón, (59´) Primeira metade Nista primeira parte do encontro, deixouse ver un pouco o que ía a ser o desenlace do encontro, con un Deportivo, xogando a "non sei que", e un Español, que esperaba a un equipo máis presionante enriba.Así foi que nuns primeiros minutos de xogo "a nada", a cuña da mesma madeira, Joan Verú, foi o "verdugo", valga a "redundancia", dun Depor "apático", marcando un bo gol, os 38 minutos diste primeiro acto.Asía acabou a primeira parte, sen "novas" do noso equipo.
Segunda parte
Esperábamos que o Depor saira a polo empate, pero "incrédulos" de nos non trocou nada e deixamos facer a un equipo, "mediocre", que non ten "nada", por decir algo, pero o que deixamos xogar, (por decir algo), e acadou un gran gol, nos pes de Callejón, que marca o seu segundo gol en liga, (os dous ante o Depor, algo parecido a Verdú, que leva tres, dous ante o Depor).Como decíamos, deixamolos xogar, regalamoslles o balón, e no medio dise xogo, sen xogo brusco, que caracteriza o njoso equipo, foi expulsado, Antonio Tomás, por un "supodto" cobadazo, que nas imaxes da televisión, non se ve para nada.Con todas istas, un centro de Guardado, a Bodipo, deulle a oportunidade de marcar, nun un contra un con Kameni, pero o andalúz demostrouy que o seu non é o futbol.Sería inxusto que o noso equipo houbese marcado de todas, todas, pois en poucas verbas, fixemos un encontro, "patético".As verbas de Juca o final do encontro son un resume: "Jugando así no tendrermos ninguna posibilidad de llegar a la UEFA", (Radio Voz).
Istes foron os que xogaron no Depor: Aranzubía; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Laure; Antonio Tomás, Juca (Juan Domínguez, min. 75); Iván Pérez (Riki, min. 57), Juan Rodríguez, Adrián (Guardado, min. 57) e Bodipo.
|
|
| Resultados: |
| Domingo, 14 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
1ªDivisión: A pesares da derrota o Deportivo, benefíciase da derrota do Bilbao, e o empate do Getafe. Tódolos resultados en "Clasificacións". 3ª División G1: Pinchazo do Fabril, que perdeu en Ourense, en parte motivado, polas baixas, polos xogadores, que foron co primeiro equipo.O Bergantiños, acadou un empate, (0-0), en Villalonga, moi importante pra permanencia, namentras que o Santa Comba, errou na casa ante o "coco", Coruxo, (2-3), e o Negreira póñese en problemas, ca sua derrota de hoxe, (2-1), en Vilalba, que entra nos postos de descenso, con 23 puntos o mesmo co Santa Comba. Tódolos resultados en "Clasificacións". 1ª Autonómica: Namentras o Unión Cee, acadaba en Arteixo, un empate, (1-1), ante un "grande", o Dumbría voltaba a decepcionar, cunha derrota na casa, (1-2), ante o Grixoa, e o Ponteceso, acadaba un empate na casa ante un dos "gallitos", da clasificación, (0-0), o Calo.O Soneira facía o mesmo en Cambre. Tódolos resultados en "Clasificacións". Liga da Costa: Camariñas e Xallas, non aguantaron o tirón do Sporting Zas, e empataron, os xalleiros, na casa ante o Unión Vimianzo, de Fran Toba, (2-2), e o Camariñas, na sua visita a Louro, (0-0), namentras que no derbi carballés, o Sofán, acadou un importantísimo trunfo, ante o San Lorenzo, (1-2).O Carnota pola sua banda, acadou unha importante victoria, ante o seu veciño, o Muros, (3-0). Tódolos resultados en "Clasificacións". 3ª da Costa: Como se poñe ista liga.O Club do Mar onte fixo os deberes en Ponteceso, (2-8), e o Corcubión o mesmo hoxe nun partidazo, (4-0), ante o Corcoesto, pero os dous de arriba fallaron.O Dumbría B, caeu goleado en Outes, (3-0), e o Buño, (1-1), non pasou do empate en Coristanco, que como mal menor válelles os do noso amigo Milucho, pra poñerse a un punto dos dumbrienses, con un encontro menos, pero fai que se aprete a parte de arriba, con un "excelente", Club do Mar, e con un Corcubión do nos amigo José María, a por todas, e con máis opcións, o que antes era cousa de dous agora xa o é de catro. O martes daremos unha escolma de fotos do encontro, Muxía-Muros B. Tódolos resultados en "Clasificacións". Copa da Costa Xuveníl, (Previa-ida): Ventaxe pros do norte.Como adiantábamos onte o Esteirana empatou co Soneira, (0-0), namentras que o Baio, gañou en Outes, (0-1), e o Sporting Zas, venceu en Louro, (1-2).
Infantís da Costa: Importantísima victoria do Cabana de Fernado de Canduas en Carballo, (2-3), nun enfrontamento directo polo título.Pola sua banda o Dumbría tampouco errou ante a Esteirana, (2-0), nunha loita que se está a convertir nistes intres da liga, en cousa de dous.
|
|
| PREVIA: ESPAÑOL Vs DEPORTIVO |
| Domingo, 14 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |

A historia dos enfrontamentos, antre o Español, e o Deportivo, é moi extensa, con 37 choques, antre o antigo Sarriá, e o "frío" Olímpico de Monjuich.Dos 37 choques antre "Periquitos" e Branquiazuis, tan só un foi na 2ª División, o disputado na tempada 1989/90, na 30ª xornada e acabou con victoria dos locais por 2-0.
Polos números, o equipo catalán, non se nos da ben, e contra eles, como visitantes, perdemos en 24 ocasións, empatamos en 6 e gañamos en tan só 7 oportunidades.Ademáis o equipo deportivista, sufreu en Sarriá, tres derrotas moi dolorosas, unha por 7-0, (1943/44), e duas por 7-1, (1944/45 e 1952/53).
A derradeira vez que gañamos o envite cos cataláns, foi fai tres tempadas, (1-3), e xa o fixeramos a tempada anterio, (1-2), dende aquela unha pérdida pola mínima, e a do pasado ano 3-1, con "atraco" incluido, con un gol en fora de xogo, e un penalti inexistente, no que recibeu cartón vermello Lopo, (que logo lle sería retirado).
Segue a "Previa", en "Ler a nova completa...", (colexiado, campo, manifestacións, convocatorias...)
|
|
| RESULTADOS, DA AXENDA DO SÁBADO: |
| Sábado, 13 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 Joan, marcou dous goles na sua volta o Muxía. 1ª División, 22ª Xornada): Sporting de Gijón 1-1 Valencia: 1-0, Diego Castro, (5´), 1-1, Mata, (76´). Xerez 0-3 Real Madrid: 0-1, Arbeloa, (64), 0-2 Ronaldo, (70´), 0-3, Ronaldo, (71´). Villareal 2-1 Atlhetic Club de Bilbao: 1-0, Capdevila, (5´), 1-1, Gabilondo, (24´), 2-1, Nilmar, (45´). 3ª División G1, (25ª xornada): Verín 0-0 C.Areas Cerceda 3-0 Lalín
1ª Autonómica, (23ª Xornada): Tódolos encontros o Domingo, (ver "Clasificacións).
Liga da Costa, (23ª Xornada): Porteño 4-1 Lira: Malos eran os augurios pro Lira, que chegaba a Grixa, con 12 xogadores, e tres deles lesionados, a pesares de todo, poñíase por diante no marcador, a media hora, cun gol de Javi, que sería neutralizado dez minutos despois polos da Ponte do Porto.Así acabou a primeira metade.Moi protestado foi o gol da remontada dos da Ponte, que ven tras un codazo a un xogador rival, que quedou tendido na herba, sangrando pola naríz.Xa nista segunda metade e a raiz do segundo gol do Porteño, só houbo un equipo no campo e ise foi o local, que voltaría a marcar a falla dun cuarto de hora, o gol que sentenzaba o enciontro, pero ainda terían tempo de marcar un cuarto gol.No Lira, se poñen un Circo crécenlles os ananos, pois foron con 12, e regresaron con 9, pois voltaron con Suso Patachín, con unha rotura de fibras, e con Chindo e Pelexo, máis lesionados do que foran.
Fisterra 2-0 Corme: Encontro moi completo do Fisterra que xa avisou o cuarto de hora, con un tiro o longueiro de Roa, que non erraría de falta directa a media hora.Xa na segunda metade, Manín poñería o definitivo, 2-0, o rematar un corner o fondo da rede, de testa.Ate o final, o equipo "verdiño", puido incrementar o marcador, con dous tiros a porta a "bocaxarro", de Manuel Cartamíl, que o porteiro cormelán, parou de forma extraordinaria.
Esteirana 0-2 Sporting Zas: Encontro moi serio do lider, que os 25 minutos, púxose por diante cun gol de Mario, que foi o único que se veu nista primeira metade.A hoar de encontro, Navarro, poñería a sentenza, pero dez minutos despois un mal despexe de Mario, que se introducía na porta, foi despexado por Norberto, que podería trocar o rumbo do encontro, pois de novo a Esteirana, poñería dudas no encontro, o rematar un balón o pau longueiro.Con todo isto o equipo zasense, foi xusto gañador, pois tamén desperdiciou varias ocasións craras.
3ª da Costa, (23ª Xornada): Ponteceso B 2-8 Club do Mar:
Atlético Pereiriña 2-4 Mazaricos: Comezou moi forte o equipo de Raúl Periscal, que en 20 minutos, poñía un 0-3, que parecía a sentenza do choque, pero un gol de Xavi, de falta a media hora, e outro en xogada individual de Víctor, que driblou o porteiro, no un cantra un, pra marcar a porta vacía, poñían o encontro aberto, a falla de dez minutos pro descanso.Desperdiciou varias ocasións o equipo da Feira Nova, pero de novo foi o Mazaricos o que marcaría, por medio de.Cando o encontro daba os seus derradeiros coletazos, o Mazaricos ainda se permitiría errar dende os once metros.
Muxía 4-0 Muros B: O filial do Muros, encaixou catro goles na Arliña, nun mal encontro, no que o muxián, Joan, que volveu o equipo do Muxía, tralo seu paso polo Porteño, da Liga da Costa, marcou dous dos catro goles cos que golearon o Muros B.O seu compañeiro no equipo da Ponte do Porte, Ángel do Claudio, que dirixe o seu segundo partido, coma adestrador do Muxía, acada a sua primeira victoria, como técnico, nun mal encontro, no que os muradáns, só inquietaron a porta de Ángel Luis, que volvía tras seis semanas sen xogar, en duas ocasións na primeira metade.Os outros dous goles foron obra de Carlos e Chori. Liga Nacional Xuvenil, (22ª Xornada): Calasánz 1-1 Deportivo Bergantiños 0-2 Lalín
Liga Galega Xuvenil, (22ª Xornada): Lugo B 1-0 Cabana
Copa da Costa Xuvenil, (Previa-ida): Esteirana 0-0 Soneira: Un resultado no que no futbol sempre se día que é bo pros visitantes, pero que na realidade, no encontro de volta, o visitante, valelle o empate con goles ou a victoria, namentras que o local só lle vale a victoria.O encontro a pesares do empate a ceros, foi moi disputado, con un pouco máis por parte da Esteirana, que errou na porta contraria.
Cadetes da Costa, 15ª Xornada): Tódolos horarios e enfrontamentos en "Clasificacións".
Ligas de futbol sala, "Costa da Morte", (16ª Xornada).: Comezan tódolos encontros as 10:00horas, comezando cos benxamíns, logo alevíns e finalmente infantís.Os partidos serán nos Pabillóns Polideportivos Municipais, (Ver en "Clasificacións"). EDM Muxía-Baiñas: 3-6, (benxamíns), 4-3, (infantís).
|
|
| 5ª XORNADA DE FUTBOL INDOOR: |
| Venres, 12 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
5ª Xornada da Liga de Futbol Indoor 2010.
Atlético de Madrid 12-11 Barcelona Marcador: 1-0 Alfaro min 3, 1-1 Cuéllar min 4, 2-1 Moya min 8, 3-1 Paunovic min 14, 4-1 Gustavo min 24, 5-1 Moya min 26, 5-2 Carreras min 27, 5-3 Ezquerro min 28, 6-3 Alfaro min 34, 7-3 Alfaro min 39, 8-3 Moya min 40, 8-4 Ezquerro min 41, 8-5 Geli min 44, 9-5 Alfaro min 45, 10-5 Paunovic min 46, 10-6 Albert Tomás min 48, 11-6 Paunovic min 51, 11-7 Carreras min 52, 11-8 Cuéllar min 57, 11-9 Geli min 58, 11-10 Cuéllar min 59, 11-11 Geli min 60, 12-11 Paunovic min 60. Valencia 12-11 Real Sociedad Macador: 0-1 min. 1 Idiákez; 1-1, min. 2 Romero; 2-1 min. 3 Juan Sánchez; 2-2 min 4, Idiákez; 3-2 min 6 Romero; 3-3 min 12 Irazusta; 3-4 min 12 Idiákez; 3-5, min 14 Idiákez; 3-6 min. 20 Idiákez; 3-7, min 24 Irazoki; 4-7 min 26, Sánchez; 4-8 min 26 Iñaki (pp); 4-9 min 27 Irazusta; 5-9, min. 31, Sánchez; 6-9, min 32, Sánchez; 7-9, min. 34 Sánchez; 7-10, min 38 Idiákez; 8-10, min. 40 Sánchez; 9-10 min 40 Roberto; 10-10, min 50 Romero; 10-11, min 52 Zabala; 11-11 min 53 Iñaki; 12-11 min 56 Sánchez; 12-12, min 59 Irazusta; 13-12, min 59 Sánchez.
|
|
| GUARDADO: "ME VOY A SENTIR RARO, AL VOLTEAR Y NO VER LA MELENA RUBIA, DETRÁS DE MI". |
| Venres, 12 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 Guardado, lémbrase de Filipe. Guardado, deixou ver a sua ilusión por xogar de novo, e tivo unha lembranza pro seu amigo Filipe Luis, nunha rolda de prensa na que desvelou varios "matices" do que se falou nistes días sobre o seu futuro.
"Me voy a sentir raro al voltear y no ver la melena rubia detrás de mí. Se le echa de menos. Hay que entenderse con el compañero que está ahí para que no se extrañe tanto a Filipe", dixo o mexicano. Segue a rolda de prensa de Andrés Guardado en "Lera nova completa..."
|
|
| LOPO: "TENEMOS QUE GANAR AL EQUIPO QUE NOS ABRIÓ LOS OJOS". |
| Xoves, 11 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 Lopo, xogará na sua "casa".
Lopo quer gañarlle o seu ex equipo, o que considera, igual que Lotina, o equipo que lles "abreu os ollos, trala derrota en Riazor, (único campo, no que marcou o Español), a pesares de que a victoria foi con axudas arbitrais.
"Tenemos que ganar al mismo equipo que nos abrió los ojos en la primera vuelta. A partir de ese partido, el equipo empezó a tirar para delante" -pero non se teñen que dormir, pois- "Después del Espanyol viene el Xerez, al que hay que ganarle sí o sí, y después vamos a Villarreal. Son tres partidos que van a marcar un poco lo que va a ser la segunda vuelta, el destino del equipo, estar ahí arriba o luchar por mantenerse", dixo o "Kaiser" da defensa deportivista.
O central deportivista está apercibido de sanción, por acumulación de cartóns, o igual que Colotto, polo que deberán andar con ollo, pra non caer os dous no mesmo día.
Segue en "Ler anova completa..." a rolda de prensa de Lopo.
|
|
| APELACIÓN AMOSA ESTAR "CEGA" COMA COMPETICIÓN. |
| Xoves, 11 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
  Ratifican a sanción a Pablo Álvarez. Vergonzoso!!!
O Comité de Apelación, non lle quita a Pablo Álvarez, o segundo cartón amarelo, a pesares de verse craramente nas repetición da televisión, que foi obxeto de penalti, e que en ningún intre, se tira pra simular unha caida, pois ademáis de ser "trastabillado", e tirado, no área. Onde están os que poñían o "grito no ceo", pola sanción a Cristiano Ronaldo...e xusto o castigo o deportivista Pablo Álvarez?...non lles chegou con que fose expulsado inxustamente, senón que indirectamente están axudando o Español, e perxudicando o Depor, cunha sanción, que se inventou o colexiado, Mateu Lahoz, (malo de solemnidade), e eles ratifican, tratándonos de "incrédulos".
|
|
| LISTADO DE SANCIONADOS E APERCIBIDOS DE SANCIÓN: |
| Xoves, 11 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 O parte de sancións do Subcomité de Rexional de Competición, ven "cargado", antre a 1ª, 2ª, 3ª Autonómicas, e 1ª Autonómica de Xuvenís, G3 e G4, hai un total de 45, xogadores, adestradores, e delegados, que non poderán xogar a vindeira semán, ou na Copa.
Na 1ª Autonómica o máis perxudicado é o Unión Club Cee, que non poderá contar con tres xogadores, ademáis de unha multa de 30,6 Euros, por incidentes leves de púbrico, (ista mesma sanción, caéulles o Sporting Zas e o San Lorenzo, da Liga da Costa, pola "tangana", do pasado Domingo).
Na Liga da Costa o máis perxudicado é o Muros, con 5 xogadores sancionados, e na 3ª da Costa, o Atlético Pereiriña, con 4 xogadores sancionados, (dous deles co encontro rematado), e máis o delegado.
Nas ligas de xuvenís que acabaron a pasada semán, José Martínez, adestrador do Monte Louro, (G3), leva como recordo dista tempada, 6 semáns sen poder exercer, ademáis ábrenlle expediente o clube, por aliñación indebida de varios xogadores, e ínstase o clube a presentar alegacións en 6 días.No Grupo 4, o Porteño, do seu encontro en Muxía, (co que xogará de novo en Copa), leva 3 sancionados, (os tres foron expulsados durante o encontro).
Se premes en "Ler a nova completa...", podes ver o listado completo de sancionados e apercibidos.
|
|
| PARTE DE SANCIÓNS DA 3ª DIVISIÓN GRUPO1: |
| Mércoles, 10 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
Se premes en "Ler a nova completa...", podes ver o parte de sancións, da 3ª Galega, G1, no que cabe destacar, o encontro de sanción, co que foi amonestado, Manuel Varela Bardanca, adestrador do Bergantiños, polo dobre cartón, que veu o pasado sábado, no Bergantiños-Cerceda, (2-2).
|
|
| BOAS NOVAS E MALAS, COS LESIONADOS, NUNHA MAÑÁN DE ADESTRAMENTO E ANALÍTICAS. |
| Mércoles, 10 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata |
 Sergio, "aumenta" a sua baixa, antre seis e oito semáns máis. Namentras Guardado, disporá de minutos en Barcelona, ante o Español, (17:00h/PPV), Sergio, terá que causar baixa, antre seis semáns ou oito, por unha rotura fibrilar.Mista, ainda segue en proceso recuperatorio, e Brayan Angulo, espera poder xogar algún minuto nista liga.
"Sueño, con volver a jugar antes de que acabe la liga.Ojalá que Filipe y yo, estemos para San Mamés", dixo o colombiano.
Segue en "Ler a nova completa...", (Sergio, Guardado, Lotina, Angulo, adestramento, o noso rival, baixas e altas...).
|
|
|