| Usuarios |
Benvido Invitado
O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
|
 |
Admins |
|
Pirata |
|
|
RubenGarcia |
|
|
Pato |
|
 |
Membros: |
 |
Novos Hoxe: |
5 |
 |
Novos Onte: |
11 |
 |
Total: |
4246 |
 |
Ultimo: |
| Kplfsqcwa |
 |
Conectados |
 |
Membros: |
0 |
 |
Invitados: |
3 |
 |
Total: |
3 |
 |
Membros Online |
| No hai membros conectados |
|
|
|
|
|
| ACORDO VERBAL, POR KNUT OLAF RINDAROY. |
| Venres, 20 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |

O Xornal do clube, anuncia un acordo verbal, polo noruego. O tema do lateral esquerdo, parece un "non acabar", pois namentras, o representante de Claudio Morel anunciaba, un acordo, co Depor, o Depor Sport, anuncia hoxe, un acordo verbal, para a fichaxe do xove noruego, Knut Olav Rindaroy.
Todo parece indicar que o do Molde FK, sertá o sustituto de Filipe Luis, na banda...ou virán os dous?
|
|
| CLAUDIO MOREL...OU... KNUT OLAV RINDAROY? |
| Xoves, 19 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |

O xornal do clube apunta a, Knut Olav Rindaroy
Ainda non confirmou o clube a fichaxe de Morel.
Namentras, Gustavo Bernet, representante de Claudio Morel, apuntaba na Radio Galega, que so faltaba a firma para pechar a fichaxe, do ex do Boca Juniors, para que comezase a adestrar co equipo branquiazul.O xornal do clube, o Depor Sport, apunta que ainda que non está pechado o lateral esquerdo, dan o nome do xogador do Molde FK, Knut Olav Rindaroy , como favorito, para a banda esquerda de Riazor.
Knut Olav Rindaroy , que acaba de cumprir, 25 anos o pasado 17 de Xullo, xogou catro encontros ca sua selección, mide, 1.77 m, e pesa 74 Kgs.
Lotina, dixo tralo encontro de onte, que non estaba confirmado o de Claudio Morel, pero falou dél, como fichado. "Nos hacía falta un lateral zurdo, tiene, mucha experiencia y se puede adaptar muy bien.Tiene juego aéreo, buen golpeo de zurda, y nos va a venir bien".
|
|
| PEQUENOS TROCOS, NOS CALENDARIOS DOS XUVENÍS DA COSTA: |
| Xoves, 19 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 Trocos nos calendarios de xuvenís.
A Federación Galega de Futbol, trocou os calendarios, de xuvenís, que había en principio, e xa os tedes, no apartado de "Clasificacións", rectificados.
-No caso do Grupo Norte, só trocan os encontros, do Baio SD, e do Camariñas CF, por conseguinte o mesmo pasa nos equipos que se tiñan que enfrontar con eles.
-No Grupo Sur, o troco do sentido, do primeiro encontro, do Santa Comba e o UC Cee, que no primeiro calendario, era primeiro en Cee, fai que haxa moi poucos trocos, o ser pares, o total de equipos. Darlle as gracias o noso usuario, Alejandromel, que nos puxo o tanto, cousa que nos satisface, sempre que colaborades connosco, e sodes moitos os que o facedes.
|
|
| Michel, entrenou con normalidade en Atenas. |
| Xoves, 19 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
Michel, xa entrena con normalidade. Michel entrenouse hoxe xoves con normalidae en Atenas, e todo fai indicar que xogará no próximo encontro ante o Lazio de Roma. A sesión comenzou ás 9.45 para evitar no posible a forte calor que é habitual nesta época do ano en Grecia. O centrocampista levantino está pois mais cerca de regresar os terreos de xogo tras a sua inoportuna lesión durante a disputa do Trofeo Teresa Herrera en Riazor, ante o Newcastle. Tamén traballaron con máis intensidade e por espazo de duas horas o resto dos xogadores que non xogaron onte ante o Olympiakos, (Valerón, Juan Rodríguez, Ze Castro, Desmarets, Pablo Álvarez, Adrián y Aythami). Seoane, Lopo, Colotto, Saul, Guardado, Antonio Tomás, Juan Domínguez, Laure, Rubén Pérez y Riki, que foron titulares onte tiveron un entrenamento de recuperación. Quen si entrenou aparte co preparador físico, Eduardo Domínguez, foi Juca. Tódolos xogadores finalizaron o traballo con un baño de auga fría nunha zona especialmente habilitada para elo polo lo Olympiakos.
|
|
| CLAUDIO MOREL, NOVO XOGADOR DO DEPOR 2010-11. |
| Mércoles, 18 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  Claudio Morel, será o sustituto de Filipe Luis. O veteráns, lateral esquerdo da Selección de Paraguai, Claudio Morel de 32 anos, será o encrgado, do traballo, no lateral esquerdo de Riazor, por duas tempadas, con opción a unha terceira, segundo, os encontros que xogue.A sua idade, esquécese, pola condición, de que chega ca carta de libertade, baixo o brazo, e ademáis, dará veteranía, a iste xove Depor, e experiencia, tralos seus 9 anos no San Lorenzo de Almagro, e os derradeiros 6 no Boca Juniors, sempre xogando a un altísimo nivel.O seu representante, Gustavo Bernet, foi o que confirmou o acordo "total", co Depor.
No Mundial de Sudáfrica, xogou 5 encontros ca sua selección, quedando fora en cuartos ante a campiona España.É fillo de Eugenio Morel, xogador internacional paraguaio, nas décadas dos 70 e 80.O xogador viaxará nas próximas horas a Coruña, para unirse o equipo, con miras o primeiro encontro de liga.
Preme nista rengleira, para ver toda a sua biografía. O primeiro encontro de Liga, ante o Real Zaragoza, será o vindeiro 29 de Agosto, as 17:00 horas.
|
|
| OLYMPIACOS Vs DEPOR: "ENCONTRO MOI SERIO DO DEPOR, CON MOI BOAS "SENSACIÓNS"". |
| Mércoles, 18 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  0-0 
"Iste Depor "pinta moi ben".
Primeira metade Encontro entretido, o que se puido ver nista primeira metade, na que os 5 minutos, xa se puido adiantar o Olympiacos, por medio de Rommethal, que tras un erro defensivo, branquiazul, elevou moito, a sua veselina, ante un Manu adiantado.Non tardou moito o Depor en respostar, e tras un centro perfecto de Saúl dende a banda dereita, pegado o bandeirín de corner, Riki, rematou mal de testa, a "bocaxarro", dentro do área pequena.Tamén puido marcar Juan Domínguez, antes do cuarto de hora, non lle entrou por pouco, pero deu varias pinceladas, de calidade.Combinou moi ben o Depor nos primeiros compases, ante un equipo grego, que xa está a xogar a previa da Champións, e que acaba de golear a Roma, (5-1), no derradeiro encontro de preparación.O equipo de Valverde, rematou máis a porta, pero un Manu "extraordinario", foi quen de manter a porta a cero.Tan só fixo catro faltas o Depor por 7 dos gregos. Segunda metade Durante ista segunda metade houbo, xogo máis duro, pero o Depor segueu, a tocar ben, facendo boas combinacións, pero faltou remate a porta, o único pero, diste encontro, pero ante un rival, tan bo, pódese calificar, de "moi positivo", iste "test", de cara a liga.Lotina, fixo tan só catro trocos, como se se tratase dun enontro oficial, e o equipo, deu moi boas "sensacións".De cara a porta eles foron moito mellores, pero Manu, estivo "extraordinario".Iste Depor ten "moi boa pinta", pero segue a facer falla un "Killer" diante.Na banda esquerda, Seoane, cuaxou, un excelente encontro, sen facer pensar en ningún intre na falla dun lateral. Istes foron os que xogaron: Manu; Laure, Lopo, Colotto, Seoane; Antonio Tomás, Rubén Pérez, Saúl, Guardado, Juan Domínguez; e Riki.Tamén entraron na segunda metade: Valerón, Juan Rodríguez, Adrián López e Desmarets.
|
|
| BREVES DA DO FUTBOL DA COSTA: |
| Mércoles, 18 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 -O Laracha CF e o Soneira SD, xogan hoxe no Municipal da Laracha a partires das 20:30 horas, un ensaio, no que será o primeiro encontro, da Rexional Preferente, o vindeiro 29 de Agosto, que voltará a enfrontar a istes dous equipos. -O Buño, brilante semifinalista da Copa Neria, enfrontarase, no día de hoxe, a partires das 21:00 horas, o Nantón, en encontro preparatoria, para a liga.Para os do Nantón, é o seu primeiro test, namentras que os de Pablo Mallón, xa veñen de disputar como decíamos, a Copa Neria, na que non optaron a Final, que se xogará o vindeiro Domingo, no Conco, (Dumbría), pola lotaría dos penaltis.Os finalistas, son o Ponteceso, (que tamén xoga hoxe un amistoso, ante o Coristanco, a partires das 21:00 horas), e o Camariñas. -O C. D. Baio, infórmanos, que na vindeira fin de semán, presentaránse ante a súa afección, no Platas Reinoso, os equipos de xuvenís e de afeccionados. -O sábado 21, ás 19:00 h., terá lugar a presentación do equipo xuvenil enfrontándose, en partido amistoso ó xuvenil do R. C. Deportivo da Coruña. -O domingo 22, ás 17:00 h., presentarase o equipo de afeccionados disputando un partido amistoso, contra o Soneira S. D.. Previamente, ás 16:00 horas, disputaran un partido de exhibición o equipo cadete, contra o equipo infantil do C.D. Baio. -Tamén o domingo, arredor das 17:45 horas, momentos antes do partido Baio-Soneira, váiselle facer unha homenaxe ós ex-directivos do C.D. Baio, falecidos no transcurso da pasada tempada. -O Vindeiro sábado 21, a partires das 17:30 horas, terá lugar a disputa do "XXVII Manolo Mantín", no Municipal da Arliña, (Muxía).Iste ano será un triangular, que enfrontará o Muxía CF, Camariñas CF e o Porteño.
|
|
| LUCAS MAREQUE APARECE NA WIKIPEDIA, COMO NOVO XOGADOR DO DEPOR. |
| Martes, 17 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  Lucas Mareque, aparece na Wikipedia como do Deportivo. A choiba de homes, para a banda esquerda de Riazor, comeza a caer, de forma intensa, e namentras na Radio Galega, colocan a Claudio Morel, como posible fichaxe, xa que está libre, e foi ofrecido o clube, e pode ser un dises veteráns, que nomeaba Lotina.O paraguaio, de 32 anos, (cumprirá 33, en Febreiro, do vindeiro ano), xogou o Mundial de Sudáfrica, co seu pais, e xogou ate ista tempada, no San Lorenzo de Almagro.Tamén xogou no Boca Juniors, sumando un total de 15 anos na Liga arxentina, gañando dous Torneos Apertura, dous de Clausura, tres Copas Sudamericanas, outras tres, Recopas Sudamericanas, unha Copa Mercosur, e unha Copa Libertadores, sendo no 2008, elexido, coma o mellor xogador de Paraguai. Por outra parte, outro que sona, e que podería ser o arxentino, de Lotina, é Lucas Mareque, que cumprirá 28 anos o 12 de Xaneiro do vindeiro ano, e que xoga no Atlático Independiante arxeentino, e que curiosamente, na Wikipedia, aparece como fichado polo Deportivo.Como mérito, ten a consecución dunha Liga portuguesa, co Oporto, no que estivo na tempada 2006-07.Ademáis do clube portugués, xogou no River Plate, do que procedía. Visita premendo aquí a Wikipedia, na que aparece Lucas Mareque como deportivista.
|
|
| NOVOS CALENDARIOS EN "CLASIFICACIÓNS". |
| Martes, 17 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |

 O Cabana SD, defenderá o título acadado o pasado ano en infantís.
Xa tes no apartado de "Clasificacións", os calendarios da 2ª Autonómica Grupo 3, tanto de Cadetes, coma de infantís.
-Na 2ª Autonómica G3 de Cadetes, o encontro máis atractivo, da primeira xornada, que comezará, o vindeiro 25 de Setembro, é o que enfrontará o Unión Club Cee, un dos máximos animadores da pasada liga, e o SD Ponteceso, que tras un ano sen infantís, ven de reforzar, tanto os cadetes, coma os xuvenís.Son un total de 16 equipos, que disputarán 30 xornadas, rematando o 7 de Maio do 2011.
-Na 2ª Autonómica G3, o Muxía CF, que parecía non ía a inscribirse, sí o fixo.Nista liga, que comezará o vindeiro 25 de Outubro, haberá un total de 14 equipos, que disputarán 26 xornadas, ate o 8 de Maio, do 2011.Entran catro novos equipos, o UC Cee, Os Miudos, (Muros), Sporting Zas e Outes CF.
|
|
| LOPO: "PREFIERO EL SISTEMA DE SIEMPRE, POQUE ES EL QUE MEJOR SE ADAPTA A TODOS". |
| Martes, 17 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |

 A Lopo non lle gusta moito o novo sistema. O defensa catalán do Depor, Alberto Lopo, mostrou o seu "desagrado", co novo sistema, de 1-4-3-3, que está a utilizar Lotina na pretempada, en troque do habitual, 1-4-3-2-1, argumentando, que é mellor, o que viñan utilizando, o que xa están acostumados e amoldados.
"Prefiero el sistema de siempre porque es el que mejor se adapta a todos, y es el que mejor funciona, pero también es bueno tener variantes, por si algún día el entrenador, necesita, otro tipo de juego, ante otro rival.Yo creo que lo mejor, es lo que hay ahora, y que hay que trabajar ese sistema", dixo o defensa deportivista, que tenta sentirse, xove, no medio, de tanto "chaval", que ten agora o Depor; "Uno intenta sentirse joven aunque sea por dentro. Yo no me fijo en la edad, pero estás rodeado por chavales y te recuerda a cuando empezabas. Eso también es bonito".
Sobre os encontros, que se lle presentan, agora na pretempada, dí que son rivais e campos difíciles, uns bos test, para a liga. "Ahora tenemos un par de partidos para ponernos a tono ante rivales de categoría y en campos difíciles, pensando ya en el primer partido de Liga".
|
|
| UC CEE-SD COMPOSTELA O MÉRCORES, NO "SAN PAIO DE REFOXOS". |
| Martes, 17 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 
O U.C. Cee medirase ao Compostela, mañán, mércores. A S.D. Compostela, segue facendo camiño dentro do novo proxecto, que o club iniciará a próxima tempada, na Preferente Autonómica. Dista maneira, a próxima cita da pretempada do conxunto santiagués, será o mañán mércores, 18 de agosto en Cee, fronte ao U.C. Cee, de José Manuel "Pato", equipo que milita no Grupo I, da Primeira Autonómica, e que ven de gañar, o pasado Domingo, o "L Trofeo da Xunqueira", ante o Santa Comba, (3-2).(Podedes ver as fotos diste torneo, máis abaixo). O equipo da Vila da Xunqueira, é un histórico referente, no fútbol da Costa da Morte. Na pasada campaña logrou facer un digno papel, salvando a categoría, a pesar de manter importantes baixas, durante todo o ano. Ademais alcanzou o subcampeonato, dun dos torneos máis soados, como é a Copa dá Costa, un trofeo que os ceenses, xa gañaron en numerosas ocasións. Este partido amigable antre U.C. Cee e S.D. Compostela, xogarase o mércores 18 de agosto, dende as 20:00h, no Estadio Municipal de Sampaio de Refoxos. A cita servirá para ver o nivel da nova S.D., de Roberto Gayoso de cara á tempada 2010 - 2011, logo de que Caneda abandoara o "barco", ao caer novamente de categoría, por motivos extradeportivos. Fonte da información: deportegal.com
|
|
| O DEPOR TERÁ QUE SEGUIR BUSCANDO UN LATERAL ZURDO. |
| Martes, 17 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 v  O Deportivo da Coruña terá que seguir buscando no mercado un lateral zurdo para cubrir a baixa de Filipe Luis. Lotina habíase fixado en Marc Muniesa y Carles Planas. Pero o Barça non está disposto a deixar escapar os xogadores que serán fundamentales para o Barça B de Luis Enrique e que incluso poden chegar a entrar nos plans de Pep Guardiola para reforzar a plantilla en momentos puntuales.
Onte, o colaborador do Director Deportivo, Andoni Zubizarreta, asegou o diario Sport que : “no nos planteamos su salida del club”,“son jugadores importantes tanto para el segundo equipo como para el primero”.
|
|
| LISTA DE CONVOCADOS, PARA GRECIA E ITALIA: |
| Luns, 16 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  Lista de convocados do Depor, para os encontros ante o Olympiacos, (20:00 hora galega, no Karaiskakis Stadium de El Pireo), e ante o Lazio de Roma, (21:00 hora galega, no Olímpico de Roma).
Manu, Felipe Ramos, Manuel Pablo, Ze Castro, Lopo, Colotto, Aythami, Laure, Seoane, Pablo Álvarez, Riki, Saúl, Antonio Tomás, Juan Domínguez, Valerón, Desmarets, Juan Rodríguez, Juca , Rubén Pérez, Guardado, Adrián López, e Míchel.
|
|
| LOTINA, PIDEULLE O BARCELONA A CESIÓN DE MUNIESA E CARLOS PLANAS. |
| Luns, 16 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  Lotina pídelle o Barcelona a cesión de Muniesa e Planas. Fai uns días o adestrador deportivista, José Ángel Lotina, manifestaba, que foran descartando xogadores, para ocupar o sitio de Filipe Luis, ate quedar sío con dous, un español, e un arxentino.Pois ben parece ser que deben de ser tres, pois afirmou pubricamente, que lle pediran o Barcelona, os xogadores de banda, Muniesa, (que xa soaba nas quinielas, dos nosos amigos de eldepor.com), e Carlos Planas, ámbolos dous xogan no Barcelona B, que iste ano competirá na Segunda División.
"El Barcelona tiene dos laterales zurdos que son jóvenes pero muy preparados. Lo que pasa es que tiene un equipo en Segunda A, hemos hablado con ellos, esperamos una respuesta y tenemos que estar preparados por si los necesitan para el primer equipo o el segundo. Estamos esperando que nos contesten y preparados por si se los quieren quedar porque es bastante lógico", dixo Lotina o respecto.
"Muniesa y Plana, son capacitados, para jugar en el Depor actual, pero primero tienen que decir sí a la cesión y luego ver las condiciones. No está nada claro", reflexionaba o adestrador deportivista en alto.
Se premes abaixo en "Ler a nova completa...segue a rolda de prensa de Lotina.
|
|
| ESCOLMA DE FOTOS, DO "L TROFEO DA XUNQUEIRA". |
| Luns, 16 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  O UC Cee, consigueu o trofeo do 50 aniversario, das festas da Xunqueira, o derrotar o Santa Comba, dista vez, dirixido polo adestrador do filial, Huelbis, o derrotalos por 3-2.O equipo xalleiro, dispuxo, un equipo competitivo, con rapaces do filial, dado o abultado, do calendario, de pretempada, que leva o primeiro equipo, que un día antes xogaba en Outes, o trofeo, do Concello, onde caeu derrotado, polo Negreira, pola mínima.No día de onte o home do encontro foi o xogador local, Tasky, que anotou os tres goles, que lle deron o título os ceenses. Aquí tes unha escolma de fotos do fotógrafo muxián, Xesús Búa, colaborador, e usuario, de piratasdemuxía.esPreme abaixo en "Ler a nova completa...para ver máis fotos.
|
|
| ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO DE ALEVÍNS: UC CEE-UD CORCUBIÓN. |
| Luns, 16 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  Aquí tedes unha escolma de fotos do fotógrafo muxián Xesús Búa, de Foto-Estudio Lolas, do encontro antre os alevíns do UC Cee e da UD Corcubión, disputado na tarde de onte no Sampaio de Refoxos, (Cee), co motivo, da disputa do Trofeo das festas da Xunqueira, e que acabou coa victoria dos ceenses, por 3-2. Preme abaixo en "Ler a nova completa...para ver máis fotos.
|
|
| OS CICLÓNS, CAMPIÓNS DO "XXXIII CAMPIONATO DE FUTBOL DE ESTEIRO". |
| Domingo, 15 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 O Ciclóns, celebrou o trunfo, no "José Luis Vara". O equipo do Ciclóns, do lugar do Maio, foi o vencedor, do "XXXIII Campionato de Futbol de Esteiro", o vencer nunha final moi disputada, o C. Santos, de Solleiro, na tanda de penaltis,por 3-1, tras empatar a uns no tempo regulamentario. O "José Luis Vara", de Esteiro, (Muros), estivo, moi animado, e a él achegáronse preto de un milleiro de afecionados. O alcalde muradán, Domingos Dosil Cubelo, fíxolle entrega o capitán dos Ciclóns do Maio, do trofeo de campión do campionato de Esteiro de futbol.
Se premes en "Ler a nova completa...verás máis fotos.
|
|
| FELIPE RAMOS, CONTENTO, CA SUA CHEGADA O DEPOR. |
| Domingo, 15 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 Felipe Ramos xa se sente un máis.(Foto: La Voz de Galicia).
O flamante porteiro do Fabril, que chegou procedente do Real Madrid, que en caso de venda, por parte do Deportivo, nun futuro, levaríase un 50% do traspaso, xa se sente un máis, na plantilla do Depor.O xove xogador de 22 anos, manifestaba, no seu primeiro adestramento, cos homes do Depor, o pasado sábado, que ogallá quede aquí moitos anos. "Firmé por cinco años, pero ojalá pueda estar mucho tiempo más, todo lo que me habían hablado del Dépor es muy bueno.Me ha parecido que el Dépor es como una gran familia", dixo Felipe Ramos, o que lle parece que o Depor está traballando moi ben ca xente da canteira.
Felipe Ramos, que alternará os dous equipos, manifestou, que falou, con Lotina, o que lle pareceu, unha persoa, "amable", e "cariñosa". "Lotina, me pareció una persona muy amable y cariñosa. Para mí es un gran entrenador".
Lotina dixo sobre o porteiro, que; "Tiene mucho potencial, estamos muy contentos".
Fonte da Información: canaldeportivo.com, La Voz de Galicia, e Redacción piratasdemuxia.es
|
|
| ENCONTROS PARA HOXE: |
| Domingo, 15 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
 O UC Cee, derrotou o Santa Comba no "L Trofeo da Xunqueira", (Foto: Xesús Búa).
Copa Diputación, (Semifinais): Fabril 1-2 Cerceda Betanzos 0-1 Montañeros Xa temos a final da Copa Diputación, que a disputarán o Cerceda e o Montañeros.
Trofeo Concello da Laracha: Paisaco 0-2 Laracha Laracha 1-0 Club do Mar Paiosaco 0-0 Club do Mar
Saeu campión o Laracha CF, nuntrofeo, con moita rivalidade local.A diferenza de categoría marcou o resultado do triangular, do "Concello da Laracha".
"L Trofeo da Xunqueira": UC Cee 3-2 Santa Comba: Un "Hat Trick", de Tasky, deulle o UC Cee, o trofeo da Xunqueira no seu 50 aniversario.Os goles foron acadados, un na primeira metade e dous na segunda.O Santa Comba evidenciou o cansanzo, de haber disputado no día de onte o Trofeo Concello de Outes, no que caeu derrotado, pola mínima, ante o Negreira.Isto non quita méritos os de José Manuel "Pato", que xogaron un encontro moi serio.
UC Cee 3-2 UD Corcubión: O UC Cee de alevíns, levouse o Trofeo da Xunqueira, nos nenos, en encontro disputado antes da Gran Final.
Mañán luns, colgaremos unha escolma de fotos distes encontros, do fotógrafo muxián, Xesús Búa, de Foto Estudio Lolas.
Final "Trofeo Concello de Outes: Outes-Negreira: ás 20:30 horas
Copa Neria, (Semifinal): Buño 1-1 Camariñas: Xa temos final da Copa Neria, que será; Ponteceso-Camariñas. Tralo empate a un tanto no encontro, procedeuse, o lanzamento de penaltis, no que o Camariñas, foi mellor o non errar ningún dos lanzamentos, por dous, que fallou o equipo oleiro.
Mazaricos 1-5 Ponteceso: O equipo da vila de Eduardo Pondal, é o primeiro finalista da Copa Neria 2010, tras vencer o Mazaricos, con un contundente resultado, que xa se cuaxou, dende o primeiro minuto, no que se adiantaban os visitantes, cun gol de Charro, empatarían, os de Periscal, os 10 minutos, pero tres goles máis dos pontecesáns, obra de Mario, Luisete, e Josito, xa finiquitaron o encontro antes do descanso.Xa na segunda metade, Adrián Porterio, poñería o definitivo 1-5 no marcador.O Ponteceso, presentou, moitos xuvenís no equipo, é ollo, co equipo, de xuvenís, que vai xogar iste ano, na liga da zona Norte, vai dar moito que falar, pois ten moi boa pinta.
|
|
| ADRIÁN LÓPEZ: HA HABIDO ALGÚN CONTACTO, SUPONGO QUE SE HABLARÁ MÁS ADELANTE". |
| Domingo, 15 Agosto, 2010 Enviado por Pirata |
  Adrián, non pensa no seu futuro. Fai uns días, comentábase, que o representante de Adrián López, andivera a ofrecelo a algún equipo, para a vindeira tempada, falábase, en concreto, do Sporting de Xixón.O asturiano, acaba contrato co Depor, o 30 de Xuño do 2011, polo que se iría, ca carta de libertade, baixo o brazo.Dende o Depor, xa houbo, unha xuntanza de Lendoiro, co seu representante, Eugenio Botas, que ademáis, leva os asuntos, de Juan Rodríguez.O dianteiro deportivista, dí non estar pendente diste asunto, e que non se vai a distraer pensando no asunto.Ademáis recalcou, que con él non vai a pasar, o que está a pasar, co seu compañeiro, de igual nome, Adrián López, "Piscu".
"Lo último que sé, es lo mismo que vosotros, ha habido contacto y supongo, que se hablará más adelante.Yo aquí. estoy súper contento, desde el primer año que llegué, hasta el último.Cuando llegue el momento, mi agente me lo dirá.No me voy a distraer, sé que son temas en los que no tengo que pensar", díxolle o deportivista os xornalistas".
No tocante o equipo, Adrián, o igual que varios dos seus compañeiros, ve unha palntilla mellor que outros anos. "Veo muy bien a toda la gente que está viniendo.Hay mucha gente para cada pyuesto, todos me gustan, todos tienen sus cualidades, y todos van a aportar cosas positivas al equipo.Tenemos una plantilla mejor que otros años", dixo Adrián.
Sobre a tan traida e levada, cuestión, da sequía goleadora, o dianteiro asturiano, considera, que él e os seus compañeiros na dianteira, poden facelo ben. "Está claro que los principales responsables de los goles somos los delanteros. Eso no quiere decir que los que juegan en banda o en segunda línea no puedan marcar pero los que estamos más picados y con más ganas somos nosotros. Queremos hacer goles y aprovechar todas las ocasiones que tengamos.Riki y Lassad son dos grandes jugadores y creo que podemos hacer las cosas bien. No sé si van a traer a alguien más, eso es algo que tiene que ver el club y el cuerpo técnico, pero creo que con los que estamos lo podemos hacer bien", dixo o asturiano.
|
|
|