| Usuarios |
Benvido Invitado
O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
|
 |
Admins |
|
Pirata |
|
|
RubenGarcia |
|
|
Pato |
|
 |
Membros: |
 |
Novos Hoxe: |
5 |
 |
Novos Onte: |
10 |
 |
Total: |
4235 |
 |
Ultimo: |
| TFfelipa |
 |
Conectados |
 |
Membros: |
0 |
 |
Invitados: |
4 |
 |
Total: |
4 |
 |
Membros Online |
| No hai membros conectados |
|
|
|
|
|
| Crónicas da Copa da Costa. |
| Luns, 07 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Ponteceso 0-2 San Lorenzo
O San Lorenzo converteuse na gran sorpresa da Copa da Costa, despois de remontar o 1-2 que había sufrido na casa. O gol no minuto 11, de Rudi, fixo que o San Lorenzo soñase ca victoria, pero sin deixar de controlar o partido e aproveitando a falta de ideas dos locales. O Ponteceso apenas gozou de accións claras de gol, pois o seu rival defendía moi ben. Xa chegando o descanso Óscar, doulle a volta a eliminatoria. Na segunda metade os visitantes defenderon o seu rival, que se acercou máis a portería, pero sin sorte.
Ponteceso: Barca, Dani Pallas, Luisete, Carlos Mato, Fabián, Bolón (Mendieta m.46), Pablo Vázquez, Charro (Rubén Rama m.46), Nando, Miguel Torrado (Tucho m.55), Toniño.-
San Lorenzo: Diego Dourado, Quillo, Fabián, Dubra, Puñal, Manín, Javi Pensado (Omar m.75), Jorge Pichel (Cachizo m.65), Óscar, Rudi, Pablo (Marcos Cancela m.86)
Goles: 0-1 m.11 Rudi; 0-2 m.43 Óscar.
|
|
| Crónicas da Copa da Costa. |
| Luns, 07 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Castriz 0-2 Unión Club Cee Con esta derrota o Castriz quedou fora da semifinal da Copa da Costa, non así o Cee que se encontra outra vez nas semifinales. Foi un encontro moi emocionante, donde os dous equipos deron todo de si. Nada máis empezar o encontro un corner a favor dos visitantes acabou nunha contra na que Noli e Rubé puideron marcar, pero alí estaba Mingos para salvar o gol. Sería un pouco máis tarde cando, Rivi, marcaría para o Cee. A partir de entonces o dominio foi para o Cee, que buscaba a portería contraria sin descanso. O Castriz puxose a pilas na recta final do primer tempo, e ata pudo golear. Na segunda metade o dominio era do Cee, pero as ocasións eran dos locales, que viron como Mingos paraba todo e Miguel Riveiro, despois de tres cornes seguidos marcaba o definitivo 0-2, para o Cee.
Castriz: Herrera, Rubén (Ovidio m.61), Víctor, Jota, Torreira, Bruno, Chinda, Cilindrom Sebas, Damián, Noli.
Unión Club Cee: Mingos, Rubén Fiuza, Jacobo, Berto (Javi Rañal m. 46), Miguel Riveiro, Carlos Leis, Rivi, Penedo (Fernandito m.60), Chapu ç(Poky m.70), Luigi (Diego Cespón m.80), Leo.
Goles: 0-1 m.20 Rivi; 0-2 m.77 Miguel Riveiro.
|
|
| RESULTADOS DA XORNADA DOMINICAL: |
| Domingo, 06 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
Fase de Ascenso a 2ªB, (Volta): Cerceda 3-0 CD Alfaro: Os de Nacho, foron moi superiores, o equipo rioxano, e golearon, con un "Hat Trick", de Felipe, pasando a rolda definitiva, que se xogará os días 13 e 20 de Xuño.Coñecerán, o seu rival, no sorteo, que se realizará mañán, na sede, da Real Federacion Española de Futbol.
Fase de Ascenso a 1ª Autonómica, (volta): Cultural Maniños 0-1 Xallas: Encontro complicado, no que valeu o gol de Pepe, os 25 minutos, pra igualar a eliminatoria.Presionaba, dende arriba, o equipo de Vicente Pérez, pero non aproveitaba as ocasións que creaba, e complicouselle máis o encontro o ser expulsado Rubén, os 30 minutos.Comezou a segunda metade, co mesmo guíon, e os 55 minutos, serían os ferroláns, os que quedarían con un menos, igualando, a contenda.Acabou así o tempo regulamentario, e pasouse a prórroga, na que houbo moita tensión, pero acabaría, co 0-1.Tralos lanzamentos de penalti, foi mellor o equipo xalleiro, que atinou co fondo das mallas, 3 ocasións, de 6 lanzamentos, por 2 dos do Maniños. A eliminatoria definitiva para o ascenso, será o vindeiro fin de semán, pero ainda non hai día nen hora, o rival, será o Cacheiras, que onte eliminou o Carral.
Copa da Costa, Cuartos de Final, (Volta): Mazaricos 0-4 Dumbría: Repiteu resultado o Dumbría, nun encontro, e unha eliminatoria que xa traia solventada da casa, e na que se atopou, con un Mazaricos, que xa pensaba, en rematar a tempada.
Carnota 0-1 Malpica: Encontro moi embarullado, que decideu, Charly, os 5 minutos, tras un saque de falta, que rebotou no defensa carnotán Santi, desviando a dirección do balón.Ate o final, moi pouco xogo, e moito xogo brusco, e tensión, pero o final foron os malpicáns, os que se levaron a victoria e a eliminatoria, nun encontro, que o igual co resultado da enquisa que fixemos, tiña un vencedor incerto.
Ponteceso 0-2 San Lorenzo: O equipo de José Manuel Mato, notouselle o cansanzo dunha tempada, moi longa e dura, e no día de hoxe, topouse, con un San Lorenzo, que saeu moi motivado o campo, e foi xusto merecedor, da victoria, e de pasar a eliminatoria, decíanos o adestrador pontecesán, que xa "dende o primeiro minuto, xa vin que o noso equipo, estaba sen forzas, e no queda máis que felicitar o San Lorenzo, que mereceu pasar".O equipo do Ponteceso, pedía a "gritos", que acabase a tempada, e no día de hoxe, non foi rival para os de Verdillo.
Castríz 0-2 UC Cee: Xa o contábamos na previa, e ainda que os usuarios apostaban polo Castríz, a veteranía dos ceenses, nistas lides, foi decisiva.
En granate os que pasan a semifinais.
Copa das Mariñas-Arteixo, Semifinais, (Ida): Laracha CF 2-0 UD Paiosaco: Tras unha primeira metade moi igualada que acabou con empate a ceros, o Laracha, aproveitou a sua diferenza de categoría, pra adiantarse no marcador, e remachar con un segundo gol, que lle da medio pase a Final.Os ánimos dos de Peisaco, non decaeron para nada, e como nos comentaba o seu porteiro, Ramitas: "Notouse a diferenza de categpría o xogaren na casa, pero contamos de darlle a volta o marcador, a vindeira semán, a clave será marcar un gol pronto, e logo, con tranquilidade, marcar o segundo, pra empatar a eliminatoria, e se fai falla buscar os penaltis". O martes colagemos unha escolma de fotos diste encontro.
Copa do Rei Xuvenil, Cuartos de Final, (Volta): Atlhetic Club de Bilbao 2-0 Deportivo Xuvenil: Tras unha primeira metade na que non pasou apuros, o Bilbao, adiantaríase, na segunda, e remontaría a eliminatoria, tras un erro do porteiro deportivista Enrique.
|
|
| LOTINA SEGUE FALANDO DOS MEXICANOS, CARLOS VELA E GIOVANNI DOS SANTOS, E EN ARXELIA, "COLÓCANNOS"A MEHDI LACEN. |
| Domingo, 06 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Giovanni dos Santos e Carlos Vela, seguen "gustando" a Lotina.
Namentras que Lotina, soña en alto, no xornal do clube, manifestando abertamente o interese, polos mexicanos Carlos Vela, e Giovanni dos Santos, dende Arxelia, asegura a prensa local, que o Depor fixo unha oferta en firme por Mehdi Lacen, como xa publicamos fai algunhas semáns.
Carlos Vela, no Arsenal,e Giovanni dos Santos, no Galatasaray, turco, parecen dous "soños", do adestrador deportivista, unha porque teñen contrato en vigor nos seu clubes, e outra porque o seu soldo, é "prohibitivo", para o Depor, dada a actual carestía económica, e o único, que quedaría, sería unha cesión, ou que se realizara a venda de Filipe, Zé Castro, ou Guardado, deixando, unha boa suma nas arcas deportivistas.
Mehdi Lacen
Por outra banda, dende a prensa arxelina, apuntan, que o noso clube, fixo, unha oferta seria, por Mehdi Lacen, xogador que xa él mesmo, afirmou, haber sido preguntado polo Depor, das suas miras de futuro.Non sería descabezado, en pensar que ista operación culminase, dada a amizade, antre Augusto César, e o presidente do Racing de Santander, un home, interesado, na volta de Antonio Tomás, o clube "montañés", e que ademáis debe desembolsarlle o equipo branquizul, 2,5 millóns de euros, pola venda de Sergio Canales, o Real Madrid.Pero a nosa pregunta é: "é Mehdi Lacen, un xogador que precise o Depor?".
|
|
| AXENDA FUTBOLÍSTICA DA FIN DE SEMÁN: |
| Domingo, 06 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Encontros para hoxe:
Fase de Ascenso a 2ª B, (volta): CCD Cerceda-CD Alfaro: a partires das 18:00 horas, no Roxo.Na ida, 1-0, a favor do equipo rioxano. O equipo que dirixe, Nacho, ten o factor campo, pra tentar dar o salto, a seguinte rolda pro ascenso a 2ª B. Ainda que durante a semán, estivo tocado, o camariñán, Cabrejo, poderá contar con él, así como con toda a plantilla, a excepción de Bautista, o que non se lle levantou o castigo, tras ser expulsado, en Alfaro, os 5 minutos por un penalti inexistente, que supuxo, o únigo gol do encontro,gol que lle valeu pra levarse a victoria os rioxanos, que non foron quens de aumentar a ventaxe, a pesares de xogar con un home máis todo o encontro, e de ser un equipo "temible" de cara a gol, pois marcou na sua liga 111 goles, por tan só 22 encaixados.
Copa da Costa, Semifinais, (volta): Mazaricos-Dumbría: a partires das 17:30 horas, na Pedra de Ouro, na ida, 4-0, pro Dumbría. Se facemos caso os precedentes, e o que vos opinades na nosa "Enquisa", o Dumbría, non terá problemas, pra pasar unha eliminatoria que ten moi a favor.
Carnota-Malpica: ás 18:00 horas,en Lombáns.Na ida 2-1 pros malpicáns. Encontro, con moitas dúbidas, no que a igualdade, é o máis palpable, segundo a vosa opinión na nosa "Enquisa", e segundo o visto sobre o "pael", o Carnota foi superior en Malpica, pero non foi quen de gañar, e o Malpica, tivo gol, e soubo, remontar.Hoxe en Lombáns "saltarán" chispas, nun encontro tan complicado, e bonito, pra ver.
Ponteceso.San Lorenzo: ás 17:30 horas, no Pinguel.Na ida 1-2 pro Ponteceso. Na "Enquisa", que vos puxemos toda a semán, o Ponteceso, é craro vencedor, con un 19% dos votos, pra levarse a victoria, por un 7% pros de Verdillo.A pesres de todo, os carballeses, non dixeron a derradeira palabra, pero o resultado da ida, dará moita tranquilidade os de José Manuel Pato, pra pasar as semifinais.O San Lorenzo, terá a baixa, de Styven Pose, que se perde o encontro, por acumulación de cartóns.
Castríz-UC Cee: a partires das 19:00 horas, no San Pedro.Na ida, 1-2 pros de Santa Comba. Outro dos encontros que segundo vos, está craramente definido, a victoria do Castríz, con un 17% de probavilidades de pasar, por un 7%, dos ceenses, pero hai que ter en conta que o equipo que dirixe, José Manuel "Pato", xa trouxo, un 3-1, do Pindo, e remontou no Sampaio de Refoxo, por 3-0.Niste caso, é fora o encontro, pero a diferenza de categoría, pode dar un disgusto, os de Huelvis, que por outro lado, acabaron a liga moi fortes, e "vapulearon", o Camariñas, a domicilio, na anterior rolda, sen deixarlles materializar, nen un gol, nos dous encontros.O Unión Club Cee, non poderá contar con Fermín Cambeiro, e Rafael Ínsua, expulsados no encontro da pasada semán, no que tamén foi expulsado, por parte do Castríz, Daniel Suarez.
Copa das Mariñas-Arteixo, Semifinais, (ida): Laracha CF-UD Paiosaco: ás 20:00 horas, no Municipal da Laracha. Os de Peisaco, querían trocar a hora do encontro, por estar cas festas do Sacramento, pero os seus veciños da Laracha, non estiveron pola labor.Hoxe veremos un encontro de rivalidade moi esperado, que levará as festas a grada.O equipo, que dirixe, José Luis Lemos, non poderá contar, con David Esmorís, que foi expulsado, na anterior eliminatoria.Pola sua banda o Paiosaco, poderá contar con todo o seu plantel, pro que pra eles é a primeira Final.En piratasdemuxia.es, poñeremos, unha escolma de fotos diste encontro, o próximo martes.
Fase de Ascenso a 1ª Autonómica, (volta): Cultural Maniños-Xallas: ás 18:00 horas, no campo de O Pote.Na ida, 0-1, a favor dos ferroláns. Ángel Mahía, adestrador do Maniños, considera iste encontro:"Mais complicado co de ida, porque as dimensións do terreo de xogo, favorecen o rival, xa que conta con xogadores de grande envergadura, para as xogadas a balón parado, polo que teremos que estar moi concentrados cando as defendamos". Vicente Pérez, non estivo moi contento ca labor arbitral, que ; "Pitóulles, un penalti inexistente, e non é a primeira vez que no lo fai iste colexiado, e iso e dar moita ventaxe o rival, agora na volta, teremos que loitar, é a hebre se temos máis sorte de cara a gol, pois nos dispuxemos de tres ou catro ocasión, e eles só tiraron a porta o penalti". Polo tanto deducimos, que hai un resultado incerto, pero o peor para os xalleiros, é o parón, antre a liga, (na que acabaron moi fortes), e o encontro de Fase de Ascenso, a 1ª Autonómica, cáseque era mellor nistes casos, xogar a eliminatoria previa, pra aguantar o ritmo de encontros.
Fase de Ascenso a Liga Galega Cadete, (ida): Compostela 3-1 Dumbría: A pesares de perder o primeiro encontro, nista Fase de ascenso a Galega de Cadetes, e por goleada, o Dumbría CF, dos muxiáns, Adrián Alcaina, Dani Picallo e Brais, ten tódalas opcións de pasar e acadar o ascenso, gracias o gol, en campo contrario.
Cuartos de Final Copa do Rei, Xuvenil, (volta): Atlhetic Club de Bilbao-Deportivo Xuvenil A: a partires das 12:00 horas, en San Mamés.Na ida, 1-0 pros deportivistas. Os deportivistas, recuperan o Subcampión de Europa, Uxío, pra ista eliminatoria, que se xogará no Estadio de San Mamés.
Enquisa da Copa da Costa:
Lémbrate que podes votar o teu favorito, pra estar nas semifinais da Copa da Costa, entrando como rexistrado,na enquisa, da parte dereita do noso web.
|
|
| HOMENAXE PÓSTUMO, A JOSÉ LUIS FACAL. |
| Sábado, 05 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 O Xuventude de Bergantiños, e o futbol da Costa en xeral, renden hoxe, unha homenaxe póstuma a José Luis Facal, (Cances-Carballo, 1955-2009), que foi unha persoa emprendedora, que sempre tomou parte na vida social, deportiva e cultural, da parroquia carballesa de Cances, (Carballo).
Facal, foi fundador do equipo de veteráns, do Xuventude de Bergantiños, é do equipo de chave.Ademáis xogou no Deportivo Carballo, Ponteceso, e no Xuventude de Bergantiños.No día de hoxe, as 17:00 horas, os seus excompañeiros, do equipo de chave, xogarán un encontro, na sua memoria, e o Xuventude de Bergantiños, xogará as 18:00 horas, un encontro, contra un combinado, da Costa da Morte, de veteráns, no campo do Cubaleiro.Os actos rematarán, ca proxección, dun vídeo, as 20:00 horas, no local social, da Asociación Sampaio, no que se repasará a sua traxectoria deportiva.
José Luis Vara
O exdeportivista, José Luis Vara, terá unha merecida homenaxe, na sua vila natal, de Esteiro, (Muros), o vindeiro 31 de Xullo, na que se enfrontarán o Fabril, contra un equipo por determinar, e que se espera que se poida disputar xa no campo da Esteirana, que leva xa "moito", tempo en restauración, e o que só lle faltaba, o céspede artificial.
|
|
| ASEMBLEA EN SANTA COMBA, E MOVEMENTOS NO LARACHA. |
| Venres, 04 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |

-Hoxe celebra o Santa Comba, a sua Asemblea de socios, na que dimitirá o Presidente, José Gerpe, "Che", como vos informávamos fai uns días.Nista asemblea, darase conta do estado económico do clube, que está pendente de cobrar unha subvención do concello, por valor de 50.000 euros, e abrirase, o prazo de presentación, de candidatos, pra ocupar o posto de máximo mandatario.
-O Laracha FC, ficha o porteiro do Galicia de Mugardos, Javi, que virá a ocupar o sítio, de José Ramón Periscal, "Peris", que como nos informou na entrevista que podedes ver máis abaixo, "colga as botas", despois de 19 anos no clube.O equipo larachés, tamén acaba de fichar a Álex do Atlético Arteixo, e está en conversas, con Miguel Martínez, que ten problemas, por mor do seu traballo, pra compatibilizar, o mesmo, co Laracha CF, cousa pra que terá unha reunión no día de hoxe, pra tratar de solucionalo, e estar as órdes de José Luis Lemos, que continuará un ano máis adestrando o equipo "verdivermello".
|
|
| CUARTO ENCONTRO AMISTOSO DO DEPOR, NO EXTRANXEIRO. |
| Venres, 04 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
  O Depor enfrontarase, o West Ham United, o 15 de Agosto, as 16:00 horas, (hora galega), no que será o cuarto encontro de preparación, pra Liga 2010/11. O equipo londinense, acaba de fichar, o técnico israelí Avram Grant, ex adestrador do, FC Chelsea, que ven a sustituir o italiano, Gianfranco Zola, que a pasada tempada salvou o equipo de baixar a segunda, polos "pelos", quedando na 17ª posición. Coñecidos da liga española, conta co sudafricano, ex do Celta, Benny MacCathy, ademáis conta nas suas filas, co ex do Villareal, Guille Franco, que iste ano, tan só marcou 5 goles, e que tivo que reducir os seus hemonumentos, pola grave crise económica do clube, do galés, Silver Sullivan.O equipo londinense, trata de pechar a contratación de David Beckham, e a Joe Cole, do Chelsea, que xa manifestou as suas preferencias, por irse o ArsenalSe premes, abaixo en "Ler a nova completa...", tes información, do resto de amistosos do Depor.
|
|
| LISTADO DE SANCIONADOS: |
| Xoves, 03 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 LISTADO DE SANCIONADOSXOGADOR
| EQUIPO
| SANCIÓN
| MOTIVO
| COMPETICIÓN
| Styven Pose
| San Lorenzo
| 1 | Acumulación
| Copa da Costa
| Fermín Cambeiro
| U C Cee
| 1 | Dobre cartón
| Copa da Costa
| Rafael Ínsua
| U C Cee
| 4 | Agredir a outro...
| Copa da Costa
| Daniel Suárez
| Castríz
| 1 | Insultar a outro...
| Copa da Costa
| David Esmorís
| Laracha C F
| 1 | Dobre Cartón
| Copa das Mariñas-Arteixo
| Renovación no Bergantiños CF
Noutro órde de cousas, infórmanos o Bergatiños C F, que chegaron a un acordo, para que o adestrador, Manuel Varela Bardanca, continue, un ano máis dirixindo, o equipo carballés, representante da Costa da Morte, na 3ª División, no grupo galego.
|
|
| BRAULIO VÁZQUEZ: "UN SONEIRÁN, A CARGO DA DIRECCIÓN DEPORTIVA DO VALENCIA CF". |
| Xoves, 03 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Braulio, novo Director Deportivo do Valencia CF.
O de Vimianzo, Braulio Vázquez, será o novo Director Deportivo, do Valencia CF, tras ser destituido, Fernando Gómez, (un dos que se venderan, o Barcelona, na liga do 95), polas malas relacións co Presidente "Che", Manuel Llorente. O máximo mandatario valencianista xa llo fixo saber o vimiancés, e confirmoulle os seus colaboradores, que serán, Bossio, e Garrido.Tamén lle informou de que habería reestructuración, niste apartado do clube.
|
|
| REUNIÓN DOS DIRECTIVOS DA COSTA EN BAIO. |
| Xoves, 03 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |

Reunión, para a Asociación de Clubes da Costa
O vindeiro mércores 9 de Xuño, terá lugar unha reunión, no Salón de Actos do Pavillón Municipal de Baio, para informar do estado, da Asociación de Clubes da Costa, unha cousa moi necesaria, para defender os dereitos dos equipos das ligas da Costa.
Os orgañizadores de dita reunión, convocan a tódolos directivos dos clubes costeiros, pras 21:00 horas, no dito Salón de Actos.
|
|
| UN BARCO "ESPECTACULAR". |
| Xoves, 03 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |

Depois din que hai crise!Aquí tedes un luxoso iate, con matrícula de Palma de Mallorca, denominado, "Tumberry", que iste medio día, pasou por Muxía, estivo, durante unhas horas, fondeado, tralos diques de abrigo, o non darlle o calado pra entrar, os peiraos. Nos vos podemos dar máis datos pois o "Tumberry", que aparece en internet, é moito máis pequeno, que iste, en tódolos sentidos, e foi vendido, por 10 millóns de euros, imaxinade o que pode costar iste que a de andar en torno os 50 metros. Se queres velo en grande, preme abaixo, en "Ler a nova completa..."
|
|
| ENTREVISTA A JOSÉ RAMÓN "PERIS", (LARACHA CF): "SE NON SAIMOS MOTIVADOS, PODEMOS |
| Xoves, 03 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 José Ramón "Perís", dirá adeus, a 19 anos no Laracha CF. Se onte era Javier Alonso, "Leilán", o que nos daba os seus pareceres, nunha entrevista, sobre a Semifinal "estrela", da Copa das Mariñas-Arteixo, (Domingo/20:00 horas), no día de hoxe, é o porteiro, do Laracha CF, José Ramón, "Perís", (Lendo-Laracha, 1979), que pode que xogue os seus derradeiros encontros co equipo larachés, no que leva 19 anos.
"Perís", colgará as botas como decimos, despois de percorrer, tódalas categorías do Laracha CF, e vivir, varios ascensos, militando, na 3ª Galega, tres anos, (3ª, o primeiro ano, no que xogou a fase de ascenso a 2ªB, e 5º, o segundo).O porteiro do Laracha CF, xa xogou catro finais, da Copa das Mariñas-Arteixo, gañando duas e perdendo outras dúas, e coñece moi ven os seus veciños, e algúns foron compañeiros seus, nas categoriás inferiores.
Como están os ánimos pro encontro? Os ánimos son vos, con moitas gañas, pois fai moitos anos que o Paiosaco, non xoga connosco.Polo menos dende que estiveron na Preferente, e antes ainda xogábamos polas festas da Laracha, pero o Concello, sacou istes encontros, nos que tamén participaba o Club do Mar.
Se premes abaixo, en "Ler a nova completa...podes ver toda a entrevista a "Peris".
|
|
| SERGIO GONZÁLEZ, PODERÍA TER AS HORAS CONTADAS, EN RIAZOR. |
| Mércoles, 02 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Un que se queda, e dous que parece que trocarán de "aires". O pai e representante de Sergio, Avelino González, en vista as verbas, de Lendoiro, (que parece non compatir), afirmou, que "pode", que se acabe a vinculación de Sergio, co Deportivo.Os afecionados, tamén se fixeron oir, na nosa web amiga, www.eldepor.com, e non son partidarios de que o centrocampista catalán,continue, pois na maioría das manifestacións, considérase, que se acabou o seu "ciclo".
"Afrontamos la situación con total tranquilidad. Si se ha acabado el vínculo, pues se ha acabado.A la vista está que no quieren que Sergio continúe en el club".
"Estamos decepcionados, imagínate. Después de todo un año negociando, que pase esto...", dixo Avelino González, que tamén dixo, que estaban a escoitar a equipos.Ya estamos escuchando a posibles equipos. No hemos empezado a negociar, pero podemos decir que ya hay cositas".
Se non se atenden as suas demandas, contan con poñer unha denuncia ante a AFE, contra o Deportivo.Non viaxará a Coruña, a menos que o chamen dende a Praza de Pontevedra, pero non perden a "esperanza", de que todo se arranxe.
|
|
| DIMISIÓNS SORPRESA: |
| Mércoles, 02 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
O Presidente da SD Muros, Fran "Chubasco", presentará a sua dimisión, nunha reunión que manterá ista tarde-noite, cos seus directivos, segundo puidemos saber na tarde de hoxe, na Lonxa muradana, e que non puidemos corroborar, o non ser capaces de contactar, co mandatario muradán.Non trascenderon os motivos, dista sorpresiva dimisión.
Outro que non seguirá no seu equipo o vindeiro ano, é o adestrador-xogador, do Unión Vimianzo, Fran Toba, "Pioto", que nistes intres ainda non sabe o que fará.
Outro que posiblemente diga adeus, é o adestrador carnotán, Cambeiro, o que lle gustaría despedirse, ca Copa da Costa 2010.En breve, tamén a directiva, coméntase, que presentará a sua dimisión, na vindeira Asemblea de Socios.
Copa da Costa
Pásate pola enquisa, e danos a tua opinión, de quen crees quenes será finalista da Copa da Costa, tes que entrar como rexistrado, e podes votar unha vez por día.
|
|
| COPA DAS MARIÑAS-ARTEIXO, (SEMIFINAIS):ENTREVISTA A JAVIER ALONSO, "LEILÁN". |
| Mércoles, 02 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 O "Gran Derbi", das Semifinais, da Copa das Mariñas-Arteixo, antre o Laracha e o Paiosaco, está "quentando" motores, e así no lo fan ver os protagonistas, pois fai moitos anos, que non se ven as caras os dous equipos locais, en encontro oficial.O Laracha, milita na Preferente Autonómica, e o Paiosaco, na 2ª Autonómica.
Javier Alonso, "Leilán", é o interior esquerdo, do Paiosaco, que xa leva 8 anos, no equipo da sua casa, despois de militar, 5 no Orillamar.O xogador "verdibranco", que en liga acadou 4 goles, esperá un "Gran Derbi", unha tarde festiva, e como non... pasar o corte.
Javier Alonso, "Leilán", non se molla, pra dar un resultado, pero espera gañar.
Como están os ánimos pro encontro?
Son os ánimos, dun "Gran Derbi", que fai moitos anos que non se xoga, polo que hai moitas gañas, de enfrentarse a eles, polo que os ánimos está a tope, e ímos a dalo todo.Tratándose do Laracha, hai moito máis interese en gañar, que se fose outro.
Segue a entrevista premendo abaixo, en "Ler a nova completa..."
|
|
| NOVAS SOBRE TORNEOS DE FUTBOL SALA EN MUXÍA: |
| Mércoles, 02 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |

O Fisober, Campion da Copa Provincial, colabora e participa, no apartado feminino. O vindeiro mes de xullo, Muxía será o epicentro do fútbol sala na Costa da Morte, disputaranse un Torneo de fútbol sala organizado pola comisión de festas de San Roquiño do Monte, e ca colaboración do Fisober e una Liga organizada polo Concello de Muxía. O Torneo, será tanto pra homes coma pra mulleres, e desenrolarase, antre o 3 e 0 4 de Xullo, a Liga, será do 12 o 30 tamén de Xullo.Xa hai dous equipos apuntados, o Fisober Concello de Vimianzo, de Futbol Sala Feminino, (vixente campión, da Copa Provincial), e o Diseño, (Muxía), de Futbol Sala Masculino. No caso do Torneo San Roquiño do Monte, ten cuota de inscripción, a Liga que orgañiza o Concello, de Muxía, é de inscripción gratuita.
Preme abaixo, en "Ler a nova completa...", pra ver toda a información.
|
|
| NOVAS BREVES, SOBRE O DEPOR: |
| Martes, 01 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Zé Castro, dí adeus, o "soño mundialista". En Portugal, andan co que vende, e o xogador Pepe, que xoga no Real Madrid, a pesares de recibir, onte a alta médica, entra na convocatoria, para o Mundial de Sudáfrica, e queda fora o deportivista Zé Castro, que como decía onte Lendoiro, podería ser un dos máximos activos do Depor iste ano, polo interese firme dun equipo, por contratalo, que podería ser o Benfica portugués.
O luso do Depor, manifestoulle, a cadea de televisión portuguesa, Antena 1, que: "Tuve una charla cordial con la comisión técnica. En este momento lo más importante es la selección, que va a a estar en el nivel más exigente en el Mundial. Me quedo triste por salir, pero sé que voy a volver. Tengo una relación excelente con todos, es un grupo fantástico.Obviamente estoy triste, cualquiera lo estaría. Alguien tenía que salir. Tenemos un grupo excelente y un equipo excelente. Todo el mundo sabe que somos fuertes, sólo quien no quiere verlo no lo ve".
Amistosos de pretempada Xa fai moito tempo, informábamos, de que o Deportivo, participaría, na Uhrencup 2010, enfrontándose, o Young Boys de Berna (Suiza), o vindeiro día 20 de Xullo, na localidade suiza de Yverdrom Les Bains.De pasar xogaría contra o vencedor do Stuttgart-Twente.
No día de hoxe, o Unión Berlín, informa na sua web oficial, que se enfrontará o Deportivo, o 25 de Xullo.O equipo alemán, milita na Segunda División do país xermano, e a pasada tempada, quedou de 12º.
|
|
| AS SEMIFINAIS DA COPA DAS MARIÑAS, ESTÁN SERVIDAS. |
| Martes, 01 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 
"Algo máis que un partido". Laracha e Paiosaco, querían un enfrontamento na Gran Final, hai moita diferenza en canto a categoría que militan, e a rivalidae, estará servida, foi o emparellamento, que quixo deixarnos o bombo, nas Semifinais da Copa das Mariñas-Arteixo. Os laracheses, veñen de poñer fora o actual campión, San Tirso, con un global, de 5-2, gañando os dous encontros, e o Paiosaco, pasou sen apuros, ante o Portazgo, tras un partidazo, como visitantes, con un resultado de 1-3, e un empate a ceros, na Porta Santa.Agora só queda dilucidar, quen é o máis forte, do Concello, coma en los Inmortales: "Só pode quedar un". O outro enfrontamento de Semifinais, será o gañador do Carral-Olimpico, (que xogan mañán, e no que na ida, gañou o Olímpico, por 1-0), verase as caras, co Atlético San Pedro. Copa da Costa 2010 Noutro orde de cousas, danos a tua opinión, sobre quen será finalista da Copa da Costa 2010, vota na "Enquisa", que tes no lateral dereito da web. Haber se acertades, cos dous máis votados, quenes xogarán a Gran Final.
|
|
| LENDOIRO, DESVELOU VARIOS TEMAS, DE MOITOS ASUNTOS, CON XOGADORES DE POR MEDIO. |
| Martes, 01 Xuño, 2010 Enviado por Pirata |
 Onte Lendoiro, recoñecía o interese do Atlético de Madrid, por Filipe Luis.
O Presidente deportivista Augusto César Lendoiro, falou sobre, Brayan Angulo, Sergio, Piscu, Zé Castro, e o tema dos cartos de Lafita, ademáis, confirmou que "Puede haber, interés del Atlético, por Filipe, pero está muy verde".
Nos "mentireiros", deportivos, fálase, dunha oferta de 7 millóns de euros, máis os xogadores, Camacho, e Diego Costa, rumor que se acrecentou, ca visita de Manuel García Quilón, (representante de Filipe, Juan Rodríguez e Mista), fai uns días, (da que xa dimos conta).
Lendoiro, afirmou, que con Quilón, tiña grande amizade, e que podían falar, "dos o tres veces por semana", polo que dixo, que isa visita era unha máis como cando vai él a Madrid, e se reune con él ou con Gil Marín, ou Florentino, ou co propio García Quilón, sen ter "que ser para hablar de jugadores".
O certo, é que Camacho, que recibeu onte un premio Draft, o igual que Juan Domínguez, que recibeu o de Bronce, na tarde-noite de onte, deixouse quere, ainda que dí pensar só no Atlético de Madrid.
Preme nista rengleira, e verás o vídeo das verbas de Ignaco Camacho, dos nosos amigos de www.deportegal.com.
Rolda de prensa de Lendoiro, premendo abaixo, en "Ler a nova completa...", (non ten desperdicio)...
|
|
|