Resultados Domingo 13/06: Alemania 4-0 Australia: Podolski, (7´), Klose, (26´), Muller, (68´), Cacau, (70´). Serbia 0-1 Ghana: Asamoah Gyan, (85´). no primeiro penalti do mundial. Arxelia 0-1 Eslovenia: Robert Koren, (79´). Encontros Luns 14/06: Holanda 2-0 Dinamarca: 1-0, Daniel Agger, (46´ propia p.), 2-0, Dirk Kuyt, (85´). Xapón 1-0 Camerún: 1-0, Keisuke Onda, (39´). Italia1-1 Paraguay: 0-1, Alcaráz, (39´), 1-1, De Rossi, (63´).
Recomendámosvos para ver os encontros por internet, ante a inxustiza de que un mundial sexa cáseque todo transmitido por unha canle de pago, ou ben www.rojadirecta.com, ou www.futbolarg.com.
Se premes abaixo en "Ler a nova completa..." tes todo o calendario.
Tras unha primeira metade controlada polo Laracha, na que o Paiosaco, só se acercaba a porta defendida por José Ramón "Peris", e corner, dos que chegou a tirar, cinco, pasouse a un segundo periodo, no que o Paisaco, aprteou e puxo os laracheses, no seu campo, cousa que trouxo, o gol de David Costa, os 60 minutos.O Laracha, non estba ben, e acusaba o cansanzo da longa tempada, pero foi quen de aguantar a un Paiosaco, con moitas gañas, que no derradeiro cuarto de hora do encontro, perdeu forza, pero estivo moi preto de empatar a eliminatoria, que por outra parte era o primeiro paso, para como mínimo chegar a lotaría dos penaltis. O Laracha xogou cunha defensa nova, dadas as ausencias por viaxe, de Cristobal e Javi Villar, pero soubo aguantar, as acometidas dun Paiosaco, que tivo a mala sorte de atoparse co seu veciño, nas semifinais.
Aliñacións:
UD Paiosaco: Rama; Corgo, José Luis, Cabezas, Roberto; Bolón, Alberto o Míchel, Baba, Leilán; Josiño y David Costa. Suplentes: Durán (p), Vicente, Lista, Iván e Manu.
Laracha CF: Periscal; Raúl, Javi Fuentes, Rebolo, Fandiño; Josito, Roberto, Bolo, Sito; Brais e Eloy. Suplentes: Miguel (p), Josiño, Mario, Gurita o Peque.
Árbitro : Iván Yáñez Muíño, axudado nas bandas por, Fuentes Seoane e Patricio Blanco (A Coruña).Estiveron ben e non tiveron problemas.
Un final da primeira metade excepcional do Dumbría, con Adrián "Makaay", desarbolou a un bo Malpica, que acabou con 8 o encontro, obra dun árbitro "nefasto", que fixo unha arbitraxe moi caseira a hora de ensinar cartóns. Estaba o encontro igualado, e sen ocasións craras por parte de ningún dos dous equipos, se cabe ainda eran os malpicáns os que se aproximaran máis as zonas de porta, ate que no 43, un pase longo cara a defensa malpicana, foi Adrián, tras un desentendemento dos de Malpica, o que marcaría o primeiro gol para os locais.Iste gol deixou tocado os de Manuel Agilda, que recibirían un novo gol de Adrián, dous minutos despois, o bater a Toni, de tiro cruzado. Saeron os visitantes na segunda metade ca intención de polo menos marcar un gol, que lle dera opcións na eliminatoria, pero unha xogada "rara", nun corner, os 53 minutos, acabaría en gol de Iván Pequeño, pero con consecuencias "graves" para o Malpica, pois na mesma xogada serían expulsado, Manu, por protestarlle o árbitro, que o xogador dumbriés, controlara ca man antes de marcar, vendo a segunda amarela, e o capitán, Marcos, o manifestarlle o colexiado, que fora "cousa de chulería", expulsar o seu compañeiro.Con dous homes menos, o único que lles quedaba os da costa, era aguantar, e conseguírono, a pesares de quedar con 8 homes no campo, o sair tamén expulsado, Eloy, no 71, o ver o segundo cartón. Aliñacións:
CF Dumbría: Juan; Iván, Suso, Chula, Rubén García; Schuster, Angeliño, Nico, Aarón; Brais e Adrián. Suplentes: José (p), Yago e Pablo Conde: David, Tantán, Fernando e o xuvenil, Jesús.
SCD Malpica: Toni; Charly, Víctor, Marcos, Iago; Cheo, Marcos Amado, (Manuel), Eloy, Neucha, (Casais, 71´), Rancaño e David Blanco, (Ismael, 78´). Suplentes: Alfredo, Abraham (p), Casais, Ismael e Manuel.
Árbitro : Alexandre López Vila (Primera Autonómica), axudado nas bandas con, Zas Vázquez e Blanco Rodríguez.Moi protestados polo Malpica, por tres expulsións, das que duas poderían ser evitadas, e que condicionaron o encontro.
Fase de Ascenso a Liga Galega Cadete, (volta):
CF Dumbría 3-3 SD Compostela: Decepción no Dumbría, que veu como se lle esfumou o ascenso, nun encontro con moita tensión, no que acabou con 9 xogadores.Os santiagueses, antre os que se atopaba o Presidente Caneda, foron máis serios en ataque, e souberon contrarrestar o poderío ofensivo, do Dumbría, que tiña unha media de cáseque cinco goles por encontro, que tan so ante eles cortaro.Comezou marcado pronto o equipo da Costa da Morte, nada máis iniciarse o choque, o que auguraba un final felíz, pois bastáballes un 2-0, pero un desentendemento nun corner antre un defensa e o porteiro muxián Brais, fixo, que iste mesmo, introducise o balón no fondo das mallas.A media hora de xogo, os composteláns, remontarián, o acadar un gol, nunha contra que Brais parou, pero o dianteiro aproveitou o rechace.No 55, un xogador por cada banda viron o camiño dos vestiarios, e sete minutos despois sería Bruno, o que acadaría o empate pros locais.O Compostela, non se descompuxo, e voltaría a remontar.O gol da igualada, foi obra do muxián, Dani Picallo, a falla de cinco minutos, pouco antes outro dos moitos muxiáns que ten o equipo dumbriés, Damián, foi expulsado, deixando o equipo con 9, e con moitas dificultades, para a remontada.
Encontro "feo!", con moito centrocampismo, con dous equipos que estiveron máis pendentes de defender que de atacar, o que se veu nas Pedreiras, pero no que o equipo local, fixo un pouquiño máis para levarse a victoria ante un Unión Club Cee, que xogou a "protexer" o seu porteiro, que o final foi Mingos, pero con todo iso, as duas ocasións dista primeira metade, foron do San Lorenzo, obra dos seus dous homes gol, Pablo, e Óscar, que non foron que de bater o porteiro ceense.Si marcaría pros de Pato, o xogador, Luigi, un verdadeiro golazo, dende máis atrás do medio do campo, a uns 50 metros, o ver adiantado o porteiro, carballés Diego Dourado.A segunda metade foi un calco da primeira excepto nas ocasións, que brilaron pola sua ausencia, ate que faltaba un cuarto de hora, cando dista vez sí, Óscar, aproveitaría un pase en profundidade de Styven, pra materializar, con untiro cruzado, o xusto empate, que deixa todo para decidir, no Sampaio de Refoxos, a vindeira semán.Nista segunda metade a única ocasión desperdiciada, foi os 85 minutos, tras unha falta sacada por Styven e que Manín, non foi quen de rematar cando o máis fácil, era metela dentro.
Árbitro : Diego Hermo Alonso (Segunda Autonómica), auxiliado por Daniel Rama Rama e Carlos Suárez Lamas.
Aliñacións:
San Lorenzo: Diego Dourado; Quillo, Puñal, Dubra, Fabián; Cachizo, (Omar, 55´), Styven, Manín, Javi Pensado; Pablo e Óscar. Suplentes: Noé (p), Cachizo, Anxo e Omar, Jorge, Marcos Cancela.
UC Cee: Mingos ,Javi Rañal, Jacobo, Rubén Fiuza, Miguel Riveiro; Fermín, Rivi, Carlos Leis, Penedo, (Borja), Luigi e Leo. Suplentes: Parroto, (p), Álvaro, Borja,Fernandito.
Complícanselle as cousas o equipo cercedense, que terá que ir a terras aragonesas, a gañar o encontro, e ainda puido ser peor.Un gol do visitante Beltrán, o pouco de comezar o encontro, fixo, que todo o que tiña pensado o lucense Nacho, trocara, e sorte, que cando discurría o minuto 13, un penalti, supuxera o empate, obra de Rodri.Así acabou a primeira metade.Un erro do mesmo Rodri, avanzada a segunda metade, suporía a remontada pros do La Muela, poñéndose moi costa arriba a eliminatoria, de non ser que Louro, aproveitou, un erro defensivo clamoroso dos aragoneses, cando tan so faltaban dous minutos para o final, deixando as espadas en alto para un encontro final, en Zaragoza, no que se xogarán a unha soa carta o pase a 2ª B. Aliñacións:
CCD Cerceda: Rafa Muradás; Noé, Aitor Díaz, David Rey, Josito; Franqueira, Rodri, César Otero, Souto; Xaco y Felipe.Suplentes: Kevin (e), Fran Castaño, Antonio, Óscar e Louro.
CDLa Muela : Manel; Moya, Beltrán, Camus, Remacha; Bruna, Lario, Rodri, Fonsi; Cristian e Iván Martínez.Suplentes: Pedro (p), Rafa Franco, Alberto, Ramírez, Mouco y Palacián.
Bonito encontro, o que se veu na Fontenla, no que o Xallas, de Vicente Pérez, foi superior, a pesares das adversidades, que sufreu. Acabou a primeira metade, con empate a cero, pero Ventura, (o home do encontro), desaproveitou, un man a man co porteiro santiagués, e estrelou un balón no poste.Ademáis niste primeiro acto, o equipo xalleiro, viu, como lle "escatimaban" un novo penalti, (é o equipo dos que máis penaltis lle pitaron na liga encontra, (8), e un dos que menos lle deron a favor, (3)), que sufría Pepe.O primiero gol chegou nun erro defensivo, os 50 minutos, e a pesares de estar a facelo ben, o equipo de Santa Comba, poñeríanselle máis costa arriba as cousa, o sufrir, a expulsión de Pepe, a hora de encontro, cousa que quedou minimizada, o acertar por fin, Ricardo, de cara a porta e `poñer o empate no marcador. Con dez, e o encontro empatado, apareceu a eficacia de Ventura, que lle faltara na primeira metade, pra acadar a remontada, os 70 minutos.Un erro defensivo, o deixar rematar no segundo pau o santiagués Martín, supuxo unha nova igualada, pero cando parecía que estaban todos conformes, apareceu de novo Ventura, e nunha xogada "extraña", co meta rival, colocou o balón o fondo das mallas, saltando a ledicia na bancada, e deixando todo para o encontro de volta en terras compostelanas.
Vicente Pérez, ve factible o pase a 1ª Autonómica, pero terá que esperar a recuperación de Lobo, que fixo un gran encontro, e tivo que sair lesionado, no descanso, outro que saeu lesionado, foi Toni, antes de que Ventura acadara o gol da victoria.
Mundial de Sudáfrica 2010: Corea do Sur 2-0 Grecia: 1-0, Lee Jung So0, (7´), Park Ji Sung, (52´). Arxentina 1-0 Nixeria: Heinze, (6´). Inglaterra 1-1 Estados Unidos: Gerrard, (4´), Dempsey, (40´).
Domingo 13/06:
Mundial de Sudáfrica 2010: Arxelia-Eslovenia: ás 13:30 horas, por C+/Liga. Serbia-Ghana: ás 16:00 horas por C+/Liga. Alemania-Australia: ás 20:30 horas por C+/Liga.
Fase de Ascenso a 2ª B, (ida): CCD Cerceda-CD La Muela: ás 18:30 horas, dende o Roxo.
Copa da Costa, Semifinais, (ida): Dumbría-Malpica: ás 17:30 horas, no Conco. San Lorenzo-UC Cee: ás 17:30 horas, dende As Pedreiras. Non te esquezas de votar na nosa "Enquisa", os favoritos para a Final, (tes que entrar como rexistrado).
Copa das Mariñas-Arteixo: Laracha CF-UD Paiosaco: ás 20:00 horas, na Porta Santa.Na ida, 2-0 a favor do Larcha FC. Atlético San Pedro-Carral: ás 19:00 horas.Na ida 3-2 a favor do Carral.
Fase de Ascenso a Liga Galega Cadete, (volta): Dumbría-CD Compostela: ás 19:30 horas, no Conco, tralo encontro da Copa da Costa do equipo senior.Na ida, 3-1 a favor dos santiagueses.No encontro de ida, o colexiado foi de Santiago, e para o de mañán o equipo compostelán, solicitou a Federación Galega, un árbitro neutral, que virá do colexio de árbitros de Lugo.
As ligas de Futbol 7 Federadas, "Costa da Morte", que orgañiza, o zacense, Stevo, están na sua recta final. Nista xornada estivemos cos benxamíns de Os Miudos, de Muros, e do EDM Muxía, que xogaron no Miraflores, (Muros), baixo, un "diluvio", como poderedes ver na escolma de fotos que vos traemos diste encontro.O resultado foi de 1-10, pros muxiáns, e foi o de menos, o mellor, foi a entrega que puxeron tódolos nenos, a pesares da climatoloxía.
En "Clasificacións", podedes seguir tódalas ligas de Futbol 7,, cos seus enfrontamentos e resultados.
Se premes abaixo en "Ler a nova completa, tes moitas máis fotos.
México, empata con Sudáfrica no encontro inagural, do Mundial de Futbol 2010.
O equipo mexicano, non mereceu iste empate no que participou activamente o deportivista Andrés Guardado, que deu o pase de gol, no minuto 79, a Rafa Máquez, pra que iste remachara o fondo das mallas.O interior deportivista, entrou avanzada a segunda metade por Aguilar, (52´), pero a sua aportación e a do veterán, Guatemoc Blanco, foron as que lle deron algo de mordente o equipo Azteca. Antes adiantárase Sudáfrica, os 55 minutos, tras un roubo no medio do campo, con carreira de máis de 50 metros, do xogador, Siphiwe Tshabalala, que clavou o balón pola escuadra contraria o seu ataque, na porta defendida por Óscar Pérez. Na derradeira xogada do encontro, puido levarse un merecido trunfo, o equipo anfitrión, nun tiro de Mphela, o pau, ademáis, non lles asubiaron un craro penalti.
Uruguay 0-0 Francia
O equipo Francés, deu o que viña dando nos amistosos, ou sexa nada, pero ainda así consigueu un punto, que non é pouca bagaxe, nun encontro de moi pouco nivel, para unha fase final dun mundial.
Se premes abaixo en "Ler a nova completa, tes o calendario do mundial.
Alberto Valencia, foi descartado por Tito Ramallo.
O Presidente do Bergantiños, Javier Souto, tivo, un primeiro contacto, no día de onte, con tres xogadores, con moitas posibilidades, de que reforcen o equipo carballés, para a vindeira tempada.Un deles é o muxián de 20 anos, Alberto Valencia, (lateral dereito), que leva no Deportivo, dende neno, xogando en cáseque tódalas categorías, e outro, é o tamén ex fabrilista, Toni, (centrocampista), que iste ano, xogou na segunda volta, no Santa Comba, cedido, e que tamén foi descartado por Tito Ramallo, xunto con Momar, Crístian Valle, e Castillo. O terceiro xogador co que falou o Presidente bergantiñán, foi con Álex Canedo, (central), que militou ista tempada no Montañeros.No caso de asinaren os ex fabrilistas, reencontraríanse, co coristanqués, Gustavo, que se enrolou nas filas carballesas, fai uns meses, e que chegou do xuvenil do Depor.
As posibilidades, de se leven a cabo as fichaxes, son moi altas, unha pola proximidade da Coruña, onde residen, e outra pola falla de defensas, que precisa o clube "vermello", pois nista mesma semán, perdeu a Borja Facal, que asinou, co Racing de Santander.
O Soneira, que o pasado ano chegou a semifinais, renunciou a xogalo.
Confeccionado o Trofeo Neria 2010.
Os equipos e emparellamentos da 6ª Edición do Trofeo Neria, son; Sp.Zas-Camariñas (A), Buño-Dumbría (B), Carnota-Mazaricos (C) e Ponteceso-UC Cee (D).
Istes encontros disputaránse o día 8 de Agosto. As semifinais disputaránse o 15, antre os vencedores do grupo A, fronte o B, por unha parte, e os gañadores do C, contra o D, pola outra. A Gran Final, será a partido único, e disputarase o día 22, de Agosto. O campo no que se disputará o derradeiro encontro, quedou pendente o ser neutral, para que non pase o do pasado ano. Na reunión falouse do Municipal de Vimianzo, pola sua ubicación, con respecto os equipos participantes, e dado, que o Soneira, non quixo entrar, motivo, polo que entrou o Camariñas, pero la decisión posporase, ate que se sepan os equios, que van a disputar o título.
O Trofeo, iste ano, está valorado, en 3000 euros, e o do subcampión, en 1500.A Asociación Neria, correrá a cargo, dos gastos das arbitraxes, e a recaudación, repartirase, a partes iguais, antre os equipos.
Asociación de Clubes da Costa.
Quedou formada a xunta xestora, para Asociación de Clubes da Costa, que quedou formada por: Diego Couto e Manuel Couto, ( Baio); José Manuel Mato, ( Ponteceso); Jesús Manuel Roget, (Sp. Zas); José Lema, (Fisterra), e Manuel Caamaño, (ex presidente do Muros), que é o promotor, da activación da Asociación. Todos quedaron encargados de avisar aos demáis equipos da Costa, para que acudan o vindeiro día 16 de Xuño, a reunión na que se decidirá, quen será o novo presidente da entidade, así como os integrantes da xunta directiva. A reunión terá lugar as 21.00 horas no auditorio do Pavillón polideportivo de Baio.
O Santa Comba, volve a reunirse, na tarde de hoxe, no edificio de Multiusos, da localidade xalleira.
Na reunión ordinaria da pasada semán, o Presidente da entidade, José Gerpe, "Che", expuxo, o balanzo económico, da tempada 2009/2010, e fixo un percorrido, pola xestión realizada.Tras ista reunión ordinaria, pasouse a extraordinaria, que tiña como único punto, a sua dimisión, cousa que fixo, ademáis de abrir o prazo de candidaturas, a ocupar o seu posto.Nista sesión convocou de novo os socios, pra tarde de hoxe, pra se procede, elixir o novo mandatario.
Trofeos "Gelucho Romar", os máximos goleadores da Costa.
Na tarde-noite, de hoxe terá lugar, un evento, que xa vai pola 7ª edición, e está consolidado na Costa da Morte, que é a entrega, do Trofeo "Gelucho Romar", os máximos realizadores, das ligas da costa.O acto de entrega, terá lugar no mesón, "O Sastre de Anos", en Cabana.
Os galardoados son: José Carlos (Dumbría), (que xa ten catro), na 1ª Autonómica; Guillermo (Baio) e Pablo (San Lorenzo), na Liga da Costa e Toniño (Coristanco), (que o optén por 3ª vez), na 3ª da Costa.Ademáis haberá por primeira vez, un premio especial, pro cabanés, do Malpica, David Blanco, que quedou relegado, do primeiro posto, na Liga da Costa, na derradeira xornada, por un gol, nunha "voráxine" realizador, tanto dél, coma de Guillermo e Pablo.
Papi, ficha polas "Festas".
O ex adestrador do Camariñas CF, Juan Cortés "Papi", que segundo un rumor que nos chegou, estaba en conversas, moi pouco avanzadas, co Porteño, parece que non adestrará iste ano, pois acaba de facerse cargo, de orgañizar, a festa do Carme de Muxía, a Romaría da Barca, e a festa de San Miguel, e tendo en conta o gran traballo que ten por diante, o máis seguro, segundo as suas verbas, é que iste ano; "non adestrarei, pois o da festas, e máis a Barca, comen moito tempo". Papi, xa é experto nistas lides, pois xa traballou, moitos anos como colaborador, na orgañización distas mesmas festas.
O xa ex xogador do Depor, Miguel Ángel Ferrer Mista, chegou a un acordo, co Deportivo, no SMAC da Coruña, (Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación), para rescindir o contrato, que o únía o noso clube, un ano máis. Mista, que chegou o Depor fai un par de tempadas, con 30 anos, e ca carta de liberdade, baixo o brazo, marcha agora, da mesma maneira, que chegou, e pola porta de atrás, despois de ter a confianza de Lotina, (o que se lle agotou), e convertirse, noutro: Djorovick,"Manteca" Martinez, "Loco" Abreu, "Toro" Acuña...pasando desapercibido, e deixando na afeción, unha "especie" de alivio, e no equipo unha praza, que podería ocupar "calqueira", para dar un nivel superior o seu. Como lembranza positiva, no seu paso, pola Coruña, o gol que lle marcou o Real Madrid, no primeiro encontro de liga, da 2008/09, e que xunto co de Lopo, supuxo, unha nova, festa en Riazor.Todo foi un espellismo, e non voltaría a marcar en liga.
Según me informaron , a finais de mes, van a sair as axudas a clubes deportivos por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Tamén me comentaron que haberá cambios para facilitar tanto a petición da subvención como a facilidade para xustificalas mais tarde.
O centrocampista do Atlas, de Guadalajara, (México), confesa, no xornal mexicano, Record, que Lotina, falou con él vía telefónica, para saber o seu interese, por recalar no Deportivo, e confirma, que as conversas, están avanzadas, pero que non se concretará ate pasado o Mundial de Sudáfrica.
"El mediocampista de los Zorros, aceptó que las pláticas están avanzadas y que mientras no se cierren los registros, que será el 31 de agosto, no pierde la esperanza de poder jugar en Europa, en específico en La Coruña", apuntan, no xornal Record.
Edgar Iván Pacheco, nado o 22 de Xaneiro de 1990, de 1,75 m de altura, e 75 Kgs, de peso, ten un certo parecido físico, co xogador deportivista, Juca, e está considerado unha das grandes promesas do futbol mexicano.Nos chats, do futbol do páis centroamericano, están convencidos de que triunfará no futbol español.Tamén o queren en Arxentina, pero nistes foros, consideran, que iría o futbol arxentino, como "remota" decisión, se non cristalizara o do Depor, a dúbida, é como o faga no Mundial, o que podería revarolizalo, outro equipo español, que aparece como equipo interesado, é o Getafe.
Nos xornais deportivos, tasan o seu prezo, en 1,5 millóns de dólares, e din dél que as suas características son: "Desborde e imaginación con un tiro excelente y una arrancada de velocista. Es capaz de sorprender con un disparo desde lejos con su pierna derecha o llegar a un pase profundo y meterla sin acomodarse el balón. 'Pachequito' o 'Pache', como le dicen en México, se ha convertido en una de las revelaciones de la liga nacional".
Se premes abaixo en "Ler a nova completa...", podes ver o artigo pubricado por Record-México.
Dumbría e Muros, disputaron a final do pasado ano, (Foto: lavoz.es).
Reunión para o plantexamento do Torneo Neria 2010
No día de hoxe, as 20:30 horas, terá lugar unha reunión, no local da Asociación Neria, en Cee, para concretar e plantexar, horarios e encontros da 6ª Edición do Torneo Neria. Na pasada edición, o vencedor, foi o Dumbría, o derrotar na Final, o Muros, (2-0), nunha Final polémica, pola sede, que se disputou, no campo do Conco, (Dumbría), tras un "raro" sorteo, por mala orgañización, con respecto a previsión de campo pra disputa do encontro decisivo.
De 1ª Autonómica figuran o Soneira, Dumbría, UC Cee e Ponteceso. Da Liga da Costa, están o Sporting Zas e o Carnota, e da 3ª da Costa, o Buño e o Mazaricos, dado que o Dumbría B, non pode participar, a pesares de ser segundo na liga, por ser filial, tal e como recollen as normas do torneo estival, que terá lugar no mes de Agosto.
Reunión para a Asociación de Clubes da Costa
O vindeiro mércores 9 de Xuño, terá lugar unha reunión, no Salón de Actos do Pavillón Municipal de Baio, para informar do estado, da Asociación de Clubes da Costa, unha cousa moi necesaria, para defender os dereitos dos equipos das ligas da Costa. Os orgañizadores de dita reunión, convocan a tódolos directivos dos clubes costeiros, pras 21:00 horas, no dito Salón de Actos.
Copa da Costa 2010
Non te esquezas de votar na enquisa, da Copa da Costa 2010.Quen crees, que pasará a final: O Dumbría ou o Malpica?. E na outra eliminatoria, o San Lorenzo, ou o UC Cee?. Nistes dous primeiros días parece que o Dumbría e craro favorito, ante o Malpica, pola contra a outra eliminatoria, védela moi parexa. Entra como rexistrado, e pon a tua preferencia, podes facelo, unha vez por día.
A Selección Española de Notarios, quedou subcampiona de Europa, na 25ª Edición do Campionato de Europa de Futbol de Notarios, disputado en Verona, (Italia).
Para nós isto pasaría inadvertido, de non ser, que antre os 24 xogadores, que participaron, dous eran os notarios de Vimianzo,e Corcubión.Os encontros foron de 40 minutos, todos contra todos, e por puntos, disputándose en duas xornadas.
O Notario de Vimianzo, Joquín Calvo, valenciano, de orixe, e muxián de adopción, que aparece na foto, co número 3, foi o que exerceu de capitán, xogando como lateral esquerdo, posición, que ocupou iste ano, no Muxía FC.O outro notario,que participou, foi Diego Zozoya, que ocupa a praza de Corcubión, e que xogou de dianteiro.
Segue a nova, premendo abaixo en Ler a nova completa..."
Saúl Fernández, pasou o recoñecemento médico, na Coruña.
Segundo informaron, tanto a Radio Galega, como Radio Voz, o xogador do Elche, Saúl Fernández, aproveitou o día libre, da plantilla que dirixe, Claudio Barragán, pra pasar na Coruña o recoñecemento médico. O extremo dereito, asturiano, non anunciará a sua fichaxe polo Depor, ate que acabe a liga co seu actual equipo, e por respeto, o mesmo a afeción ilicitana.Agora falla saber, que pasará co seu representante, que ameazou con denunciar o xogador, por fichar, con un equipo, as suas costas.
Por outra banda o Presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo, indicou, que haía unha negociación, por Filipe Luis, co Depor, pero que ía "lenta", que non habería un desenlace rápido."La cosa está en negociación, lenta, pero en negociación...no puedo asegurar que haya, una solución, esta semana", dixo o máximo mandatario, segundo nos informan os nosos amigos de eldepor.com.
Dende o CEIP Virxe da Barca de Muxía, máis coñecido como o Colexio do Enfesto, pola sua ubicación, fixeron unha visita a un dos secadoiros de congro, da localidade muxiana, e que son os únicos no mundo.O "simpático", do conto, e que a pesares de ser un producto único, aquí en Galicia, e no mundo, só se pode degustar en Muxía e por encarga, pola contra, son moitas as toneladas, que se exportan, a Aragón, Madrid, e Francia, onde é un artículo de luxo. Os nenos, viron, a preparación pro secado, e aprenderon todo o proceso que leva ate o seu secado, o vento e o sol, para logo ser prensado, para exportación.
Aquí tedes os nenos, vendo o "lañado" e "lavado" do congro, nunha foto que nos mandaron dende o centro de primaria.