http://www.canaldeportivo.tv
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 11
Ultimo:  Total: 4246
Ultimo:  Ultimo:
Kplfsqcwa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

LASSAD: " PUEDO ENTENDER QUE LA GENTE DUDE DE MÍ".
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.as.com/recorte/20100403dasdasftb_11/C280/Ies/Pablo_Alvarez_Lassad_J_Dominguez.jpg
Lassad, quer chegar o día 8, con bo ritmo.

O franco-tunisio, do Depor Lassad Nouioui, que xa comezou no día de hoxe, a sua particular pretempada, de cara a liga 2010/11, confía en volver a ter a confianza da bancada, tras un "annus horribilis", na pasada tempada, polo que entende que non se confíe en él.

"Puedo entender que la gente dude de mí, pero tengo que confiar en mí mismo. Creo que esta mala racha va a pasar.Soy consciente de que tengo que trabajar bien para estar bien en pretemporada. Quiero estar el día 8 con el grupo, empezar al mismo ritmo que ellos".

O xogador deportivista, cree que as novas fichaxes son "boas para o equipo, pois na segunda volta faltoulle forza o equipo", e apesares de que dí encontrase ben, sabe que ten que poñerse a ton, para chegar a pretempada cos compañeiros, en iguais condicións.
"Esperemos que pueda mejorar. El año pasado fue muy difícil para mí y quiero demostrar que acertó toda la gente que confió en mí". (Axencia EFE).

 
Versión imprimible  
UN QUE SE PRESENTA, E OUTRO QUE SE VAI.
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Desmarets, posou, con Lendoiro e a elástica deportivista, (Foto: eldepor.com).

Yves Desmarets, foi presentado, con todo o que apuntamos onte, faltounos saber, que o segundo ano opcional, é, se xoga, o 50% dos encontros que dispute o Depor, dista maneira, quedaría renovado, automaticamente, se houbese, algún impedimento, que lle impedira lograr a cifra de encontros, e o adestrador quixese seguir contando con él, sería cuestión de aceptación por parte do xogador.

Fabril

Por outra banda o xogador do filial, Hugo García, causa baixa, para o vindeiro ano, a pesares de que tiña un ano máis de contrato. A decisión foi consensuada, polo xogador e Tito Ramallo.Con ista son  6 as baixas; Crístian Valle, Toni, Castillo, Momar e Alberto Valencia, para afrontar a volta a 2ª B, por tres incorporacións; Jonan, (Melilla), Julien Diel, e Dioni, (Caravaca)..

 
Versión imprimible  
O DEPORTIVO DE VETERÁNS, COMEZA O CAMIÑO HACIA O "DOBLETE".
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
futbol indor


Djalminha non se perderá a cita, co "espectáculo".


O equipo dos veteráns do Depor, que dirixe, Carlos Ballesta, enfrontarase, na tarde de hoxe, (18:00 horas), a Real Sociedad, que na xornada de onte, deixou, o eqipo anfitrión, (Valencia), por 12-10.O Deportivo, que é o grande favorito, despois de facerse, co título de liga, con 7 victorias en 7 encontros, terá que enfrontarse, a un equipo, que foi dos que máis lata lle deu na liga, na que se lle gañou, por un axustado, 8-6, no Pavillón de Deportes de Riazor, na 10ª xornada.
O espectaculo, estará asegurado, dado que o no Deportivo, estará Djalminha, acompañado de Elduayen, Donato, Manuel, Repi, Carou, Fran, José Ramón, Manjarín, César, Nando e Barral

A outra semifinal, xogarana, o Real Madrid, que onte derrotou o Sevilla, (11-8), e o Betis que accedeu a semifinais directamente, o quedar segundo, na competición de liga.O enfrontamento antre istes dous equipos, acabou con victoria verdibranca, por 14-12, cando discurría a 15ª xornada.O encontro comezará as 19:30 horas, tralo do Deportivo de Veteráns, e ámbolos dous serán no Centro Comercial Bonaire, de Valencia, así como a Final, que terá lugar mañán, a partires das 19:00 horas.

 
Versión imprimible  
8ª XORNADA DO MUNDIAL 2010, DE SUDÁFRICA:
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Encontros para hoxe:
Alemania 0-1 Serbia: 0-1, Mila Jovanovic, (38´).
Eslovenia 2-2 Estados Unidos: 1-0, Valter Birsa, (13´), 2-0, Zlatan Ljubijankic, (42´), 2-1, Landon Donovan, (48´), 2-2, Michael Bradley, (82´).
Inglaterra 0-0 Arxelia
Calendario, resultados e goleadores, premendo en "Ler a nova completa..."


 
LENDOIRO, "DIXIT":
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Lendoiro acrarou algúns temas.

Segundo o Presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, a oferta do Atlético de Madrid, é a única que hai por Filipe, e está a ser moi "complexa", estase a falar de moitos temas, e podería haber xogadores de por medio, ou non.Tal e como xa dixera o Presidente madrileño, Enrique Cerezo, as necociacións van para largo, e agora Lendoiro usa os mesmos términos.

Sobre Zé Castro, comentou que a pesares do interese, do que se falaba, ainda non chegou nada o clube, e con Sergio, segue sen haber "chamadas" telefónicas, nin por parte do pai do xogador, (que é o seu representante), nen por parte do Depor.

Tras comentar, estar "tranquilo", "polo de agora", polos problemas de Mediapro, dona dos dereitos televisivos do Depor, confirmou, que recibirán, un millón e medio, de euros, do Zaragoza, polo "esperpéntico", culebrón do pasado ano con Lafita, que o final quedará como se nada houbese pasado.Polo menos, haberá fondos no "caixón".

 
Versión imprimible  
CONFECCIONADA A NOVA DIRECTIVA, DA ASOCIACIÓN DE CLUBES DA COSTA:
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Na reunión da tarde-noite de onte no Pavillón de Baio, quedou formada a directiva, para relanzar a Asociación de Clubes da Costa da Morte, unha agrupación moi necesaria, para loitar polos intereses do futbol da Costa.

Quedou confeccionada a directiva da Asociación de Clubes da Costa, da que será Presidente o ex presidente do Muros, Manuel Caamaño, e como Francisco Javier Barreiros, do Clube do Mar de Caión.O secretario, será, o Presidente do Sporting Zas, Jesús Manuel Roget, e como tesoreiro o do Muros, Francisco Riomao.O vicesecretario, será o Presidente do Fisterra, José Lema, e o vicetesoreiro, o do Baio,  Manuel Mouzo.
Como vocales formarán na Asociación de Clubes da Costa: Manuel López, (Dumbría), José A. Mato, (San Lorenzo), Manuel Varela, (Sofán), Estanislao Romar, (Muxía), José Martínez, (Xallas), e Julio Pardiñas, (Unión Vimianzo).

Dende piratasdemuxia.es, desexámoslles toda a sorte do mundo.

 
Versión imprimible  
PARTE DE SANCIONADOS DA SEMÁN:
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da CostaIsta semán e como era xa o esperado, a SDC Malpica, copa cáseque o completo, o parte de sancións, polo que estará moi mermado na volta das semifinais da Copa da Costa, no encontro que terán que xogar ante o CF Dumbría.

LISTA DE SANCIONADOS
XOGADOR
EQUIPO
SANCIÓN
MOTIVO
COMPETICIÓN
Iago Espasandín
Malpica
1
Dirixirse o colexiado...
Copa da Costa
Manuel J. Pardo
Malpica
5
Dobre cartón...Ameazar o colexiado...
Copa da Costa
Eloy Vilas
Malpica
1
Dobre cartón
Copa da Costa
Marco A. Ponte
Malpica
1
Dirixirse o colexiado...
Copa da Costa
Manuel A. Agilda, (Entren.)
Malpica
2
Protestar de maneira...
Copa da Costa
Washinton Calvo, (Deleg.)
Malpica
1
Dirixirse o colexiado...
Copa da Costa
Sergio Gómez
Dumbría
1
Xogo violento
Fase Ascenso Cadete
Damián Sendón
Dumbría
1
Provocar animosidade no púbrico...
Fase Ascenso Cadete


 
Versión imprimible  
DESMARETS PASOU RECOÑECEMENTO, E CONSIDERA O DEPOR "UN GRANDE DE EUROPA".
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Yves Desmarets, coma unhas "castañolas" por fichar polo Depor.


O francés, que ista mañán pasou o recoñecemento médico, dixo antes os medios, que non podía decir que non, a unha oferta do Depor, o que considerá un "grande de Europa".
"Había interés de otro equipo, pero escogí al Deportivo porque es un grande. Es el mejor club de mi carrera, un gran club de Europa y nadie puede decir...no!...al Deportivo.Estoy muy contento por llegar al Deportivo, que me da la oportunidad de jugar en un gran club de la Liga española y espero devolver esa confianza", dixo o xogador de orixe haitiana.

Comentou que pode xogar pola parte de adiante do equipo ou de laterla, como xa o ten feito, pero non se quer "definir", quer amosalo no terreo de xogo.
"No me gusta definirme. Juego con el pie izquierdo y el resto tengo que mostrarlo en el campo", dixo Desmarets, que comentou sobre a sua fichaxe, que é; "Es un año más otro opcional. El segundo depende de mostrar mis cualidades. Voy a intentar hacer el segundo año aquí".

O xogador ex do Vitoria de Guimaraes, descubreuno, Lotina, nun vídeo que lle deron para que lle puxese un "vistazo", a un par de xogadores, e no que se fixou, foi en Yves, (en troques dos outros dous), que lle deixou moi gratas impresións, polo seu traballo, sobre o campo.

 
Versión imprimible  
LASSAD, VEN PARA COMEZAR, UNHA PRETEMPADA, PARTICULAR.
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

                              Lassad chega na tarde-noite, de hoxe a Coruña.


O franco-tunisio, Lassad Nouioui, chega no día de hoxe a Coruña, para comenzar unha pretempada prematura, co fisioterapeuta e recuperador do Deportivo, Pablo López, en Abegondo, Deporclínica e Zona Fit.O motivo, e comezar a preparar os seus músculos para a tempada, con un planeamento específico, e non pase polo "calvario", que tivo a pasada, en especial, cos seus isquiotibiales, que teñen un problema de lonxitude, e fanlle caer lesionado, unha vez tras outra.

Na Coruña atoparase, co novo francés, do equipo, Yves Desmarets, iste de descendencia haitiana, que realizará o recoñecemento médico, na mañán de hoxe.
O que xa ten a alta trala recuperación, da rotura de clavícula, que se produxo, a final de tempada, nun Valencia-Depor, co ex valencianista, David Villa, o pontés, Adrián López, "Piscu".


 
Versión imprimible  
7ª XORNADA DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010, AXENDA:
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Resultados do Mércores 16/06:
Honduras 0-1 Chile: 0-1, Jean Beausejour, (39´).
España 0-1 Suiza: 0-1, Gelson Fernandes, (52´).
Non caben comentarios sobre o debút de España.Caer derrotado ante Suiza, unha "potencia" mundial en futbol, ante xogadores coma os españois, que xogan "gratis", dada a crise do noso pais, non é nada de extrañar.Verdadeiramente...patético!!!.
República de Sudáfrica 0- 3 Uruguay:  0-1, Forlán (23´), 0-2, Forlán (79'), 0-3, Álvaro Pereira (94´).
Encontros para o Xoves 17/06:
Arxentina 4-1 Corea do Sur: 1-0 Chu Young (p.p.)('16), 2-0 Higuaín('32), 2-1 Chun Yong('45), 3-1 Higuaín('76), 4-1 Higuaín('79).
Grecia 2-1 Nixeria: 0-1 Uche('16), 1-1 Salpingidis('44), 2-1 Torosidis('75).
Francia 0-2 México: 0-1, "Chicharrito" Hernández, 64´, 0-2 Guatemoc Blanco, (79´, p.).

Se premes abaixo en "Ler a nova completa, tes o calendario do mundial, con tódolos datos.

 
PREOCUPACIÓN EN ESTEIRO, POLO RETRASO, NO CAMPO DE FUTBOL.
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

                          O campo da Esteirana, ía estar listo pros derradeiros encontros de liga.

Chega a nos a preocupación, en Esteiro, pola tardanza, no remate das obras de restauración, do campo de futbol local, que estaba previsto que estivese rematado para o final da pasada Liga da Costa, que rematou, o pasado 9 de Abril, e non é sen razón.

O campo, que antes se denominaba "As Salinas", pasouse a chamar dende fai uns meses, en pleno extraordinario, do Concello de Muros, co nome de "José Luis Vara", en memoria, do malogrado esteirán, ex xogador, do equipo local, do Deportivo, Betis, e Granada antre outros, e que foi tamén adestrador de numerosos equipos antre eles, o Cerceda, Bergantiños, Laracha, e o Malpica.

O vindeiro 31 de Xullo, tense pensado disputar un encontro, antre o Fabril, e un equipo por concretar, que podería ser unha Selección da Costa, na memoria de José Luis, pero tal e como están as cousas, pois falla, algunhas capas de asfalto, e o tepe de herba sintética, estipulan os contratistas, que a obra ainda ten para 4 semáns, e nsites intres está parada, e dende fai tempo.

Con todo isto, e ante a preocupación, e malestar que está a suscitar e suscitou, xa que o equipo local tivo que xogar con tódalas suas categorías no veciño Miraflores de Muros, o primo do noso amigo, José Luis Vara, (1958-2009.), Manolo "O Ferrolán", segue a preparar o evento, da homenaxe , con todo o organigrama, e ate está a tratar de que o encontro na memoria do futbolista máis grande que deu Esteiro, o "Gran Capitán", do Deportivo, dos 80, sexa televisado, pero o principal problema estriba, en se o campo estará a punto, ou non.
Sería bonito, inaugurar o campo co seu nome, e facer antes do encontro, o acto do troco de nome, das instalacións, que ainda non se fixo, dado que cando se decideu, adicarlle a José Luis Vara, o campo, estaba xa en obras.

 
Versión imprimible  
YVES DESMARETS, TERCEIRA FICHAXE DO DEPOR 2010/11.
Mércoles, 16 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.sport.be/media/photos/2009/november/ydem.jpg
O Depor ficha o francés, Yves Desmarets.

De maneira sorpresiva, e sen rumores de por medio, o Depor anuncia, a fichaxe do xogador frances, de color, Yves Desmarets, que cumprirá 31 anos o vindeiro 19 de Xullo.O xogador galo, xogou ate ista tempada, no Vitoria de Guimaraes, (de onde chegara o porteiro Nuno), ocupando a demarcación de interior esquerdo, ainda que apuntan como as suas virtudes, a potencia, e a polivalencia, pois chegou a xogar, de lateral, medio e ate de dianteiro, ainda que o gol non é unha das suas virtudes, en 107 encontros co equipo luso, o que chegou no 2006, marcou tan so 10 goles.

Desmarets, que desenrolou gran parte da sua carreira futbolistica, en Francia, nunca consigueu, xogar na Primeira División, do seu pais, pero co Vitoria, acadou o ascenso, e xogou Uefa, e previa da Champións.O seu contrato, será de un ano, con opción a outro, chegará na tarde de hoxe, a Coruña, e mañán a partires das 09:00 horas pasará o recoñecemento médico, no Hospital o Modelo da capital heculina.

Como anécdota decir, que os máis vellos lembrarán o título de campión de Europa, de boxeo, dos pesos pluma, do ano 1967, no que o hispano-cubano, José Legrá, derrotou por K.o. a un tal...Yves Desmarets.

 


 
Versión imprimible  
6ª XORNADA, DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010:
Mércoles, 16 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Encontros Martes 15/06:
Nova Zelanda 1-1 Eslovaquia: 0-1, Robert Vittek, (50´), 1-1, Winston Reid, (93´).
Costa de Marfil 0-0 Portugal
Brasil 2-1 Corea do Norte: 1-0, Maicon, (55´), 2-0, Elano, (72´), 2-1, J. Yun Nam, (89´).

Encontros do Mércores 16/06:
Honduras 0-1 Chile: 0-1, Jean Beausejour, (39´).

España 0-1 Suiza: 0-1, Gelson Fernandes, (52´).
Non caben comentarios sobre o debút de España.Caer derrotado ante Suiza, unha "potencia" mundial en futbol, ante xogadores coma os españois, que xogan "gratis", dada a crise do noso pais, non é nada de extrañar.Verdadeiramente...patético!!!.

República de Sudáfrica-Uruguay: ás 20:30 horas por C+/Liga, dende Pretoria.

Se premes abaixo en "Ler a nova completa, tes o calendario do mundial, con tódolos datos.

 
NOVAS DA COSTA:
Mércoles, 16 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
A Baña SD,  podería voltar o Futbol da Costa

Segundo nos informa o noso usuario "Twisteritounder", o equipo de A Baña SD, que estaba a xogar na 2ª Autonómica G5 de Santiago, e que acabou a liga de terceiro pola cola, está estudiando, a sua volta o Futbol da Costa, onde xa militou.

Na pasada liga, acabou nos postos de descenso, con 34 puntos, en 34 xornadas, con 10 partidos gañados e 4 empatados, marcando 35 goles e encaixando 86.

Reunión para a Asociación de Clubes da Costa.

Diego Couto e Manuel Couto, ( Baio); José Manuel Mato,  ( Ponteceso); Jesús Manuel Roget, (Sp. Zas); José Lema,  (Fisterra), e Manuel Caamaño, (ex presidente do Muros), que é o promotor, da activación da Asociación, foron os encargados de avisar a tódolos equipos da reunión de hoxe, na que se decidirá, quen será o novo presidente da entidade, así como os integrantes da xunta directiva. A reunión terá lugar as 21.00 horas no auditorio do Pavillón polideportivo de Baio.

 
Versión imprimible  
5º "BOLO" DE VERÁN PARA O DEPOR POR EUROPA:
Martes, 15 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
 
http://www.cardiffcityfc.co.uk/javaImages/ee/f5/0,,10335~8844782,00.jpg
O Depor "pecha" o seu quinto encontro de pretempada por Europa.

Xa confirmados os encontros, en Suiza, Alemania e Inglaterra, agora acaba de "pechar", un encontro, ante o Cardiff City AFC, da capital de Gales, e maior cidade do país británico.O encontro será o sábado, 31 de Xullo, as 16:00 horas, (hora galega).
O Cardiff City AFC, que se fundou no 1899, e que xoga con camisola azul, calzón branco e medias azuis, estivo a punto de ascender a Premier League a derradeira tempada, pero caeu nos Play Off, na derrradeira rolda, ante o Blackpool, da cidade do noroeste de Inglaterra do mesmo nome.

O equipo galés, que é coñecido co apodo dos Bluesbirds, (Paxaros azuis), acabou a tempada en 4º lugar, e xoga no Cardiff City Stadium, tamén coñecido co nome de Ninian Park, con capacidade para 26.828 espectadores, o seu Presidente é o inglés, Peter Ridsdale, e o seu adestrador é o tamén inglés, Dave Jones.

Gañou unha vez a Copa de Inglaterra, (1926-27), e a Copa de Gales, en 21 ocasións.


Se premes abaixo en "Ler a nova completa..."tes todo o calendario de pretempada do Depor.

 
O MUROS MANTERÁ OUTRA XUNTANZA O VENRES.
Martes, 15 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

O Presidente do Muros, Fran Chubasco, informounos de que algunhas das cousas, que nos informaron sobre a pasada xuntanza ca directiva, do equipo muradán non son certas."O venres, manterei unha reunión ca directiva, e de non chegar a un acordo, en algunhas cousas ca directiva, varaxarei a dimisión", dinos o máximo mandatario muradán, que seguiu comentándonos que; "considero que o Muros, é un clube importante para a Costa da Morte, pero iste ano, de seguir, quero dar unha imaxe na costa, impoluta, e non a que estamos a dar ultimamente", dixo Fran Chubasco.

Tamén nos informou, de que como Presidente, pode expulsar a calquera directivo, se fose necesario, pero considera que; "A xente que traballa para un clube, merece un respeto".

O vindeiro venres, informaremosvos do que de de sí a xuntanza, que materá o máximo mandatario muradán, un dos clubes máis seguidos en piratasdemuxia.es, tanto aquí coma na diáspora.

Deixar craro, que a nova sobre o que está a acontecer no Muros, e que parece ter cousas non certas, puxémola como un rumor,  que nos pasou un dos nosos usuarios, da zona de Muros, e non coma unha nova cento por cento real, como pasa en moitas cousas, principalmente no futbol, e agradecemos a corrección, o Presidente, Fran Chubasco.

 
5ª XORNADA DO MUNDIAL 2010: "BRASIL A ESCEA".
Martes, 15 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Encontros Luns 14/06:
Holanda 2-0 Dinamarca: 1-0, Daniel Agger, (46´ propia p.), 2-0, Dirk Kuyt, (85´).
Xapón 1-0 Camerún: 1-0, Keisuke Onda, (39´).
Italia1-1 Paraguay:   0-1, Alcaráz, (39´), 1-1, De Rossi, (63´).

Encontros Martes 15/06:
Nova Zelanda 1-1 Eslovaquia: 0-1, Robert Vittek, (50´), 1-1, Winston Reid, (93´).
Costa de Marfil 0-0 Portugal
Brasil 2-1 Corea do Norte: 1-0, Maicon, (55´), 2-0, Elano, (72´), 2-1, J. Yun Nam, (89´).

Preme abaixo, en "Ler a nova completa..." para ver o calendario e tódolos resultados e goleadores.

 
O FABRIL, INCORPORA A UN NOVO XOGADOR:
Luns, 14 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fabril News
O Fabril ficha a Dionisio Villalba.

Tito Ramallo, que iste ano terá adicación exclusiva no Fabril, o deixar as funcións de responsable das categorías de base, segue a fortalecer o equipo para a vindeira tempada na Segunda B.Tras dar a baixa, o muxián, Alberto Valencia, e a Castillo, Toni, Momar e Cristián Valle, incorporou o camerunés, Julien Dial, que leva un par de meses na Coruña a proba, e a Jonathan Mejía.
No día de onte fichouse do Caravaca FC, (Murcia), o media punta malagueño, de 20 anos, (21/12/89), Dionisio Emanuel Villalba Rojano, "Dioni", que iste ano, marcou 11 goles, (dos 47 que marcou o Caravaca en 38 encontros), en 33 encontros, nos que disputou 2018 minutos, na 2ª B, no Grupo IV, no que o seu equipo quedou na metade da táboa, (11ª), con 52 puntos.O xogador de 1.84 m, e 82 Kgs de peso, fichou polas vindeiras duas tempadas, con opción a duas máis.


 
Versión imprimible  
SEGUE O "CULEBRÓN" DE RUMORES, PARA O PASE DE FILIPE O ATLÉTICO.
Luns, 14 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://es.uefa.com/MultimediaFiles/Photo/competitions/Under19/438472_MEDIUMSQUARE.jpg
Mario Suárez, entra nas "quinielas" de futuribles.

O Presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo, xa comentaba fai uns días, como vos informábamos, que interesaba Filipe, e que ía ser unha negociación longa, que ía moi lento.
Lendoiro, xa dixo o que tiña que decir, e agora tocáballe mover "ficha" o equipo madrileño.O parecer dende a Praza de Pontevedra, pedíronse, 15 millóns de euros, e os xogadores, Mario Suárez, que acaba de ser recomprado o Mallorca, onde estaba cedido, por 1,8 millóns de euros, e ademáis o dinteiro brasileiro Diego Costa.O parecer, segundo informa o xornal madrileño "As", o equipo "Colchonero", moveu "ficha", e ofreceu 12 millóns de euros, e o centrocampista Mario Suárez, cedido, cunha opción de compra que roldaría os 2 millóns de euros.

Fai uns días poñíamosvos un enlace, con un vídeo, dos nosos amigos de www.deportegal.com, da entrega dos Premios Draft, nos que foi galardoado, Juan Domínguez, e andaba tamén niso, o xogador do Atlético, Ignacio Camacho, outro dos que entran nas quinielas, dos "trocos" de cromos.O xogador madrileño, decía, que " El Deportivo, es un buen equipo que siempre ha estado ahí arriba, me halaga que salgan rumores de interés de equipos, pero yo solo pienso en el Atlético".

Polo que se está a ver, si hai movementos, e si se están a tratar, xogadores e cartos, canto hai de certo en todo isto?...esperaremos o próximo capítulo, para contárvolo.



 
Versión imprimible  
ZONAS DE MAR PICADO, E CALMA, NAS XUNTANZAS DOS CLUBES.
Luns, 14 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Estamos en tempo de Asembleas, de socios, e nos equipos hai problemas, por uns ou outros motivos.
Namentras no Santa Comba, o Presidente José Gerpe, "Che", presentou a sua dimisión, despois de 4 anos a fronte do equipo, e 5 máis no Atlético Mineiro,   o pasado mércores, íanse a estudiar as candidaturas, pra elección de novo mandatario.Andan a espera dunha subvención que lles debe o concello, de 50.000 euros, para cadrar os presupostos.
Tamén o venres se reuniron, os do Buño, e tiñan pensado facelo, os do Ponteceso.

Outros que se reuniron, como xa adiantamos a pasada semán, foron os do Muros, nos que o Presidente Fran Chubasco, rumoréase que, a expensa de que se cumpriran un requisitos, presentaría a dimisión..Ademáis, informouse, que volve o equipo, Nieto, ex adestrador do Monte Louro, que xa fora primeiro secretario, cando se refundou o Muros, no 2002.Entra na directiva, o Policía Local muradán, Luis Romero, e ademáis o Presidente, Fran Chubasco, estaba a tentar a volta o equipo, de Toni, home moi querido, e apreciado, en Muros, para o apartado deportivo,(detalles todos eles, sen corroborar).

En Fisterra fixeron a sua cea anual, o pasado sábado, e parece que tamén vai a haber eleccións, e coméntannos dende o Cabo do Fin do Mundo, que se van a presentar para dirixir os destiños do clube, os membros do equipo de futbol sala de Fisterra, que tan boa tempada fixeron iste ano, e que presentaron a baixa na Federación, fai uns días.


 
Versión imprimible  

<   12345678910111213141516171819202122232425262728293031415161718191101111121131141151161   >

Theme creado por dev-postnuke.com