http://www.canaldeportivo.tv
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 3
Total:  Total: 3
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

FINAL DA COPA DAS MARIÑAS-ARTEIXO, (IDA):
Domingo, 20 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://www.piratasdemuxia.es/IMAGES/asmarinhasarteixo/peris.JPG
José Ramón Periscal, quer despedirse ca Copa.

Os rapaces, que adestra José Luis Lemos, teñen na tarde de hoxe, (20:00 horas), o primeiro "round" da Final da Copa das Mariñas-Arteixo, no Municipal da Laracha, e tentarán deixar cáseque sentenciado o choque.Un dos xogadores, para os que será un encontro moi "especial", e para o meta José Ramón Periscal, "Peris", que tras toda a sua vida no equipo larachés, dende máis de 19 anos, colgará as botas, no encontro de volta dista copa, e para él:  "Sería un magnífico colofón a miña carreira no Laracha, acadar a Copa diste ano, no que estiven en cáseque tódalas categorías, e vivín, varios ascensos, e copas".
O equipo larachés, tan so terá a baixa do medio, Roberto, con molestias musculares.

José Luis Lemos: "Debemos decidir el título. Para ellos, hemos de tener la posesión del balón y dominar el choque.Está claro que llegar a la final les dará un plus y unas ganas tremendas de dar la sorpresa. El Laracha debe asumir que es favorito, pero en el campo tenemos que darlo todo para confirmar esos vaticinios".
Aliñación probable:

Laracha CF: Periscal; Raúl, Javi Fuentes,  Rebolo, Fandiño; Josito, Bolo, Josiño, Sito; Brais e Eloy. Suplentes:  Miguel (p),  Mario, Gurita o Peque.

 
Versión imprimible  
O CCD CERCEDA, DI ADEUS A 2ªB.
Domingo, 20 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/en/thumb/1/16/CD_La_Muela.png/150px-CD_La_Muela.pngCD La Muela 1-0 CCD Cerceda

Cumpríronse os peores presaxios, no encontro disputado, ista mañán, a partires das 12:00 horas, no Clemente Padilla de La Muela, (Zaragoza), e o equipo cercedense, quedou apeado, na loita polo ascenso, e o Clu Deportivo La Muela, ascendeu a 2ª B, cuns números extraordinarios, o chegar a ista categoría, con tan so cinco anos de existencia, o gañarlle pola mínima os pupilos de Nacho, e gracias, o empate a dous da ida, no Roxo.


 
Versión imprimible  
VOLTA DAS SEMIFINAIS DA COPA DA COSTA, CON RESULTADO "INCERTO".
Domingo, 20 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
UC Cee Vs San Lorenzo  


O UC Cee, na liña da sua historia, o San Lorenzo, a "ilusión" personificada.

Na tarde de hoxe, decidirase, quen será o que acompañe, o Dumbría CF, na Final da Copa da Costa, nun choque, de resultado incerto, vos mesmos, na nosa enquisa, amosáchedes, unha igualdade cáseque total, sobre quen pasará distes dous conxuntos, a Gran Final, con un total de 145 votos, dos que 73 son a favor do San Lorenzo, e 71 do UC Cee.O equipo ceense, aválao a historia, o ser o equipo máis copeiro, da costa, e a estar sempre ahí, a pesares de coma niste ano, estar canso dunha tempada que se lle fixo moi longa.Pola contra o San Lorenzo, representa, o traballo, con humildade, e con moita ilusión, ca que conseguiron, desbancar dista Copa, o Ponteceso, despois de haber perdido, en Berdillo.Para o choque de hoxe preto dun cento de afecionados carballeses, arrouparán o seu equipo, vestidos cas cores das selección española, e do seu equipo, co slogan de "Vamos".
José M. Pato, (UC Cee): "Tentaremos controlar o partido, a base de posesión de balón, e de buscar aos nosos dianteiros, tanto Luigi, como Leo e incluso Chapu, para definir.O equipo non irá a defender o resultado de ida, sinón que, desde logo, buscaremos ganar o partido.

Manolo Sánchez: "O noso plantexamento, será o que seguimos todo o ano, o longo da liga, ir con tranquilidade, con paciencia, primeiramente tratando de non encaixar, e como sempre temos ocasións durante os encontros, aproveitar algunha delas.Temos que traballar en función do noso esquema, sen marcaxes especiales, presionando ven o medio do campo.O encontro vai a ser moi igualado, como xa o foi o da primeira volta, ainda que nos nos derradeiros minutos, puidemos levarnos o partido, pois a pesares da diferencia de categoría dos equipos no campo non foi tal".

Aliñacións:

UC Cee: Mingos ,Javi Rañal, Jacobo, Rubén Fiuza, Miguel Riveiro; Fermín, Rivi, Carlos Leis, Penedo, (Borja), Luigi e Leo. Suplentes:  Parroto, (p), Álvaro, Borja,Fernandito.

San Lorenzo: Diego Dourado; Quillo, Puñal, Dubra, Fabián;Omar, Styven, Manín, Javi Pensado; Pablo e Óscar. Suplentes:  Noé (p), Cachizo, Anxo, Marcos Cancela e Carlos

Campo e hora: no Sampaio de Refoxos, a partires das 17:30 horas.

Resultado da ida: 1-1, 0-1 Luigi, (26´), 1-1, Óscar, (75´).

 
Versión imprimible  
O CERCEDA XOGA UNHA FINAL, POLO ASCENSO.
Domingo, 20 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/en/thumb/1/16/CD_La_Muela.png/150px-CD_La_Muela.pngCD La Muela Vs CCD Cerceda
 
O Cerceda, ten 90 minutos para facer "historia".

O equipo cercedense, que estará arroupado, por un cento de siareiros, na localidade maña, de La Muela, pode facer historia, co ascenso a 2ª B.O equipo que dirixe, Nacho, precisa dunha victoria, ou un empate de como mínimo, a tres goles, (na ida 2-2), ante un La Muela, especialista en ascensos, pois o equipo zaragozano, que foi fundado, no 2005, ascendeu ate en tres anos consecutivos, e agora, nun caso "extraordinario", pode chegar a 2ª B, en tan só cinco anos de existencia.Os homes do Cerceda, viaxaron na madrugada de onte dende a sua localidade, en autobús, nunha viaxe de 800 Kms.

Nacho, (CCD Cerceda): "El fútbol por bandas y buscar la velocidad son armas que tenemos que esgrimir ante el La Muela. Eso fue lo que nos faltó en nuestro campo y al final lo pagamos. Está claro que nosotros tenemos que imponer el ritmo del partido. No podemos caer en su juego lento y en el oficio de sus jugadores".

Aliñacións:

CD La Mueda: Manuel; Moya, Beltrán, Camus, Remacha; Mouco, Rodri, Lario, Cristian; Fonsi e Iván Martínez. Suplentes:  Pedro (p), Alberto, Rubén Muñoz, Palacián e Ramírez.

Cerceda : Rafa Muradás; Noé, Aitor Díaz o Antonio, David Rey, Bautista; Franqueira, César Otero, Rodri, Souto o Óscar; Xaco y Felipe o Louro. Suplentes: Kevin (p), Fran Castaño, Josito e Kelvin.

 Árbitro : Jordi José Barrera (Colexio Catalán). Campo e hora : Municipal Clemente Padilla, as 12.00 horas.

 
Versión imprimible  
O XALLAS, NOVO EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA.
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://fp.luaimprenta.com/trabajos/2008/escudo_cacheiras.jpgSDC Cacheiras 0-0 Xallas CF

O Xallas, acadou o pase a 1ª Autonómica, nun encontro de "infarto", ate o pitido final, xa que un so gol do Cacheiras, enviaríaos de novo a Liga da Costa, tras unha brilante tempada, e unha fase de ascenso, "soberbia", na que se superon sobrepoñer, os malos momentos, tanto, en resultados coma en lesións.

A nosa máis cordial noraboa, a Vicente Pérez, e a tódolos que compoñen o Xalla FC; directivos, xogadores, empregados e afecionados.

 
Versión imprimible  
CUARTO TÍTULO PARA O "SUPER DEPOR DE VETERÁNS".
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
futbol indor
http://4.bp.blogspot.com/_5twTBbDSUyc/Sia7ls6d6LI/AAAAAAAAPhM/fNar9GK-Sow/s400/1.jpg
Deportivo de Veteráns 10-4 Real Betis Balompié

O Depor de Veteráns, campión por segunda vez da Copa de España, no que se pode considerar, o encontro de máis alto nivel dos que se levan xogados, nos tres anos que leva ista competición no noso pais.
Tras unha primeira metade, na que acabaron gañando, por 5-1, pasouse, a unha segunda, de pura "exhibición", con outros cinco goles deportivistas, e tres dos béticos, que foron un bo equipo pero enfrente, topáronse, co mellor equipo de España, e poderíamos decir de Europa, do Futbol Indoor.

Os goles foron acadados, por: Djalma, (3), Donato, (2), Fran, Repi, Manuel, Nando, e César.
Dende piratasdemuxia.es, a nosa máis cordial noraboa, a istes nosos ídolos e na maioría dos casos, "amigos".

 
Versión imprimible  
O MALPICA DESPÍDESE, CON VICTORIA DA COPA 2010.
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
SCD Malpica 2-1 CF Dumbría

O Malpica despídese da Copa cunha victoria no Pedra Queimada.

O equipo que dirixe Manolo Agilda, a piques estivo de dar a sorpresa, na volta das semifinais da Copa, nunha primeira metade "soberbia".O primeiro "susto", pros de José Canosa, chegou os 23 segundos, cando David Blanco, remataba a gol, nun barullo no área, que o árbitro anulou, por falta o porteiro, que o final foi José Toro, e que tivo que ser atendido durante uns minutos.
O Malpica, como xa pronosticaba o seu adestrador, apretou o máximo, e pechou o Dumbría no seu campo non deixando que manobrase no centro do campo.Tivo o seu premio o equipo local, os 26 minutos, cando tras un a gol de David Blanco, era despexado, con "zamorana", por parte de Tantán.Neucha, sería o encargado, de poñer o merecido gol no marcador, e puido poñer o encontro máis "quente", cando tras unha entrada de outr vez, David Blanco, no área, foi "arroiado", polo meta dumbriés, concedendo un novo penalti, que Neucha, dista vez, mandaría, fora lambendo o pau.Así acabou a primeira metade.

O Malpica, que voltou o campo, e que puido empatar a eliminatoria na primeira metade, foi outro, e co cansanzo acumulado, comezou a esperar o adversario, e sair o contragolpe, iso sí, con contragolpes perigosos.Pero o Dumbría comezou a facerse dono do medio do campo, e obra diste dominio, chegou un remate de Brais, de testa, o pau, os 87 minutos, e que pasou por diante da porta, onde Adrián Makaay, estivo atento, para mandala dentro, e empatar o encontro.
O Malpica, vendeu caro o "pelexo", e cando parecía que ía a acabar o encontro, con empate, apareceu o home do encontro, David Blanco, que aproveitou, un desentendemento, antre o defensa Chula, e o porteiro, para poñer, un xusto 2-1, que valeu, para despedir, a Copa, dunha maneira "digna", ante un "grande", da 1ª Autonómica.

A Anécdota: O porteiro suplente malpicán, Abraham, entro de dianteiro, os 82 minutos, sustituindo o defensa, Alfredo, ante a falla de efectivos, e a sua altura.

Asistencia: 325 espectadores

Aliñacións: 

SCD Malpica: Toni, Charly, Marcos, Alfredo, (Abraham, 82), Víctor, Ismael, Rancaño, Cheo, Casais, (Douradao, ), Neucha e David.
Suplentes:
, Abraham (p), Brais, Ándrés e os xuvenís, Dourado e Gonzalo.

CF Dumbría: José, (p), Tantán, (Iván Pequeño, 46´),  Suso, Iago, Chula, David Carreira, (Rubén García, 46´), Ángeliño, (Guardiola, 51´), Schuster, (Nico, 77´), Aarón, Brais e Adrián.Suplentes: , Iván, (p), Guardiola, Rubén García, Nico, Iván Pequeño.

 
Versión imprimible  
O TERESA HERRERA, A UN PARTIDO.
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://t0.gstatic.com/images?q=tbn:6PY4Zk9HcovsXM:http://www.ligafutbol.net/wp-content/2009/04/newcastle.jpg

O Newcastle, será o rival do Deportivo, no Teresa Herrera, que se disputará a un único encontro, o vindeiro 3 de Agosto, sen horario confirmado, a expensas, da televisión.Iste que é o 6º encontro, confirmado, da pretempada do Depor, representará a volta a Riazor, de Fabrício Coloccini, que se quedou no equipo ingles, que tivo, que loitar a pasada tempada na segunda inglesa, e que retornaron de novo a Premier.

 
Versión imprimible  
9ª XORNADA DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010:
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Encontros para hoxe:

Ghana 1-1 Australia: 0-1, Brett Holman, (11´), 1-1, Asomah Gyan, (25´p.).
Holanda 1-0 Xapón: Sneijder, (53´).
Camerún-Dinamarca: ás 20:30 horas. dende Pretoria, por CUATRO.
Calendario, resultados e goleadores, premendo en "Ler a nova completa..."

 
O DEPORTIVO DE VETERÁNS, PASA A FINAL DA COPA DE ESPAÑA.
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
futbol indor


Deportivo 11-10 Real Sociedad

José Ramón deulle o Deportivo de Veteráns, o pase a final da Copa de España, de Futbol Indoor, o marcar o decisivo 11-10, ante a Real Sociedad, no minuto 52, cando ían con empate a 10, camiño da prórroga.Xa decíamos na previa de onte, que a Real, fora o equipo que máis lle dera a lata os de Carlos Ballesta,  na Coruña, en liga, (8-6).

Carlos Ballesta: "Estoy muy contento por la reacción del equipo, en los momentos que íbamos por debajo en el marcador. Es muy importante para el equipo haber ganado así el partido y ahora esperaremos quién nos toca en la final para poder ganarla. Será un partido bonito" .

GOLES: 0-1 Idiákez min 6, 0-2 Idiákez min 7, 0-3 Idiákez min 8, 1-3 Donato min 10, 2-3 Fran min 12, 3-3 César min 14, 3-4 Luis Pérez min 14, 3-5 Irazusta min 16, 4-5 Nando min 21, 5-5 José Ramón min 21, 6-5 Nando min 24, 7-5 José Ramón min 27, 7-6 Irazusta min 27, 8-6 Manuel min 30, 9-6 Nando min 35, 9-7 Irazusta min 36, 9-8 Tayfun min 40, 9-9 Luis Pérez min 43, 10-9 José Ramón min 45, 10-10 Irazusta min 48, 11-10 José Ramón min 52.

Na outra semifinal, o Betis, eliminou o Real Madrid, por 12-10, e será o que dispute a Final contra o Deportivo de Veteráns, no día de hoxe, a partires das 19:00 horas, no Centro Comercial Bonaire, de Valencia.

 
DERRADEIRA XORNADA DAS LIGAS DE FUTBOL-7 "COSTA DA MORTE".
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


Antre onte e hoxe, xógase o a derradeira xornada das ligas de Futbol-7 Federado, "Costa da Morte", que orgañiza, Stevo de Zas, e nas que ainda hai algún encontro pendente nalgún grupo, pero nos que se dilucidarán os campións.Os rapaces do EDM Muxía, recibiron os camariñáns, do As Baleas, no día de onte nunha tarde desapacible, polo vento do Nordés, e impuxéronse, por 9-3 en benxamíns e 3-1 en alevíns.
En "Clasificacións" tes tódolos enfrontamentos, non así os horarios, que son os que marca automáticamente o programa de clasificacións.Normalmente xóganse, ou ven en torno as 11:00horas, ou pola tarde arredor das 16:30 horas envante.O que sí e fixo, e que as categorías do Baio, e o Vimianzo, xogarán, no Platas Reinoso, a partires das 19:00 horas.
O vindeiro martes colgaremos unha escolma de fotos dos EDM Muxía-As Baleas.


 
Versión imprimible  
SEMIFINAIS DA COPA DA COSTA, (VOLTA):
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
SCD Malpica Vs CF Dumbría

O Malpica e o Dumbría xogarán, na Pedra Queimada, un encontro, que os visitantes, deixaron encarrilado, na ida no Conco, en máis dun 75%, tanto polo resultado, (3-0), como polos xogadores que perdeu o equipo malpicán, que ten catro xogadores sancionados.Ademáis, Manolo Agilda, non poderá aliñar, a Ándres, un dos homes fortes do Malpica, que non puido xogar na ida, por unha lumbalxia, e que ainda que vai na convocatoria, para facer equipo, o máis seguro é que non chegue a xogar.En troques, o seu homónimo no Dumbría, José Canosa, que tivo que quitar durante o encontro de ida a Nico, por un golpe, recuperouse totalmente, e será do equipo inicial, xa que adestrou con total normalidade.Na nosa enquisa, apostades, polo Dumbría, 105, por 44 polo Malpica, e tendo en conta que moitos dos votos do equipo malpicán, son de antes do encontro de ida.
O encontro será a partires das 18:30 horas, e foi adiantado, o sábado, por estar cas festas do San Adrián, o pobo bergantiñán.

Manifestacións dos adestradores:

Manolo Agilda, (Malpica): "Plantexaremolo encontro, como se poida, pois temos catro sancionados e un lesionado, (Andrés), co que contaba, que estivese listo, para iste encontro.Temos que ir a polo encontro, dende o inicio, pero con xeito, sen ir o tolo, pois eles teñen pólvora arriba, e si che marcan un gol, alá vai o partido, pois teríamos que marcar cinco".

José Canosa, (CF Dumbría): "Temos que ir con respeto o contrario, haber que pasa, pero indo como imos sempre, a gañar o encontro, e se podemos marcar canto antes mellor, pois así levaríamos o partido con tranquilidade.Iremos ca nosa filosofía, eles teñen dianteiros moi bos, pero nos xogaremos do mesmo xeito, que sempre".


Aliñacións:

Malpica: Abraham, Charly, Marcos, Alfredo, Víctor, Ismael, Rancaño, Cheo, Casais, Neucha e David.Suplentes: Toni, (p), Brais, Ándrés e os xuvenís, Dourado e Gonzalo.

Dumbría: Iván, (p), Juan, Suso, Chula, Rubén, Ángel, Schuster, Nico, Aarón, Brais e Adrián.Suplentes: José, (p), Guardiola, Tantán, David Carreira e Iago.

 
Versión imprimible  
FASE DE ASCENSO A 1ª AUTONÓMICA: "O DÍA DO XUIZO FINAL".
Sábado, 19 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://fp.luaimprenta.com/trabajos/2008/escudo_cacheiras.jpgSDC Cacheiras Vs Xallas CF

O Xallas CF, disputará hoxe, o "encontro do ano", no que terá que defender ante a SDC Cacheiras, a renda acadada, na Fontenla, a pasada semán, de 3-2.O equipo que dirixe Vicente Pérez, contará cas baixas seguras de Jesús, por sanción, e de Jose Ángel, por lesión, pero o que máis lle preocupa o adestrador xalleiro, é a dúbida que ten con Lobo, o mellor xogador da ida, que sofre problemas nos abductores, e é unha seria dúbida.Ademáis de Lobo, ten tocados a Carteiro, cunha pubálxia, e a Toni, con unha contractura muscular.

O encontro que comezará as 20:00 horas, é o decisivo para o ascenso, e estará dirixido, por Paz Hermida, da delegación de Lalín.
Aliñación:
Chely, (p),  Álvaro, Carteiro ou Sergio Pose, Iván Forján, Ismael; Iván Cancela ou Roberto; Lobo ou Ricardo, Pepe, Toni; Ventura e Rubén Forján. Todo depende de se recupera os citados xogadores tocados.Suplentes: David Gerpe (p), Jaime e Carlos.

Vicente Pérez: "A lesión de Lobo, é a que máis me preocupa, pois é un home moi importante no centro do campo.No encontro o importante será aguantar ben os primeiros 20 minutos, e logo, ir a polo trunfo, ainda que será difícil, nun campo tan pequeno".

 
Versión imprimible  
LASSAD: " PUEDO ENTENDER QUE LA GENTE DUDE DE MÍ".
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.as.com/recorte/20100403dasdasftb_11/C280/Ies/Pablo_Alvarez_Lassad_J_Dominguez.jpg
Lassad, quer chegar o día 8, con bo ritmo.

O franco-tunisio, do Depor Lassad Nouioui, que xa comezou no día de hoxe, a sua particular pretempada, de cara a liga 2010/11, confía en volver a ter a confianza da bancada, tras un "annus horribilis", na pasada tempada, polo que entende que non se confíe en él.

"Puedo entender que la gente dude de mí, pero tengo que confiar en mí mismo. Creo que esta mala racha va a pasar.Soy consciente de que tengo que trabajar bien para estar bien en pretemporada. Quiero estar el día 8 con el grupo, empezar al mismo ritmo que ellos".

O xogador deportivista, cree que as novas fichaxes son "boas para o equipo, pois na segunda volta faltoulle forza o equipo", e apesares de que dí encontrase ben, sabe que ten que poñerse a ton, para chegar a pretempada cos compañeiros, en iguais condicións.
"Esperemos que pueda mejorar. El año pasado fue muy difícil para mí y quiero demostrar que acertó toda la gente que confió en mí". (Axencia EFE).

 
Versión imprimible  
UN QUE SE PRESENTA, E OUTRO QUE SE VAI.
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Desmarets, posou, con Lendoiro e a elástica deportivista, (Foto: eldepor.com).

Yves Desmarets, foi presentado, con todo o que apuntamos onte, faltounos saber, que o segundo ano opcional, é, se xoga, o 50% dos encontros que dispute o Depor, dista maneira, quedaría renovado, automaticamente, se houbese, algún impedimento, que lle impedira lograr a cifra de encontros, e o adestrador quixese seguir contando con él, sería cuestión de aceptación por parte do xogador.

Fabril

Por outra banda o xogador do filial, Hugo García, causa baixa, para o vindeiro ano, a pesares de que tiña un ano máis de contrato. A decisión foi consensuada, polo xogador e Tito Ramallo.Con ista son  6 as baixas; Crístian Valle, Toni, Castillo, Momar e Alberto Valencia, para afrontar a volta a 2ª B, por tres incorporacións; Jonan, (Melilla), Julien Diel, e Dioni, (Caravaca)..

 
Versión imprimible  
O DEPORTIVO DE VETERÁNS, COMEZA O CAMIÑO HACIA O "DOBLETE".
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
futbol indor


Djalminha non se perderá a cita, co "espectáculo".


O equipo dos veteráns do Depor, que dirixe, Carlos Ballesta, enfrontarase, na tarde de hoxe, (18:00 horas), a Real Sociedad, que na xornada de onte, deixou, o eqipo anfitrión, (Valencia), por 12-10.O Deportivo, que é o grande favorito, despois de facerse, co título de liga, con 7 victorias en 7 encontros, terá que enfrontarse, a un equipo, que foi dos que máis lata lle deu na liga, na que se lle gañou, por un axustado, 8-6, no Pavillón de Deportes de Riazor, na 10ª xornada.
O espectaculo, estará asegurado, dado que o no Deportivo, estará Djalminha, acompañado de Elduayen, Donato, Manuel, Repi, Carou, Fran, José Ramón, Manjarín, César, Nando e Barral

A outra semifinal, xogarana, o Real Madrid, que onte derrotou o Sevilla, (11-8), e o Betis que accedeu a semifinais directamente, o quedar segundo, na competición de liga.O enfrontamento antre istes dous equipos, acabou con victoria verdibranca, por 14-12, cando discurría a 15ª xornada.O encontro comezará as 19:30 horas, tralo do Deportivo de Veteráns, e ámbolos dous serán no Centro Comercial Bonaire, de Valencia, así como a Final, que terá lugar mañán, a partires das 19:00 horas.

 
Versión imprimible  
8ª XORNADA DO MUNDIAL 2010, DE SUDÁFRICA:
Venres, 18 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Encontros para hoxe:
Alemania 0-1 Serbia: 0-1, Mila Jovanovic, (38´).
Eslovenia 2-2 Estados Unidos: 1-0, Valter Birsa, (13´), 2-0, Zlatan Ljubijankic, (42´), 2-1, Landon Donovan, (48´), 2-2, Michael Bradley, (82´).
Inglaterra 0-0 Arxelia
Calendario, resultados e goleadores, premendo en "Ler a nova completa..."


 
LENDOIRO, "DIXIT":
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Lendoiro acrarou algúns temas.

Segundo o Presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, a oferta do Atlético de Madrid, é a única que hai por Filipe, e está a ser moi "complexa", estase a falar de moitos temas, e podería haber xogadores de por medio, ou non.Tal e como xa dixera o Presidente madrileño, Enrique Cerezo, as necociacións van para largo, e agora Lendoiro usa os mesmos términos.

Sobre Zé Castro, comentou que a pesares do interese, do que se falaba, ainda non chegou nada o clube, e con Sergio, segue sen haber "chamadas" telefónicas, nin por parte do pai do xogador, (que é o seu representante), nen por parte do Depor.

Tras comentar, estar "tranquilo", "polo de agora", polos problemas de Mediapro, dona dos dereitos televisivos do Depor, confirmou, que recibirán, un millón e medio, de euros, do Zaragoza, polo "esperpéntico", culebrón do pasado ano con Lafita, que o final quedará como se nada houbese pasado.Polo menos, haberá fondos no "caixón".

 
Versión imprimible  
CONFECCIONADA A NOVA DIRECTIVA, DA ASOCIACIÓN DE CLUBES DA COSTA:
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Na reunión da tarde-noite de onte no Pavillón de Baio, quedou formada a directiva, para relanzar a Asociación de Clubes da Costa da Morte, unha agrupación moi necesaria, para loitar polos intereses do futbol da Costa.

Quedou confeccionada a directiva da Asociación de Clubes da Costa, da que será Presidente o ex presidente do Muros, Manuel Caamaño, e como Francisco Javier Barreiros, do Clube do Mar de Caión.O secretario, será, o Presidente do Sporting Zas, Jesús Manuel Roget, e como tesoreiro o do Muros, Francisco Riomao.O vicesecretario, será o Presidente do Fisterra, José Lema, e o vicetesoreiro, o do Baio,  Manuel Mouzo.
Como vocales formarán na Asociación de Clubes da Costa: Manuel López, (Dumbría), José A. Mato, (San Lorenzo), Manuel Varela, (Sofán), Estanislao Romar, (Muxía), José Martínez, (Xallas), e Julio Pardiñas, (Unión Vimianzo).

Dende piratasdemuxia.es, desexámoslles toda a sorte do mundo.

 
Versión imprimible  
PARTE DE SANCIONADOS DA SEMÁN:
Xoves, 17 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da CostaIsta semán e como era xa o esperado, a SDC Malpica, copa cáseque o completo, o parte de sancións, polo que estará moi mermado na volta das semifinais da Copa da Costa, no encontro que terán que xogar ante o CF Dumbría.

LISTA DE SANCIONADOS
XOGADOR
EQUIPO
SANCIÓN
MOTIVO
COMPETICIÓN
Iago Espasandín
Malpica
1
Dirixirse o colexiado...
Copa da Costa
Manuel J. Pardo
Malpica
5
Dobre cartón...Ameazar o colexiado...
Copa da Costa
Eloy Vilas
Malpica
1
Dobre cartón
Copa da Costa
Marco A. Ponte
Malpica
1
Dirixirse o colexiado...
Copa da Costa
Manuel A. Agilda, (Entren.)
Malpica
2
Protestar de maneira...
Copa da Costa
Washinton Calvo, (Deleg.)
Malpica
1
Dirixirse o colexiado...
Copa da Costa
Sergio Gómez
Dumbría
1
Xogo violento
Fase Ascenso Cadete
Damián Sendón
Dumbría
1
Provocar animosidade no púbrico...
Fase Ascenso Cadete


 
Versión imprimible  

<   123456789101112131415161718192021222324252627282930405060708090100110120130140150160   >

Theme creado por dev-postnuke.com