Paraguay 0 -0 Nueva Zelanda: Pasa a seguinte rolda Paraguay como primeira de Grupo Eslovaquia 3-2 Italia: 1-0, 2-0, Vittek, (25´e 73´), 2-1 Di Nattale, (81´), 3-1, Kopunek, (89´), 3-2; Quagliarella, (92´).Impresionante encontro, no que Italia dí adeus o mundial, e pasa Eslovaquia, como segunda. Dinamarca - Japón: ás 20:30 en Cuatro. Camerún - Holanda: ás 16:00 en C+/ Liga.
Calendario, resultados e goleadores, premendo en "Ler a nova completa..."
O entrenador do Xallas, Vicente Pérez, comunicou á directiva que non continuará no equipo a próxima campaña. Os responsables do club, que xogará na Primeira Autonómica, reunieronse para tratar de incrementar o número de directivos.
O técnico José Lado Dosil, "Sil", continuará a próxima tempada no banquillo do Pindo, según confirmou o presidente do equipo, José Figueira Veiro. O club seguirá en Segunda da Costa o ascender o Xallas.
Abelardo Lago Caamaño regresa a presidencia do Lira, xa que Joaquín Formoso deixou o seu cargo tras unha tempada. Na asamblea, á que acudiron 23 abonados, informouselles de que o balance da tempada cerrouse con un superávit de 600 euros. Outras novedades son o vicepresidente José Figueira e o vocal Marco Antonio Formoso, que é ademáis entrenador e xogador do equipo.O CF Lira, xogará a vindeira tempada, na 3ª Autonómica da Costa.
Final da Copa da Costa
A Real Federación Galega de Futbol, levou a cabo, o sorteo dos encontros da Final da Copa da Costa que queda da seguinte maneira:
UC Cee-Dumbría: o Domingo, 27 de Xuño, a partires das 18:00 horas, no campo, Sampaio de Refoxos. CF Dumbría-UC Cee: o Domingo, 4 de Xullo, ás 18:00 horas, no Municipal de O Conco.
Pásate pola nosa enquisa e deixa o teu voto, polo teu favorito o título.Lembra que tes que entrar como rexistrado.
Parte de Sancións:
Non hai ningún sancionado, nen nos equipos que xogan a Final da Copa da Costa, nen nos que xogan a Final, da Copa das Mariñas-Arteixo, (Laracha FC-Carral).
O Muxía CF, quer facer un equipo, para loitar polo ascenso.
Na pasada Asemblea de Socios, o Muxía CF, que presentou unhas contas con un superavit, de máis de 4000 euros, e que para o vindeiro exercicio, terá un presuposto, de 24.000 euros, acaba de fichar a José Luis Romaní, para que leve as rendas do novo proxecto muxián, e incorporou o xogador do Camariñas, Gerardo Sambad, que volve o equipo tras un ano na Liga da Costa.
José Luis Romaní, que o pasado ano, abandonou o equipo, como adestrador, cando ía de 4º, espera a decisión, dun dianteiro, muxián, que ven podería ser Adrián Negro, que tras unha campaña, excelente no Muxía Xuvenil, pasou polo UC Cee, sen oportunidades, e acabou xogando no Camariñas, os derradeiros encontros da "Era Papi".O adestrador muxián Romaní, contará cos xuvenís; Santi, David, Martín, Juni, Carrera e José Antonio, que suben o primeiro equipo, e manteñen conversas, con varios xogadores, que militan na Liga da Costa.Él fará as funcións só de adestrador.O pasado ano, ademáis de adestrar, xogou de central, lateral, e porteiro, feito polo que o alcumamos, o "Todoterreo", en piratasdemuxía.es,
O adestrador de xuvenís, seguirá sendo Suso Rey, que tamén fai as veces de Tesoureiro do clube.No referente o equipo de infantís, que depende do Concello, hai moitas dúbidas, a espera dos movementos do concello muxián, para achegar os nenos, a xogar no equipo local, que tantas alegrías, deu nos derradeiros anos, e que o pasado ano, andivo escaso de efectivos.De non conformarse un equipo de infantís, veríase truncada a traxectoria dos rapaces que están agora, como pasou o pasado ano, cos cadetes, por mor de "incursións" alleas.
Equipo de Vetráns.
Noutro ámbito de cousas, os veteráns, que causan baixa, están a reunir o necesario, para presentar un equipo de veteráns, para poder competir a vindeira tempada na 2ª de Veteráns da Costa.Xa falaron co Presidente do clube local, Estanislao Romar, co que non hai ningún problema, informándolle, que ían a ser totalmente independentes, do clube muxián, tanto, no apartado económico, como no deportivo,para non trabar o equipo representativo da Vila da Barca.O encargado de todo o organigrama do equipo de veteráns, é o notario valenciano, que xogou iste ano no Muxía CF, e que ven de quedar subcampión de Europa, de seleccións de futbol, de notarios, en Verona, (Italia), Joaquín V. Calvo.
Repi, fará a función de adestrador-xogador, no Club do Mar de Caión.
O xogador do Deportivo de Veteráns, que ven de gañar a Liga e a Copa de España, na que marcou un gol, Alberto Felipez Ventureira, "Repi", volverá a xogar co Club do Mar de Caión, a vindeira tempada. Si o pasado exercicio, xogou, co equipo deportivista no futbol indoor, e co equipo da sua vila natal, na 3ª da Costa, no retorno do Clube do Mar, as competicións, e o axudaba a ascender a Liga da Costa, a vindeira tempada, xogará, como xogador de campo e como adestrador, dado, que José Collazo, ten que deixar ista función, por razóns laborais, dado que iste ano, tiña que estar indo e vindo, de Ferrol, a localidade caionesa, e facíaselle moi costoso.
Repi, ten unha longa carreira futbolistica, a alto nivel.O pasado ano estaban interesados en él, o Laracha, de Preferente, e o Estradense, pero o final acabou xogando, cos seus paisanos.Dende os 14, os 18 anos xogou no daquela Club del Mar, de Caión, pasou polo; Bergantiños (Terceira División, 3 tempadas), Fabril (Segunda B, 2); Cerceda (Terceira), Endesa (Terceira), Burgos (Segunda B, 4), At. Arteixo e Orihuela (Segunda B, 1), Racing Ferrol (Segunda B, 2) e Montañeros (Terceira División).
Tamén nos informan dende o Club do Mar de Caión, que ficharon a Alberto (Paiosaco Hierros Añón) e Pablo Corral (Laracha B).Ademáis deron a baixa definitiva a Cano, Santi, Pantao, Víctor, Zalo e Alberto.
O encontro de presentación, do Club do Mar de Caión, será o vindeiro 31 de Xullo, ante o Atlético Arteixo, de Primeira Autonómica.
O Miraflores de Muros, será o escenario da festa do Futbol-7.
A Xornada Conxunta de tódolos grupos do Futbol 7,de alevín, das Ligas Federadas "Costa da Morte", será o vindeiro sábado 26, en Muros, organizado polo futbol base do Muros SD.
Empezarase as 16:00 horas con encontros de benxamíns do Concello de Muros. Contan con 3 equipos e invitan ao Outes.
O Deportivo de Veteráns, foi campión de Liga e Copa, con 10 encontros xogados, e os 10 gañados.
O noso usuario, colaborador e amigo, "Terror Romanorum", tódolos anos nos fai unha experta reportaxe do Futbol Indoor, e especialmente do Deportivo de Veteráns, o que ve en directo, sempre que o seu traballo llo permite. Nista ocasión, mándanos unha extensa e interesante reportaxe, sobre o Futbol Indoor, a sua historia, e o seu trasfondo, para rematar a reportaxe, coa Copa de España 2010, que brilantemente gañaron, acadando o "doblete", e a que tivo a "sorte" de poder presenciar "in situ".
Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver ista magnífica reportaxe.
A cuarta incorporación do Depor 2010/11, é o uruguaio, Jonathan Urretavizcaya, como comentábamos onte, do que Lotina, xa ten informes, dende o pasado ano, e foi seguido, tanto no Benfica, coma na Seleccíon lusa, Sub-20, ("fué uno de los mejores, en el último Mundial sub-20"), e no Peñarol, no Torneo Clausura. "Nos han dado las mejores referencias de él. Tiene carácter y es desequilibrante, rápido, agresivo y trabajador".Ademáis o adestrador vasco, do Depor, non ve ista fichaxe, como un "adeus" para Guardado, senón que todo o contrario, ve o traspaso de Guardado, moi "verde". "Es más competencia para su puesto, pero sinceramente veo la venta de Guardado muy verde. Es una operación que ha surgido, pero que no fue buscada. Lo mismo que la de un delantero. Si aparece una buena opción, perfecto, si no, no pasa nada".
Por último, manifestou que de non marchar Filipe, a banda esquerda, xa está cuberta, con Urreta, Desmarets, e Guardado, polo que non se traería a naide para iste posto, pero as verbas que puxemos máis abaixo, de Enrique Cerezo, dan as craars, que Filipe, será "Colchonero", coidamos que despois do mundial.
Os nenos do EDM Muxía e os de As Baleas, de Camariñas, disputaron a derradeira xornada da primeira Liga Federada de Futbol-7, que orgañiza Setevo de Zas, e namentras os alevíns tan so se xogaban, a "espiña", da derrota no encontro da primeira volta, os benxamíns xogábanse entrar no "podium", dos benxamíns do Grupo Norte.Venceron nos dous casos os rapaces que adestra Fran Toba, "Pioto", en alevíns, por 3-1, e en benxamíns, por 9-3, superando o As Baleas, polo golaveraxe.O Final gañaron todos, pois o principal, foi que gozaron un ano máis do deporte, a competición, e a amizade. Aquí tes unha extensa escolma de fotos dos dous encontros, para que disfrutedes delas, e que os rpaces teñan un recordo, dista etapa das suas vidas.
Preme abaixo en "Ler a nova completa..." e verás moitas máis fotos.
Parece que comezan a chegar boas novas pola zona, sur, dos equipos que participan, nas ligas da costa.Namentras, O Pindo, recibía a boa nova do ascenso do Xallas, a 1ª Autonómica, e a sua salvación matemática, para poder seguir o vindeiro ano na Liga da Costa.
No día de onte chegounos un "rumor", repetimos, un "rumor", de que o Lira que estaba o borde da desaparición, o non aparecer naide que se fixese cargo dél, o parecer, segundo nos informa dende a localidade de Lira, o noso usuario, "Tunderball", o parecer, un veciño de Carnota, presentarase para coller o equipo.Esperemos que iste "rumor", sexa certo, xa vos informaremos, e ogallá, pase o mesmo co Monte Louro, que de non aparecer ninguén, os directivos, da pasada tempada, darano de baixa na Federación.
O presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo, manifestou que as negociacións por Filipe Luis co Depor, "van por bo camiño, e espera que cheguen a bo fin", o ser preguntado ista mañán pola prensa, en relación as conversacións polo "desembarco", do brasileiro nas ribeiras do Manzanares.
O Fabril ficha a unha "perla portuguesa", o xogador André André, formado nas categorías inferiores do Oporto, e que xogou, en tódalas categorías inferiores da selección lusa.Estaba a xogar na segunda portuguesa, no Varzim, da Póboa do Varzim, no que xogou catro encontros marcado catro goles, e ven con dous anos de contrato, con opción a outros dous.André e fillo do ex internacional con Portugal, Antonio André.O xogador luso, de 20 anos, é unha aposta de futuro, para o primeiro equipo, de ahí ises dous anos prorrogables, que xa terían que ser como profesional.
O Santa Comba, copou as duas categorías, nas que xogou.
En "Clasificacións", xa podes ver como quedaron as ligas, nas que os nenos de Santa Comba, que adestran, Roberto Carlos Suárez, "Ruper", e José Manuel Vázquez, "Huelvis", foron os grandes vencedores, o ser campións, tanto en benxamíns, como en alevíns, no Grupo Norte. Con todo iso, en Benxamíns, tiveron un duro rival, nos nenos do EDF Vimianzo, os que superaron na táboa polo golaveraxe.
Ainda pendente de confirmación, a vindeira semán, haberá unha xornada conxunta de tódolos equipos no Miraflores, de Muros. Podium
Dende piratasdemuxia.es, a nosa máis cordial noraboa, a tódolos nenos que participaron, tanto os que gañaron como os que non, pois son todos gañadores. Por un erro, no programa de "Clasificacións", nos Benxamíns Grupo Sur, aparecen os resultados e non a Clasificación.Preme abaixo, en "Ler a nova completa...", e verás ista táboa clasificatoria, o resto telas todas sen problemas de funcionamento, en "Clasificacións".
Mañán colgaremos unha escolma de fotos dos EDM Muxía-As Baleas.
Jonathan Urretavizcaya, "Urreta", será a cuarta fichaxe do Depor 2010/11.
Nacido en Motevideo, (Uruguay), fai 20 anos, comezou a sua andaina no futbol no equipo uruguaio, do Ciclón del Cerrito.O River Plate, arxentino, puxo a sua vista nél, e de ahí o trouxo o Benfica, para Europa, fai un par de anos, por 1,5 millóns de euros.Non cuaxou no equipo luso, no que xogou, 11 encontro, e marcou un gol, e foi cedido, o Peñarol, no que fixo, unha grande tempada, marcando, o gol decisivo, que lle deu o título o equipo "Charrúa".No seu pais, é coñecido, co alcume de "El Rayo", dada a sua rapidez, e chegada a gol. Mide, 1.73 m, e pesa 66 Kgs, é de orixe vasca, e foi internacional cas categorías inferiores de Uruguay, e xoga na posición de extremo dereito, pero pode facelo tamén pola banda esquerda, virá cedido, con opción de compra, do equipo lisboeta, que é un dos que está interesado en Zé Castro.
Barca Toba, (dereita), xa acadar iste ano, a Copa Provincial, e o ascenso a Galega, co Fisober.
As xogadoras do Fisober, Eva Lago e Barca Toba logran o doblete co Orzán ó derrotar ó Concello de Barbadas na Final d Copa Galicia de fútbol.
O Orzán añade o Trofeo da Copa de Galiciaa sua lista de éxitos esta tempada, encabezada polo ascenso a Liga Nacional.
O campo das Cancelas en Santiago foi testigo do doblete conseguido polas xogadoras coruñesas, un gol de Barca de penalti no minuto 45 da primeira parte e outro de Aldara a tres minutos para o remate do partido deronlle o triunfo a un equipo herculino que foi moi superior o seu rival, sobre todo no 1º tempo, no que foi total dominador.
Fundamental foi a participación das duas xogadoras do Fisober no encontró, Eva dipuxo de duas claras ocasións cun remate ó longueiro e outra polo pau e Barca non erraria no lanzamento de penalti que lle daba vantaxa ó equipo coruñés.
A xogadora de Camelle Sara Vázquez que non puido disputar a final, tamén foiparte fundamental nos éxitos conseguidos polo equipo herculino esta tempada.
O vindeiro ano o Orzán demostrara o seu poderío polos campos da Liga Nacional, antesala da 1ª división do fútbol femenino.
O Outes FC, que a pasada tempada, foi o equipo, que máis masa social de afecionados arrastrou, en toda a costa, levou a cabo a sua Asemblea Xeral de Socios, o pasado venres, na Casa da Cultura, de Outes, a que asistiron unha vintena de socios.Nista Asemblea, os directivos do equipo da Serra, fixeron un balanzo, da tempada pasada, a cal consideraron satisfactoria, no seu retorno as competicións.Confirmouse, a continuidade do adestrador Manu Roque, no equipo senior, e xuvenil, e a Claudino, nos cadetes.Ademáis van a estudar a creación do equipo de infantís, o que suporía un pequeno incremento na cuota anual de socios, que actualmente é de 20 euros.No apartado económico, o exercicio, pechouse con cáseque 340 euros de superavit.
A Unión Deportiva Carral, deu a sorpresa o acadar un empate sen goles, no Municipal da Laracha, na ida das semifinais da Copa das Mariñas-Arteixo, ante o equipo local, que hoxe non tivo, non despregou o seu futbol.Nótaselle o cansanzo, os xogadores laracheses, e algúns, xa lles pide o corpo que isto acabe canto antes. Durante a primeira metade o Carral, non merodeou para nada a meta defendida, por Periscal, que tan só tocou unha vez o balón, o dominio foi total dos laracheses, e puideron ir os vestiarios, con ventaxe no marcador, se o colexiado, vise, un craro penalti, sobre Sito, cando se dispoñía a rematar a porta. Na segunda metade andivo máis espeso o equipo local, e foi o equipo visitante, o que dispuxo das mellores ocasión, en especial, un centro dende a liña de fondo, que Peris foi quen de desviar a corner, tras un remate a bocaxarro, abaixo.Niste segundo acto co vento a favor os carralenses, puideron tamén levarse o encontro, con unha falta lonxana. Agora quedan as espadas en alto para volta en Carral, o vindeiro Domingo, no que o Laracha é o que máis ten que perder pola sua categoría, pero bástalle un empate con goles, para levarse a Copa das Mariñas-Arteixo 2010.
Esperábase, un encontro máis igualado, pero antre os nervos dos carballeses, e a veteranía do UC Cee, nistas lides, inclinouse a balanza a favor dos da Vila da Xunqueira, que serán os finalistas, ante o Dumbría, na Copa da Costa 2010. Dous goles en cada tempo, déronlle os de José Manuel Pato, a tranquilidade, que non foron capaces de ter os de Manolo Sánchez, que tamén tiveron as suas ocasións, pero non foron quen de materializalas.
Na anterior enquisa que tivemos, participáchedes, con 296 votos, en dúas semáns, que durou a nosa consulta, agora podedes votar polo voso favorito, para o título de campión, na enquisa que abrimos, no lateral dereito do noso web.