http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

TORNEOS DE VRAN:
Martes, 29 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Pirata-News

Cartel do Torneo do Millón, orgañizado polo CD Baio.


Se premes abaixo en "Ler a nova completa..." tes máis información de iste e outros torneos de vran.

Se queres anunciar o teu maratón, festa, etc...mándanos toda a información, a info@piratasdemuxia.es, ou a piratasdemuxia@gmail.com


 
Ler a nova completa: 'TORNEOS DE VRAN:' (8021 caracteres máis) Versión imprimible  
OLIVER THOMERT, INTERESA O DEPOR, SEGUNDO FRANCE FOOTBALL.
Luns, 28 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Segundo a revista France Football, o Depor está tratando de fichar a Oliver Thomert, xogador que acaba contrato co Le Mans, francés, co que xogou iste ano na Ligue 1, francesa, quedando 18º, descendendo a segunda.
Ainda que na sua ficha que podedes ver máis abaixo, de France Football, aparece como atacante, a sua posición é a de lateral esquerdo, coas características, de fortaleza, e boa chegada o área.
Chegou o Le Mans, en Xaneiro, e disputou tan so, catro encontros,  procedente do Rennes, co que xogou, catro anos na primeira, antes estivera tamén na máxima categoría do futbol francés, no Lens, (5 anos), o que chegara concretamente do Le Mans no que se formou.



Se premes en "Ler a nova completa...", podes ver as suas estatísticas, no futbol galo.


 
FINAL DA COPA DA COSTA 2010-(IDA): "QUEDA TODO PARA O CONCO"..
Domingo, 27 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
1-1
Penedo, (9´)-Rubén García, (42´).

Primeira metade

  • Comezou ben o UC Cee, e tras unha indecisión do ceenese, Rubén García, e o porteiro dumbriés, Juan, acaba en corner.Tralo corner, centra Miguel Riveiro, e Penedo, aproveitase dunha melé, no área, para aloxar o balón no fondo das mallas, e poñer por diante o equipolocal, cando tan só ían 9 minutos.Todo era ledicia no equipo ceense, que xogaba a favor de vento, (moi forte), pero unha xogada de ataque visitante, acababa, con penalti, a favor, sobre Iván Pequeño.Lanzou o máximo goleador da Copa da Costa, Adrián, "Maakay", marcando, pero o colexiado cercedense, Diego Muiño Raña, ano lanzamento, por entrar xogadores no área, antes de pitar.Repite o lanzamento, e para Parroto.
Sigueu a igualdade no terreo de xogo, ate pasada a media hora, a partir da cal, o CF Dumbría, comezou a tocar e a despregar o xogo a que nos ten acostumado, e foron caendo as ocasións, de Iván Pequeño, Maakay, e Aarón, que convertiron o porteiro Parroto, que sustituiu a Mingos, no equipo inicial,no mellor xogador do seu equipo.

Non hai "peor madeira ca da mesma cuña", e ainda que nunca xogou no Unión Club Cee, sería o ceense, Rubén García, (Estorde-Cee, 6/7/1984), o que poñería o empate os 42 minutos, con un auténtico golazo.O final, ainda puido irse o vestiario, o equipo de José Canosa, o e o que podería haberse levado o trunfo momentáneo.

Segunda metade

Comezou o encontro igual como acabara a primeira metade con máis dominio, do equipo do Dumbría, que merodeou máis  a porta defendida por Parroto, que seguiu sendo o home do encontro, facendo duas paradas espectaculares, a tiros de Iván Pequeño, ((64´e 65´), pero pouco antes, Chapu foi o que puxo a proba a Juan, (54´).
O Cee, sigueu a defender, e o Dumbría dominaba, pero sen fortuna de cara a gol, pero poñeríanselle moi ben as cousas os de José Canosa, o ser expulsado, Chapu, o ver o segundo cartón amarelo, os 79 minutos, por unha obstrucción, algo rigurosa.
Con ista expulsión os de José Manuel "Pato", pecharonse máis e o equipo visitante que estaba a mostrarse superior, puxo "cerco" o marco defendido por Parroto, pero non foi quen de matar o encontro, e segue sen ser capáz
de gañarlle, o equipo ceense nista tempada.

Unión Club Cee: Parroto, (p), Javi Rañal, Jacobo, Berto, Miguel Riveiro, Chapu, Fermín, Rivi, Penedo,(Fernandito),  Luigi, e Leo, (Andrés).

Club de Futbol Dumbría: Juan, Iván, Nico, Suso, Rubén García, Aarón, Chula, Angeliño, (Schuster), Iago,(Diego, 88´), Brais, (LLanero),  Adrián "Maakay"(Guardiola, 88´).

Espectadores: 625
Recaudación: 2.169 euros
Rifas: 454 euros

Manifestacións post partido.

 José M Rodriguez "Pato" (UC Cee). " Vendo o visto o resultado é positivo, o Dumbría tivo a final na man e non soupo aproveitar, agora ca xente que vamos a recuperar tócanos a nós devolverlla alá. Parroto estivo sensacional e dounos media final a ver si podemos enmendarlla alá".

José Canosa (Dumbría). "O resultado que tiña na mente era un 0-3, A primeira metade estuvo igualada, non me gustou o meu equipo ofensivamente. Subimos as liñas e tras a expulsión fomos superiores, tivemos máis velocidade pero os defensas deles ganaronnos en agresividade defensivamente".


 
Versión imprimible  
RESULTADOS DA XORNADA CONXUNTA DAS LIGAS DE FUTBOL-7.
Domingo, 27 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

O campo Miraflores de Muros, foi escenario iste ano, da Xornada Conxunta, de tódolos grupos, de alevíns, das Ligas Federadas "Costa da Morte", de Futbol-7.
Iste ano, en benxamíns, non xogaron, os das ligas, é o Muros SD, que foi o que fixo as veces de orgañizador,  dispuxo, dous encontros, antre os equipos do concello, e invitaron o Outes, como xa vos informamos pola semán.

Nos benxamíns, os resultados foron: Os Miudos 5-1 Outes CF, Muros SD 4-4 SCDR Esteirana.

Os rapaces gozaron dunha xornada de futbol e convivencia, tan só un pouco empañada, polo desvaecemento, dun neno da UD Corcubión, que tras un golpe na testa, sigueu xogando, pero logo desvaeceuse, e tivo que ser transportado en ambulancia a un hospital, no que pasou a noite, en observación, pero que xa está na sua casa perfectamente.
Preme abaixo en "Ler a nova completa..." e tes tódolos resultados dos alevíns.

 
RESULTADOS DO TORNEO DE FUTBOL BASE, DO CABANA SD:
Domingo, 27 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


O Sábado é o Domingo, xogouse no campo das Redondas de Cabana de Bergantiños, o Torneo do Cabana SD, e foi unha festa total do futbol base.Xogáronse 29 encontros, o sábado, e 16 durante a xornada de hoxe, na que se coñeceron os campións, que foron en alevíns o Meicende, e en infantís, o Montañeros.
Aquí tes tódolos resultados distes 45 partidos:


Eliminatorias Alevíns:

Victoria A 1-1 Laracha: Pasou o Laracha, nos penaltis.Victoria B 0-3 Corístanco, Meicende 5-1 Nicraniense, Cabana 3-1 Camariñas
Semifinais:
Laracha 0-1 Meicende, Coristanco 2-2 Cabana.
3º e 4º posto: Cabana 2-3 Laracha.
Final:
Meicende 4-2 Coristanco.
Eliminatorias Infantís:
Victoria 7-1 Camariñas, Montañeros 4-0 Bergantiños, Esteirana 6-3 Nicraniense, Cabana A 2-2 Coristanco: Pasou o Cabana nos penaltis.
Semifinais:
Victoria 4-2 Esteirana, Montañeros 4-0 Cabana.
3º e 4º posto: Cabana 3-3 Esteirana:
gañou o Cabana nos penaltis.
Final:
Montañeros 5-2 Victoria.


A nosa máis cordial noraboa, o Cabana SD, tanto pola orgañización, como por realizar iste evento, tan bo para os nenos.

Se premes en "Ler a nova completa..." podes ver tódolos  resultados do sábado:

 
PREVIA DA FINAL DA COPA DA COSTA 2010, (IDA):
Domingo, 27 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Vs

Os adestradores do UC Cee, e o Dumbría, son cautos nas suas manifestacións, saben a quen teñen, diante, pero tamén son fieis a sua "filosofía", do futbol que practican os seus equipos, e son conscentes de que están ante o máis grande evento futbolístico, de toda a Costa, que move moita xente, e con un poder mediático, que non ten parangón en toda a Costa.ámbolos dous saben o que é gañar a Copa. Canosa, fíxoo, como xogador, ante o Corcubión, (1979), e como adestrador curiosamente co UC Cee, (1980).Pola sua banda, "Pato", gañóuna tres veces, como xogador do UC Cee, ante o Sp. Zas, (1992), e ante o Fisterra, (1993), e curiosidades, o igual que o seu homónimo no rival, foi campión, co CF Dumbría, ante o Baio, (2005), con él estba tamén o porteiro ceense Mingos.
Das verbas que vos achegamos as de José Manuel Rodríguez, "Pato", son recabadas polo noso amigo, José Manuel Ferreiro, xa que para nós foi imposible, contacatar con él a pesares de intentalo en numerosas ocasións.

José Manuel Rodríguez, "Pato", (UC Cee): "En este tipo de encuentros es complicado augurar un favorito. El primer partido nunca va a decidir el título, pero siempre es importante ir a la vuelta con un resultado positivo. Valoramos que tenemos un rival que es de los más peligrosos que nos podrían tocar. Está claro que la final se presenta abierta.Creo que el equipo que domine el centro del campo va a dar un golpe importante durante los 90 minutos. Ambos conjuntos contamos con gente importante en esa parcela. Va a ser una bonita lucha e interesante para los aficionandos que acudan al ver e choque".

José Canosa, (CF Dumbría): "Espero que sexa un bo espectáculo, e que a xente que vai a asistir, que seguro que o fará en masa, o pase ben.O Cee, o partido que lle vin en liga, que ainda eu non era o adestrador, souberon aproveitar moi ben as suas virtudes, defender forte e ben, e aproveitar as ocasións que se lle deron o contragolpe.Nos imos a seguir ca nosa filosofía, de buscar sempre a victoria.Prefiro perde dista maneira, que facelo, especulando durante o encontro.
No aspecto ofensivo, temos a Adrián, nun excelente estado de forma, e recuperamos a LLanero, que ainda que non está o 100%, pode aportar algo durante o encontro, a pena e Pir, que quería xogar nun campo grande coma iste, pero no adestramento de onte, seguíu tendo dores na rodilla".

Aliñacións probables:

UC Cee: Mingos ,Javi Rañal, Jacobo, Rubén Fiuza, Miguel Riveiro; Fermín, Rivi, Carlos Leis, Penedo, Luigi e Leo. Suplentes:  Parroto, (p), Álvaro, Borja,Fernandito.

CF Dumbría: Juan, (p), Iván, Nico, Suso, Rubén García, Aarón, Schuster, Angeliño, Iago, Brais, Adrián. Suplentes: José, (p), José Carlos, Guardiola, Tantán, e Chula.

 
Versión imprimible  
UNIÓN CLUB CEE-CF DUMBRÍA: "UNHA FINAL INÉDITA E INCERTA".
Domingo, 27 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

http://media.lavozdegalicia.es/default/2010/06/27/0012_2773919/Foto/c27c12f1.jpg

Nunca se enfrontaron nunha Final de Copa.(Foto: lavoz.es)

 

Hoxe daránse cita no Sampaio de Refoxo, (Cee), dous equipos completamente distintos, na sua concepción do futol.Namentras que o equipo local, basea o seu xogo, nunha defensa forte, e con saidas rápidas o contraataque, o CF Dumbría, aposta por un futbol de toque, fluido, con moita calidade nos seus xogadores, que son cásque todos de fora da localidade.

Ista será a 46ª Final da Copa da Costa, e o Unión Club Cee, xa sabe o que é levantar o trofeo, en 7 delas, das 8 veces que chegou a Final, é por iso, o equipo, que máis títulos ostenta.O CF Dumbría, gañou as dúas finais que xogou, ante o Bergantiños, (2001), e ante o Baio, (2005).

Iste ano, o UC Cee, parecía dende o seu primeiro enfrontamento, ante O Pindo, no que caeu derrotado, por 3-1, que tras unha tempada moi dura, que non ía a chegar moi lonxe.A pesares de amosarse un equipo canso, solventou a papeleta, con un trunfo por 3-0 na casa, chegoulle o Muxía CF, que viña de derrotar o campión da terceira da Costa, o Buño, e solventou o cruce con duas victorias, (0-2, 5-0).Apuros pasarían ante un moi bo Castriz, o perder, (1-2), no Sampaio de Refoxos, pero chegou a San Pedro de Castríz, e goleou, (0-3), o mesmo que contra os carballeses, do San Lorenzo, (1-1, 4-0).Agora atópanse co "gallito", dista Copa, o CF Dumbría que contaba ate fai unha semán, os seus encontros por victorias, e na maioría dos casos por goleadas, ate que chegou a Malpica, e perdeu o seu primeiro encontro, (2-1), pero con un "colchón", do 3-0 acadado no Conco.

Segue abaixo en "Ler a nova completa..."



 
O LARACHA CF, CAMPIÓN, DA COPA DAS MARIÑAS-ARTEIXO.
Sábado, 26 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://t0.gstatic.com/images?q=tbn:M3Ws074oZllG1M:http://www.football11.net/images/logos/esp/UD%20Carral.gif UD Carral 0-1 Laracha CF 

O Laracha FC, proclamouse campión da Copa das Mariñas-Arteixo, con un gol de Josito, os 25 minutos.O encontro foi moi igualado, principalmente na segunda metade, onde o equipo larachés, xogou co marcador, tendo en conta que o empate con goles tamén lles era favorable, para levarse o título.

Laracha CF: Periscal; Raúl, Javi Villar, Cristóbal , Fandiño; Josito, Bolo, Rebolo, Sito; Brais e Eloy. Suplentes:  Miguel (p), Mario, Roberto, Portillo, Josiño, Gurita, Javi Fuentes e Ceide.

A nosa máis cordial noraboa o Laracha CF, do que temos moitos seguidores, antre os que hai varios xogadores, que celebraron o título, cunha cea, en Casa Clemente, que sirveu para celebrar o título, e o fin dunha tempada moi longa.


 
Versión imprimible  
COMEZAN A DISPUTARSE OS OITAVOS DE FINAL.
Sábado, 26 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010
Resultados:


Uruguay 2-1 Corea do Sur:
Luis Suárez, (8´e 80´), Cung Yong, (68´).

Estados Unidos 1-2 Ghana: Boateng, (5´), Donovan, (68´, pen.), Gyan, (93´, Prorroga).

Primeiro cruce de cuartos, Uruguai-Ghana.

Encontros Domingo:

Inglaterra-Alemaña: ás 16:00 horas.Enfrontáronse en 27 ocasións, con 10 victorias para Alemaña, 12 para os ingleses, e 5 empates, con 34 goles para os germanos e 47 para os anglosaxóns.
Argentina-México: ás 20:30 horas por Cuatro.Enfrontáronse en 25 ocasións, con 11 victorias para os arxentinos, 4 para os Aztecas, e 10 empates, con 37 goles para os de Maradona, e 24 para os de Aguirre.

 
Versión imprimible  
ENCONTROS PARA HOXE:
Sábado, 26 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

En Cabana e Muros, xuntaránse centos de nenos.

No día de hoxe, xóganse dous torneos moi importantes, e que representan unha festa para os nenos, no futbol da Costa da Morte, que son o que orgañiza o Cabana SD, e o que niste caso orgañiza o Muros, das Escolas Deportivas Municipais, que iste ano por primeira vez, xogaron como federados.

Preme nos encontros e tes toda a información, (enfrontamentos. horarios...)

Encontros para hoxe:

Torneo de Futbol alevín e infantíl do Cabana SD.

Xornada conxunta Futbol-7, de benxamíns e alevíns, no Miraflores, (Muros).



 
Versión imprimible  
RADIO NERIA, OFRECERÁ EN DIRECTO A FINAL DA COPA DA COSTA.
Sábado, 26 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://4.bp.blogspot.com/_cvfaF_nWffI/TB93ZKLfn6I/AAAAAAAAAsQ/gEvP7nhTDK4/s400/P7050883.JPG
Radio Neria, voltará a trasmitir a Final de Copa.

Que a Copa da Costa se volveu moi mediatica, non é ningunha nova.Fai tres anos coando éramos piratasdemuxia.com, transmitimos online, en directo, aquela polémica final, antre o Ponteceso e o UC Cee, e foi o noso primeiro éxito.Unha orgañización espectacular por parte do Ponteceso de José Manuel Mato, deunos tódalas facilidades, e nisa final, puidemos comprobar, o éxito e a repercusión que tiña ista final.
No día de onte dábamosvos toda a información, do despliegue de Radio Voz, para iste evento, que moviliza a Costa da Morte, e no día de hoxe, chéganos a información, de que Radio Neria, retrasmitirá en directo "in situ", os encontros da Gran Final da Copa da Costa 2010, da que se disputará o primeiro "round", mañán Domingo, a partires das 18:00 horas, no campo ceense, do Sampaio do Refoxo.
 
No día de mañán poñerémosvos un enlace coas rádios que nos van chegando que darán o encontro en directo, para que así dende vos atopedes, podades seguir en directo as evolucións diste magnífico espectáculo que é a Copa da Costa.

Radio Neria, adicará todo o día o encontro, e o equipo que desenrolará iste traballo, son Adrián Leira, Álvaro Lago, Fran Lago, Iván PereiraUbaldo Cerqueiro, e Xabi González.

Preme nista rengleira e poderás ver toda a información dos amigos de radiONeria.


 
Versión imprimible  
NOVAS EQUIPACIÓNS DO DEPOR.
Sábado, 26 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Fotos:canaldeportivo.com

Aquí tedes a primeira e segunda equipación do Depor 2010/11, que presentou o equipo deportivista, para a vindeira tempada.A terceira será de color lila, moi parecida a que visteu a Sampdoria nos anos que estaba no equipo xenovés, Gabriel Batistuta.
A nosa web amiga ww.eldepor.com, fixo fai uns días, a presentación distes modelos, e da terceira equipación, e a verdade é que nun grande numero de opinións, a primeira non gusta polas raias tan estreitas e numerosas, que parece un pixama, a segunda, moi parecida a de Canterbury of New Zeland, e a terceira, se o final se confirma que é a lila, foi a que deixou máis igualdade nas opinións.Agora vos mirade e se queredes podedes deixar en "comentarios" a vosa opinión.


 
Versión imprimible  
NOVO PRESIDENTE E NOVO ADESTRADOR, NO XALLAS CF, TRALO ASCENSO A 1ª AUTONÓMICA.
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Infórmannos dende Santa Comba, que o novo Presidente do clube, é Pedro Fernández, que viña facendo as veces de Vicepresidente, e sustituirá o mandataario sainte, José María Souto, "Chema", ademáis confírmannos que o sustituto do adestrador,  Vicente Pérez, que abandoa, o clube, por asuntos persoais, tras levalo a 1ª Autonómica,  será o xogador Iván Cancela, que está a sacar o título de técnico deportivo.Iván Cancela, xogou pouco iste ano, por mor dunha hernia discal, que fará que troque o seu papel no futbol, colgando as botas como xogador, e tomando o testigo do noso amigo, Vicente Pérez, como adestrador.

Con respecto a directiva de Pedro Fernández, nunha xunyanza, coñeceranse, os novos compoñentes, que o parecer, serán numerosos, para atender tódolos estamentos do clube xalleiro.

 
Versión imprimible  
ENCONTROS DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA PARA HOXE: "A HORA DE ESPAÑA".
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Encontros para hoxe:

Portugal 0-0 Brasil:
Corea do Norte 0-3 Costa de Marfil:
Suiza 0-0 Honduras:
Chile 1-2 España: 0-1, Villa, (24´), 0-2, Iniesta, (37´), 1-2, Millar, (47´).

Pasa Brasil e Portugal no Grupo G.
Pasan España e Chile, no Grupo H.

Cuartos de Final:
España-Poturgal,
(martes, 29), enfrontáronse en 32 ocasións, con 15 victorias para España, 5 para Potugal, e 12 empates.71 goles España, por 37 lusos.
Brasil-Chile,
(Luns 28): enfrontáronse 65 veces, 46 victorias de Brasil, 12 empates e 7 victorias de Chile.152 goles para Brasil, por 55 chilenos.


 
Versión imprimible  
NOVAS INCORPORACIÓNS DO BERGANTIÑOS CF.
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente

Infórmannos dende o Bergantiños CF, que no día de onte pecharon as fichaxes, do lateral  dereito, muxián, Alberto Valencia, que procede o Fabril, como xa informamos fai uns días, dende a xuntanza que tivo co ex deportivista, o Presidente carballés, Javier Souto, e tamén o ficharon o central, Adrián Bouza, procedente do Naron Balompé.Adrián é irmán do ex do Bergantiños, Elmer, que se creou no clube de Carballo.
http://www.deportivo-la-coruna.com/pics/regular/Alberto-Valencia_002.jpg Alberto Valencia, nacido en Muxía o 30 de Maio de 1990, xoga de lateral dereito, e xogou no Fabril,  (2009-2010), Deportivo Juvenil A (2007-2009), Ciudad Santiago (2006-2007), e no Ural (2005-2006).Mide 1.71 m, e pesa 73 Kgs.O seu nome futbolístico é Valencia, o apelido paterno, que tamén xogou o futbol, antre outros no Muxía FC.

http://www.naronbalompe.es/plantilla_fotos/967_g.jpg Adrián Bouza, nacido en As pontes de García Rodríguez, o 3 de Febreiro de 1980, xoga de central, e levaba cinco tempadas no Narón Balompé, o que chegou procedente do Cerceda.Mide 1.88 m, e pesa 88 Kgs.O seu nome futbolístico, é Adrián.

 
Versión imprimible  
TORNEO DE FUTBOL BASE EN CABANA.
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

As Redondas será escenario dun gran torneo de futbol base, o sábado e o Domingo.

Se os benxamíns e os alevins das Ligas Federadas de Futbol 7, teñen a sua xornada conxunta, no Miraflores de Muros, o sábado, tamén mañán sábado e o Domingo, o  Cabana SD, disputa, o seu torneo de Futbol Base, nas categorías de Infantís e alevíns, no que participan, 11 equipos de cada categoría.O torneo, terá lugar no campo das Redondas, cabanés.

Os encontros comezarán, as 10:00 horas, co primeiro encontro de alevíns, ate as 20:00 horas que comeza o derradeiro da xornada do sábado, que será de infantís.
A derradeira hora, "borrouse", o equipo do Montañeros, e a orgañización, para solventar iste problema, ante a imposibilidade de coller outro equipo, posiblemente faga un equipo "B", do Cabana.No calendario de choques, puxémos como unha triple "X", ises enfrontamentos, a espera da decisión, dos orgañizadores.A xornada final, que terá lugar o Domingo, comezará as 10:00 horas, e ate as 14:45 horas, que será cando se saiban os campións.

En piratasdemuxia.es, manteremosvos informados de todo o que aconteza no campo cabanés, así coma no muradán.


Se premes abaixo en "Ler a nova completa... verás tódolos enfrontamentos e horarios.

 
A FINAL DA COPA DA COSTA EN DIRECTO, POR RADIOVOZ BERGANTIÑOS.
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


Radio Voz Bergantiños dará en directo a Final da Copa da Costa 2010.

A emisora de Radio Voz Bergantiños, voltará un ano máis a dar en directo, os dous encontros da Final da Copa da Costa, que iste ano disputarán o UC Cee e o Dumbría.A emisora carballesa, que dirixe, o noso amigo, Xosé Manuel Ferreiro, e que cumpre iste ano, o seu 25º aniversario, contará con; Raúl García de Loza, ex árbitro internacional, afincado en Cee; Ramón Piña Martínez, ex deportivista e adestrador nacional, e Berto Suárez, técnico do Ponteceso e un dos mellores coñecedores da competición da Costa da Morte.

Tamén acompañarán a Xosé Manuel Ferreiro, pero a pé de campo; Domingo Alvite, e Juanjo Vales que coordinará as conexións do encontro.
A retransmisión, que iste Domingo, será dende o campo ceense, de Sampaio de Refoxos, comezará media hora antes do pitido inicial, que terá lugar as 18:00 horas.

 
Versión imprimible  
MANUEL AGRA, NOVO PRESIDENTE DO SANTA COMBA CF.
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
http://atemporadadofutbolgalego.com/2009/components/com_joomleague/images/placeholders/equipos/stacomba0910.jpg
O Santa Comba CF, xa ten novo Presidente.

Manuel Agra Blanco (Barbeira-Santa Comba, 1948), é o novo Presidente do Santa Comba FC, dende a xuntanza do pasado martes.O empresario xalleiro, contará coa axuda do ex presidente, José Gerpe, "Che", como secretario, así coma varios directivos, da directiva sainte.A intención do novo presidente, é a de contar con 15 persoas na directiva.A vindeira semán, nunha nova xuntanza, quedará constituida a nova directiva, definitivamente.

A primeira actuación, de Manuel Agra, (que ten o seu pupilo, David Agra, xogando nos xuvenís), foi a da asegurar a continuidade, do adestrador, Gelucho, para a vindeira tempada.O adestrador xalleiro, era pretendido, polo Órdes.Nista nova andaina co Santa Comba, (ista é a sua cuarta tempada no clube), Gelucho, tamén levará a faceta de coordinador do futbol base.

 
Versión imprimible  
ÁLEX E AYTHAMI, QUEDARÁN NO DEPOR, SEGUNDO LOTINA.
Venres, 25 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

http://www.enblanquiazul.org/img/fabrilsanse/36.jpg
Álex votará a vestir a elástica deportivista.
Lotina afirmou no Diario de Jerez, que conta con Aythami, e Álex Bergantiños, para a vindeira tempada.

O adestrador deportivista, dixo no xornal andalúz, que "sin ninguna duda, se van a quedar con nosotros, no van a salir cedidos con toda seguridad", sobre os dous deportivistas cedidos no Xerez Deportivo, ista pasada tempada.

Isto da que pensar, que Piscu, posiblemente vaia cedido, para que teña máis minutos, e que Sergio González, xa é parte da historia do Depor.
Por outra banda a defensa, a que se unirá Rochela, estará superpoblada, ainda que Zé Castro, xa se está a deixar querer, e dixo nunha entrevista do noso amigo Hugops, en www.eldepor.com, que:
"Tengo contrato con el Depor hasta 2013 y una cláusula de rescisión definida. Si llega alguna propuesta, ya se verá, si es un desafío interesante para mi y con condiciones buenas para el club. Pero tengo un compromiso con el Deportivo y eso es en lo que me concentro".

 
Versión imprimible  
O DEPOR PÚXOSE EN CONTACTO, CON URRETA, PARA DARLLE DÍA PARA A INCORPORACIÓN, E DEULLE "DEBERES".
Xoves, 24 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.quenonino.com.uy/quenonino/DesktopModules/3iuna_Noticias/imagen.ashx?i=/quenonino/Portals/0/Noticias/Futbol%20Local/Penarol/2009/Gast%C3%B3n%20Ramirez.JPG&t=8
Urreta deberá estar na Coruña o vindeiro 6 de Xullo.

A nova fichaxe do Deportivo, o uruguaio, Jonathan Urretavizcaya, "Urreta", deberá estar na Coruña, o vindeiro 6 de Xullo, tal e como lle indicou o clube deportivista, para pasar recoñecemento médico, o día 7, e ser presentado, e comezar a prtempada, cos seus novos compañeiros, o día 8 de Xullo, agás, con Zé Castro, que ten permiso, ate o día 12 e Guardado, que tardará máis en voltar a Coruña, por mor do Mundial de Sudáfrica.

O Deportivo, segundo informa nun comunicado, púxose en comunicación, co xogador, vía telefónica, e tamén conversou con él o preparador físico, Eduardo Domínguez, que lle pasará vía email, un plan específico, de preparación.

Con iste feito, bótanse por terra as dúbidas, que puxo, o seu representante, o afirmar, que estaba tan preto, de vir o Depor, coma de ir o Español de Barcelona.Ademáis o acordo antre os clubes, xa estaba feito, polo que pouco podía facer o susodito representante.

 
Versión imprimible  

<   1234567891011121314151617181920212223242526272838485868788898108118128138148158168   >

Theme creado por dev-postnuke.com