http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

RESULTADOS DA XORNADA DOMINICAL:
Domingo, 29 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Pirata-News-Na primeira División: Depor 0-0 Zaragoza, Español 3-1 Getafe, Real Sociedad 1-0 Villareal, Osasuna 0-0 Almería, Racing de Santander 0-3 Barcelona, Mallorca 0-0 Real Madrid.O Atlético de Madrid-Sporting de Xixón, xogarase iste luns, a partires das 22:00 horas.Un problema no programa, impídenos confeccionar a clasificación, desculpade, arranxaremolo en breve.O primeiro lider a espera do encontro de atléticos e asturianos, é o Sevilla, trala sua victoria do sábado ante o Levante, por 1-4.

-Na 2ª B,  novo Fabril de Tito Ramallo, acadou un empate a dous tantos, no Ánxo Carro, tras ir perdendo de dous.O Coruxo, caeu en Madrid, ante o filial madridista, por 3-2, namentras que o Celta B, e o primeiro lider, dista tempada o golear, por 0-4, o Badajoz.O Pontevedra, que visitou o Vecindario, empatou a ceros.O Rayo Vallecano B-Universidad, xogarase iste luns as 12:00 horas.Un problema no rpograma dista liga, impídenos colgar a clasificación, disculpade, arranxarémolo en breve.

-Na 3ª División Galega.O Santa Comba, comezou con victoria, ante o difícil Clube Deportivo Ourense, (2-1), así coma o Cerceda, que repiteu, o resultado da pasada liga, en Somozas, (2-3), namentras que o Bergantiños, empataba a dou, nas Eiroas, ante o Alondras.A decepción, ben da man do Negreira, que tan ben acabou a pasada liga, e que hoxe, saeu goleado, (4-1), do campo do debutante Estradense.O primeiro lider é o Racing de Ferrol, que lle fixo unha "manita", o Órdenes. En "Clasificacións" tes tódolos resultados e a táboa clasificatoria.

-Na Prefernte Autonómica Grupo Norte, o "partidazo" de comezo de liga, antre o Laracha CF e o Soneira SD, acabou con empate a ceros, nunha tarde de calor "asfixiante".En "Clasificacións tes tódolos resultados e a táboa clasificatoria, que comanda o Compostela, que goleou 4-0 o CD Castro.

 
Versión imprimible  
XUSTO, REPARTO DE PUNTOS EN RIAZOR.
Domingo, 29 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
  0-0 

Primeira metade

O Depor saeu, con ganas de agradar, e consigueno, niste primeiro tempo, no que foron os amos do balón, ante un Zaragoza, moi repregado atrás.Urreta, ca sua rapidez e desborde, foi o mellor do equipo, con un Guardado moi voluntiaroso, que provou a Leo Franco, con un forte disparo, ca dereita dende o borde do área, quedando o balón morto, no área pequena, sen haber rematador, trala parada do cancerbeiro arxentino.Adrián, moi traballador, non lle saían as cousas, pero fixo, un gran despregue físico.O equipo maño, só se aproximou, con algunha falta.

Segunda metade

Foi de menos a máis o Depor nista segunda metade, na que se notou o cansanzo, tralo esforzo do primeiro tempo, e coa altísima temperatura que había.O Zaragoza, que ten un bo equipo, e que viña de facer unha moi boa pretempada, aproximouse máis o área de Manu, en gran parte gracias o traballo de Bertolo, que na posición de interior esquerdo, déulle moito traballo a defensa deportivista.As únicas dúas ocasións diste segundo periodo, foron para os maños, que puideron marcar en duas ocasións, unha delas, a porta baleira, na outra Manu, fixo un gran paradón, co pe, cun forte tiro, dende o punto de penalti, cando estaba rodeado dunha maraña de homes.O final, os xogadores, acabaron, moi cansos, proba delo foi, nunparón que houbo, no que tiveron que entrar as asistencias, a atender a un xogador zaragocista, no que tódolos homes de Lotina, foron a banda a beber.

O peor diste primeiro encontro da Liga 2010-11, foi a lesión de Michel, que estaba acuaxar un bo encontro, facendo un bo trío, con Antonio Tomás e Juan Rodriguez, con moi bo toque de balón, e mellor distribución, da que estábamos acostumados, nos derradeiros anos.No seu sitio saéu Valerón, cando xa se enfiaba o descanso, e que pasou desapercibido.

Istes foron os que xogaron no Depor:
Manu; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Morel; Juan Rodríguez, Antonio Tomás; Urreta, Míchel (Valerón; min.42), Guardado (Saúl; min.77); e Adrián (Riki; min.63).

O colexiado: en contra o que poñíamos na previa, o colexiado, era Teixeira Vitienes, pero José Antonio, e non Fernando.Debutou en Riazor, en Primeira, e víuselle, moi verde, falloso sempre na lei da ventaxe, e non soubo aplicar, con criterio as faltas, en especial, nas cargas.O liña que cubría o ataque do Depor na primeira metade, non lle foi de moita axuda, errando, en non sinalar, faltas nos seus fuciños, e chegando tarde a ver as foras de xogo.Foron moi pitados, tanto o colexiado, coma os seus liñas.Pidéuselle penalti na primeira metade sobre Urreta, que pensamos non foi.

Curiosidades: Os Riazor Blues, estrearon un par de cánticos novos, un deles, cas notas de Pipi Calzaslargas.O Estadio o completo, lembrou a "espantada" de Lafita fai un ano, e tivo que oir de todo menos "guapo".No referente a asistencia de púbrico, acudiron o campo deportivista, máis ou menos media entrada, nunha tarde que como decíamos, era calurosa de máis.

O mellor do encontro: sen dúbida Urreta.Desbordou, defendeu, combinou a primeira, roubou balóns e amosou ca sua rapidez, porque lle chaman, alén dos mares, "El Rayo".Deixoulle un "caño", a un defensa zaragocista, para deleite dos espectadores.

 
Versión imprimible  
PREVIA DO DEPOR Vs ZARAGOZA:
Domingo, 29 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Comeza o espectáculo, un ano máis da Liga de Primeira División, un ano máis na máxima categoría, dende aquel ascenso na 1990-91, xa imos a facer 20 anos seguidos disputando encontros cos mellores, e deles, en 16 dises anos quedando antre os 10 primeiros, algo o alcance de moi poucos.
Comeza a rodar o balón en Riazor, e como cada tempada, con alegrías, expectativas, e obxetivos renovados.O Depor presentará no día de hoxe, un equipo plagado de novidades, con rapaces, que queren a mosar o seu talento, e tentar agradar aos afecionados.Xente, coma Saúl, Michel, Urreta, Desmarets, Morel, Rindaroy, Rubén Perez, Felipe Ramos ou Stopira, (que xogará no Fabril, pero con opcións de xogar algún día no Depor), son a base de un novo proxecto, que ten moi boa pinta, pero que agora, atoparánse, con outra maneira de xogar, terán, que arrimar o hombro o lado dos, Manuel Pablo, Valerón, Juan Rodriguez, Guardado..., para conquistar os tres puntos, que cada semán se disputen, para acadar o primeiro obxetivo, que é a permanencia un ano máis.

O noso primeiro visitante será o Real Zaragoza, odiado antre os afecionados, polas "formas", en que se levou a Lafita, o pasado ano, e que no día de hoxe, probablemente, comezará o encontro no banquillo.Os de Aurelio Gay, o pasado ano, gañaron na Coruña, por 0-1, con un gol, ilegal, cunha clamorosa falta, antes do gol, que o colexiado non quixo ver.Ise trunfo, deulle a permanencia, a un equipo que cada ano, sufre, mil e un problemas, internos.O encontro será difícil, coma tódolos primeiros encontros de liga, pero iste Depor 2010-11, dalle moi boas "vibracións" os afecionados, e coma na montaxe que vos mostramos, iste "Mazingerdepor", vai a comezar a rachar o primeiro escudo que vai ter diante, para acadar o principal obxetivo, que é ter a afeción con él."Alea jacta est".

Segue a previa, premendo abaixo en "Ler a nova completa...", (árbitro, listas de convocados, como velo...)

 
PREVIAS DA 2ª B, 3ª DIVISIÓN E PREFERENTE NORTE:
Domingo, 29 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente

-A 2ª B, comezou onte co Montañeros-Extremadura, no que os coruñeses, acadaron a victoria por 2-0, dando así un bo comezo na liga 2010-11, para a "Armada Galega".O Fabríl, comeza hoxe a sua andaina, as 18:30 horas no Ánxo Carro, ante o Lugo.Nas "Clasificacións", tes tódolos horarios dos encontros e enfrontamentos dista primeira xornada.

-Na 3ª Galega, onte disputouse o Racing Villalbés-Cultural Areas, con empate a uns, pero hoxe, xçogase todo o resto de encontros.O Bergantiños. comezará na casa o seu novo proxecto, cheo de xuventude, e xogadores na sua maioría da zona.Enfrontarase o Alondras, de Aitor Gómez.O balón comezará a rodar nas Eiroas, a partires das 17:00 horas.O equipo de Bardanca, o pasado ano, acadou ante o Alondras, niste enfrontamento, un importante punto para a salvación, tras o empate a uns acadado.O Cerceda visita a localidade ferrolán de Somozas, para comezar a liga.Os de Nacho, que o pasado ano, gañaron por 2-3, xogarán a partires das 18:00 horas, no campo de Pardiñas.O Santa Comba, ten un difícil compromiso, para a inauguración diste campionato, é o eterno aspirante, Ourense.O encontro, comezará as 18:00 horas.Unha hora antes, comezará o espectáculo para o Negreira, que a pasada liga, acabou con números de campión, lástima da primeira volta.Xogarán, na Estrada, ante o debutante, Estradense.Nas "Clasificacións", tes tódolos encontros e horarios, pola noite, tódolos resultados).

-A Preferente, comeza toda hoxe, e o encontro máis atractivo é para nos sen dúbida, o Laracha-Soneira.Con un Laracha, que buscará o ascenso a Terceira Galega, e un debutante Soneira, que porque non?..como nos dixo o seu Presidente: "Imos a polo ascenso", polo que será un encontro do máis atractivo, o que se poderá ver no Municipal da Laracha, a partires das 19:00 horas.
O adestrador larachés, Lemos, comentou na Voz, que: "El encuentro, es complicado. Somos dos equipos que comenzamos con ilusión la temporada. Lo que tratará de hacer el Laracha es dominar el partido a base de llevar el peso".
Pola sua banda o vimiancés, Manolito dixo que: "Ellos son un equipo que, por su plantilla, son de superior categoría. Será difícil sorprenderles, pero vamos a intentarlo. El aspecto defensivo, en el que solemos brillar, tiene que funcionar perfectamente, y no podemos dar ningún tipo de facilidades. Si no, no tendremos opciones a nada".
Na prtempada xogaron un amistoso na Laracha, no que o equipo de José Luis Lemos, venceu por un craro 3-1.

 
Versión imprimible  
TROCOS NO CALENDARIO DA LIGA DA COSTA.
Sábado, 28 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Trocos no Calendario da Liga da Costa, (2ª Autonómica Grupo2)


Segundo nos informaron dende o Clube Deportivo Baio, en info@piratasdemuxia.es, houbo, uns pequenos trocos, no calendario da Liga da Costa 2010-11.
Os equipos que se enfrontaban no anterior calendario da Federación Galega de Futbol, o Corme, farano ante a Unión Deportiva Vimianzo, e os que o facián cos de Vimianzo, farano, ante o Corme CF.

Nas "Clasificacións", de piratasdemuxia.es, que tedes, no lateral esquerdo do noso web, xa está rectificado.O resto de encontros, así como as datas, seguen sendo exactamente as mesmas.

O mesmo pasou, nos calendarios de xuvenís, preguntamos na Federación, e dixéronnos que nos se trocara nada, pero o certo, e como nos avisáchedes, varios de vos, antre eles, o propio CD Baio, (os que vos agradecemos a colaboración), si se fixeran trocos, con respecto, o primeiro calendario, que colgaran na web.

 
Versión imprimible  
ENCONTROS PARA HOXE: " THE GAME COMMENCES":
Sábado, 28 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Pirata-News1ª División, (1ª Xornada):
Hércules 0-1 Atlhetic Club de Bilbao: Llorente, foi o primeiro anotador da liga 2010-2011, o tocar ca testa, un balón, cando acababa de comezar a segunda metade, (47´), nunha falta lanzada sobre a portería de Calatayud.No Hécules, xogou todo o encontro, o ex deportivista, Crístian Hidalgo, que fixo de mediapunta.
Málaga 1-3 Valencia
Levante 1-4 Sevilla
2ª División:
Celta 1-2 Barcelona "B"

2ª B, (1ª xornada):
Montañeros 2-0 Extremadura

3ª División, (1ª Xornada):
Racing Villalbés 1-1 Cultural Areas

3ª Rexional Grupo IV, (1ª Xornada):
Larín-Cerceda B: ás 18:30 horas, no campo de San Roque.

Amistosos:

Ás 18:00 horas:
Corcubión-O Pindo: Trofeo Carlos Lojo.
Ponteceso-Corme: Trofeo Concello de Ponteceso.
Esteirana-Muxía
Xaviña-Camariñas, (Veteráns)
Suevos-Independiente de Carballo
Lira-Muros "B"
Bergantiños, (Veteráns)-Corcoesto
Laracha Xuvenil 1-3 Bergantiños Xuvenil, (Liga Nacional).

Ás 18:30 horas:
Castríz-Muros

Ás 19:00 horas:

Dumbría-Xallas: Trofeo Concello de Dumbría
Malpica-Club do Mar: Trofeo Festas do Mar
Cerqueda-Laxe
Sofán-Carral


Ás 19:30 horas:
Cabana-Camariñas


Ás 20:30 horas:
Outes-Lesende


 
Versión imprimible  
XUNTANZA DOS ÁRBITROS DE FUTBOL-7, COA FEDERACIÓN, EN BAIO, (ZAS-A CORUÑA).
Venres, 27 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Os árbitros, a istas idades, son unha parte moi importante, na educación deportiva dos rapaces.

O comité de árbitros de A Coruña, convoca a tódolos arbitros, que actuaron na liga pasada de futbol-7 para unha reunión que terá lugar, no auditorio de Baio o vindeiro venres día 3 de setembro, de 2010 as 20'00 h. A esta reunión acudirán: o secretario da FGF Diego Batalla, o delegado comité de árbitros, Eduardo Rodríguez e o secretario  Eduardo Galán.
 
Os temas a tratar son:
           - Entrega dos cheques pendentes dos partidos da liga pasada.
           - Ámbito de actuación para a vindeira temporada.
          
É importante a asistencia dos interesados, pois tratarase, o futuro da arbitraxe do futbol base, da nosa bisbarra.


 
GUARDADO, TEN "ALTAS EXPECTATIVAS".
Venres, 27 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Guardado, espera loitar con Valencia e Atlético, polos postos altos.

O mexicano do Depor, Andrés Guardado,  garda, "altas expectativas", para ista tempada, que comeza o Domingo, (Riazor, 17:00 h), e espera, con bo xogo, e con un pouco de fortuna, "colarse antre os grandes", poder loitar, co Valencia e o Atlético, polos postos altos.

"El año pasado, en la primera vuelta nos dimos cuenta de que cuando estamos bien podemos pelear con equipos como el Valencia o el Atlético de Madrid. Si estamos bien, espero que podamos colarnos ahí y pelear por los primeros lugares", dixo Guardado.

Gústanlle, os novos xogadores do equipo, polo que deixa entrever.

"Expectativas siempre tenemos las más altas: buscar el mejor año posible, mejorar lo hecho anteriormente. Es lo que se quiere siempre en lo personal y en lo colectivo. Cuando se empieza una temporada las ilusiones se renuevan y más con la gente nueva y esperemos darle alegrías a nuestra afición".

Segue en "Ler a nova completa...", (preme abaixo).

 
A UD CORCUBIÓN HOMENAXEARÁ A "CHISCO", O XOGADOR MÁIS VETERÁN DA COSTA.
Venres, 27 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
A UD Corcubión, faralle unha merecida homenaxe a Chisco.

Mañán sábado, a partires das 18:00 horas, xogará a Unión Deportiva Corcubión, a 12ª Edición do Trofeo Carlos Lojo, e nos prolegómenos, faránlle unha merecida homenaxe, a Francisco Javier Lema, "Chisco", que é o xogador, máis veterán do futbol da costa, en activo.Cos seus 46 anos, leva xogando no equipo corcubionés, dende os 16, polo que ista será a sua 30ª liga.

Chisco, que acostuma a xogar de lateral esquerdo, fixo de todo no Corcubión, e ademáis de xogar no equipo, é o alcalde da fermosa vila corcubionesa.Na nota de prensa, que fixo púbrica a entidade, que dirixe, Casimiro Trillo, expresan que, Chisco, é mercedor dista homenaxe, po;  " a sua deportividade, compromiso e larga traxectoria niste clube, superando ya los 25 años", (como xogador federado do clube, pois a sua traxectoria, é dende os 16 anos, como comentábamos).

O encontro disputarase, no Novo Cubaleiro, é o trofeo, é unha reproducción, do faro do Carrumeiro, obra do artesán local, Pepe do Raio.O rival, será o veciño do outro lado da ría, O Pindo, que adestrará un ano máis, Sil, que a pasada tempada, sustituiu, a Sieso, conseguindo salvar o equipo, do descenso, a 3ª da Costa, en boa medida, polo ascenso do Xallas, xa que acabaron nun posto, de "arrastres".
O UD Corcubión, que milita na 3ª da Costa, a piques estivo, de acadar o ascenso, polo que estivo loitando, ate a derradeira xornada, da man do fisterrán, Manolo Senra, que iste ano adestrará os xuvenís do Fisterra.O seu lugar no banquiño, corcubionés, ocúpao, o tamén fisterrán, Manín.
Fonte da información: Redacción piratasdemuxia.es, La Voz de Galicia-Bergantiños.

 
Versión imprimible  
MOREL SERÁ TITULAR, NUN DEPORTIVO, SEN RUBÉN PÉREZ.
Xoves, 26 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Morel apunta a titular.

Nos adestramentos de hoxe, Lotina, deixou entrever o equipo titular, ca extrañeza, de non entrar no equipo inicial, Rubén Pérez, se cabe, un dos mellores dista pretempada europea do Depor.O que sí entra e Claudio Morel, que manifestou trala sesión que "Ojalá me toque estar y darle una alegría a la gente".

Morel, móstrase decidido, a agradar, e para iso vai a traballar."Yo me mentalizo siempre para jugar. Después, el entrenador decide y uno se tiene que adaptar. Si decide que juegue trataré de dar lo máximo.Cuando empiezas un proyecto lo haces con la ilusión, las expectativas y los mejores deseos", dixo o paraguaio, que asegura, que na casa "hay que ganar".

O equipo que dispuxo Lotina no adestramento foi o seguinte, que podería ser o do Domingo, ante o Zaragoza, (17:00 h):
Manu, Laure, Colotto, Lopo, Claudio Morel, Juan Rodríguez, Antonio Tomás, Saúl, Michel, Guardado, e Adrián.


 
Versión imprimible  
LENDOIRO CONFIRMOU AS OFERTAS, POR ZÉ CASTRO E PABLO ÁLVAREZ, E DE PISCU, "NEN RASTRO".
Xoves, 26 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News


Lendoiro, confirma as verbas de Lotina, sobre Zé Castro e Pablo Álvarez.


O Presidente de portivista, Augusto César Lendoiro, confirma as verbas, que poñíamos onte de Lotina, nas que lle abría as portas a Zé Castro e a Pablo Álvarez, se había unha boa oferta.O máximo mandatario do Depor, confesou, que hai un clube grande, (con toda probabilidade o Valencia), que está interesado, nunha cesión de Zé Castro, con opción de compra.

"Sí las hay. En este momento hay una petición de cesión onerosa con opción de compra. Tendría que pagar una cantidad normal. Estamos hablando de un club de alto nivel", dixo sobre o luso.

Por outra banda, a Pablo Álvarez, quéreo algún equipo.
"Sí. Ha habido algún comentario de clubes que se han dirigido al Deportivo. Al final el técnico no le pone impedimentos", dixo Lendoiro, que tamén falou de Bodipo, explicando porqué se lle pedira diñeiro o Elche, e ante as verbas, do seu representante de que se presentaría nos adestramentos.

"La realidad es que él se va a Rumanía a petición de él y de su representante. El Deportivo se hace cargo del 50% de la ficha. Por las circunstancias de no adaptación, y que a nosotros se nos escapan, lo cierto es que Bodipo parece que resuelve su contrato. Por el medio aparece el interés del Elche, que por cierto había dicho auténticas barbaridades. La única vez que hemos pedido algo de dinero por su cesión fue ayer por la noche, 200.000 euros. Hemos intentado resolver el contrato con él. No se ha querido o se ha podido. El Deportivo sigue abierto a cualquier otra solución. Pero ésta es la auténtica verdad. No se puede malinformar". "Hemos intentado que el Elche le hiciese dos años de contrato. Por éso únicamente le pedimos ayer dinero porque se trata ya de una cesión", dixo Augusto César, que confirmou, que non se lle deixaría adestrar, co Deportivo."Si está aquí está aquí. Pero desde luego entrenar no".


 
Segue se premes en "Ler a nova completa..."

 
Lotina entrena co posible once titular do primer partido da Liga.
Xoves, 26 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News


Miguel Ángel Lotina, entrenou hoxe co posible que alineará no próximo domingo no  estadio de Riazor ante o Zaragoza,  cabe destacar a  presencia do paraguayo Claudio Morel de lateral zurdo.

O defensa, incorporado esta semana  para suplir a baixa de  Filipe Luis,  formou parte da alineación ca que traballou o  preparador no entrenamento que realizou en no campo de Riazor a porta pechada, Morel compartio equipo cas outras duas incorporacións desta tempada: o valenciano Miguel Alfonso Herrero 'Míchel'  e o  asturiano Saúl Fernández.

Os tres entrenaron xunto ós defensas Laureano García 'Laure'Diego Colotto y Alberto Lopo; os centrocampistas Juan Rodríguez, Antonio TomásAndrés Guardado e o dianteiro Adrián López.

Máis tarde, Lotina incorporou o  equipo a Juan Carlos Valerón, Iván Sánchez 'Riki' e a Jonathan Urretaviscaya 'Urreta', fichado tamén este verán.

Na portería situou a  Manuel Fernández 'Manu', que suplirá a baixa  de Dani Aranzubia, qen ultima a sua recuperación dunha lesión de hombro e xa se entrena cos seus compañeiros.

O que si será baixa segura e o centrocampista Juan Domínguez e ademáis é duda Manuel Pablo.




 
Versión imprimible  
Riki "Aun no se ha visto lo bueno del Deportivo".
Xoves, 26 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News


Iván Sánchez  "Riki".

Riki asegurou en rolda de prensa que cree que ainda non se vio a mellor versión do Deportivo pola  calidade dos rivales os que se enfrentou esta pretemporada, algúns deles mais rodados que o Depor. "Ha habido partidos en los que hemos triangulado bien, otros no tan bien, han venido jugadores nuevos y cuesta adaptarse y además nos enfrentamos a equipos con un nivel físico por encima de nosotros. Han sido partidos exigentes y a lo mejor no se ha podido ver lo bueno de este equipo", comentou.

Riki considera que o equipo está preparado para afrontar o primer partido ante o Zaragoza con un nivel  físico bastante bó. "Hay que ser ambicioso y a mí me gusta aspirar a lo máximo. El año pasado hicimos una primera vuelta muy buena y luego nos vinimos abajo. Hay que mantener la regularidad y empezar con buen pie".

Enfrente,  o Deportivo terá, según o dianteiro, a un rival que se impuso en Riazor a campaña pasada (0-1) e que fixo un boa pretemporada. "El Zaragoza ha hecho una muy buena pretemporada. Es un equipo al que es difícil jugarle. El año pasado nos ganó en Riazor y a ver si este año cambian las tornas. Ante nuestra afición, en el primer partido en casa, debemos dar lo mejor de cada uno", apuntou.

O dianteiro considera que a plantilla esta temporada ganou velocidade en ataque cos xogadores que se foron incorporando este verán. "Todos los fichajes aportan velocidad y chispa y eso es importante en el fútbol de hoy en día. Son jóvenes, con mucha ambición y vienen a crecer, a competir y van a aportar cosas importantes".

Sobre que aindaque  pode chegar un novo dianteiro que pide Lotina dixo: "Si el club está pensando en traer un nueve de referencia porque Adrián, Lassad y yo no somos delanteros centro natos, y lo ficha, será bienvenido"."En el Getafe cuando había un jugador de área, de referencia, jugaba un poco por detrás y quizás me puede beneficiar, pero ahora estoy jugando en la posición de nueve y he corregido cosas, he ido puliéndolas. Tenemos que ser un poco referencia en ataque y rematar esos balones que lleguen desde banda o desde atrás"

Riki considera cos  tres dianteros da plantilla están capacitados para aportar  solucións ó equipo e recoñeceo que lle costa manteñer a posición porque polas  suas características está acostumbrado a ocupar áreas mais grandes do terreo de xogo. "Tenemos que fijar un poco la posición de delantero. Hay que aclimatarse. A mí me gusta la movilidad, pero a veces no lo puedes hacer porque pierdes el sitio".



 
Versión imprimible  
OS VIDEOS DO "IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR":
Xoves, 26 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e culturaComo vos tíñamos prometido, aquí tedes os vídeos, das fotos do "IV Mercado das Rutas do Mar", que se celebrou os días 8 e 9 de Agosto, en Muxía, (A Coruña).A banda sonora é dos nosos amigos do grupo de folk, "Fol de Veneno", da localidade malpicana de Buño, (A Coruña).O final, poñémosvos un teléfono de contacto, distes grandes músicos, por se vos interesa contratalos.




Se premes abaixo, en "Ler a nova completa...", tes a segunda parte...


 
LOTINA, DEIXA ENTREVER AS POSIBLES SAÍDAS DE ZÉ CASTRO E PABLO ÁLVAREZ.
Mércoles, 25 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News


Lotina, prevé moito "movemento", no que queda de semán.


O adestrador deportivista, Miguel Ángel Lotina, prevé, que no que resta de semán, vai a haber moito mnovemento no clube.Non desbota, a chegada de algún xogador o clube, pola "boa disposición", que lle veu a Lendoiro.Non descarta o ansiado dianteiro.

"Esta semana, me da la sensación de que se va a mover muchísimo y no sé si en ese movimiento, nosotros vamos a poder hacer algo, es el club, que está llevando el tema", dixo o vasco.

Segue en "Ler a nova completa..."

 
BREVES DO DEPOR:
Mércoles, 25 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
-O Deportivo, pideu máis cartos o Elche que o Vaslui de Rumanía, segundo verbas, do Delegado do equipo ilicitano, Jesús Ramírez."Todavía ayer a las doce de la noche, me llaman a mí, para decirme, que querían un dinero aparte, el Deportivo de la Coruña.Ni el jugador lo entiende.Tendría que adaptar el costo de Bodipo al Elche.Ya no es como antes, nosotros podíamos hacer un estirón por Bodipo".O Delegado do equipo verdibranco, dibagou, sobre, que él non pediría máis a un equipo español, do que puidera pedirlle a un extranxeiro, afirmando non entender o asunto, e que o que quer e que a opinión púbrica sepa o que pasa.Tamén confirmou, que estaban, de acordo, tanto con Bodipo, coma co seu representante.O Elche xa confirmou a fichaxe de Perea, polo que Bodipo, voltará a Coruña, sen saber o seu futuro.

-Presentación na tarde de hoxe, as 19:30 horas, de Felipe Ramos, Knut Olav Rindaroy, e Claudio Morel, no céspede de Riazor.
- A Juventus, está interesada, no ex deportivista, e campión do mundo de futbol, Joan Capdevila.A "Vechia Signora", podería ter xa un acordo, co xogador de 32 anos, agora falla saber, se chegan a un acordo, co Villareal, co que ten contrato ate 2012.Pola cidade levantina, xa se fala de Canella, do Sporting de Xixón, como sustituto.

-Adriá López "Piscu", podería xogar no Wigan Atletic, da Premier League, segundo apunta o DXT Campeón.O parecer o xogador de As Pontes, está a adestrar co equipo inglés, e o seu representante, afirmou, que o seu representado, xogará ista fin de semán.Parece que se aproxima, un novo "Caso de Evasión", no que con toda probabilidade, o clube deportivista, entrará a "trapo", tan pronto xogue con algún equipo, pois o secretismo, é absoluto, e non se moveu "ficha", dende que non se presentou, co resto do equipo, o pasado mes de Xuño.



 
NOVAS DO MUXÍA CF, E RESULTADOS DE AMISTOSOS.
Mércoles, 25 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Moriño, recolle o trofeo, das mans, de Manolo Martín Gómez.

O equipo senior do Muxía CF, perdeu o "XXVII Trofeo Manolo Martín, por unha derrota ante o Camariñas CF.


Muxía 0-0 Porteño: Nos penaltis, 3-5, para o Porteño.
Camariñas 1-0 Porteño: gol de Juan Carlos, (30´).
Muxía 1-2 Camariñas: 1-0, Fran Pioto, (10´), 1-1, Juan Carlos de rebote, (30´), 1-2, Javi, (40´).

Pouco púbrico se deu cita na Arliña, para presenciar o trofeo, (un cento de afecionados), dun dos grandes benefactores do pobo, e que militou na xuventude, no San Isidro de Quintáns, (Muxía), noveno equipo fundador da liga da Costa, así coma no Muxía, e Compostela antre outros.O motivo, foi o que "tira", a Romaría de San Roque en Moraime, que xuntou a máis dun milleiro de veciños e visitantes, en xantares, merendas e ceas, ate as 8 da mañán do Domingo, que acabou a festa, despois de 24 horas, de "enchenta, música e baile".
Antre as persoalidades, que se deron cita no Manolo Martín, estivo o propio abogado muxián, así como Arsenio Iglesias, e o colexiado, García de Loza, que dirixeu o derradeiro encontro.

Movementos no clube muxián.

O Muxía CF, fichou o xuvenil do Montañeros, Iván Lagoa, natural de Baltar, (Muxía), e que xa xogou o pasado sábado, co equipo senior, no trofeo "XXVII Manolo Martín".
Os xuvenís, do Muxía CF, que dirixe Suso Rey, diputarán istes días tres encontros de preparación para a liga, todos eles lonxe da Arliña.Mañán mércores, enfrontaranse o Camariñas CF de xuvenís, a partires das 17:00 horas no Hermanas Patiño, para o sábado 28, visitar os xuvenís do UC Cee, no Sampaio de Refoxos, as 17:30 horas.Xa na vindeira semán, visitarán o Municipal de Vimianzo, para disputar un amistoso, cos vimianceses, en horario ainda por confirmar, por parte do clube soneirán.

Por outra banda o equipo senior muxián, que dirixe Luis Romaní, estaba en conversas, co muxián Adrián Negro, que fai uns anos foi a "sensación", nos xuvenís da Vila Barca, cousa que lle valeu para recalar no UC Cee, e que remataría por irse o Camariñas CF, de "Papi".O final o propio Adrián Negro, confirmounos que seguirá no Camariñas, con Manolín, que a pasada semán se fixo co "XXVII Manolo Martín", nun Camariñas, con catro muxiáns, e ca baixa de Adrián Negro.

O Muxía CF, xogará o vindeiro día 28, coa Esteirana, no "José Luis Vara", estreado, fai un mes, no que se gastaron máis de 600.000 euros, na sua restauración, dandolle, antre outras cousas, maiores dimensións, ademáis de pasar, a ser de tepe artificial.

Resultados da fin de semán:
Castríz 2-2 Mazaricos
Castríz 3-1 Dubra "B"
Cabana 1-1 San Martiño da Silva
San Lorenzo 0-2 San Martiño da Silva
Corcubión 0-0 Unión Vimianzo
Cerqueda 1-2 Amigos de Eric
Malpica 4-2 Laxe
Corme 2-2 Malpica
Xaviña 1-7 Ponteceso
Paiosaco 2-1 Victoria


Fonte da información: Redacción piratasdemuxia.es.Os resultados, obra da colaboración da nosa web con La Voz de Galicia-Bergantiños.

 
Versión imprimible  
AS FOTOS DO "IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR", NO "ALBUM DOS PIRATAS".
Martes, 24 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


Xa tedes no "Album dos Piratas", as fotos do "IV Mercado das Rutas do Mar", que tivo lugar os días 8 e 9 de Agosto, e que durante todo o día, miles de persoas, disfrutaron, do bo xantar a precios económicos, con toda crase de productos do mar e do cortello, con teatro nas rúas, e música percorrendo as rúas muxianas.Podedes contemprar, un cento de fotos, en duas partes, a primeira é unha reportaxe e montaxe, de Roi Búa García, (10 anos).
Mañán colgarémolas en vídeo, con música dos nosos amigos de Buño, "Fol de Veneno".Pero dende hoxe disfrutade delas, para velas con calma.


 
Versión imprimible  
Juan Dominguez será baixa entre 4 e 6 semanas.
Martes, 24 Agosto, 2010 Enviado por Pato
Depor News

Juan Dominguez, baixa por un mes.
 
Juan Domínguez
, centrocampista do Deportivo, pasou hoxe diversas probas a cargor dos servizos médicos do Clube.
 O centrocampista que se lesionou , nun disparo a portería, no entrenamento vespertino co equipo celebrou o pasado venres en Roma, sufre una rotura fibrilar de grado II no recto anterior da sua perna dereita. O tempo estimado de recuperación será entre 4 e 6 semáns.



 
Versión imprimible  
Os dous laterales zurdos xa están na Coruña.
Martes, 24 Agosto, 2010 Enviado por Pato
Depor News
 

Rindaroy e Morel.
Os dous últimos fichaxes do Deportivo xa están en A Coruña. Os dous laterales zurdos, que tratarán de suplir a baixa de Filipe Luis.  Ambos aloxanse no mesmo hotel e pasaron hoxe o pertinente recoñecemento médico antes de poñerse as  órdenes de Miguel Ángel Lotina.

  O  primeiro en chegar foi Claudio Morel, paraguaio, de 32 anos e petición especial de Lotina,  que viaxou no mesmo avión que o resto dos xogadores que viñan de Roma, dende Baraxas. Alí tivo una primeira toma de contacto con seus novos compañeiros de equipo. .
 Na sua primeira rolda de prensa mostrouse ilusionado ca sua chegada o Deportivo. "Estoy muy feliz de estar acá, de pisar tierra europea después de pasar tantos años jugando en Argentina, de donde guardo gratos recuerdos. Esperemos que mañana (por hoy) terminemos de hacer los exámenes médicos, salga todo bien y pueda firmar para poder entrenar con la plantilla", afirmou Morel.
 O xogador con boas expectativas. "Siempre espero lo mejor. En Argentina me tocó jugar en dos equipos grandes, aquí en A Coruña pasaron grandes jugadores, ahora hay también muy buenos futbolistas, y vengo con los mejores pensamientos. Llegó acá a entregarlo todo. En cada entrenamiento y en cada partido que me toque jugar trataré de aportar mi granito de arena para que el equipo le vaya bien", asegurou.
 Tamén destacou que ca sua chegada o Deportivo cumplese o seu soño de xogar en España. "Es un sueño para mi llegar a una Liga como la española. Venir era un deseo que tenía por cumplir y se me dio ahora después de haber disputado un Mundial y de pasar por Argentina, en dos equipos grandes (San Lorenzo (1195-2004) y Boca Juniors (2004-2010). Me faltaba Europa y la verdad es que estoy muy contento de estar acá".
 Sobre o feito de ocupar o lugar que deixou Filipe, Morel asegurou que "es lo que tiene el fútbol, se compran y venden jugadores" y se mostró comprometido con el equipo ."Trataré de aportar toda mi experiencia, todo lo que pueda en la cancha cada vez que me toque".
 Asimesmo  apuntou que a posobilidade de xogar domingo deixao a elección de  Lotina. "En el viaje la verdad es que no tuve mucho tiempo de hablar con el míster. Me comentó que ya nos veremos estos días entrenando y sobre lo de jugar el domingo, eso es algo que tendrá que decidir él".

 O  segundo en chegar foi o noruego Knut Olav Rindaroy, que aterrizó en Alvedro pasadas as dez da noite. O zurdo de Molde disputou o domingo un importante partido co seu equipo contra o Rosenborg e perdeo por 3-1.
 Rindaroy considera que o seu fichaxe por o Depor supón  "un salto de calidad" na sua carreira e que ca sua chegada cumple "el sueño de jugar en una Liga como la española, que es más grande que la de mi país", dixo.
  O  lateral zurdo chega como cedido ata final de tempada ca opción de firmar por catro campañas máis, pero por agora eso non lle preocupa. "Mañana (por hoxe) pasaré el examen médico y espero no tener problemas para firmar posteriormente los papeles que faltan", explicou. 

 
Versión imprimible  

<   1234567891011121314151617182838485868788898108118128138148158168   >

Theme creado por dev-postnuke.com