http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 11
Ultimo:  Total: 4246
Ultimo:  Ultimo:
Kplfsqcwa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 3
Total:  Total: 3
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

AS FOTOS DA FINAL DA COPA DA COSTA 2010, (2ª PARTE):
Xoves, 08 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Onte puxémosvos unha escolma de fotos, das dúas afecións, os equipos e o encontro da volta da Final da Copa da Costa 2010.No día de hoxe, tedes unha escolma de fotos, da celebración no terreo de xogo, do equipo que saeu campión, o que queremos dar a nosa máis cordial noraboa, tanto polo título, como pola orgañización do maior evento deportivo da Costa da Morte, ademáis de polas facilidades e atención que nos deron antes e despois do encontro.
Vaia por diante que iste traballo, sería o mesmo, se gañasen os nosos "vesiños", do UC Cee, o principal, é, e foi o espectáculo, o bo rollo, antre as afecións, e a total deportividade no campo.



Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver máis fotos.


 
ESPAÑA DE MANEIRA SOBRESAINTE", A FINAL, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA.
Mércoles, 07 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
"A FINAL DA COPA DA COSTA EN FOTOS" - 1ª PARTE:
Mércoles, 07 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
O pasado Domingo, vivíuse, un encontro de paixón, talento e festa, a pesares do pouco futbol que se veu no campo, destacando as xogadas dos tres goles que acadou o equipo local.
Piratasdemuxia.es, estivo alí, invitado polo CF Dumbría, como un dos medios máis representativos do Futbol da Costa a nivel de internet, e aquí vos trae unha extensísima escolma de fotos das duas afecións, do encontro, e da entrega dos trofeos.
Mañán xoves, traerémosvos unha nova escolma de fotos, niste caso, da celebración do título no campo do Conco, por parte de xogadores, directivos e afecionados do equipo dumbriés.

Tanto o Unión Clube Cee, coma o CF Dumbría, foron xustos finalistas dista 47 edición da Copa da Costa, e a eles, e as suas afecións vai adicada ista escolma de fotos.



Se premes abaixo en "Ler a nova completa..." podes ver unha extensa escolma de fotos da Final de Copa.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO "II TORNEO DE FUTBOL BASE DO CF DUMBRÍA".
Mércoles, 07 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da CostaO Pasado sábado xogouse no Conco, (Dumbría), o "II Torneo de Futbol Base, do CF Dumbría", na modalidade de Futbol-8, no que participaron 16 equipos, de toda a zona, e o RC Deportivo da Coruña Alevín B, como invitado de luxo, dada a colaboración da Escola de Futbol do CF Dumbría, e o equipo deportivista.

Os gañadores foron en Benxamíns, o equipo muradán de "Os Miudos", que derrotou na Final, o CF Dumbría, por 3-2.Por igual resultado, venceu o equipo de alevíns do Deportivo, na Final, o CF Dumbría, que estaba adestrado, polo técnico, do Campión da Copa da Costa, José Lopez Canosa.

Aquí tes a escolma de fotos máis grande da historia de piratasdemuxia.es, con máis de 50 fotos.


Os Miudos, (Muros), gañaron o Torneo en Benxamís.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." verás moitísimas máis fotos.


 
CUADRO DE RESULTADOS E ENFRONTAMENTOS DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010:
Martes, 06 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
BODIPO, XOGARÁ NOS PAISES DO LESTE.
Martes, 06 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Bodipo probará sorte no futbol rumano.

Segundo informa o xornal do clube, Bodipo, será cedido o FC Valsui, equipo que adestra o español, López Caro, e que milita na primeira división de Rumanía.
Con ista cesión, o xogador sevillano do Depor acabará contrato co noso clube, dado, que a sua vinculación, co Deportivo, finaliza o 30 de Xuño, do 2011.
A marcha de Bodipo, alixeira un pouco o vestiario deportivista, un problema que vimos arrastrando dende fai anos, que tivo o seu culmen na "Era Caparrós", na que tivo, que facer a pretempada contando con ate 40 xogadores.

Bodipo, únese así a Mista, Angulo, e Sergio González, nos que xa forman parte da historia do equipo branquiazul, dos que tan só Sergio González, deixará o seu selo, pros anales da historia.

Miguel ángel Ferre, "Mista.

O ex deportivista Mista, acaba de chegar a un acordo, co Toronto FC, da Liga Canadiense, no que xogará a carón do tamén ex deportivista Julien De Guzmán.

 
Versión imprimible  
UC CEE, SPORTING CIUDAD JARDÍN E SCDR ESTEIRANA, CAMPIÓNS DO TORNEO DE MAZARICOS
Martes, 06 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
A SCDR Esteirana segue, co seu periplo de éxitos.

Ista pasada fin de semán, xogouse o Torneo de Futbol Base de Mazaricos.Os encontros, desenrroláronse no campo da Picota.
Alí congregáronse equipos de toda a bisbarra, e como invitado foráneo, estivo o Sporting Ciudad Jardín, da Coruña.

En benxamíns o campión foi o UC Cee, en alevíns o Sporting Ciudad Jardín e en infantís, foi a a SCDR Esteirana, que iste ano xa foi campión Intercomarcal, terceiro na Liga de Futbol 11, participou na Compostela Cup, e no torneo de futbol base do Cabana SD.

A próxima fin de semán, tócalle o turno o Torneo de Futbol Base do UC Cee, no que tamén haberá unha nutrida participación de equipos da zona.

O vindeiro mércores, colgaremos unha extensa escolma de fotos do torneo do CF Dumbría, no que participaron 14 equipos, de benxamíns e alevíns, na modalidade de Futbol-8.


 
URRETA, SERÁ PRESENTADO O MÉRCORES.
Luns, 05 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.tiempo.com.uy/imagenes/deportes/futbol/uy/urretavizcayajonathan.jpg
A fichaxe máis esperada, chega mañán martes.

O xogador uruguaio, Jonathan Urretavizcaya, "Urreta", chegará a Coruña iste martes, para pasar o mércores, o recoñecemento médico, firmar o seu contrato co Depor, e ser presentado, os afecionados.O xoves, comezará os adestramentos de pretempada cos seus novos compañeiros, agás, Guardado, que ten vacaións ate o día 28, por mor da sua participación no Mundial de Sudáfrica, e Zé Castro, que estivo preconvocado, e non virá ate o día 12.

O interior uruguaio, que ven de gañar o título de liga, co Peñarol de Montevideo, ven cedido, polo Benfica, que é o propetario da sua ficha, no que xogou catro encontros de liga, antes de ser cedido o equipo do seu pais.A sua principal virtude, é a rapidez, o que lle valeu o alcume de "El Rayo", ademáis da sua polivalencia, o xogar por ámbolos costados do campo.

Saúl Fernández.

Do que ainda non hai novas é do xogador do Elche, Saúl Fernández, que xa pasou pola Coruña, o pasado mes, para facer o recoñecemento médico.Podería ser ou polos problemas que ten co seu representante, por haber aceptado a oferta do Depor sen o seu consentimento; “Hace tiempo que me da la espalda, no quiere dar la cara", dixo o seu representante, José Plaza,  fai xusto un mes
Tamén podería ser porque, acaba contrato a finais de mes,  co clube, (ainda que dín que quedaba libre o pasado 30 de Xuño), que expedientou o xogador, o pasado 11 de Xuño, por pasar o recoñecemento médico na Coruña, o caso é que existe mutismo total entorno a iste tema.

.

 
Versión imprimible  
O CF DUMBRÍA, CAMPIÓN DA COPA DA COSTA 2010.
Domingo, 04 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

O CF Dumbría, campión da Copa da Costa 2010.

CF Dumbría 3-0 UC Cee



Quizais o resultado foi demasiado abultado, para o visto, no Municipal do Conco, pero se houbo, un xusto vencedor, no contexto dos dous encontros da Final, ise foi o equipo que dirixe José López Canosa.A pesares de ter a ventaxe nio marcador, do encontro de ida sempre buscou a porta defendida por Mingos.

A primeira metade foi dominada polo Dumbría, agás, os derradeiros dez minutos, nos que o UC Cee, pero sen profundidade.Así acabou iste primeiro acto, no que tan só se puido ver un tiro antre os tres paus, no que se luceu Mingos.

Nada máis comezar o segundo tempo, unha xogada levada pola banda esquerda, por Rubén García, deulle un pase medido, a Adrián, "Maakay", que culminou no primeiro gol, que fixo, explotar a afeción dumbriesa.O equipo local, descargou tensión, e xogou máis relaxado. Llanero, que acababa de entrar, volveu a sua cita co gol , na xogada máis bonita do encontro, nunha triangular, antre Rubén García, Iago, e Llanero, acabou en gol diste último, o que deixou moi tocado o equipo ceense. Tralo gol o encontro estivo parado varios minutos, por unha "Gilipolléz", do liña, o que lle tiraron auga, afecionados do equipo ceense, que pedían fora de xogo, de Llanero no gol.
Reanudouse o encontro, e xa con un UC Cee, cos brazos baixos, só quedaba esperar o remate do encontro, pero ainda nos quedaba por ver, unha gran xogada de Piri, (que acababa de entrar), que lla deixou a LLanero, para que  a empuxase, xa no desconto da Final.

CF Dumbría:  Juan, Iván Pequeño, Chula, Nico, Rubén García, Aarón, Adrián "Maakay", (Piri, 83´), Suso, Iago, (Carreira, 88´), Angeliño, (Schuster, 60´), Brais, (LLanero, 67´).

UC Cee: Mingos, Rubén Fiuza, Jacobo, (Borja, 88´), Fermín, Miguel Riveiro, Rafa, (Carlos Leis, 83´), Rivi, Leo, Luigi, Penedo, (Javi Rañal, 93´).

Goles: 1-0, Adrián "Maakay", (46´), 2-0, e 3-0, Llanero, (75´, e 98´).

Árbitro: Antonio Fuentes, (A Coruña), Estivo Ben.

Espectadores: 1.400
Recaudación: 3.860 euros

No inicio, regaláronse camisetas conmemorativas, os afecionados.
A Copa de campión, foi recollida polo capitán Suso de mans do Presidente de Federación Galega de Futbol, Carlos Meana.

Incidentes:O único incidente grave, foi os desperfectos no coche de un veciño de Cee, que nos manifestou que con toda seguridade, o ou os que lle raiaron o vehículo, fose un ou varios afecionados do seu pobo, pois segundo nos comentou foron a polo seu coche, coñecéndoo, e o motivo, cáseque con toda seguridade, por levar posta a camisola que lle regalaron a entrada, que era conmemorativa do evento, pero que levaba o escudo do CF Dumbría.Polo demáis houbo unha total cordialidade, e deportividade, dentro do campo e nas bancadas.

Nosa máis cordial noraboa a directivos, técnicos, empregados, xogadores e afecionados do CF Dumbría, pola consecución, do seu terceiro título da Copa da Costa.
Pronto teredes unha gran escolma
con fotos da Final, dos xogadores e afecionados, de ámbolos equipos,festa post-encontro, etc.


 
Versión imprimible  
FINAL DA COPA DA COSTA 2010, (VOLTA): CF DUMBRÍA-UC CEE.
Domingo, 04 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

En calqueira parte de Galicia ou do mundo, que estés, podes seguir a Final da Copa da Costa 2010, podes seguir en directo o encontro de volta, antre o CF Dumbría-UC Cee, premendo en calqueira dos enlaces, de abaixo.Comezará as 18:30 horas.Radio Nordés e Radio Voz Bergantiños, comezarán a sua trasmisión, media hora antes do encontro, e seguirá tralo remate do xogo.Radio Neria, faráo dende as 08:00 horas, cada hora, ate as 17:30 horas, que xa o farán de forma inenterrumpida, dende o Conco.

Tralo encontro poderás ver todo o acontecido, aquí en piratasdemuxía.es, e mañán, nos xornais: La Voz de Galicia, Dxt Campeón, e Depor Sport.Tamén farán un seguimento diste gran evento deportivo, as nosas webs amigas, anosacosta.com, e quepasanacosta.com

Preme en calqueira das radios para seguir o encontro en directo:

 

radiONeria

Radio Neria, adicará todo o día o encontro, e o equipo que desenrolará iste traballo, son Adrián Leira, (Director de deportegal.com), con  Álvaro Lago, Fran Lago, Iván Pereira, Ubaldo Cerqueiro, Xabi González, e os adestradores, Nito e Calabanda, nos comentarios.


Radio Voz Bergantiños

Xosé Manuel Ferreiro,  levará o peso da transmisión e contará con; Raúl García de Loza, ex árbitro internacional, afincado en Cee; Ramón Piña Martínez, ex deportivista e adestrador nacional, e Berto Suárez, técnico do Ponteceso e un dos mellores coñecedores da competición da Costa da Morte.

Tamén acompañarán a Xosé Manuel Ferreiro, pero a pé de campo; Domingo Alvite, e Juanjo Vales que coordinará as conexións do encontro.


Radio Nordés

Non ten emisión Online, podes escoitalos na Fm, no 92.2.

A transmisión radiofónica que será comandada, por Fran Hermida, contará con José Carlos a pé de campo, e cos comentarios dos adestradores costeiros, Manín, Italia, Sieso e Padronés, e co xornalista, Guillermo Parga, do Depor Sport.



 
Versión imprimible  
FINAL DA COPA DA COSTA 2010, (VOLTA): "O DÍA DO XUÍZO FINAL".
Domingo, 04 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
https://mail.google.com/mail/?ui=2&ik=56dceb4e5b&view=att&th=1299536a630364f4&attid=0.1&disp=inline&realattid=f_gb5kwah20&zw

O potencial dos equipos, augura unha Final "apaixoante".


O Clube de Futbol Dumbría, e o Unión Clube Cee, disputan na tarde de hoxe, (18:30 horas), o "Combate Final", coma na película Russell Mulcahy, "Os Inmortais": "Só pode quedar un", e José López, e José Manuel, "Pato", serán, os posuidores da espadas, que diriman quen será o que quedará en pé, no "día do xuizo final".

Os adestradores, tralo encontro da pasada semán, no Sampaio de Refoxo, (1-1), "afiaban" os coitelos, para o encontro de volta, con verbas, como, "O Dumbría tivo a Final nas suas mans, e non o aproveitou, e agora tócanos a nos enmendalo en Dumbría", (José M. "Pato), ou "o resultado que tiña na miña mente era un 0-3", (Losé López).

José Lopez, (CF Dumbría): "eles non poden xogar como o fixeron no encontro da ida, se queren que lles cheguen balóns, a Rafa, Rubén..., e nos como digo sempre, e é unha realidade, imos a xogar ca nosa "filosofía", sempre intentado xogar o futbol indo a polo encontro, sin mirar o resultado que temos favorable.O que máis sinto, e que Piri, non poida xogar, pois ademáis de ser un xogador cunhaa potencia descomunal, tiña unhas gañas enormes, por outra banda, Adrián, ainda anda medio tocado, pero está ahí Juan Carlos, (LLanero), que xa adestrou máis e pódenos axudar moito".

José Manuel Pato, (UC Cee): "Non será doado, pero imos a ter máis intensidade, que no encontro de ida.En Cee, no medio do campo, salvo os primeiros 20 minutos, foi do Dumbría, hai temos que cimentar a nosa victoria.Temos que anular o perigo, que nos creou o Dumbría, polas bandas no primeiro encontro, e seguir ca eficacia, de Berto e Jacobo atrás".

Cúmprense 46 anos da primeira disputa dunha Copa da Costa, por aquel entonces, o UC Cee, xogou a final, contra o Fisterra, (1-1, 3-1), alzándose, co primeiro dos seus 7 títulos de Copa, en 8 finais que disputou, sendo o equipo máis laureado, nista competición.

Na tarde de hoxe a directiva do clube dumbriés, espera a preto de 2000 afecionados de toda a Costa da Morte, e para elo, condicionou gradas supletorias, fronte as novas intalacións, do ximnasio, cafetería, salón de actos..., que os máis cativos onte no ª2º Torneo de Futbol Base", tiveron a ocasión de coñecer.

Nas aliñacions, haberá posiblemente trocos, pois o UC Cee, recupera o porteiro Mingos, e a Rafa, Carlos Leis e Rubén Fiuza, perde a Chapu, por sanción federativa, o ser expulsado no encontro de ida.O clube azuliño, tratou por medio dun video, que lle quitasen un dos cartóns, pero o Subcomité, desestimou o recurso.
Pola sua banda o CF Dumbría ten antre lgodóns a Adrián "Maakay", o máximo goleador dista edición da Copa, e a Guardiola, que naida, sustituiu a Maakay, no 88 de encontro e que se perderá o choque máis decisivo, por asuntos persoais, polo resto os que xogaron o pasado Domingo, están todos en perfectas condicións.




 
Versión imprimible  
CUARTA FICHAXE DO BERGANTIÑOS CF, PARA A TEMPADA 2010-2011.
Domingo, 04 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
O Bergantiños segue a incorporan xente da zona.

Segundo nos informan dende o Bergantiños CF, na noite de onte o Bergantiños, pecharon a cuarta fichaxe,
para a vindeira tempada.Trátase do defensa Álex Canedo, un
xogador nativo de Carballo, de 23 anos e formado nas categorías inferiores do clube, que depois pasau polo Montañeiros,
 xogando a pasada tempada 22 encontros na Segunda B.
 Xoga de defensa central, pode facelo xogar tanto de lateral, como de mediocentro
defensivo. Iste polivalente xogador, amosa moi boa calidade técnica, e unha das suas principais virtudes, e o dominio,
do fútbol aéreo, dada a sua sua envergadura de mais dun metro oitenta.

Tamén pecharon na noite de onte, a renovación, do xove xogador carballés Moreira, un centro-campista polivalente,
 que na pasada tempada, xogou 37 encontros, tendo ademais
presenza na Selección Galega de Afecionados.Moreira, ten 21 anos, e ten un grande futuro no mundo do fútbol.

Ambolos dous teñen antecesores na historia do club bergantiñán, pois o primeiro ven sendo neto
do histórico adestrador Quique Liñares, que antre os galardons importantes foi o
adestrador da primeira Copa de Galicia, diante do Turista de Vigo, que ven sendo o
actual Celta B. O segundo tamen e fillo dun ex xogador e adestrador, José Antonio Moreira

Con estas adquisicions o Bergantiños CF segue na liña de incorporar o máximo de xogadores da comarca,
o que é moito de agradecer, para a Costa da Morte, no equipo máis representativo..


 
2º TORNEO DE FUTBOL8 DE DUMBRIA
Sábado, 03 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

 

2ª torneo de Fútbol 8 de Dumbría.



                                                                                 Benxamíns                                                                                   Alevíns

                                                                                Semifinais:                                                                                   Semifinais:
                                                                      Dumbría 6-0 UC Cee                                                                 C.F. Dumbría 3-1 Corcubión
                                                                  Os Miudos 4-1 As Baleas                                                                           Muxía 0-5 Deportivo

                                                                                    Final:                                                                                              Final:
                                                                    Dumbría 2-3 Os Miudos                                                            Deportivo 3-2 Dumbría

Queremos agradecer, toda a colaboración, que nos deu o CF Dumbría, durante toda a xornada.

Durante a semán, poñeremos unha extensa escolma de fotos, de tódolos equipo.


 
CUARTOS DE FINAL DO MUNDIAL 2010: " ESPAÑA: OU SÍ...OU SÍ...O CONTRARIO=FRACASO".
Sábado, 03 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010
Argentina 0-4 Alemaña:
0-1, Muller, (3´), 0-2, Klose, (68´), 0-3, Friedrich, (74´), 0-4, Klose, (89´).
Alemaña, baixalle os "fumes" a Maradona, e reinvindica como no caso de Holanda, o futbol en equipo, en contra das "figuras".

Paraguai 0-1 España: 0-1, Villa, (83´).
España a semifinais, por primeira vez na historia, nun encontro, con máis problemas dos esperados, con un mal árbitro.
Casillas, parou ubn penalti, na seguinte xogada penalti a favor de Españ, e tira Alonso, marca, e mandan repetir...só o colexiado soubo porqué.Tira de novo, para o porteiro, e no rechace faille penalti a Fábregas.Debería ser penalti e exoulsión, pero apareceu, o de sempre...o mellor xogador do mundo...David Villa, e puxo a España, antre os catro mellores do mundo, (83´).




 
FINAL DA COPA DA COSTA: "O COMBATE FINAL": "SO PODE QUEDAR UN".
Sábado, 03 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa



Temos un problema no servidor, que non nos permite, baixar fotos directamente a nosa web, quedaron de solucionalo con brevedade, pero...nada de nada, polo que para poder ver a nosa montaxe sobre a Final da Copa da Costa tes que premer no enlace de abaixo.

Preme aquí para ver a montaxe do duelo dos "Inmortais": "So pode quedar un".



 
"II TORNEO DE FUTBOL BASE DO CF DUMBRÍA".
Sábado, 03 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

 

Hoxe durante todo o día xogarase o "º Torneo de Futbol Base do CF Dumbría, de benxamíns e alevíns.

Durante o día de hoxe, ate as 19:30 horas que é o derradeiro encontro, xogaránse as eliminatorias, e as finais, de ámbalas duas categorías, terá lugar o torneo de Futbol-8, que orgañiza o Clube de Futbol Dumbría, que chega a sua segunda  edición, e na que participan, 7 equipos de benxamíns, (Outes FC, Muxía FC, CF Dumbría e As Baleas, (Grupo A), ED Os Miudos, Sp. Zas e UC Cee, (Grupo B)), e 8 de alevíns, (CF Dumbría, ED Os Miudos, Muxía FC, e As Baleas, (Grupo A), RC Deportivo, Outes CF, Sp. Zas, UD Corcubión, (Grupo B).

Os encontros comezarán, as 10:00 horas, no Municipal do Conco, con dous encontros simultáneos, pararán para xantar as 13:00 horas, e reanudaránse as 16:00 horas.

Preme arriba no titular, e tes o calendario de horarios e enfrontamentos.



 
Versión imprimible  
HOLANDA E URUGUAI A SEMIFINAIS:
Venres, 02 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010Primeira sorpresa de cuartos: "Holanda pasa a semifinais:
Holanda 2-1 Brasil: 0-1, Robinho, (9´), 1-1, Melo e propia porta, (53´), 2-1, Sneijder, (68´).

Uruguai, evita o pase do único equipo africano que quedaba, a semifinais.
Ghana 1-1 Uruguai: 0-1, Muntari, (45+2´), 1-1, Forlán, (55´).Tras errar, un penalti o equipo africano, nos derradeiros minutos da prórroga, o "Loco" Abreu, decidiu a tanda de penalti, con un lanzamento, o "Panenka". Pasou Uruguai a penaltis, (2-4).

 
FINAL DA COPA DA COSTA 2010
Venres, 02 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


Espéranos un encontro de Final de Copa "excitante", no "Combate Final".

 

O CF Dumbría foi mellor o pasado Domingo, no encontro de ida da Final da Copa da Costa, tivo o balón, as ocasións, e o xogo, no flamante céspede do Sampaio de Refoxo, (segue sen gustarnos o nome), nunha inmellorables instalacións, a altura do UC Cee.

O equipo que dirixe o fisterrán José López Canosa, faltoulle ademáis de sorte, o que era a sua principal virtude...a definición.Con iste van dous encontros nos que tan só marca un gol, e nos dous non acadou a victoria, (ante o Malpica, 2-1 a favor dos malpicáns), algo o que non nos tiñan acostumados os dumbrieses.
Un adestrador da Liga da Costa, manifestábanos, o pouco de comezar a Copa, que estaba feita para o Dumbría, dado o estado de cansanzo do Ponteceso, e o UC Cee, pola loita que tiveron na liga, pero o certo é que os de José Manuel Rodríguez , "Pato", foron saindo adiante, cando os daban por "caidos", e o pasado Domingo, nun campo, que beneficiaba os visitantes, polas dimensións do terreo de xogo, foron quen de adiantarse no marcador, e aguantar os derradeiros minutos con un home menos, pola expulsión de Chapu, e ahí están con tódalas opcións en alto.

O adestrador ceense, decía o final do encontro, que "o Dumbría, tivo a Final, nas suas mans e non soubo aproveitalo, e agora nos temos que enmendala en Dumbría".José Manuel "Pato", sabe que iste ano o equipo de Pequeño Castro, non foi quen de gañarlles, en tres encontros, (en liga: 3-3, 1-0, e na Copa: 1-1), e agora o Conco, é un campo de dimensións, máis acordes o seu xogo.

O encontro do Domingo as 18:00 horas no Conco, que será dirixido, polo colexiado de 1ª Autonómica, Antonio Fuentes Seoane, (A Coruña), será un choque "excitante", con tódolos alicientes, do evento máis importante do futbol da Costa, e sen nada por decidir, ben e certo, que o Dumbría chégalle cun empate sen goles, pero a filosofía, de José López, adestrador dos de Dumbría, non vai con esas, o dél e ir a polo partido, e desplegar futbol de ataque, cousa que por outro lado, e de agradecer, pois axuda o espectáculo, e pode beneficiar o UC Cee.

Alí estaremos piratasdemuxia.es, para contárvolo, que aconteza, nun evento, do máis mediatico da zona.O pasado Domingo, alí estiveron: Radio Voz, (99.8 Fm), radiONeria, (107.8 Fm), Radio Nordés, (92.2 Fm), Depor Sport, DXT Campeón, La Voz de Galicia, e as webs amigas,  deportegal.com, anosacosta.com e quepasanacosta.com, e voltarán a estar todos, ista semán, para que todos estedes ben informados.

 
Versión imprimible  
SERGIO GONZÁLEZ, DESPÍDESE DO DEPORTIVO.
Xoves, 01 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Sergio dí adeus o Depor.

Sergio González, dí adeus a sua etapa deportivista, 9 anos despois de chegar como a fichaxe máis cara da historia do Deportivo.Chegou a Coruña, o ano de gañarse a liga, (2001/02), por 1.800 millóns de pesetas, (16,8 millóns de euros), e disputou 293 encontros de liga, nos que marcou 27 goles.O Depor chegou, tras xogar, no Hospitalet, (94/95), no Español B, (1995-1998), e catro no Español, (1998-2001).

Co Depor gañou a Copa do Centenariazo, (na que marcou un gol), e unha Supercopa de España, ademáis de participar, nos anos máis gloriosos, do noso equipo na Champions.Ainda que a sua primeira participación na Selección Española, foi antes de abandoar o Español, (2001), da man de Camacho, estando no Depor, foi convocado en 10 ocasións, participando, no mundial de Corea-Xapón 2002.

Ainda que non ten ofertas de clubes, non lle han de faltar, dada a sua experiencia, con 403 partidos disputados na máxima categoría do futbol español.
Fálase de que podería denunciar o Depor, por impago, dunha cantidade que oscila antre os 2 e os 5 millóns de euros, segundo varios medios.A denuncia é un trámite, para asegurarse o cobro.

Como informamos fai uns días, Lendoiro, ceou, co seu pai, Avelino González, que fai as veces de representante do xogador.Non trascendeu o que se falou, pero o que sí é completamente certo, é o seu adeus o Depor, pois o xornal do clube, (Depor Sport), sácao hoxe en portada.

Dende piratasdemuxia.es, queremos darlle as gracias a Sergio González, polos servicios prestados, a noso equipo e a nos mesmos, como parte dél, e desexarlle toda a sorte do mundo, esperando velo cos Veteráns do Depor nun futuro.Deica sempre!!!.

 
Versión imprimible  
"OS FRANCESES EN RIAZOR, UNHA HISTORIA DE AMOR E DESAMOR".
Xoves, 01 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
asento 255
http://perso.wanadoo.es/oszorros/Fotos/martins.jpghttp://perso.wanadoo.es/oszorros/Fotos/madar.jpghttp://www.lavozdegalicia.es/foto_hemeroteca/2001/11/19/0012_690017/Foto/h20p34d1.jpghttp://www.solocalcio.com/gallery/internazionale/IMAGES/DLCZiani.jpghttp://www.aupadeportivo.com/media/galeria/36/3/4/5/3/o_deportivo_de_la_coruna_historicos-643543.jpg
Os franceses no Depor unha historia de "amor e desamor".

Fichado, Yves Desmarets, sona como futurible, Oliver Thomert, e con Lassad Nouioui, o Depor volve a pousar os seus ollos na "Belle France".A historia dos franceses que últimamente pasaron polo noso clube, pódese decir que é unha "Historia de amor e desamor".Con xogadores de calidade futbolística pero non así humana, e con outros que aunaron as duas facetas.Algúns deixaron moitos cartos nas arcas deportivistas, (na sua maioría), e algún, houbo, que darlle un "billete de ida".

Na sua época de "renacemento", o Depor foi traendo xogadores galos, que o mesmo deixaron gratos recordos, como momentos malos.
Corentín Martíns, (Brest-11/07/69), chegou a Coruña, na tempada 1996/97.Xogador de orixe portuguesa, deixou un grato recordo na en Riazor, co seu trato exquisito do balón, enchendose de dar pases de gol, e marcando 13 goles, en 33 encontros.Foi o mellor "socio" de Rivaldo no medio do campo, e  o mellor francés que pisou Riazor, pero unha lesión, de xionllo, deixouno no "dique seco", durante 8 meses, e cando se recuperou, o Depor fixo, un bo negocio, económico, que non deportivo, o vendelo o Estraburgo, por 800 millóns de pesetas, ano e medio despois de desembarcar na Coruña.

Chegou tamén por aquel entonces Michael Madar, que marcou 4 goles en 17 encontros, era un xogador que remataba de testa todo canto lle caía por diante, pero, tivo follón, ate cos postes, pois erá polémico a máis non poder, pouco durou no Depor, e o ano seguinte, déuselle a carta de libertade, índose como viñera. Fichou polo Everton, e non trocou a sua maneira de ser, o que lle valeu o apodo de "Madar Devil", (Demonio Madar).Colgou as botas no 2002, tras voltar a Francia, e pasar polo PSG, e o equipo de terceira, no que fixo de xogador e adestrador, US Creteil-Lusitanos.

 

<   12345678910111213141516171819202122232425262737475767778797107117127137147157167   >

Theme creado por dev-postnuke.com