http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

RESULTADOS DO "I TORNEO DE FUTBOL 7 CONCELLO DE CEE".
Luns, 12 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Durante a fin de semán, xogouse o "I Torneo de Futbol 7 Concello de Cee", cos encontros clasificatorios e as semifinais durante todo o día do sábado, e as finais, así coma encontros de exsibición de prebenxamíns.Aquí tedes tódolos resultados que se deron, e o vindeiro mércores, colgaremos unha extensa escolma de fotos da grande maioría dos encontros.
Na entrega de trofeos estiveron:
D. Joaquín Casáis Santamaría (Presidente Asoc. Antidroga Retorno de Cee).
Dna. Esperanza Castro (En represent. de FERROATLÁNTICA)
D. Arturo Conde Santos (Concelleiro Deportes Cee)
Dna. Amancia Trillo (Vicealcaldesa Cee)

Dende piratasdemuxia.es, queremos darlle a noraboa a orgañización, polo gran acto deportivo e festivo que conseguiron,
para nenos e maiores, e agradecerlles toda a colaboración que nos prestaron, para que o noso traballo chegue a vos.
FINAIS



O equipo benxamín do Concello de Cee, foi o campión da sua categoría.

O vindeiro mércores, colgaremos unha extensa escolma de fotos, do torneo.

Preme abaixo en "Ler a nova completa...", para ver tódolos resultados.


 
ESPAÑA, CAMPIONA DO MUNDO DE FUTBOL!!!
Domingo, 11 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
HOLANDA 0-1 ESPAÑA. "CAMPIÓNS!!!"
Domingo, 11 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
OS NÚMEROS DAS FINAIS DOS MUNDIAIS:
Domingo, 11 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


Se premes abaixo en "Ler a nova completa..." tes tódolos números dista Final e das finais dos mundiais disputados.


 
BREVES DO FUTBOL DA ZONA:
Domingo, 11 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa-O Cerceda comezará a pretempada, o vindeiro día 21 de Xullo, no campo do Roxo, a partires das 19:30 horas.

-O Santa Comba, renova a 12 xogadores.Tralo troco de Presidente, nos despachos do equipo xalleiro, puxéronse mans a obra, e despois de renovar o adestrador Gelucho, infórmannos de que ficharon o lateral esquerdo, do Santiago de Compostela, Marcos, e levaron a cabo a renovación, dos xogadores, Dani, Gonzalo, Pablo Baña, Oscarín, David, Ivan Facal, Suso, Doro, Julián, Adán, Toni, e Julio Bayo.

-O xogador do Baio, Guillermo, que foi un dos máximos goleadores da Liga da Costa, comunicoulle o clube, que non seguirá a vindeira tempada no equipo, de Tono, para a vindeira tempada.Ainda non decideu o seu futuro, pero coméntannos que manexa varias ofertas.

-A Asociación de Clubes de Futbol da Costa, reunirase o vindeiro martes as 20:00 horas, no Salón de Actos do Pavillón de Baio, para configurar a vindeira tempada.

--Os equipos da zona da Coruña, antre os que se atopan, o Cerceda, (adémais do seu filial), Laracha e Paiosaco, reuniránse na Coruña, no hotel Attica, para programar as competicións da vindeira tempada.

.-Durante a semán poñeremos, toda a información, e unha escolma de fotos, do "I Torneo de Futbol Base, Concello de Cee".

 
Versión imprimible  
ASÍ QUEDA O CADRO DO MUNDIAL, ANTES DO ENCONTRO "FINAL":
Domingo, 11 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA O DÍA DE HOXE:
Sábado, 10 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da CostaHoxe ademáis do "I Torneo de Futbol 7 Concello de Cee", de futbol base, (do que tedes o calendario máis abaixo),  tedes máis torneos, durante todo o día, como son, o "IV Maratón de Futbol Sala da Peña Deportivista Peisaco", en Paiosaco, (A Laracha), e o "II Torneo de Futbol 7 Cadete", que orgañizan os veteráns en Corcubión, no que participan 16 equipos.

 
Versión imprimible  
"XV ASEMBLEA DE PEÑAS DO DEPORTIVO, EN O PINDO, (A CORUÑA)".
Sábado, 10 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
 
http://noyaymuros.com/turismo-rural-galicia/uploads/imgs/62_img_codigo5.jpg
Presenciar o "Salto do Xallas", será un dos actos, orgañizados pola Peña "A´Moa".


A Peña Deportivista "A´Moa", orgañiza a 15ª Asemblea de Peñas do Deportivo.


Os vindeiros días 16, 17 e 18 de Xullo, a localidade carnotana de O Pindo, será escenario, da 15ª Asemblea de Peñas Federadas do Deportivo, orgañizada pola Peña Deportivista "A´Moa", do Pindo, fundada un 21 de Xullo do 2000, polo que cumprirá a sua primeira década de vida tralo evento.A xuntanza deportivista,  contará con diversos actos para tódolos deportivistas que se queiran a unir a Asemblea, e a festa que leva aparellada.

O venres 16 terá lugara a inauguración da xuntanza, coa apertura dunha exposición de camisetas históricas do Depor, así coma unha exposición fotográfica, que se titula: "10 anos de orgullo deportivista na Costa da Morte.Acontecementos deportivos históricos".

O sábado 17, no Municipal de Lombáns, (Carnota), terá lugar un encontro de futbol, antre o Fabril e unha Selección da Costa da Lus, a partires das 12:00 horas.O ambente estará amenizado, pola charanga, "Galana".As 20:30 horas, haberá para os asistentes, unha visita o Centro de Interpretación "Monte Pindo", na Casa de Pedra de o Ézaro, para unha hora máis tarde, pasar a visitar o Centro de Interpretación da Electricidade.Xa as 23:00 horas, a visita será a contemplar o Salto do Xallas.

O Domingo 18, ás 10:00 horas, terá lugar a apertura da carpa, para a entrega das acreditacións, que permiten a asistencia a Asemblea, que comezará as 12:00 horas, no Salón de Actos da Cofraría de pescadores do Pindo.O finalizar a xuntanza, haberá pinchos, para os asistentes, amenizados pola charanga "Galanía".
As 15:00 horas terá lugar o xantar, na carpa que se montará para tal evento.Tralo xantar, as 17:30 horas, haberá actuacións musicais, con un grupo e as Pandereteiras da Solaina.A clausura dista 15ª Asemblea de Peñas Federadas do Deportivo, terá lugar as 20:00 horas.

 
Versión imprimible  
SORPRESA: "QUINTA FICHAXE DO DEPOR 2010-2011, CON SABOR EXÓTICO".
Venres, 09 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.expressodasilhas.sapo.cv/uploads/noticias/medium_1269632329_6134_stopira.jpg
Stopira un lateral "exótico", para o Depor 2010/2011.

Lendoiro sorpéndenos, cunha nova fichaxe sorpresa.Cando dende Francia, se falaba istes días da posibilidade de que Oliver Thombert, engrosara a nómina deportivista, o clube, anuncia a fichaxe do caboverdiano, Ianique Santos Tavares, máis coñecido, por Stopira.
O exótico xogador, é internacional absoluto, con Cabo Verde, e tras formarse, co equipo do seu pais, Sporting da Praia, pasou a xogar no equipo luso, do Santa Clara, que milita na División de Honra, (segunda portuguesa), e no que xogou a pasada tempada, 32 encontros, nos que non veu porta.

Con 22 anos, (20/05/88), ficha por catro tempadas, mide 1.80 m, e xoga de lateral esquerdo.O parecer, era pretendido polo Vitoria de Guimaraes, o que lle pedían, 100.000 euros polo traspaso.Non trascendeu o que lle costou o Depor, pois os dereitos do xogador tenos a empresa luxemburguesa, IberSports, nun 75%.
Podería chegar para alternar o primeiro e o segundo equipo do Depor, todo dependendo, de si Filipe o final, se vai ou se queda na Coruña, que nistes intres era o único xogador nista demarcación.Stopira, pasará hoxe o recoñecemento médico.

Onde está "Piscu"

Noutro orde de cousas, e como o xogo de buscar a Wally, onte Adrián López, "Piscu", non se presentou en Riazor, e ainda non trascendeu nada sobre o tema.O xogador deportivista de As Pontes, acababa contrato o pasado 31 de Xuño, pero o Depor fixo valer, unha cláusula, pola que renovaba automáticamente un ano máis.Foi convocado, coma todos, agás, Zé Castro, (12 Xullo), Rubén Castro, (20 de Xullo), e Guardado, (28 Xullo).

 
Versión imprimible  
"I TORNEO FÚTBOL 7 CONCELLO DE CEE".
Venres, 09 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

I TORNEO FÚTBOL 7 CONCELLO DE CEE VERÁN 2010

 Durante todo día do sábado día 10 e mañán do domingo 11, terá lugar o primer torneo de fútbol 7, que organiza o Concello de Cee, no seu programa de deportes verán 2010. Nel participan 22 equipos de benxamíns, alevíns e infantiles.

Preme en "Ler a nova completa", para ver o calendario.



 
ESCOLMA DE NOVAS DO FUTBOL AFECIONADO:
Venres, 09 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

-O Cerceda está facendo xestións para fichar o xogador brasileiro, Adriano Costiñán.Tamén comunicou o Presidente cercedense, que está tramitando a contratación dun dianteiro, as preferencias van por Iván, que xoga no Compostela, e Rubén Pardo do Montañeros.

-O Laracha CF, pretendía a fichaxe do xogador do CF Dumbría, Aarón, pero iste prefire quedar no equipo dumbriés, onde está o seu pai, Ángel, e o seu tío, o adestrador, José López.

-O Sporting Zas, fará a sua presentación, o vindeiro día 15, e comezará cos adestramentos, o día 20.O clube que preside Jesús Roget, que recupera o xogador Iván Rojo, espera incorporar, a un central, un centrocampista e un dianteiro.Como xa informou piratasdemuxia.es, na entrevista que lle fixemos o máximo mandatario do Zas, os xuvenís, Dani, Fabián, Chimán e Peque, suben o primeiro equipo.O adestrador será Claudio Casal.

-O Xallas, que xogará na 1ª Autonómica co Sporting Zas, fichou o defensa do Cacheiras, Pica, e o medio do Negreira, Adrián.En breve o Presidente, Pedro Fernández, dará a coñecer novas incorporacións, que están en fase de contratación.

-A SCDR Esteirana, convoca os seus abonados, para a Asemblea anual, para o vindeiro sábado, as 20:00 horas, coa finalidade de elexir a nova rectora.A actual, que preside Tomás Lestón, cumple o seu segundo ano a fronte da Sociedade Cultural Deportiva Recreativa Esteirana.

-A Asociación de Clubes de Futbol da Costa, reunirase o vindeiro martes as 20:00 horas, no Salón de Actos do Pavillón de Baio, para configurar a vindeira tempada.

-O Sofán convoca para hoxe as 21:00 horas, os seus abonados, para a elección de novo Presidente.O sainte, Eliseo Docampo, e a sua directiva, son as únicas candidaturas que había presentadas, polo que todo fai pensar, que sefuirán no cargo.Na reunión antre outras cousas, falarase tamén das posibles incorporacións, para o asalto a 1ª Autonómica.

-A UD Paiosaco, convoca os seus abonados, a unha Asemblea, as 21:00 horas, no campo, da Porta Santa, para dar a coñecer o balanzo deportivo e económico, da tempada pasada.Tras iste trámite, falarase, da orgañización do 50 aniversario do equipo larachés, que comezou a sua andaina no futbol, na tempada 1961-62, e que a pasada tempada a piques estivo de poñerse na Fase de Ascenso a 1ª Autonómica.

 
Versión imprimible  
AS NOVAS FICHAXES, "RESPIRARON" O AIRE IODADO DE RIAZOR.
Xoves, 08 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://media.lavozdegalicia.es/default/2010/07/08/00121278618528402732878/Foto/E_100708-194619.jpg
As novas fichaxes, pisaron Riazor.

O francés, Yves Desmarets, o centrocampista cedido polo Valencia, Miguel Alfonso Herrero "Míchel", o interior dereito, Saúl Fernández e o uruguaio, Jonathan Urretaviscaya "Urreta", pisaron por primeira vez o remozado céspede de Riazor, enfundados na nova equipación do Depor, ante tres centos de afecionados, antre os que había un nutrido grupo de uruguaios.Deron uns toques, para os afecionados e fotógrafos, e logo, deron paso a xuntanza que tiveron cos seus compañeiros e os técnicos.

Urreta, que foi coreado pola sua parroquia, comentou sobre a sua decisión  de vir a Coruña, sen oir a oferta do Español; "En todo momento el Deportivo creyó en mi. Me llamó el entrenador y el preparador físico y me hizo sentir que me querían de verdad", e comentou que estaba "deseoso de comenzar a trabajar".

O asturiano, Saúl Fernández, comentou que; "Es un paso muy importante. Vengo a un gran club. Quiero demostrar que puedo rendir en Primera. Espero pasar aquí muchos años y muy buenos".
Definiuse como un xogador, "rápido, y con un buen, uno contra uno", acrarando deseguido, porqué viñera a facer o recoñecemento médico a Coruña; "Tenía que decir lo que era conveniente para mi, para el Dépor y Elche. No quería que saliera a la luz. El Dépor quería saber cómo estaba mi lesión y por eso vine".

O xogador non quixo falar do "problema" co seu representante, José Plaza, co que acababa contrato, o vindeiro 1 de Agosto, por telo apartado, da negociación co Depor, pero "dín", que xa rescindira o seu contarto con él antes de firmar co noso clube, unilateralmente.


Lendoiro, que acompañou os novos fichaxes, acrarou que o uruguaio, é Urretaviscaya, con "s", no medio e non "z", comentando de seguido, que ; "Esperemos llegar a acuerdos con el Benfica o al pago de una cláusula elevadisima", fálase de 15 millóns de euros.

Fonte da información: Agencia EFE, e foto de La Voz de Galicia.


 
Versión imprimible  
PRESENTACIÓNS EN RIAZOR, E PROGRAMA DA PRETEMPADA DO DEPOR.
Xoves, 08 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.cariverplate.com.uy/imagenes/actualidad/urreta_gr.jpghttp://www.as.com/recorte/20081024dasdasftb_54/C280/Ies/20081024dasdasftb_54.jpg
Urreta e Saúl, vivirán hoxe, en Riazor a sua presentación.

O Depor 2010-2011, bota a andar mañán.


Hoxe pola tarde será presentado o uruguaio, Jonathan Urretaviscaya, "Urreta", a partires das 19:00 horas, xunto con Desmarets, e por fín, Saúl Fernández, en Riazor.Trala presentación, Lotina, terá unha charla, cos xogadores e cos medios de comunicación, para falar sobre os obxeyivos do novo Depor, para a tempada 2010-2011, que non estará completo, namentras non se sepa, se Filipe, o final, viaxará rumbo a outros lares, ou algún máis como poden ser Guardado ou Zé Castro.

Lotina, volverá a contar con "overbooking", pois terá a sua disposicón a 30 xogadores, varios deles pendentes dunha cesión, como poden ser Piscu, Aythami ou Álex Bergantiños, e outros como Antonio Tomás, ou Rubén Castro, dunha venda, se facemos caso a "rumoroloxía".

O noso amigo Tomás Magaña, director de www.eldepor.com,  fixo, unha estupenda lista do que vai a ser a pretempada do noso clube, premendo abaixo en "Ler a nova completa...", podes darlle unha ollada.

Segue en "Ler a noa completa..."

 
AS FOTOS DA FINAL DA COPA DA COSTA 2010, (2ª PARTE):
Xoves, 08 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Onte puxémosvos unha escolma de fotos, das dúas afecións, os equipos e o encontro da volta da Final da Copa da Costa 2010.No día de hoxe, tedes unha escolma de fotos, da celebración no terreo de xogo, do equipo que saeu campión, o que queremos dar a nosa máis cordial noraboa, tanto polo título, como pola orgañización do maior evento deportivo da Costa da Morte, ademáis de polas facilidades e atención que nos deron antes e despois do encontro.
Vaia por diante que iste traballo, sería o mesmo, se gañasen os nosos "vesiños", do UC Cee, o principal, é, e foi o espectáculo, o bo rollo, antre as afecións, e a total deportividade no campo.



Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver máis fotos.


 
ESPAÑA DE MANEIRA SOBRESAINTE", A FINAL, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA.
Mércoles, 07 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
"A FINAL DA COPA DA COSTA EN FOTOS" - 1ª PARTE:
Mércoles, 07 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
O pasado Domingo, vivíuse, un encontro de paixón, talento e festa, a pesares do pouco futbol que se veu no campo, destacando as xogadas dos tres goles que acadou o equipo local.
Piratasdemuxia.es, estivo alí, invitado polo CF Dumbría, como un dos medios máis representativos do Futbol da Costa a nivel de internet, e aquí vos trae unha extensísima escolma de fotos das duas afecións, do encontro, e da entrega dos trofeos.
Mañán xoves, traerémosvos unha nova escolma de fotos, niste caso, da celebración do título no campo do Conco, por parte de xogadores, directivos e afecionados do equipo dumbriés.

Tanto o Unión Clube Cee, coma o CF Dumbría, foron xustos finalistas dista 47 edición da Copa da Costa, e a eles, e as suas afecións vai adicada ista escolma de fotos.



Se premes abaixo en "Ler a nova completa..." podes ver unha extensa escolma de fotos da Final de Copa.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO "II TORNEO DE FUTBOL BASE DO CF DUMBRÍA".
Mércoles, 07 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da CostaO Pasado sábado xogouse no Conco, (Dumbría), o "II Torneo de Futbol Base, do CF Dumbría", na modalidade de Futbol-8, no que participaron 16 equipos, de toda a zona, e o RC Deportivo da Coruña Alevín B, como invitado de luxo, dada a colaboración da Escola de Futbol do CF Dumbría, e o equipo deportivista.

Os gañadores foron en Benxamíns, o equipo muradán de "Os Miudos", que derrotou na Final, o CF Dumbría, por 3-2.Por igual resultado, venceu o equipo de alevíns do Deportivo, na Final, o CF Dumbría, que estaba adestrado, polo técnico, do Campión da Copa da Costa, José Lopez Canosa.

Aquí tes a escolma de fotos máis grande da historia de piratasdemuxia.es, con máis de 50 fotos.


Os Miudos, (Muros), gañaron o Torneo en Benxamís.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." verás moitísimas máis fotos.


 
CUADRO DE RESULTADOS E ENFRONTAMENTOS DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010:
Martes, 06 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Mundial2010


 
Versión imprimible  
BODIPO, XOGARÁ NOS PAISES DO LESTE.
Martes, 06 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Bodipo probará sorte no futbol rumano.

Segundo informa o xornal do clube, Bodipo, será cedido o FC Valsui, equipo que adestra o español, López Caro, e que milita na primeira división de Rumanía.
Con ista cesión, o xogador sevillano do Depor acabará contrato co noso clube, dado, que a sua vinculación, co Deportivo, finaliza o 30 de Xuño, do 2011.
A marcha de Bodipo, alixeira un pouco o vestiario deportivista, un problema que vimos arrastrando dende fai anos, que tivo o seu culmen na "Era Caparrós", na que tivo, que facer a pretempada contando con ate 40 xogadores.

Bodipo, únese así a Mista, Angulo, e Sergio González, nos que xa forman parte da historia do equipo branquiazul, dos que tan só Sergio González, deixará o seu selo, pros anales da historia.

Miguel ángel Ferre, "Mista.

O ex deportivista Mista, acaba de chegar a un acordo, co Toronto FC, da Liga Canadiense, no que xogará a carón do tamén ex deportivista Julien De Guzmán.

 
Versión imprimible  
UC CEE, SPORTING CIUDAD JARDÍN E SCDR ESTEIRANA, CAMPIÓNS DO TORNEO DE MAZARICOS
Martes, 06 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
A SCDR Esteirana segue, co seu periplo de éxitos.

Ista pasada fin de semán, xogouse o Torneo de Futbol Base de Mazaricos.Os encontros, desenrroláronse no campo da Picota.
Alí congregáronse equipos de toda a bisbarra, e como invitado foráneo, estivo o Sporting Ciudad Jardín, da Coruña.

En benxamíns o campión foi o UC Cee, en alevíns o Sporting Ciudad Jardín e en infantís, foi a a SCDR Esteirana, que iste ano xa foi campión Intercomarcal, terceiro na Liga de Futbol 11, participou na Compostela Cup, e no torneo de futbol base do Cabana SD.

A próxima fin de semán, tócalle o turno o Torneo de Futbol Base do UC Cee, no que tamén haberá unha nutrida participación de equipos da zona.

O vindeiro mércores, colgaremos unha extensa escolma de fotos do torneo do CF Dumbría, no que participaron 14 equipos, de benxamíns e alevíns, na modalidade de Futbol-8.


 

<   123456789101112131415161718192021222324252636465666768696106116126136146156166   >

Theme creado por dev-postnuke.com