http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

ROCHELA: "LOTINA ME ESTÁ DANDO, TODA LA CONFIANZA DEL MUNDO".
Sábado, 17 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Rochela o igual, que Raúl García, quer quedar no primeiro equipo.

O xove xogador da canteira deportivista, David Rochela, que percorreu, tódalas categorías do Depor e está a facer o mesmo na Selección Española, demostrou sempre que xogou, ter unha madurez, impresionante, e ser un xogador de "presente", que nunca desentonou, na zaga deportivista.Él xunto con Raúl García e Seoane, están a facer a pretempada co primeiro equipo, e a sua intención, é a de quedarse, para xogar no equipo do seu corazón, definitivamente, ainda que sabe que o conto está dificil, dada a calidade dos defensas deportivistas.

"Lotina me está dando toda la confianza del mundo, está diciendo que cuenta conmigo y es una pretemporada diferente. En otras sabía que mi sitio no estaba aquí pero este año tengo que demostrar a Lotina que me quiero quedar en el primer equipo", dixo Rochela, para comentar o seu aprndizaxe, cos compañeiros da primeira plantilla: "Intentas coger recortes de cada uno, sus virtudes, y plasmarlas en el campo. Hay centrales de altísimo nivel aquí y es una oportunidad buena para aprender de ellos y seguir mejorando".

Segue o artigo en "Ler a nova completa..."



 
O FISTERRA, COMEZA A ANDAR O DÍA 20, CON UN PROXECTO, "AMBICIOSO".
Sábado, 17 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Manuel Senra, na sua etapa no Corcubión, co seu fillo José María.

O Fisterra, que comezará a pretempada, o vindeiro día 20, disputará o seu primeiro encontro amistoso, o día 24, no Novo Cubaleiro de Corcubión, contra o Cerceda.
O clube que preside, José Manuel Lema, quer a recuperar, xogadores, e ten un proxecto "ambicioso", dada a enorme cantidade de xogadores, de alto nivel, fisterráns, que hai pola xeografía futbolística galega.

Como comentábamos onte, recuperaron, o técnico fisterrán, Manuel Senra, que adestraba o Corcubión, para levar as rendas do xuvenil, a Guardiola para os cadetes, e a José Ignacio Formoso Martínez, "Babar", como Coordinador Deportivo.

Outro dos proxectos, é restaurar, o campo de Ara Solis, e convertilo, nunhas instalacións, de calidade, con céspede de herba sintética, e chegar os 400 socios.

Ate o momento a plantilla, de Manolo Santos, adestrador do primeiro equipo é:
Joselu, (porteiro); Dani, Leo, Ismael, Julio e Pana, (defensas); Roa, Borja Santos, Piti, Bebeto e Edi, (medios), e Tata, como único dianteiro.

 
Versión imprimible  
OS MÁXIMOS ARTILLEIROS DA LIGA DA COSTA, DAN UN SALTO DE CALIDADE.
Sábado, 17 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://media.lavozdegalicia.es/default/2010/06/18/0012_2768556/Foto/c18c13f2.jpg
Guillermo, recibindo das mans de Gelucho Romar, o Trofeo de máximo goleador.

Os dous máximos goleadores, da Liga da Costa, con 29 tantos cada un, fichan polo Órdes, (Guillermo), e o Atlético Arteixo, (Pablo).

Guillermo Rilo Mira (Baio, 1976) , que xogaba no Baio, acaba de pechar o seu contrato, co Órdes, da Terceira División, na que xa xogou, engrosando as filas do Bergantiños, e o Montañeros, co que tamén xogou na 2ª B.Guilermo tamén tiña sobre a mesa unha oferta do Xalla CF, que militará a vindeira tempada na 1ª Autonómica.

Pablo López Bao (Larín-Arteixo, 1987), que militaba no San Lorenzo, fichou polo Atlético Arteixo, da 1ª Autonómica.Pablo, un dos dianteiros máis rápidos da pasada Liga da Costa, e con un olfato de gol impresionante, deixa o equipo carballés, dando un salto de categoría.

O San Lorenzo no que militaba o arteixán, Pablo, acaba de facer púbrico, a fichaxe do novo adestrador, que será, Óscar Suárez Serrano (Berdillo-Carballo, 1974) , que concretamente xogou con Pablo López, na Copa, e que viña do equipo para o que se vai o dianteiro.Óscar Suárez, colga as botas, para facerse cargo da dirección do equipo carballés, e acompañarao como axudante, Pombo.

O San Lorenzo, comezará a pretempada, o vindeiro día 23, a partires das 21:00 horas, no campo das Pedreiras.Os xogadores cos que conta Óscar Suárez, ate o momento son:
Noé e Diego Dourado, (porteiros); Puñal, Dubra, Fabián e Canteiro (Bergantiños xuvenil), (defensas); Omar, Javier Pensado, Dani (estaba sen xogar), Cachizo e Jorge, (medios), e Ánxo, Styven, Carlos Fuentes e Marcos Cancela, (dianteiros).Causan Baixa: Pablo, Djalminha, e Fran Fariña, que fichou polo Coristanco.

 
Versión imprimible  
LOPO: "TIENEN BUENA PINTA LOS NUEVOS".
Venres, 16 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Lopo, ve con bos ollos os "novos".

Albert Lopo, que o pasado 5 de Maio, cumpríu as suas 30 primaveras, e os catro anos como deportivista,  entra na idade de veterán, pero as suas verbas dende que chegou o Depor, sempre foron dun xogador "maduro", nunca falou para o "vento".O central catalán, que leva uns días adestrando, cas novas fichaxes, que fixo o Depor, ve neles, boas cousas, velles, "boa pinta", e considera que o clube moveuse ben.

"Tienen buena pinta los nuevos. El club se ha movido bien, ha mirado bien el mercado y nos van a aportar cosas buenas. Sólo falta que se acoplen del todo y dejarles trabajar con tranquilidad", dixo Lopo.

Segue o artigo en "Ler a nova completa..."


 
HOXE PRESÉNTASE O LIBRO DA HISTORIA DA SDC MALPICA.
Venres, 16 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Unha das primeiras aliñacións do Malpica, nun amistoso co Corcubión, (1-3), do 1973. (Foto: Luis Porto).

A presentación será hoxe a partires das 21:00 horas na Cofraría de Pescadores de Malpica.

No día de hoxe, verá a luz, o libro dos "40 anos de historia da Sociedade Deportiva Cultural Malpica", escrito por Luis Emilio Porto Varela, e Héctor M. Pose Porto.Niste libro, desgránase toda a historia dende antes da sua fundación, comezos, e todo o que aconteceu co equipo malpicán nistes 40 anos, que milita na Liga da Costa e iste ano, tras loitar polo ascenso, ate as derradeiras xornadas, acadou as semifinais da Copa da Costa, e que chegou a xogar na Terceira División, na tempada 2000-01.

Luis E. Porto, prexubilado de 64 anos, que se considera; "un apaixionado do fútbol costeiro, sobre todo do fútbol base, historiador non oficial do clube, e sobre todo, unha persoa normal", foi un dos fundadores do equipo, dircetivo-tesoureiro, e historiador do clube dende os seus comezos, e foi axudado, por expreso desexo, do seu sobriño, Héctor Pose, Profesor e Investigador da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

A presentación do libro, que ten 145 páxinas, con 270 fotos e ilustracións, acudirá, Carlos Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol, e o vicesecretario xeral, Diego Batalla.

Segue o artigo, premendo abaixo en "Ler a nova completa...(ademáis unha entrevista a Luis E. Porto)

 
BREVES DO FUTBOL DA COSTA:
Venres, 16 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-O ex adestrador do Corcubión, Manuel Serna, será o preparador do Fisterra de xuvenís,
namentras que Manuel Santos, adestrador da primeira plnatilla, na Liga da Costa, Guardiola, levará os cadetes, namentras que Babar, será o coordinador deportivo do clube.

-O Unión Vimianzo, contrata o adestrador fisterrán, Juan Jesús Martínez Calo, (1972), e o ceense, Javier Bujeiro, (licenciado en Educación Física), como preparador físico.Comezarán a pretempada o vindeiro 23 de Xullo, e a presentación do equipo será o día 27.O Presidente da entidade soneirán, está en conversas con varios xogadores, para saber as suas intencións, e así facer as fichaxes oportunas.Os que son baixa segura son, o ex adestrador e xogador, Fran Toba, Asier, Varela, Styven e Víctor.

-O Corcoesto, seguirá competindo, gracias a unha xunta xestora, formada por Pepe Baneira, Evaristo Rama, Pepe Rodríguez e José M. Moscoso, que xa se están a mover, e ficharon, a tres xogadores procedentes do Cerqueda; Rivera, (central), Roque, (lateral), e Martín, (medio), ademáis do centrocampista,  Aitor.

-O Alcaián xa ten novo Presidente, e será, Daniel Pérez Pensado, que en breve dará a coñecer a toda a directiva.O seu primeiro asunto, será a contratación dun adestrador.

http://t2.gstatic.com/images?q=tbn:MmWGwA6J-WpCRM:http://www.galinus.com/mouchos-na-costa/imaxes/logo-neria.jpg
-A eliminatoria do Trofeo Neria, que se disputará o vindeiro 8 de Agosto, adiantarase o día 1 de Agosto, no caso do encontro que enfrontará o Buño e o Dumbría.Os outros enfrontamentos, (Sp Zas-Camariñas, Carnota-Mazaricos, e Ponteceso-UC Cee, non varían de data).As semifinais serán o día 15 do mesmo mes, e a Gran Final, o 22, en campo ainda sen decidir.

 
Versión imprimible  
IMPRESIÓNS DE RAÚL GARCÍA E COLOTTO:
Xoves, 15 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

O lateral esquerdo da canteira Raúl García, gustaríalle, quedar no Depor, e poder loitar por un posto no equipo.

"Personalmente me gustaría quedarme en la primera plantilla y luchar por un puesto.No siento miedo. Hay más competencia pero eso también quiere decir que va a haber más trabajo y va a haber que luchar más para hacerse con un puesto. Eso es bueno para el equipo", dixo o canteirán, que confía en demostralle a Lotina, que ten sitio no equipo."Voy a luchar para que confíen en mí y si puedo tener minutos en el primer equipo pues mejor porque es para lo que trabajamos todos. En cuanto tengamos minutos veremos si damos el nivel o no".

Diego Colotto, quer a mentaliade da primeira volta da liga pasada.

Por outra banda Colotto, anima a xogar ca mentalidade do pasado ano, para afrontar a liga."El equipo tiene que salir con la mentalidad del año pasado, tratar de conseguir la permanencia lo más rápido posible y después se planteará otro objetivo si eso sucede rápido como el año pasado. Ojalá sea así. En principio hay que conseguir la permanencia para después estar tranquilos con el segundo objetivo".

De todo o que pasou o ano pasado na segunda volta, sacou a ensinanza de que perderon o "tren" de Europa polo baixón sufrido:
"La gran enseñanza fue el par de meses en que el equipo bajó el nivel y no pudo buscar Europa. Ojalá este año tengamos la misma posibilidad de llegar a la misma situación y con la experiencia del año pasado no tengamos el bajón que nos costó quedarnos fuera de Europa".



 
Versión imprimible  
RUMORES SOBRE FILIPE LUIS.
Xoves, 15 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

O Atlético da 14 millóns de euros, máis un xogador.

Os rumores apuntan que Lendoiro podería estar a "estirar" a goma, para subir o prezo de Filipe Luis.

Nos mentideiros deportivos, fálase de que a oferta do Atlético, nistes intres ascende a 14 millóns de euros, (2 máis que fai un mes), 7 en efectivo e 7 a prazos, (entraría tamén a débeda que temos con eles por Zé Castro, nas cantidades), máis un xogador, por Filipe Luis.

O Presidente madrileño, Enrique Cerezo, apuntaba fai semáns, que as conversas existían, pero que ía todo moi lento, e así está a ser, e presiona o Depor, con unha denuncia por impago.
O Depor precisa facer "caixa", para poder afrontar moitos pagos, pero parece ser que o interese de equipos como Barcelona e Inter, (que ten cartos da venda do "Cresidito" Mouriño), que farían o pagamento o contado, fai que (segundo se comenta), Lendoiro, esteña a "estirar" a goma, para que algún, de un salto nas cantidades, namentras o xogador, o contrario co pasado ano garda un mutismo absoluto.

 
Versión imprimible  
SEXTA FICHAXE DO BERGANTIÑOS CF.
Xoves, 15 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente

Segundo nos informan dende o Bergantiños CF, no día de onte, pecharon a fichaxe do xogador do Montañeros Xuvenil, que xogaba en División de Honra, José Manuel Eiroa.
O medio centro coruñés, de 19 anos, de 1,83 m, e 71 Kilos de peso, manexaba varias ofertas de Terceira División, e de Rexional Preferente, pero elixíu o Bergantiños CF, "para seguir crecendo".
O equipo carballés, que segue a apostar pola xuventude, e a xente da zona, pecha así a sua sexta incorporación, para a vindeira tempada, cas fichaxes de, Alberto Valencia, Fiuza, Álex Canedo, Adrián e Ramón.

Asemblea Extraordinaria

Tamén nos fai saber o equipo das Eiroas, que o vindeiro luns 19 de Xullo, levará a cabo a Asemblea Extraordinaria de socios, a partires das 21:00 horas en primeira convocatoria, e as 21:30 horas, en segunda.Nista xuntanza, farase o balanzo da pasada tempada e o peche de contas, informe do Presidente sobre a xestión realizada durante a tempada, e composición da xunta xestora, para rematar cos rogos e preguntas.

 
Versión imprimible  
O ATLÉTICO PEREIRIÑA, PODERÍA SER O FILIAL DO UC CEE, QUE XA PLANIFICA A VINDEIR
Xoves, 15 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

http://www.piratasdemuxia.es//IMAGES/COPADACOSTA/finalcopa2010/fc20101.JPG
A base do UC Cee, será a da pasada tempada, con máis xente da casa.


O Unión Club Cee e o Atlético Pereiriña, poderían unirse.

Existen conversas, moi avanzadas para que o Unión Club Cee, que milita na 1ª Autonómica, e o Atlético Pereiriña, (3ª Autonómica), veciño, de pobo, e de campo, (pois os dous utilizarán o Sampaio de Refoxos), vinculen os seus futuros, sendo o equipo da Feira Nova, filial dos ceenses, que adestra José Manuel Pato.

Pato, xa está a plantexar a vindeira tempada, e fixo as primeiras fichaxes: Jorge Deaño (Carnota) e o dianteiro Tasky (Dumbría). Ademáis contará cos futbolistas xuvenís; Mario, Andrés, Gabri, Paulino, Fernandito e Rafa. Os demáis integrantes do plantel son: Mingos e Parroto, (porteiros); Rubén Fiuza, Jacobo, Berto, Rafa, Dani Freire e Álvaro Fiuza, (defensas); Fermín, Carlos Leis, Rivi, Borja e Penedo, (medios), e Leo, dianteiro.

A dúbida está na continuidade de; Javi Rañal, Miguel Riveiro, Chapu y Luigi, cos que falará o adestrador, para ver as suas expectativas de futuro, pois quer facer un equipo competitivo, con xente da casa, traendo os que poidan dos que están por fora.

Pola sua banda o Atlético Pereiriña, que o ano pasado fixo unha mala campaña na 3ª Autonómica G5, está facendo as xestións, para contratar a un adestrador, dado que o pasado ano, acabaron dirixindo o equipo, un binomio de dous xogadores.A unión co club veciño, favoreceríalle, en contar con xogadores, dos equipos de base do UC Cee, para foguearse na 3ª da Costa, o que por outra banda tamén sería beneficioso, para o clube ceense.

 
Versión imprimible  
O CAMPO DA SCDR ESTEIRANA, ESTARÁ DE "LARGO", PARA A HOMENAXE PÓSTUMA, O SEU VEC
Xoves, 15 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Iste é o aspecto do campo da Esteirana.

Fai unhas semáns, pedíannos dende Esteiro, que falásemos do seu campo, que ainda estaba a espera de que lle puxesen o tepe de céspede artificial, cando levaba a liga acabada un mes, e contábase que estivese listo para os derradeiros encontros.Había "decepción" nos seguidores da SCDR Esteirana, por que o campo non ía para adiante, e achegábase o encontro homenaxe o esteirán, José Luis Vara, e non se reanudaban as obras.Xa podedes ver na foto de arriba, o magnífico aspecto que ten a día de hoxe, o antigo campo das Salinas, que verá o seu primeiro encontro, co nome do noso amigo,  José Luis Vara, (D.E.P.), e nunha merecida homenaxe dos seus veciños.
Iste encontro que terá lugar o vindeiro 31 de Xullo, enfrontará o Fabril e o Racing de Ferrol.



 
Versión imprimible  
MONTAXE FOTOGRÁFICA DO FOTÓGRAFO; JUAN MANUEL TRILLO CAAMAÑO.
Xoves, 15 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

 

Aquí tedes unha montaxe fotográfica, do fotógrafo ceense, Juan Manuel Trillo Caamaño, que ten un "magnífico", Blog, titulado,"A Miña Costa", que non ten desperdicio, e que podedes visitar premendo no link, ou sobre o seu nome.Nél podedes atopar varios dos seus "exquisitos" traballos fotográficos, antre eles, a do "I Torneo Concello de Cee".



 
Versión imprimible  
ÁLEX BERGANTIÑOS O GRANADA.
Mércoles, 14 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.canaldeportivo.com/imagenes/look:20903,zoom:134x201
Álex Bergantiños voltará a Segunda.

Lotina expresara fai un mes, no Diario de Jerez, que Aythami, e Álex Bergantiños, que: "no se moverán del Depor seguro", e agora o clube informa de que chegou a un acordo, para que a vindeira tempada, Álex Bergantiños, xogue no recentemente ascendido a Segunda División, Granada.

Ainda que por unha banda , non é malo, que se vaia cedido un ano máis, cos seus 25 cumpridos, pois tería con moita seguridade poucas opcións de xogar, por outra parte é malo, xa que o xogador, non ve craro o seu futuro no Depor, eé normal que tanta cesión de desconfianza, e máis iste ano, que se alixerou o medio do campo, ca saida de Sergio Gonzalez, habida conta de que o pasado ano en verbas do adestrador non quedara por "exceso de centrocampistas".

Deportivo

A orgañización da Uhrencup 2010, comunicóulle o Deportivo que a canle Eurosport, (Vía Satélite e en varios operadores),  retransmitirá en directo, a xornada final, do Trofeo que se disputa en Grenchen (Suiza). Será o vindeiro 23 de Xullo as 18.00 horas, (terceiro e cuarto posto) e as 20.45 horas,  (a final).

O Deportivo e o Young Boys de Suiza, xogan a primera semifinal, o vindeiro 20 de Xullo, as 19.30 horas.

Máis abaixo, tes toda a información dos encontros de pretempada na nova do enfrontamento co Catania italiano.

Fabril

Iste xoves 15 de Xullo, comeza a "andar", o Fabril 2010-11, que competirá na 2ª B. para iso Tito Ramallo, que iste ano voltará a sua faceta de adicación exclusiva o equipo filial, contará con: Diego Rivas, Karl, Vieytes, Dani, Héctor, Añón, Luis Ángel, Chirri e Joshua.Cos xuvenís que suben o Fabril: Edu, José Manuel, Anxo, Richi, Vela, Juan Carlos, Juan, e Uxío e máis Ínsua.Ademáis das novas incorporacións: André, Jona, Dioni e o camerunés, Julen
Non estarán por estar co primeiro equipo: Rochela, Raúl e Seoane.


 
NOTICIAS BREVES DO FUTBOL DA COSTA:
Mércoles, 14 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-O Club de Futbol Xaviña, (Camariñas), voltará a competición, na 3ª Autonómica.Tras fundarse no 1965, deuse de baixa, 20 anos despois, e agora, volve a competición, da man do seu Presidente, Isaac Caamaño, "Gallego", un dos máximos responsables de que isto ocurra.Con él estarán na directiva, Roberto Carril, (Vicepresidente), Francisco Manuel Mouzo, (Secretario), Eduardo Rodríguez, (Tesoureiro) e os vocais; Manuel Dios, Sergio Castro e Héctor Rojo.Xogará os seus encontros no Hermanas Patiño, (Camariñas), e está en conversas cun adestrador, ademáis de contar xa con varios xogadores, principalmente da locaklidade camariñana.

-Outro que volve, é a Sociedade Deportiva Laxe.O vindeiro venres as 21:00 horas no Pavillón Municipal, a Comisión Xestora, manterá unha xuntanza a que poden acudir todos aqueles, os que lles interese, entrar na directiva, e os xogadores.Xa conta co adestrador, que será, Antonio Lema Lema, "Toni", que xa conta con 23 futbolistas.O igual co CF Xaviña, comezará na 3ª Autonómica da Costa, e na Asemblea do venres, decidiranse os cargos da directiva, e a planificación da tempada.A SD Laxe, deuse de baixa na Federación, no 2004.

-O San Lorenzo, (Liga da Costa), contratou o xogador do xuvenil do Bergantiños, Canteiro, que xoga como defensa, e o centrocampista Dani, que estaba sen equipo.Ademáis anda en trámites, para a fichaxe dun novo adestrador.

-Como xa se esperaba, Eliseo Docampo, seguirá como Presidente da Sociedade Deportiva Sofán, (Liga da Costa), por novena tempada, tras ser reelixido, na Asemblea de socios.Con él estarán na directiva; Juanjo Rey, (Vicepresidente), Marcos Genet, (Secretario), Manuel Varela, (Tesoureiro) e os vocais,; Luis Pena, José Cabeza, José M. Mariño, Alberto Lamas, Carlos Tojeiro e José Varela.

-O Camariñas, (Liga da Costa), que adestrará Manuel Olveira, "Manolín", comezará os adestramentos o vindeiro día 20, a partires das 20:30 horas, no Hermanas Patiño.Na actualidade conta con 20 futbolistas, pero espera contratar a un defensa e un dianteiro.

-O Buño, para a sua volta a Liga da Costa, contratou o defensa do Ponteceso, Óscar Moscoso.Nistes intres conta con 20 xogadores, pero o adestrador, Pablo Mallón, espera algunha incorporación máis.


 
Versión imprimible  
"A COPA DA COSTA, A TOURO PASADO".
Mércoles, 14 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Adrián Leira co micro amarelo, no "Stage" da emisora no Conco.

Como cada ano, dende fai tres que existe piratasdemuxia, trala Final da Copa da Costa, e a "Touro pasado", pedímoslle, os das emisoras de radio, que trasmiten o encontro, que nos den a sua opinión, visión, comentario, (como queirades chamarlle), sobre iste evento, futbolístico, ( o máis grande da costa).
Nista ocasión, Adrián Leira, Director da nosa web amiga deportegal.com, e que estivo no Sampaio de Refoxo, (Cee), e no Conco, (Dumbría), como comentarista de radiONeria, (107.8 Fm), (acompañado de;
Álvaro Lago, Fran Lago, Iván Pereira, Ubaldo Cerqueiro, Xabi González, e os adestradores, Nito e Calabanda, nos comentarios),deixanos a sua impresión da Copa da Costa 2010.

"A Final da Copa da Costa ...segundo Adrián Leira".


Vivimos en estos días la resaca del mayor éxito deportivo posible. Durante el último mes, nada ha podido hacer sombra al Mundial de Sudáfrica, o casi nada. Peculiaridades hay en todos lados, pero en el terreno futbolístico la Costa da Morte es sitio distinto. Los pasados 27 de junio y 4 de julio se disputaba la Final de la Copa da Costa 2010, una competición con una larga tradición en esta periferia peninsular, pero que es capaz hasta de dejar un Campeonato del Mundo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa...para seguir lendo...

 
ESCOLMA DE FOTOS DO "I TORNEO DE FUTBOL BASE - CONCELLO DE CEE":
Mércoles, 14 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Os nenos emularon unha vez máis as suas estrelas do balompé.

A pasada fin de semán, xogouse no campo ceense de Sampaio de Refoxo, o "I Torneo de Futbol Base, Concello de Cee", dentro das actividades de verán, da localidade da Xunqueira, e tomando o testigo, do "II Torneo de Futbol-8, do CF Dumbría", no que tamén estivemos, e podes ver na segunda páxina do noso web.

Durante o sábado, e a mañán do Domingo, xogáronse unha morea de encontros, de benxamíns, alevíns e infantís, así como encontros de exibición de prebenxamíns.Os nenos disfrutaron do lindo, nunhas xornadas que están a crecer na Costa da Morte, e que son de agradecer.

Para ista ocasión piratasdemuxia.es, fixo unha vez máis unha extensa escolma de fotos dos equipos e dos encontros, para disfrute de todos, nenos e adultos.

Mañán colgaremos un video de fotos que nos mandou a orgañización

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para ver moitísimas máis fotos dos encontros.




 
O DEPOR ENFRONTARASE O CATANIA, ITALIANO, O 13 DE AGOSTO.
Martes, 13 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.calciocatania.it/images/logo.gif

O Depor tamén xogará en Italia na pretempada.

O Catania, ven de anunciar no seu web, que se enfrontará o Deportivo, en encontro preparatorio, para a Seria A, do equipo italiano, na que o pasado ano quedou 13º.
"Venerdì 13 agosto, ore 20.45, Stadio “Massimino” di Catania: Catania-Deportivo La Coruna (Liga spagnola)", di a web oficial do equipo.
Con iste serán cinco os paises, que visitará o Depor nista pretempada europea, e 6 os encontros que disputará.

Preme abaixo en "Ler a nova completa...para ver tódolos "bolos" de verán do Depor.


 
STOPIRA: "ESTOY MUY FELIZ DE VENIR AQUÍ, ES UN GRAN SALTO EN MI VIDA".
Martes, 13 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

O "Percebe de Cabo Verde", considera o Depor; "Un gran salto na sua vida".

Stopira, séntese coma un neno con "zapatos novos".


A fichaxe exótica de Lendoiro, Ianique Santos Tavares "Stopira", xa deu os seus primeiros toques sobre céspede galega, nos adestramentos cos seus compañeiros, en Abegondo.

Fai un mes os biólogos galegos, descubriron en Cabo Verde, un tipo de percebe, (Pollicipes Darwini), que dín é o de maior calidade descuberto, despois do galego, polo que para nos o xove cabeverdiano, de 22 anos, que alternará o Fabril, co Depor, e que fichou por catro tempadas, será de forma cariñosa: "O Percebe de Cabo Verde"

Stopira dí sentirse moi a gusto, e que vai a facer o posible por trunfar no Depor: "Estoy muy feliz de venir aquí. Es un gran salto en mi vida y quiero aprovecharlo. Mi ilusión es quedar en el primer equipo y espero trabajar mucho para que eso suceda.Voy a trabajar mucho y poner mucho empeño y humildad".

O novo xogador deportivista, xa sabe o que é xogar a un alto nivel, ca sua selección, e quer aproveitar a ocasión que lle brinda o noso clube: "Con mi selección ya jugué muchos partidos de gran nivel. España tiene uno de los campeonatos de liga más fuertes del mundo y yo espero, aprovechar esta oportunidad para jugar con los mejores del mundo".

Falou da sua "admiración" por Valerón, o lado do que quer quedarse, e de que coñece ben a liga española, a que "seguía sempre".


 
Versión imprimible  
MOVEMENTOS NOS CLUBES DO SUR DA PROVINCIA.
Martes, 13 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"Quico", era ate agora o responsable das categorias de base da Esteirana.


SCDR Esteirana

Francisco Fernández López, "Quico",
é o novo adestrador da Sociedad Cultural Deportiva Recreativa Esteirana.

Na directiva, co novo Presidente dos de Esteiro, (Muros), estarán, Tomás Lestón, (vicepresidente),  José Manuel Rama, (secretario), Rodrigo Molinos, (tesoureiro), e unha dúcia de vocais. Como adestrador da primeira plantilla, seguirá Marcelo Martinez. que acadou a salvación do equipo a pasada tempada, cando xa todos o vían como "carne" de terceira.


Monte Louro


O equipo veciño do Monte Louro, ten moitos problemas, para seguir, formando parte do futbol da costa.Alfonso Formoso, tomou as rendas do equipo para que non desaparecese, pero o parecer os problemas xurdidos, coa Comisión de Festas, que antes lles permitían, poñer unha taberna sen cobrarlles, para recaudar cartos para o clube, e iste ano, solicítanlle unha cantidade elevada, segundo nos informa o noso amigo JMF.De non arranxarse iste problema, ou non aparecer outras alternativas para recaudar cartos, para afrontar a volta a Terceira da Costa, o equipo será dado de baixa na Federación Galega de Futbol.
Esperamos que todo salga ben, en beneficio, do pobo muradán, e do futbol da costa.


SD Carnota

O Carnota, segue a estela doutros equipos da costa, e un grupo de xogadores, fanse co mando do clube.
O centrocampista, Demetrio Rodríguez, é o novo Presidente do clube carnotán, dende o pasado sábado.Con él estarán na directiva o central, Pedro Carballo, (vicepresidente), Antonio " Toumo", (secretario), e de vocais, o interior, Pablo Beiro e o defensa, Manuel Chouza.A xunta directiva ainda non está pechada.
Ainda non se sabe se Cambeiro seguirá de adestrador, ou tamén un dos xogadores, abarcará isa faceta.Preguntado por iste asunto, o adestrador carnotán, manifestounos, non saber "nada o respecto, pois conmigo, non se puxo en contacto ninguén, polo que non sei nada".


 
Versión imprimible  
COMEZAN OS ADESTRAMENTOS DUROS, PARA OS QUE XA CHEGOU, ZÉ CASTRO.
Luns, 12 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
 

Zé Castro, xa se adestrou cos seus compañeiros.


Na mañán de hoxe, comenzou o traballo en serio, para os xogadores do Deportivo, antre os que se atopaba xa Zé Castro, polo que fallan por chegar, Rubén Castro, que o fará o día 20, e Guardado, que retornará o vindeiro 28, e polo que hai rumores, do interese do Benfica, para facerse con él, e ocupar o sitio que deixa Di María, que foi vendido o Real Madrid.

Os adestramentos dista mañán foron con balón, con unha duración de duas horas.Xa pola tarde comezou o traballo duro, con adestramento de forza física, para o que os técnicos deportivista fixeron dous grupos, dado o exceso de xogadores.

Ás 17.45 horas traballaron Rochela, Urreta, Juan Domínguez, Desmarets, Míchel, Saúl, Riki, Seoane, Bergantiños, Iván Pérez e Lassad.Ás 19.00 horas:  Manuel Pablo, Aythami, Lopo, Colotto, Filipe, Pablo Álvarez, Juan Rodríguez, Antonio Tomás, Juca, Valerón, Adrián, Raúl, Zé Castro e Stopira.

 
Versión imprimible  

<   1234567891011121314151617181920212223242535455565758595105115125135145155165   >

Theme creado por dev-postnuke.com