http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 1
Total:  Total: 1
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

PRESENTADOS JUCA E BRAYAN ANGULO
Domingo, 12 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
Na tarde de onte foron presentados no Playa Club, os dous xogadores contratados iste ano, pois o resto que podamos ver como caras novas son xogadores cedidos.
Deles Augusto César, (que falou sobre varios temas), espera que deixen "pisada" no Depor; "los dos seguro que van a estar mucho tiempo en el Club".

O brasileiro "Juca", que considera o Depor unha "proba de lume", polo "listón" tan alto que deixaron os brasileiros que pasaron polo Depor, agradeceu o ben que foi recibido polos compañeiros cos que estivo adestrando;
"Los compañeros me han recibido muy bien. Creo que se va a dar un gran ambiente de trabajo y eso es muy positivo".

Pola sua banda Brayan Angulo, que parece un "neno con zapatos novos", pensa que ista é a oportunidade da sua vida e espera dar o mellor que ten pra así quedar no Depor.Segundo él o feito de vir cedido fará que;
"Me va a hacer darlo todo por el Depor para poder quedarme".

Lendoiro tamén falou sobre Filipe, Lafita, a volta atrás na xira americana, e as datas da xira europea.

Segue en "Ler a nova completa..."



 
ESCOLMA DE NOVAS DA COSTA:
Sábado, 11 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa-Durante todo o día de hoxe, e mañán, disputase en Corcubión no campo do Cubaleiro, un torneo de Cadetes, nos que antre outros, estarán o Muxía, Corcubión, U.Cee e Dumbría.

-O Bergantiños, espera que o vindeiro mércores, haxa candidatos a presidencia, pois nas dúas convocatorias de onte non houbo ningún.José Cotelo, presidente salinte, abandoa o seu cargo, por motivos laborais, que o materán lonxe de Carballo, continuamente, e quer que o equipo recen ascendido a terceira galega, quede en "boas máns".

-Hoxe a comarca muradana vólcase na homenaxe os seus xogadores falecidos iste ano en accidente de tráfico, Jano e Naso, e que conmocionaron as xentes do Fisterra.As 12:30h haberá unha misa na memoria dos dous rapaces, na parroquial de San Pedro de Muros, pra pola tarde disputarse un triangular as 18:30h, antre unha Selección de Santiago, outra da bisbarra muradana e unha terceira, dunha Selección muradana sub-23.

Segue en "Ler a nova completa...

 
ESCOLMA DE NOVAS DO DEPOR:
Sábado, 11 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
                                 http://tbn3.google.com/images?q=tbn:ykDHX7ElhM459M:http://mm.mercafutbol.com/%252FEspa%C3%B1ol%252FDeportes%252FMercafutbol%252FNoticias%252F66025/juca.jpg   http://tbn0.google.com/images?q=tbn:mskYIFwSOE3npM:http://d.yimg.com/i/ng/sp/efenews/20090626/2315622w_thumb.jpg                                        
-Juca e Brayan Angulo, serán presentados hoxe as 20:15 horas no Playa Club.

-Segundo Lendoiro; "Lafita es del Deportivo a todos los efectos"
."Que no olviden de que ahí no hay nada que hacer.Cuando cobraron, cobraron a los siete días, y nosotros entendemos que tenía que ser al contado antes del 30 de Junio.Incluso nosotros no participamos de la interpretación de los siete días hábiles, pero lo demás es imposible".

Lopo que xa adestrou onte cos seus compañeiros, amosando as gañas de comezar, xa que son ate sete os que xa adestran, e varios deles ainda tiñan que presentarse mañán.Lopo dixo que houbo ofertas."Alguna oferta ha habido, pero tal y como está el mercado está la cosa complicada...La única realidad es que estoy aquí y a día de hoy sigo aquí.Estoy a gusto y bien".

Segue en "Ler a nova completa..."


 
LENDOIRO FALOU CON LAPORTA, E CON FILIPE.
Sábado, 11 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://www.sport.es/vivo/recursos/fotos/foto_370/foto_370564_CAS.jpg
Augusto César, que xa estivera con Laporta, reuníuse con Filipe en Madrid.

Lendoiro, xa falou con Laporta na Asemblea da Liga, e dixo que; "Por primera vez he hablado con Laporta.A ver como derivan las cosas".
Laporta tamén se manifestou decindo que; "Hemos hablado de temas relacionados con nuestros clubes y cuando hay um mercado abierto por medio, siempre se pueden producír discrepancias.No quiera Dios que ocurra con el señor Lendoiro porque es un dirigente con experiencia y para mí una referencia".

Pola sua banda Filipe Luís, de camiño a Coruña, mantuvo unha reunión con Augusto, as 21:15 horas de onte en Madrid, da que non trasluceu nada.

 
Versión imprimible  
O DEPOR XOGARÁ POR EUROPA, EN TROQUES DA XIRA AMERICANA.
Sábado, 11 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://www.whoateallthepies.tv/inter-roma-thumb.JPG
A Roma primeiro rival da xira do Depor por Europa.

O equipo herculino, trocou a súa xira por México, por outra por Europa, ante a amenaza da gripe "A".
O primeiro rival dos branquiazuis, será a Roma, o vindeiro día 23 de Xullo, de ahí desplazaránse a Francia, pra enfrontarse o Toulouse, o 1 de Agosto, e seis día despois o destino será o interior de Portugal, pra rendír visita o Vitoria de Guimaraes.O seguinte compromiso será o Teresa Herrera, a encontro único, ante o Atlético de Madrid, que se disputará antre o 9 e o 12 de Agosto, e sen respiro, de camiño a "La Tacita de Oro", pra comezar o Ramón de Carranza, ante o equipo local, o día 13 de Agosto, e disputar ou a final ou o terceiro e cuarto posto, no que pode atoparse o Sevilla.

Lotina quería rivales de entidade, e xa os ten, e poderá preparar ben tanto a liga, coma ise primeiro encontro ante o Real Madrid do "Señor Feudal", que daría moito que falar se conseguísemos gañalo.

 
Versión imprimible  
TERESA HERRERA: DEPORTIVO-ATLÉTICO
Sábado, 11 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://d.yimg.com/fu/p//090412/efe/i20090412-633751712571611250w.jpg
O Teresa Herrera a partido único.

En principio, parecía que o Decano dos torneos do vran, ía a ser en dous días, pero o clube confirmou que sería a partido único, e fronte o Atlético de Madrid.
O encontro será antre o 9 e o 12 de Agosto, uns días antes de que o equipo poña rumbo a Cádiz, pra disputar o Ramón de Carranza, por segunda vez na súa historia.

Que os torneos de vran decaeron non é nada de estranar, pois cada ano con tanto futbol, os afecionados danlle a espalda a istes eventos, e nen sequera os ven pola televisión.O Teresa Herrera non ía a ser menos, pois non e culpa do Deportivo, nen da propaganda que se lle faga o torneo, nen sequera de quen sexa o equipo que o dispute.A realidade é outra, moitos encontros e cada vez son máis os que durante a liga só ven o seu equipo, pois nunha competición tan adulterada, o mellor e ver tan so o teu equipo.

E difícil crer que pra un torneo de vran os colexiados cobren 6000 euros por día, namentras que un teña que traballar coma un "negro", (c.p.), pra gañar menos de mil, todo un mes, e que na maioría dos casos se vexa un espectaculo falto de calidade e entrega.

 
Versión imprimible  
REAL MADRID-DEPORTIVO, NA PRIMEIRA XORNADA :
Venres, 10 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://d.yimg.com/i/ng/sp/eurosport/20090125/25/a886be7124dc11845dd1eaffb708ce8c.jpg
Saltó "La Bomba".

Si a primeira xornada da pasada tempada foi Deportivo-Real Madrid, iste ano troca o sentido e será Real Madrid-Deportivo.A primeira entrega da liga 2009-2010, será os días 29 e 30 de Agosto.

1ª xornada de liga:

Real Madrid-Deportivo, Barça-Sporting, Málaga-Atlético, Valencia-Sevilla, Racing-Getafe, Zaragoza-Tenerife, Osasuna-Villarreal, Mallorca-Xerez, Athletic-Espanyol e Almería Valladolid.

O Depor recibirá o Barcelona o 6 de Nadal, unha semán antes enfrontaránse os "señores feudales" antre eles, e como o equipo da capital do Estado, é o que nos da os equipos, logo nos enfrontarémosnos os da que foi terra aragonesa, (Barcelona).

No transcurso do día de hoxe poremos no apartado de "Clasificacións" o calendario copleto.

 
Versión imprimible  
RUMORES SOBRE LULINHA.
Venres, 10 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://www.estadao.com.br/fotos/lulinha_corinthians_02032008_1.jpg
Lulinha interesa o Depor segundo o seu representante e o Director deportivo do Corinthians.

O xogador brasileiro de 19 anos, que xoga de media punta e polas bandas, Luís Marcelo Morais dos Reis, "Lulinha", interesa o Depor, Celta e Benfica, segundo o seu representante, Wagner Ribeiro, e o Director Deportivo do Corinthians, Mario Gobbi.
"Lulinha tiene tienes propuestas de equipos europeos. Andrés Sanchez, el presidente, y su agente, Wagner Ribeiro, está analizándolas y en breve deberíamos definir la situación".decía Gobbi.

Namentras que Wagner comentou que; "Estamos conversando con el Celta y el Depor, que hicieron propuestas. Estoy viajando para España hoy (por onte). Quiero resolver esto lo más rápido posible, porque los equipos ya empezaron a entrenarse para la próxima temporada", pubricado na Gazeta Esportiva de Sao Paulo.

Lulinha está considerado en Brasíl coma o novo Ronaldinho, e é ben certo que o Celta está interesado nél, o do Depor xa dudamos, de que poida ser unha manobra de encarecemento.

 
Versión imprimible  
ELECCIÓNS DE PRESIDENTE DO PONTECESO,CABANA, CORISTANCO E BERGANTIÑOS.
Venres, 10 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa
O Ponteceso, Cabana, Coristanco e Bergantiños reunen hoxe os seus socios.

Nistas datas, cáseque tódolos equipos da Costa, convocan os seus socios pra ver quen queda de presidente, como van as contas...
Cada vez faise máis difícil levar un clube de futbol modesto, pois por aquí non hai señores "feudales" coma o Florentino, e a crisis que se está a notar fortemente, coa caída de moitos empregos e a desaparición de moitas pequenas empresas, que moito ou pouco axudaban os clubes, cos seus donativos e colaboración.
O Unión Cee, Unión Vimianzo e o Fisterra tiveron que ser "salvados", por directivas formadas polos xogadores, e outros ainda están no aire, cada vez son menos os empresarios, que en moitos casos collían os equipos, por axudar o seu pobo, e pra que houbese algo.

No día de hoxe, reunen os seu socios, o Ponteceso, o Cabana e o Coristanco.O primeiro é un equipo con solvencia, levado coma se dun equipo profesional se tratase por José Manuel Mato, que hoxe as 21:00 horas na Casa do Concello de Ponteceso, porá a dispoisición dos abonados o seu cargo, ademáis de dar conta de toda a contabilidade, así coma do proxecto pra ista nova tempada que vai a comezar.
No caso do Cabana, que xa tivo unha primeira asamblea, hoxe terá lugar a elección de presidente, as 21:30 horas no local de asociacións do concello.Eduardo Rama, presidente ate ista tempada, consigueu formar unha canteira que é a "envidia" da costa, sendo a mellor con diferenza.
O Coristanto, pende no "aramio", pois se na reunión de hoxe as 21:00 horas, no edificio de servicios múltiples do concello, non aparecese unha directiva que se fixese cargo do equipo, tendería a desaparecer.O máis seguro é que dado o "arredamento" dos empresarios, con moita razón, polo "cansanzo", a falla de axudas e a crise, (en tódolos equipos), sexan un grupo de xogadores os que se fagan cargo do equipo, coma en moitos casos antre eles os xa nomeados.

O Bergantiños, tamén anda a procura de novo presidente, xa que o actual, José Cotelo Pérez, ten que deixar o cargo, por "asuntos laborales".A Asamblea de socios será na sede do clube, en primeira convocatoria, as 20:30 horas, e media hora máis tarde en segunda convocatoria.

 
Versión imprimible  
BRAYAN ANGULO, "COMA UN NENO CON ZAPATOS NOVOS" NO DEPOR.
Venres, 10 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://1.bp.blogspot.com/_bYzlk8dqAhg/SkZ_B5QdEGI/AAAAAAAACic/7klJV1PGiSA/s400/chico.jpg
O colombiano, Brayan Angulo, "está nunha nube".

O "suposto" recambio de Filipe Luís, o colombiano de 19 anos, Brayan Angulo, di estar no momento máis felíz da sua vida.
"Espero aprender mucho como jugador y como persona, crecer todos los días, jugar muchos partidos y disfrutar este momento que es el más feliz de mi vida".

O xogador que xa adestrou no día de onte dí coñecer ben o Depor."Es un club grande, lo conozco, he oído hablar mucho de él, en Colombia lo siguen, y es un equipo que siempre tiene que pelear y que este año tiene que estar en los primeros puestos".

Pra él o Depor é un dos grandes da liga."Es el paso más grande en mi carrera. Uno siempre sueña con llegar a una Liga grande como la española y a un equipo grande como el Deportivo".

Amosa algunha "dúbida" en se quer ou non que se vaia Filipe, pero comentou o tema cas duas opcións, quedando ben.
"Si se va, bien por él; si se queda, voy a tener la oportunidad de aprender mucho y eso va a ser importante para mí...He jugado bastante tiempo en una liga buena como la portuguesa y tengo las condiciones para poder hacerlo".

 
Versión imprimible  
LAFITA, CONVOCADO.
Xoves, 09 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://i.media.goal.com/g/28193_news.jpgO Deportivo, convoca a Lafita, pro comezo da pretempada.

O equipo deportivista, convocou a Lafita o non recibír do Zaragoza o primeiro pagamento da opción de recompra, que ascende a 2 millóns máis IVE, e tanmén convocou a Fabricio, co que está nos xulgados, por negarse a firmar un contrato que xa aceptara.

Ademáis de Lafita e Fabricio, están citados Sergio, a expensas de cerrar definitivamente súa renovación, Valerón, Cristian, Adrián López «Piscu», Manuel Pablo, Riki, Lopo, Juan Rodríguez, Mista, Aranzubia, Antonio Tomás, Manu, Juca, Pablo Álvarez, Laure, Lassad, Colotto, Bodipo, Filipe, Angulo, Iván Pérez, Marcos Valín e Juan Domínguez.O resto teñen unha semán máis de descanso, menos Omar Bravo, que se incorporará cando a súa selección acabe na "Copa de Ouro".

Os xogadores están convocados Domingo en Riazor as 20:30 horas, onde manterán unha xuntanza co corpo técnico, pra logo desprazárense as suas casa, pra voltar o luns pra comezar a preparar a liga 2009-2010, da que a saberemos en poucas horas o calendario.

 
Versión imprimible  
UN MALPICÁN, PRA PRIMEIRA DIVISIÓN GREGA.
Xoves, 09 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Pirata-News

O malpicán, Manuel Romay de 19 anos o Aris de Salónica.


Manuel Romay Santiago, que cumprirá 19 anos o vindeiro día 29, emprenderá unha aventura  "Helénica", na que se atopará co exdeportivista Sebastián "Loco" Abreu, que acaba de fichar polo equipo grego, que adestran Donato e Mazinho.
Bastáronlle unhas semáns a Donato cando o tivo as suas órdes, no Montañeros xuvenil, pra ver as cualidades do rapáz.Manuel Romay, que viaxará a Grecia o vindeiro luns, ten tamén a opción do futbol suizo, onde un equipo da primeira división, está interesado na sua fichaxe.

Outros movementos

Noutro orde de cousas, o dianteiro Adrián Vázquez, que militaba no Negreira, troca de equipo e pasa a reforzar o Santa Comba, equipo da terra do seu proxenitor.Pola sua banda o Negreira, ficha a Miguel Casal, "Peloto", centrocampista que a pasada tempada militou no Céltiga, e de tan só 23 anos de idade.No Laracha tamén se moven, e fichan o irmán do exdeportivista, Iago Iglesias, Roberto, de 28 anos, que segue a ruta dos seu irmáns Iago e Marcos, que tamén estiveron no Laracha, e agora militan no Valencia B e no Sporting Sada respectivamente.

 
Versión imprimible  
ESCOLMA DE NOVAS DO DEPOR:
Xoves, 09 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News-A prensa maña, faise eco da tardanza no pagamento do Real Zaragoza, dos 2 millóns máis IVE, pra recompra de Ángel Lafita.En Zaragoza temen que o equipo non faga iste ano uso da opción de compra, dado o paso atrás do Atlético de Madrid, na sua contratación, o que llo querían vender, e xa se fala de que pro vindeiro ano ainda terían opción de recuperalo, por un millón máis.De todos modos ainda queda todo o día de hoxe a pesares de que segundo outras informacións o equipo maño, non está de acordo con que hoxe sea o día "D", pro pagamento.

-Álex Bergantiños, e Aythami,
interesan o recén ascendido a primeira división, Deportivo Xeréz, no que o pasado ano fixeron unha "estupenda" tempada, e co que acadaron o ascenso a máxima categoría por primeira vez na sua historia.Segundo o Diario de Xeréz, o clube está a espera do que decida Lotina, pois no Depor, (segundo o xornal andalúd), ainda está a expectativa de se seguen no equipo, Sergio e Lopo, polo que ainda non decideu se cederá os xogadores ou quedarán na plantilla.

-Laure adestrou onte con Valerón, Piscu, Antonio Tomás e Mista, a "motus propio", e no día de hoxe poderían contar ca inclusión do "cañoneiro", Juca, que chegou no día de onte a Coruña.

-Antonio Tomás, manifestou no día de onte que só espera que; "Mi trabajo me lleve a jugar...Yo pienso lo mismo que en todas las temporadas, luchar por un puesto, seguír trabajando y nada más.Quien se vaya o quien venga no cambia nada mi situación".O cántabro ainda non está do todo recuperado da rotura de fibras que sufreu o final da tempada, polo que quer ir pouco a pouco, pra evitar recaidas, e o que espera e que o respeten as lesións, e acadar co equipo o mesmo co ano pasado ou melloralo.

-Namentras que o exdeportivista Munúa foi presentado como gardameta do Málaga, Diego Tristán está preto de firmar polo Recreativo de Huelva, tralo intento fallido de acordo, co Cádiz, na 2ªB.

-Omar Bravo dixo estar "arrepentido" de haber ido o Tigres de Monterrey, pois segundo o xogador; No salió todo como quería, apenas jugué tres o cuatro partidos completos, todo fué muy rápido".A pesares de todo dí gardar bos recordos da afeción de Tigres.

-Brayan Angulo, non pensa en se seguirá ou non Filipe no Depor, él só quer que empece canto antes a liga, pra loitar por un posto, e afirma que tempo "puedo ser mejor que Filipe".O deportivista que era comparado en Portugal con Roberto Carlos, está cunha ilusión e gañas enormes, e contou que tan pronto soubo do interese do Depor por facerse cos seus servizos, díxolle o seu representante que o arreglase canto antes.

 
Versión imprimible  
O BARCELONA SUBE A OFERTA POR FILIPE, NÚN MILLÓN DE EUROS.
Mércoles, 08 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://www.futbolred.com/contenido/uefa/noticias/dieciseisavos/IMAGEN/IMAGEN-4837629-2.jpg
Barcelona sube un millón a sua oferta por Filipe Luís.

Dende Cataluña, estase a amosar o "tacaños" que son os habitantes das que fora terras aragonesas, e na tarde-noite de onte fixéronlle chegar a Augusto César Lendoiro, unha oferta de 9 millóns de euros, polo "mellor lateral esquerdo da liga 2008-09".

Verdadeiramente toman o pé da letra que o que fixo Florentino, non foi máis ca un insulto a todo un pobo "deprimido" pola crisis, na que nos puxeron os "señores feudais" (coma o presidente branco, e os politicos), crisis que eles non pasan, e namentras traen xogadores de outras ligas que non se sabe o que darán, "insultan" os xogadores españois e os que xogan xa nista liga, dando cantidades "irrisorias" por eles.

A noso entender o Depor non debería deixar "marchar" a Filipe, por menos de 15 millóns de euros, e se non os queren dar xa os darán pro ano que ven, ou posiblemente máis, pois Filipe deu máis rendimento nista liga que moitos dos "escuros" do Barcelona ou Madrid, polos que desembolsaron moitos millóns e agora non teñen nen a que venderllos.

O xogador que apura as sua vacacións en Nova York, dixo que, "no voy a presionar a nadie como se dijo.Simplemente dije que era una gran oportunidad para mi carrera"."No tengo noticias de nada y mi obligación como profesional es estar con el Depor".

 
Versión imprimible  
ESCOLMA DE NOVAS DA COSTA:
Mércoles, 08 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa-Albertiño interior dereito do Unión Club Cee, moi preto de ser novo xogador do San Tirso.

-Fabián do San Lorenzo, séptima incorporación do Ponteceso.O lateral dereito carballés de 32 anos únese os, Luisete, (Sp.Cambre), David, (San Cristobal), Bolón, (Buño), Charro, (Malpica) Rubén Rama, (Laracha), e Josito, (Sp Zas).O equipo que preside José Manuel Mato, estase a reforzar o máximo, pra afrontar a 1ª Autonómica.O vindeiro venres, terá a Asamblea anual de socios, na que se tratará o Estado das contas, nas que contan con superavit, a aprobación do novo presuposto, e o "planing" da vindeira tempada, así coma o apartado de "rogos e preguntas".A xuntanza cos socios será na Casa do Concello, a partires das 21:00 horas.

-O Fisterra ficha os ex da casa, Julito e Borja Santos, que iste ano xogaron no Unión Club Cee, namentras o Camariñas de Juan Cortés, "Papi", ficha a Javi Souto, dianteiro do Montañeros Xuveníl, da Liga Nacional.O Pindo tamén se reforza e contrata a Víctor Agulleiro, que xogou a pasada tempada como dianteiro do Corcubión.


 
Versión imprimible  
XUNTANZA ANUAL DA FEDERACIÓN, COS CLUBES DA COSTA.
Mércoles, 08 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa
http://media.lavozdegalicia.es/default/2009/07/08/0012_2590119/Foto/c8c10f1.jpg
O Lira ascende a Liga da Costa, que pasará a ter 18 equipos.

O troco máis significativo da reunión de onte antre os representantes da Federación e os clubes da costa foi que o Lira que acabou terceiro na 3ª da Costa, ascende a Liga da Costa, (2ª Autonómica), que pasará de 16 a 18 equipos.Isto foi debido a volta as competicións do Outes e o Club del Mar de Caión.Ademáis acabáronse os nervos pro Malpica, que xogará un ano máis na Liga da Costa, trs decidirse que non baixaría na xuntanza.

Na xuntanza de Baio xunto ca maior parte dos clubes costeiros, estiveron, o secretario xeral da Federación Galega, Diego Batalla e tamén, Manuel Corredoira e Benjamín Amido.

Como dicíamos a Liga da Costa pasa de 16 a 18 equipos e a 3ª quedará con un menos, (17), pola subida de tres equipos, e a baixa do Santa Comba B, que se fusionou co Castríz, que será dende ista tempada o filial do Santa Comba.Ademáis ainda non está cerrada, dado que está no "aire" a participación do Muros B.

O Presidente do Unión Vimianzo, recén ascendido a Liga da Costa, propuxo que os subcampións das diferentes zonas, xoguen entre si por unha praza de ascenso a 1ª Autonómica, proposta que gustou e que queda pra ser estudada.

Todo canto se tratou na xuntanza, queda pra ser ratificada na reunión que terá a Federación o vindeiro día 18 en Corme.

 
Versión imprimible  
VALERÓN, COMEZA CON HUMILDADE.
Martes, 07 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://www.as.com/recorte/20090216dasdaiftb_2/C280/Ies/Valeron_todo_sera_color_rosa.jpg
Juan Carlos Valeró, "Pirata de Honra 2008", está ilusionado.

O noso "Pirata de Honra", dí estár ilusionado co comezo da pretempada, "coma cada ano".
"Siempre por una cosa u otra, cuando empieza una temporada hay motivos para estar muy ilusionados. En ésta, estoy con mucha ilusión después de haber pasado las lesiones y haber podido comprobar que puedo competir y aportar cosas. Ahora, intentaré dar lo mejor de mí".

Segue a falar coma un rapáz que comeza, cousa que nél non e de extranar, pois e o número 1 en humildade, pois un xogador coma iste non pasaría polo "Circo-horterada", que montou iste día Florentino no Bernabeu, onde parece que presentasen o "Home que curou o can...".
Valerón o mellor xogador español da historia da liga, e algo especial ate na sua "sencillez".
"Todos partimos con la idea de hacer las cosas lo mejor posible, para hacerse un sitio en el equipo y tener continuidad. Luego, dependerá del entrenador".

Segue en "Ler a nova completa..."

 
ESCOLMA DE NOVAS DO DEPOR:
Martes, 07 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
-Adrián López, "Piscu", uníuse no día de hoxe a Valerón, Mista e Antonio Tomás, nos adestramentos en Abegondo e pola tarde tiveron sesión de físico nos ximnasios dos baixos de Riazor.Oresto están cotados pro Domingo 12 as 20:30 horas, ca intención de comezar a prtempada o día seguinte, menos, Guardado, e Zé Castro.

-O apartado xurídico da UEFA, desestima a petición do Oporto de cartos, polo traspaso do xogador Andrade a Juventus de Turín no 2006, por parte Depor, e ademáis de darlle a razón o Deportivo de que non lle debe nada, deberá pagalas cotas do xuizo, por valor de 100 francos suizos antes de 30 días..

-O Depor ascende o número 44 do mundo na "Clasificación Mundial dos Clubes-IFFHS".Se premes en "Ler a nova completa...", podes ver a clasificación na que o Barcelona e o primeiro, cos mesmos puntos co Manchester United.

-O Zaragoza que ainda non cerrou o traspaso de Matuzalem o Lazio italiano, ten ate o xoves pra facer efectivo o pagamento de 2 millóns de euros o Deportivo.O equipo maño segundo a prensa da comunidade, espera ingresar polo dianteiro brasileiro 8 millóns de euros, máis a cesión do porteiro arxentino, Carrizo, pra logo con istes cartos recomprar a Lafita, pra "dín" venderllo o Atlético a troque de diñeiro e o xogador Jurado.En caso de facer efectivo o pagamento, o segundo prazo de 1,5 millóns de euros, tería que abonalo a máis tardar o 20 de Xullo.

-O vindeiro venres terá lugar o sorteo do calendario da liga de futbol 2009-2010.



 
ADESTRADORES MUXIÁNS:
Martes, 07 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Fútbol da Costa
http://www.piratasdemuxia.es/IMAGES/Luisromani.jpg
Luís Romaní, seguirá o fronte do Muxía Club de Futbol.

O "todoterreo", José Luís Romaní, que o pasado exercicio xogou de porteiro, dianteiro e adestrador, cando foi destituido, o fisterrán Manín, seguirá como adestrador un ano máis.
"Eu aquí no Muxía, estou pro que faga falla, e seguirei namentras queiran".
Luís, que fixo de todo no equipo da Vila da Barca, tamén ten a faceta de dirixír a cativos, e ate arbitra encontros tanto de futbol sala coma de futbol-7, nas ligas locais.

O xove adestrador muxián, comentóunos que xa tivo un encontro con Estanislao, Presidente do clube, pra prantear a vindeira tempada, pois foron moitos os efectivos que se marcharon na pasada, con ate cinco baixas con dirección a Camariñas, o que antigamente era o "gran rival".

Outro muxián que podería estrear equipo que non faceta, pois xa adestra as rapazas do Fisober de futbol sala feminino, e nas escola municipais de futbo e futbol sala, e o xogador do Unión Cee, Fran Toba, "Fran Pioto", que está preto de asinar co Unión Vimianzo, como adestrador, ainda que podería facer dobre función, tamén actuando como xogador.

 
Versión imprimible  
MISTA, ESPERA QUE FILIPE SAIBA AGUANTAR A PRESIÓN.
Luns, 06 Xullo, 2009 Enviado por Pato
Depor News
http://www.as.com/recorte/20080904dasdasftb_7/C280/Ies/Mista.jpg
Mista que se adestrou en Abegondo, teme a presión que hai sobre Filipe.

Dende a que fora provincia do Reino de Aragón, (cousa que non lles gusta lembrar), non fan máis que presionar a Filipe Luís, namentras "malgastan" os cartos en xogadores, que non se sabe o rendemento que darán na liga espeñola, en "supuestos" bos xogadores.Mista ista tarde facíase eco do mal que o debe a estar a pasar o xogador brasileiro, dada ista presión e sabida conta distas "lides", que o veterán Mista xa pasou noutros tempos.
"Es una pena que haya tanta polémica con Filipe y que él, como le he escuchado decir, esté tan nervioso. Espero que pase lo mejor para él y para el club".

O de Caravaca, espera ter máis sorte co pasado exercicio, e sabe que co longo da tempada chegará o seu momento.
"Mi idea es trabajar igual que todos los compañeros porque al final de temporada, como ocurrió el año pasado, todos tenemos nuestro momento y somos importantes para el equipo".

Só pensa en prural, e o que quer é que o equipo "satisfaga" a afeción.
"Trabajaremos por igualar la temporada pasada. Tenemos potencial, como demostramos entonces y queremos ilusionar a la afición".

O murciano, estreou a nova equipación de roupa pra adestramentos,
da marca Lotto.O contrario que os derradeiros anos, que ainda adestraban cas indumentarias "obsoletas", nista ocasión a marca italiana que vestirá o Depor as vindeiras catro tempadas, doulle o equipo, unhas equipacións provisionais, a espera de en breve abastacer xa o clube das definitivas.

 
Versión imprimible  

<   11121314151616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293103113123133143153163   >

Theme creado por dev-postnuke.com