| Usuarios |
Benvido Invitado
O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
|
 |
Admins |
|
Pirata |
|
|
RubenGarcia |
|
|
Pato |
|
 |
Membros: |
 |
Novos Hoxe: |
5 |
 |
Novos Onte: |
11 |
 |
Total: |
4246 |
 |
Ultimo: |
| Kplfsqcwa |
 |
Conectados |
 |
Membros: |
0 |
 |
Invitados: |
3 |
 |
Total: |
3 |
 |
Membros Online |
| No hai membros conectados |
|
|
|
|
|
| FILIPE LUIS, XOGADOR DO ATLÉTICO. |
| Sábado, 24 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |

Xa é oficial, a fichaxe de Filipe Luis, polo Atlético de Madrid.
O xa ex deportivista, Filipe Luis, ( 9 de agosto de 1985-Jaraguá do Sul, Brasil), vestirá de branquivermello, a vindeira tempada.Ainda non trascenderon, os datos dista venda, por parte do clube, pero fálase, dunha cantidade superior, os 12 millóns, quedando zanxada a débeda do Depor, co equipo madrileño, por Zé Castro, (1.5 millóns de euros).O pagamento, sería de 6 millóns de eiros o contado, e logo, os outros seis, en dous prazos de 3 millóns. Dende a Radio Galega, apuntábase, que o Depor podería haber incluido na venda a adquisición, do xove de 21 anos, Rubén Pérez, que milita no filial "Colchonero", que iste ano militará na 2ª B, no mesmo grupo co Fabril, ademáis fálase nos mentideiros deportivos, que o Atlético, debería xogar de maneira gratuita, nun Teresa Herrera.
E triste desfacerse dun xogador tan bo, tanto en calidade deportiva, como humán, pero ista inxección económica será un bálsamo, para as arcas do clube, e confirma, que a "prepotencia", do ano pasado do Barcelona, e a "vergonzosa", e "insultante", actitude dalgúns medios de comunicación cataláns, con "mofas" ante a oportunidade deixada por Lendoiro, de venderlle o equipo barcelonista a Filipe, por 8 millóns de euros, era totalmente un erro, e unha "pataleta". En Barcelona, fixéronse cos servicios do tamén brasileiro Maxwell, pagando máis co que daban polo xa ex deportivista, e foi sen dúbida, o peor xogador culé da pasada tempada, tanto foi así que iste ano tiveron que fichar a Adriano, por arredor de 14 millóns de euros, pola pouca visión, en deixárense escapar a un xogador de tanta calidade, como é Filipe Luis.
|
|
| RECOMENDACIÓNS DOS USUARIOS, PARA PASALO BEN. |
| Sábado, 24 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 Festas e máis festas, en toda Galicia. -Infórmannos dende Corcubión, que nos esquezades, de pasar polo Mercado Medieval, que devolve a fermosa vila corcubionesa, os anos do medievo.Durante todo o día de hoxe e mañán, podes, trasladarte a ista época, mellor é ir disfrazado, pero podes, disfrutar do gran ambente e da festa, de tódalas maneiras.
-Tamén nos chega un correo, para que te pases, por Aguiño, (Riveira), onde se degustarán, 2.000 Kilos de percebes, na festa diste preciado e saboroso crustáceo.Os prezos da ración, que como nos dín, "chega para darse un gustazo", será de 12 euros.
-En Muxía seguimos cas festas do Carme, trala extraordinaria, actuación de onte de pandereteiras, locais, o grupo Airiños do Corpiño, (Muxía), Os Cuchuflellos, (Manzaneda), e A Roda, (Vigo), ate altas horas da madrugada, hoxe dase paso as verbenas, o igual que mañán Domingo.
|
|
| O BERGANTIÑOS, FICHA A MANU RODRÍGUEZ, E RENOVA A JORGE VIGO. |
| Sábado, 24 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 Manu Rodríguez, troca as Rias Baixas, pola Altas.
Javier Souto, Presidente do Bergantiños CF, segue a postar polos xogadores xoves, e da zona, ainda que a nova fichaxe, Manu Rodríguez (Moraña, 1986), non é da nosa zona, sí é un xogador, xove, e con experiencia.O centrocampista morañés, xogou, no Pontevedra, no Arousa, e no Vilalonga, do que procede, e era unhas das necesidades, do equipo carballés, que formará parella, con Madrigal, nisa parcela.Ademáis o novo xogador do equipo carballés, aportará, altura o equipo, cos seus 1.81 m, que fai que siga sumando xogadores, de moita envergadura.
Manu Rodríguez, é un xogador orgañizador, con moita calidade, e unha moi boa técnica, e ainda que tiña fertas de equipos da 2ª B, aceptou a proposta dos bergantiñáns. e pode que xa esteña as órdes de Varela Bardanca, para o primeiro encontro de pretempada o vindeiro mércores, ante os veciños, do Sofán.
Jorge Vigo, renovado
O equipo carballés, tamén nos confirma, a renovación, do camariñán, de 20 anos de idade, Jorge Vigo, que tamén xoga no medio do campo, e que foi o autor do gol, que lle deu a permanenza na Terceira División, o Bergantiños CF, no encontro, ante o Somozas, do ex deportivista Nando.Jorge Vigo, que tiña ofertas, de outros equipos, aceptou a renovación, do novo proxecto de Javier Souto.
|
|
| MUXÍA EN FESTAS |
| Venres, 23 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 Hoxe comezan en Muxía os festexos na Honra da Virxe do Carme, co "VI Encontro Folk do Cabo da Vila", (o Cabo da Vila, non ten ise nome por ningún cabo, é porque era o final do pobo, antigamente, ou sexa o cabo da vila, e agora é o centro), actuarán, varios grupos de gaitas e pandeireteiras, locais e da zona, e como prato forte, o coñecido grupo galego, "A Roda".
Os festexos en plan verbena, comezan mañán e seguen o Domingo, que terá a procesión marítima, pasado o medio día.
|
|
| BREVES DA COSTA: |
| Venres, 23 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
-Hoxe preséntase o Laracha CF, no Municipal da Laracha.Presentará o seguinte equipo: Porteiros: Javi e Álex; Defensas: Raúl Añón, Fandiño, Javi Fuentes, Cardelle, Angeriz e Miguel; Medios: Mariano, Bolo, Pablo Fernández, Sito, Zalito e Jorge Parada; Dianteiros: Josiño, Adriano, Josito e Gurita.Ademáis os xuvenís; Mario, Portillo, Peque e Ceide., adestrarán co primeiro equipo.
-Hoxé preséntanse e comezan os adestramentos: o Sofán,con David Baña o fronte, o Buño, que seguirá adestrando, Pablo Mallón, o San Lorenzo, que adestrará, Óscar Suárez, e Unión Vimianzo,con Juan Jesús, como novo adestrador, de equipos da Liga da Costa, e o Cabana, de Terceira Autonómica, que iste ano adestrará o carballés, Chema Eirís.
-Mañán sábado, Asemblea de Socios do Muros SD, en primeira convocatoria, as 20:00 horas, e media hora despois en segunda
-Manuel Fernández "Nieto", que adestrou durante varios anos, o xa dado de baixa na Federación Galega de Futbol, Monte Louro, será o adestrador do Muros B.
|
|
| O DEPOR, QUEDA CUARTO, TRAS CAER NOS PENALTIS. |
| Venres, 23 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 1-1Riki, (2´), DeJong, (18´).Primeira metadeComezou ben o Depor, e Riki, adiantou o equipo no marcador, os 2 minutos.Os 18 minutos, empatou De Jong, a balón parado, para os holandeses.O noso equipo está a aguantar ben pero os de Preud´Homme, nótaselles máis fondo físico, pois xa comezan a liga en poucos días, e disputarán iste ano a Champions, como campións de Holanda.O pasado ano foron subcampións de liga, e quedaron fora na previa da Champions, ante o Sporting de Lisboa.O Dominio ate o final dista segunda metade foi alternativo, pero o Depor, que puido adiantarse de novo, os 38 minutos, tras un centro dende a banda de Laure, a Desmarets, no área pequena, e que o defensa holandés, Wisgerhof, a piques estivo de introducir, na sua propia porta, de non estar atento o porteiro Nik Marsman.Os derradeiros minutos foron de toque do Depor, que amosa, cousas diferentes a pasada tempada. Segunda metadeDefendeu moi ben o Depor, en ista segunda metade, e non pasou apuros a portería defendida, por Manu, nen por Diego Rivas, que entrou a falla de dez minutos para o final, pero adoleceu, de unha falla "escandalosa" de profundidade, ben e certo, que levan tan só unha semán de preparación.En toda ista segunda metade só houbo, un tiro antre os tres paus, e foi a mellor xogada de todo o encontro, Lassad, centrou a banda por onde entraba Saúl, xa no área, escorado a esquerda, levouse o porteiro, e colgou de vaselina, pegado a liña, e tivo, que sacar baixo paus, Rasmus. Pasouse os penaltis, e marcou Zé Castro, errou Pablo Álvarez, marcou, Aythami, Lassad, e Michel.Eles tamén erraron un tiro, que parou Diego Rivas, e sigueuse, ca rolda, tirou Saúl, parándollo, Marsman, e tras marcar eles, quedamos na cuarta posición. Están a xogar, polo Depor: Manu, Stopira, Colotto, Aythami, Laure, Antonio Tomás, Desmarets, Pablo Álvarez, Juan Rodríguez, Valerón e Riki.Tamén xogaron na segunda metade: Lassad, Michel, Saúl, Diego Rivas, (p), e Zé Castro.
|
|
| O DEPOR XOGARÁ EN PARMA, (ITALIA), O 21 DE AGOSTO. |
| Venres, 23 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |

O Depor xogará contra o Parma en Italia. O Depor pechou o seu sexto compromiso, europeo, e dista vez será ante o equipo italiano do Parma, o 21 de Agosto.Con iste enfrontamento, serán dous encontros os que disputará en terras itálicas, xa que o vindeiro 13 de Agosto, tamén xogará un amistoso, fronte o Catania, o que fai supoñer, que fará unha miniconcentración, en Italia. Tamén foi invitado a xogar no Maracaná, (Brasil), no 60 niversario do Flamengo, polo que sería a segunda vez que visitarái iste emblemático estadio, dende o derradeiro ascenso a Primeira División, xa que en tempos de Bebeto, disputou, un amistoso, contra o Vasco da Gama, no que vencera por 2-1, e no que saira, como xogador máis destacado, o coruñés, Marcos Vales.De todos modos, parece que será unha boa nova a invitación, xa que sería o 12 de Agosto, e ten concertado, para o día seguinte, un amistoso, co Catania, como apuntábamos anteriormente.
Iván Pérez e Sergio González
Noutro orde de cousas, o centrocampista deportivista, Iván Pérez, que quería convencer, unha vez máis a Lotina, de que era válido, para o Depor, foi cedido a Ponferradina, e o ex deportivista, Sergio González, acaba de fichar polo Levante, polo que un ano máis xogará na Primeira División española.
Preme en "Ler a nova completa..." para ver tódolos enfrontamentos de verán do Depor
|
|
| Filipe Luis , pasara recoñecemnto médico hoxe en Madird. |
| Venres, 23 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
  O lateral zurdo do Deportivo Filipe Luis viaxou a Madridpara o recoñecemento médico, Filipe Luis, de 24 años, inicio onte a viaxe hacia a capital,onde se someterá ás probas médicas, para xogar no Atlético, a primera hora da mañán, ainda que voltara a Coruña onde ten previsto dar unha rolda de prensa para despedirse da entidade coruñesa. As negociaciones entre Deportivo e o Atlético de Madrid , alargáronse por culpa duns "pequeños flecos", como asegurou o presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro durante o pasado martes na asamblea da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
|
|
| XA TEMOS O CALENDARIO DA 2ª B - 2010/11. |
| Xoves, 22 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 O Fabríl. comezará a liga, con un derbi galego, na casa do Clube Deportivo Lugo.
Xa tes en "Clasificacións", o calendario, da 2ª B, Grupo 1º, que a compoñen equipos, canarios, madrileños e galegos.Como curiosidade, destacar, que antre os 20 equipos que compoñen ista liga, hai 6 filiales, (Fabril, Celta, Real Madrid, Getafe, Atlético de Madrid, e Rayo Vallecano).Tamén decir, que hai seis equipos galegos, os recén ascendidos, Fabril e Coruxo, hai que sumar, o Pontevedra, Lugo, Montañeros, e Celta B.
A liga comezará o vindeiro, 29 de Agosto, e pola contra ca Primeira División, non terá parón, e a segunda xornada será o 5 de Setembro.A liga rematará o 15 de Maio do 2011, nista derradeira xornada o Fabril, rendirá visita o Guadalajara.
Tito Ramallo, consultado, sobre o calendario, conteestou, que lle parecía, parecía ben como quedou confecionada, que non tiña; "ningunha queixa".
|
|
| BREVES DA COSTA: |
| Xoves, 22 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
O Fisterra. fixo púbricas as fichaxes de: Joaquín, procedente do Dumbría, José María Senra (Corcubión), Manoliño (Carnota) e Sergio. Istes xogadores unense a Nico, Guardiola, Roco, Marco Castreje e Juan de Elvira. Antre outras cousas, o equipo que preside, José Manuel Lema, está en conversacións, co CCD Cerceda, para comezar, unha colaboración antre os dous equipos.Precisamente, o equipo cercedense, que se presentou onte, xogará o seu primeiro encontro, contra o equipo fisterrán, que dirixe, Manolo Santos, no Novo Cubaleiro, de Corcubión, o sábado, a partires das 19:00 horas. -O Malpica, convoca os seus socios, para o vindeiro sábado pla tarde, para a Asemblea Xeral de Socios.O clube que preside, Fernando Couto, fará o balanzo, da pasada tempada, e nombrarase, unha xunta xestora, para a apertura, de candidaturas, a presidencia.O propio Fernando Couto, xa anunciou que se presentará a reelección.
|
|
| NOVAS BREVES, DO DEPORTIVO: |
| Xoves, 22 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 -A Peña Deportivista Os Rachapedras, de Suiza premiará hoxe a Manuel Pablo, pola sua traxectoria profesional no Deportivo. Oacto será no Gran Hotel des Bains, lugar de concentración do equipo. -Juan Domínguez, lesionado.O xove xogador deportivista, sufreu un pinchazo, no adestramento dista mañán, en Yverdom-Les-Bains, localizado, no aductor mediano do muslo dereito.Isto fai que o rapáz, volte a Coruña, para unha exploración máis exaustiva, e que se perda o encontro de mañán, contra o Twente, (18:00 horas por Eurosport), e o do Domingo, en Alemaña, ante o Unión Berlín.
-Lendoiro, está en Madrid, para "desbloquear" os problemas, que hai para a estampación da firma de Filipe Luis, como xogador branquivermello.Falta saber as condicións, se hai algo máis por obxetivos, e se a débeda co Atlético, por Zé Castro, que ascende a 1.5 millóns de euros, será descontada dos 12 millóns que se falan, que debe pagar o equipo madrileño, polo xogador brasileiro.
-Lotina, alaba as cualidades, do lateral esquerdo do Real Murcia, Sergio Escudero; "Es el tipo de jugador que nosotros queremos. Joven, con mucha proyección y que, a pesar de su edad, ya está capacitado para ser titular; para ser un fijo".Falla saber, haber onde acabará o xogador, pois o Zaragoza, tamén anda por medio, ainda que a amizade de Lendoiro, e do Presidente murciano, pode favorecer os intereses deportivistas.Por outra banda o Rentistas, antigo, dono dos dereitos de Filipe Luis, pide un millón de euros do traspaso, que segundo dín, débellos o Deportivo.
|
|
| O CCD CERCEDA, COMEZA A SUA PREPARACIÓN, PARA A LIGA 2010/11. |
| Xoves, 22 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 O Cerceda, fixo na tarde de onte a sua presentación.
O equipo que dirixe, o ex do Compostela, Nacho, fixo a sua presentación, e logo levou a cabo o seu primeiro adestramento.O adestrador cercedense, está a espera de que Joselu, arranxe, os seus problemas, co Teruel, para quedar libre, e fichar polo seu equipo.O Presidente, José Antonio Silveira, segue moi de preto, o asunto. O equipo de Cerceda, xogará o seu primeiro amistoso, o vindeiro día 24, en Corcubión, no Novo Cubaleiro, ante o Fisterra, de Manolo Santos, a partires das 19:30 horas.
A plantilla, para tentar de novo o ascenso a 2ª B, será a seguinte: Porteiros: Pablo e Cristopher; Defensas: David Rey, Aitor Díaz, Noé, Bautista, Josito, Juan Cabrejo e Manuel Castiñeiras; Centrocampistas: César Otero, Souto, Rodri, Franqueira, Xaco e Colón; Dianteiros: Luisito, Pablo Barreal e Óscar.
Causan baixa, con respecto o pasado exercicio: Rafa Muradás, Felipe, Antonio, Pablo Fernández, Louro, Castaño e Kelvin.
|
|
| O DEPOR XA TEN RIVAL, NO 3º E 4º POSTO DA UHRENDCUP. |
| Mércoles, 21 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 O Depor, na Uhrencup, por Eurosport, ante o Twente.
O Twente, Enschede, será o rival do Depor, na loita polo 3º e 4º posto, tras perder ante o VBF Stuttgart, por 2-1, na segunda semifinal, da Uhrendcup. Adiantouse o equipo holandés, os 44 minutos, con gol de Marc Janko, poñendo o 0-1 no marcador, resultado co que acabou a primeira metade.Os dez minutos da reanudación, empatou, Martin Harnik, con un tiro dende fora do área.Kuzmanovic, con un libre directo, dende 23 metros, culminou a remontada dos alemáns, cando corría o minuto 66.
O Twente, que dirixe, o coñecido, Michel Preud´Home, ex porteiro da Selección de Bélxica, e do Standart de Lieja, Malinas e Benfica, será o rival deportivista, para un novo adestramento de nivel, a partires das 18:00 horas.Encontro, que será televisado, por Eurosport, tras iste encontro, terá lugar a final, antre o Young Boys, e o Stuttgart.
Fabril
O equipo que dirixe, Tito Ramallo, xogou o seu segundo compromiso de pretempada ante o Larín, en Arteixo, vencendo, por un contundente, 0-4. O filial deportivista voltará a xogar en terras arteixanas, os días 24 e 25, nos que disputará o "Trofeo Santiago Apóstol", xogando o 24, a primeira semifinal, ante o Mesón do Bento, (18:00 horas).A outra semifinal, disputarana o Atlético Arteixo, (que comeza saí a sua pretempada), e o Dorneda.O día 25, xogaránse, o 3º e 4º posto, e a Final.
|
|
| NOTICIA, TRISTE NO FUTBOL DA COSTA: |
| Mércoles, 21 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |

Segundo informa a Liga da Costa, no seu Facebook, a Unión Deportiva Monte Louro, dase de baixa na Federación Galega de Futbol.O final, non puido ser e o equipo muradán, desaparece do futbol da Costa.Iste ano competiría na 3ª Autonómica da Costa, tralo descenso, da Liga da Costa.
Ista pódese decir que é unha mala nova para o futbol da costa, nun ano, no que regresan o Xaviña, (Camariñas), e o Laxe.
|
|
| FILIPE, AINDA SEGUE NA CORUÑA. |
| Mércoles, 21 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
  Filipe, correrá a carón de Agüero, ou contra él?.
A venda de Filipe, segue a ser un "Culebrón", un ano máis. Cando todo parecía xa arranxado, o conto "revírase", coma nas mellores series de "Culebrón".O parecer, segun dín uns, Filipe, non acepta o que lle da o Atlético, ( él e o seu representante, toman o "mutis", por resposta).Outros dín que o clube deportivista, quer 6 millóns o contado, para poder facer fronte a pagamentos coma o de Sergio, por exemplo, (no clube, dín que o tema vai co xogador). Dende Madrid, comentan que os "Colchoneros", están a buscar financiación, pero aparece a sombra do Inter de Milán, que parece ser que lle ofrece máis cartos a Filipe. O final, que Filipe segue a adestrar na Coruña, sen abrir a boca, e se as cousas seguen así viaxará a Suiza, para unirse a expedición, deportivista, que xoga mañán, polo 3º e 4º posto, na Uhrencup, en Berna, (Suiza), e que logo viaxarán a Berlín, (Alemania), para enfrontarse o Unión Berlín.
Iván Pérez
O "picholeiro", Iván Pérez, que adestrou ista mañán, con Filipe, e o recén reincorporado, Rubén Castro, (o que quer o Betis, antre outros), comentou, nos micrófonos da Galega, que "vou loitar por quedar aquí, pois eu quero seguir sendo futbolista, e ei de loitar por elo, pois estou covencido, de convencer os técnicos".En referenza a posibilidade, dunha cesión, cousa que é un segredo a gritos, o ser o único, xogador que quedou na Coruña, por decisión técnica.Stopira que o final viaxou, o quedar Filipe, ademáis de ser fichado, para intercalar o Fabril e o Depor, acababa de chegar.
|
|
| O BERGANTIÑOS CF, RENOVA, A UNHA DAS SUAS PEZAS CLAVE: PABLO DOMÍNGUEZ. |
| Mércoles, 21 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
   Infórmanos o Bergantiños, de que xa acadou un acordo de renovación, con Pablo Domínguez. O Presidente carballés, Javier Souto, andaba istes días a tratar de acadar a renovación, do centrocampista zurdo, Pablo Domínguez García, (Baio-1984), que leva a frioleira de 9 anos nas filas do clube bergantiñán. O final, as posturas, son as mesmas, e Pablo, será un ano máis xogador do Bergantiños, que por outra banda, aguanta, a un gran xogador, de banda esquerda.Na pasada tempada na que xogou 31 encontros, tivo que xogar de lateral esquerdo, polas necesidades do equipo, pero onde mellor se desenvolve, é no interior esquerdo, ou polo centro, dado, que é un xogador, con bo manexo, que golpea, con facilidade o balón, e que ademáis de ser bo pasador, ten bo disparo a porta.Ademáis aporta altura o equipo, cos seus 1.86 m.
Segundo nos informan, a plantilla, ainda non está pechada, pois seguen sondeando o mercado, na busca dun lateral esquerdo, e un medio defensivo.O equipo comezará a sua pretempada, o vindeiro 26 de Xullo, a partires das 20:30 horas, no campo carballés das Eiroas.Tamén teñen aberto o prazo para a presentación de candidaturas a presidencia ate o vindeiro 30 de Xullo.Tras saberse, quen será a directiva terá lugar a presentación do equipo, que podería ser, na Copa Diputación, ante o Dubra, o vindeiro, 4 de Agosto.
|
|
| FOTOS DOS GALEGOS NA DIÁSPORA. |
| Mércoles, 21 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
"Aquí vos mando unhas fotos de como celebramos a victoria de España, no mundial, os galegos, e os que estamos en New York, na Casa de Galicia, que o vivimos se cabe, con muita máis alegría o estar lonxe da nosa terra.Foi unha gran emoción, e moita emoción, ver a bandeira española, colgada en miles de ventanas, en taxis, coches, restaurantes, bares, e ver o Empire State, adornado con luces, cos colores da bandeira española.O dia siguiente, había xente, vestida ca camiseta de España, por todos os rincóns, é algo que nunca olvidaremos".
Iste foi o correo, que nos chegou a nosa web, de María de Carnota, que é un dos moitos usuarios que ten piratasdemuxia.es, na diáspora, e que disfrutaron dunha maneira especial, a victoria de España, ante Holanda, na Final, do Mundial de Sudáfrica.Aquí tedes unha escolma de fotos, de como vivirón, ise día que quedará marcado, con letras maiúsculas, para os anales da historia, e que a tódolos que están no extranxeiro, os fixo sentir,orgullosos de ser españois.
Preme abaixo en "Ler a nova completa...", para ver o resto de fotos.
|
|
| O DEPOR, PERDE O PRIMEIRO ENCONTRO DE PRETEMPADA. |
| Martes, 20 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 1-0 Mayuka, (21´)Comezou ben o Depor, e os cinco minutos, avisou, cun remate de testa de Lassad, pero serían eles a postre os que se irían facendo co dominio do balón, e puideron poñerse por diante os 16 minutos, con un tiro que obrigou a lucirse a Manu, obra de Schneuwly.Foi niste intre de dominio suizo, cando se adiantaría o equipo do Young Boys, o batir a Manu,o xogador local , Mayuka, (21´), cun remate de testa nun erro defensivo.Uns minutos despois, foi expulsado, Rochela, (38´), con vermello directo, tres minutos antes foi Lassad, o que puido marcar, o driblar o porteiro, Wölfli, pero o defensa, Dudar, salvou "in extremis". Xa na segunda metade, comezou o "rosario" de trocos no Depor, saindo, Lassad, Juan Rodriguez e Saúl, (46´), do terreo de xogo, e dando entrada, a Aythami, Riki e Antonio Tomás.Iste último, probou dende fora do área o porteiro suizo, cando ían 9 minutos da reanudación, na única ocasión dista segunda metade No minuto 65 entrou, Desmarets, por Urreta, nun encontro, que ía apagándose cos minutos, pola lóxica falla de adestramentos. Equipo titular:Manu, Manuel Pablo, Rochela, Lopo, Raúl, Michel, Saúl, Urreta, Juan Domínguez, Juan Rodríguez, e Lassad.
|
|
| BREVES DO FUTBOL : |
| Martes, 20 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 -Primeiro once titular da pretempada do Depor, para o enfrontamento, ante o Young Boys, na Uhrencuap 2010: Manu, Manuel Pablo, Lopo, Rochela, Raúl, Juan Domínguez, Juan Rodríguez, Saúl, Urreta, Míchel e Lassad.  -O Bergantiños, presentou o balanzo das contas, nas que houbo, 224.523,24 euros de ingresos e gastos.Javier Souto, presidente do "Bergan", fixo tamén o balanzo deportivo, que foi positivo, e abreu, o prazo, para a presentación de candidaturas a presidencia, que estará aberta ate o vindeiro 30 de Xullo.A presentación do equipo, que segue en formación, pois espéranse máis fichaxes, estará aprazada ate que se sepa, quen será a directiva para o vindeiro curso futbolístico.En principio, o primeiro encontro de pretempada, será o vindeiro 4 de Agosto, ante o Dubra, pertencente a Copa Diputación.
 -O Camariñas preséntase hoxe, a partires das 20:30 horas, no Hermanas Patiño.O novo adestrador, Manolín, espera pechar a contratación de dous novos xogadores. -O Fisterra, tamén presentase hoxe, ante a sua afeción.O equipo de Manolo Santos, pechará en breve, a fichaxe de catro novos xogadores, cos que están avanzadas as conversacións.O primriro encontro da pretempada, será o vindeiro día 24, ante o Cerceda, no Novo Cubaleiro, de Corcubión. -O Club do Mar de Caión, fará mañán mércores, a sua presentación, no Porta Santa de Paiosaco.Así dará comezo, unha nova faceta, para o adestrador, Repi, que o ano pasado foi clave para o ascenso, no clube de Caión, para o ascenso a Liga da Costa, e para os títulos de liga e Copa, no Deportivo de Veteráns. -Antonio Pedrosa, (Outes, 1967), é o novo adestrador do Carnota, sustituindo, a Cambeiro.Pedrosa, xogou no Noia e no Outes, e adestrou ultimamente, nas categorias, inferiores, do Lesende, Porto do Son e Noia, (os cadetes na Liga Galega, e os xuvenís) .As primeiras incorporacións, de Demetrio Rodríguez, novo Presidente da Unión Deportiva Carnota, son os ex juvenís Gabriel (Cee) e Lolo (Muros) e os repescados Josiño Carballo, David Brea e Antonio Goyanes (Cee), que regresan a un Carnota, do que saíron: Castreje, Santi, Cololo e Charly.
|
|
| CALENDARIO 2010/2011 |
| Martes, 20 Xullo, 2010 Enviado por Pirata |
 Agora si que xa está o novo calendario de fútbol 2010/2011, na páxina da Federación de Fútbol, o que si non hai ningunha explicación de por que onte saío o outro calendario. Aquí tendes o da primeira xornada de Liga. O Deportivo enfrentase na casa o Real Zaragoza. Xornada 1. Data 29/08/2010 | Equipo Local | | Equipo Visitante | | CLUB ATLETICO DE MADRID, SAD | | REAL SPORTING DE GIJON, SAD | | HERCULES C.F. SAD | | ATHLETIC CLUB | | REAL RACING CLUB, SAD | | F.C. BARCELONA | | MALAGA C.F., SAD | | VALENCIA C.F., SAD | | R.C. DEPORTIVO DE LA CORUÑA, SAD | | REAL ZARAGOZA, SAD | | LEVANTE U.D.,SAD | | SEVILLA F.C., SAD | | R.C.D. ESPANYOL DE BARCELONA, SAD | | GETAFE C.F. SAD | | REAL SOCIEDAD DE FUTBOL, SAD | | VILLARREAL C.F., SAD | | C. ATº. OSASUNA | | U.D. ALMERIA SAD | | R.C.D. MALLORCA, SAD | | REAL MADRID C.F. | O partido CLUB ATLETICO DE MADRID, SAD-REAL SPORTING DE GIJON, SAD celebrarase o día 30 de agosto de 2010.
O enfrentamento co Real Madrid será fora, na xornada 6, o día 03/10/2010,e a volta na xornada 25, o día 27/02/2011.
Pola contra o enfrentamento co Barcelona será primeiro na casa na xornada 18 o día 09/01/2011, a volta na xornada 37, o día 15/05/2011.
|
|
|