http://www.canaldeportivo.tv
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

ZÉ CASTRO, VOLVE A SER BAIXA, POR UNHA GASTROENTERITE.
Xoves, 05 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
Zé Castro, baixa, para o encontro do sábado.

O luso, Zé Castro, causará baixa, no equipo deportivista, por unha nova gastroenterite, para a disputa o vindeiro sábado, as 16:00 horas, (hora galega), do sexto amistoso, da pretempada máis europea do Depor.
O clube deportivista, enfrontarase o West Ham, ingles, cas baixas ademáis de Zé Castro, o brasileiro, Juliano Antonello, " Juca", Dani Aranzubia, o francés Yves Desmarets, Antonio Tomás, o uruguaio; Jonathan Urreta, Raúl García e Míchel, que ten un golpe, dunha fea entrada dun ingles, no pasado Teresa Herrera, polo que tivo, que abandoar o encontro, comezada a segunda metade.
O equipo sairá rumbo a Londres, mañán, venres, as 15:55 horas, dende o Aeroporto de Alvedro.Pola mañán adestrarán, a partires das 10:00 horas en Abegondo.

 
Versión imprimible  
CALENDARIOS DA LIGA DA COSTA E A 3ª DA COSTA 2010-2011.
Xoves, 05 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Buño e Dumbría B, veranse as caras de novo, na primeira xornada da Liga da Costa.


Xa tes en "Clasificacións" os calendarios da Liga da Costa, (2ª Autonómica G1), e os da 3ª da Costa, (3ª Autonómica G5).

Na Liga da Costa iste ano competirán 18 equipos, por 16 na 3ª da Costa.Ámbalas duas ligas comezan o 5 de Setembro.
O final A Baña, que quería xogar nista competición, terá que facelo, na montaña, e o Monte Louro, como comentábamos fai días, desaparece.

-Na liga da Costa, o "morbo", está servido, no enfrontamento, antre os recén ascendidos, Buño, e Dumbría B, que loitaron a pasada tempada polo título de liga, ate o final, polo que hai rivalidade, e máis tras haber, apeado da Copa Nería, os de Pablo Mallón, o vixente campión, diste torneo, o primeiro equipo dumbriés, o CF Dumbría.

-Na 3ª da Costa, os que retornan de novo o futbol da Costa, Laxe e Xaviña, comezan fora da casa,  respectivamente, ante o Outes, e o Lira.O equipo que se estrea no futbol federado da costa, o Independiente de Carballo, debutará, na casa, (nas Eiroas), ante o Corcubión.Pola sua banda o novo Muxía, de Luis Romaní, comezará a liga na Arliña, ante o Corcoesto.
Preme no apartado das "Clasificacións", para ver tódolos encontros.

 
Versión imprimible  
CRÓNICAS DA COPA DIPUTACIÓN
Xoves, 05 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
COPA DIPUTACIÓN (PRIMEIRA RONDA).

Órdenes 5-2 Santa Comba


   O Órdenes conseguío o pase a seguinte eliminatoria despois de derrotar o Santa Comba por un contundente cinco a dous.  O triunfo dos de Vista Alegre , conseguirono  con duas dianas , Petter Rocha e Carlos Vigo, Julio Álvarez, que abrío o marcador de penalti, foi o autor do outro gol de Órdenes, que foi moi superior. Polo Santa Comba anotarian Akeem e Damián.

Cerceda 2-0 Negreira

  O Negreira , que nunca baixou os brazos, non pudo co bo xogo rival , e perdeo  ante o Cerceda. Óscar abrío o marcador os dez minutos e Aitor Diaz, a volta dos vestuarios, puxo o definitivo dous a cero.

Mugardos 0-3 Fabril

  Os de Mugardos non puideron co Fabril, nunpartido no que os locales notaron a superioridade dos blanquiazules. A victoria dos de Tito Ramallo comenzou a fraguarse moi pronto xa que antes da media hora Yago abrío o marcador o batir a Óscar.  A tan só seis minutos para o descanso,  Dioni, marcaría o segundo. Na segunda  metade, os locales quixeron recortar distancia, pero encontraronse con un rival moi ben plantado sobre oterreo de xogo. A tres minutos para o final, Añón, marcaría o definitivo 0-3, para o seu equipo.

Dubra 0-2 Bergantiños

  O Bergantiños cumplio cas expectativas e derrotou o Dubra. A pesar de que o conxunto local non pasou apuros na primeira media hora de xogo, O Bergantiños conseguío adiantarse no marcador minutos antes do descanso, con un disparo de Vigo. Xa no segundo tempo o Dubra tivo máis oportuniodades, pero Josiño conseguío un auténtico golazo que clasificou o cuadro carballlés para disputar os octavos da final da Copa Diputación.

Mesón 1-2 Laracha

  Nos primeiros minutos o dominio foi do Mesón do Bento, pero pronto foi nutralizado por  un  Laracha.  O equipo de Lemos conseguío a segunda victoria da pretempada. N a primeira metade os locales puderon marcar de diferentes formas pero non tivo acerto ante un Álex, que volveo a transmitir  a seguridade o seu equipo. Javi Fuentes anotou o primer gol  do encontro para o Laracha. O árbrito non pitou  un penalti de Rubén MÉndez a Jorge Parada, e Diego empatou para o Mesón. A falta de pucos minutos para o final, Javi Álvarez marcou o definitivo 1-2.

O resto dos encontros:

Sp. Sada 0-2 Dorneda
Betanzos 0-0 Somozas:
pasa o Betanzos na tanda dende os 11 metros.
Flavia 0-0 Boiro:
pasa o Boiro nos penaltis.
As Pontes 1-2 Narón
Noia 0-2 Santiago





 
Versión imprimible  
RIKI: "(OS NOVOS); APORTAN TOQUE DE BALÓN Y VELOCIDAD, QUE ES LO QUE NECESITAMOS".
Mércoles, 04 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Riki, ve cousas boas, no equipo, coas novas incorporacións.

O adestrador deportivista, Miguel Ángel Lotina, vía, "dudas no repilegue e na presión", no día de onte, cousas, que segundo él había, que solucionar, con traballo, nises aspectos, pero Iván Sánchez Rico, "Riki", ve con bos ollos, o que está amosar o equipo.Máis control do balón, e "saidas por tódolos lados".O de Aranjuez, valora, moito, as novas fichaxes, xa que están a amosar, outro Deportivo, diferente, un equipo que "quer a pelota".

"Ahora tenemos más posesión de la pelota, la gente de tres cuartos para arriba quiere el balón y lo juega y eso es importante para la posesión y para crear ocasiones. Por las bandas nos hemos reforzado bien y entonces hay salidas por todos los lados", dixo Riki.

Segue en "Ler a nova completa..."


 
"NON TODO VAI A SER FUTBOL..." : PIRATASDEMUXIA.ES, COS NOVOS TALENTOS:
Mércoles, 04 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Os Little Seasides Trío, a pasada semán en Muxía.


"Non todo vai ser futbol...",  e queremos recomendarvos que non deixades de ver en directo a istes tre rapaces, que se denomina; "Little Seasides Trío", formado polo muxián; Mon, que toca a guitarra e leva a voz cantante, e os corcubionenses;  Senén, (guitarra acústica Swing), e Lichy, (baixo acústico), que fan unha "reencarnación" musical dun estilo swing, dixiland, e cousiñas do blues máis vetusto, polo médio.

Mañán podedes velos na Cola da Ra, en Corcubión, a partires das 23:30 horas, e o venres, a partires da 01:30 horas.A pasada semán estiveron na vinoteca Lorena, de Muxía, e con un grande éxito, que fixo, que tiveran, que ampliar a actuación, en dobre sesión.
Se tes un grupo de música, teatro...e queres que falemos de tí nista sección de "Non todo vai a ser futbol...", mándanos unha foto e a tua actuación cos datos.

 
Versión imprimible  
BREVES, DO FUTBOL DA COSTA E AS MARIÑAS-ARTEIXO:
Mércoles, 04 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://t1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSKVXlFBIQgutR29LQDsXqWCRMc8EkCtldFu8dnlkFVGP5GLIo&t=1&usg=__PA65IJKlaIOBm0DhNBKQYJlqT8s=
-Xuntanza cos equipos das ligas da Costa e cos das Mariñas-Arteixo.Hoxe é o turno dos equipos que conforman as ligas da Costa, no Pavillón Municipal de Baio, a partires das 20:00 horas, terá lugar unha xuntanza ca Federación, para a confección dos calendarios, da Liga da Costa, 3ª da Costa, Xuvenís, Cadetes e infantís.Mañán será o turno, das ligas das Mariñas-Arteixo, no Hotel Attica 21, da Coruña, tamén as 20:00 horas.Ademáis dos calendarios, os clubes, poderán expoñer as suas peticións, e inquedanzas.
-Baio-Sporting Zas.Hoxe a partires das 21:00 horas, os dous equipos do Concello de Zas, disputan un derbi "amistoso", de preparación para a vindeira liga.O Baio, de Tono, na Liga da Costa, e o Sportin Zas, que militará de novo, na 1ª Autonómica.O encontro será no Platas Reinoso, e nél debutará a derradeira fichaxe do equipo zacense, o dianteiro malpicán, Alberto, que chega do Xalla CF.

Club de Futbol Xaviña
-Yago Carril, é o adestrador do retornado o futbol da costa, despois de máis de 25 anos, Club de Futbol Xaviña.O ex xogador do Porteño, fará as veces de adestrador e xogador.O equipo camariñán, que preside, Isaac Caamaño, "Gallego", comezou no día de onte os adestramentos, no Hermanas Patiño, onde coincidirá ista tempada, co Camariñas CF, e co Porteño, en canto lle arranxan o campo da Grixa.
-O Corcubión, comezará cos encontros de pretempada, o vindeiro día 7 de Agosto, ante o Atlético Pereiriña, a partires das 18:00 horas, no Novo Cubaleiro.O día 14, xogará ante o Fisterra, e o 28, disputará o Trofeo Carlos Lojo, ante O Pindo.As novas caras do Corcubión, son os xuvenís, que suben o primeiro equipo; Darío, Gabriel, Álan, David, e Jonathan, ademáis recuperan a Xavi e a Chenén, e como fichaxe, contan co adestrador Manín, e o ex do Fisterra, Sergio.

-Daniel Pensado, Presidente da SD Alcaián, deu a coñecer a sua nova xunta directiva, que estará formada por, Alfonso Couto, (Vicepresidente), Javier Bardanca, (Secretario), Diego Bardanca, (Tesoureiro), e os vocais; Iván Souto, Fernando Porteiro e Antonio Ruíz.Iste último, fará ademáis as veces de adestrador, en canto, se busca un.Comezarán a adestrar, o vindeiro 6 de Agosto.

 
Versión imprimible  
O DEPOR PERDE O TROFEO TERESA HERRERA
Martes, 03 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News


DEPOR 0-0 NEW CASTLE

                                                                                                                          Penaltis  3-5

O Deportivo perdeu a 65 edición do Teresa Herrea, nos penaltis.

   Tras unha primeira metade na que tivo a posesión de balón e na que Saul ,mandou o balón o pau co porteiro batido. Pasou a unha segunda metade con máis xogo duro, na que Michel tivo que abandonar o terreo de xogo con un forte golpe na perna. Faltou tiro a porta, e notouse o cansancio niste segundo periodo. Manu fixo un penalti de "benxamíns", os 86 minutos,  pero él mismo  se encargou de paralo.
    Chegáronse os penaltis, e mentras o New Castle, non errou ningún, pola contra no Depor , fallou Riki.
    O que temos que "quitar" diste encontro son as boas maneiras que amosan, Rubén Pérez, Saul e Michel. O Depor a vindeira fin de semán viaxará a Inglaterra, para enfrotarse o Westham, no 6º encontro da pretempada.

Deportivo :  Manu; Manuel Pablo, Lopo, Aythami, Stopira  (Laure, min.45), Juan Rodríguez  (Juan Domínguez, min.45), Rubén Pérez (Zé Castro, min.70), , Saúl (Valerón, min.66), Urreta (Guardado, min.45), Míchel (Pablo Álvarez, min.51) y Riki.

New Castle:
Harper (Krul, min.45); Coloccini, José Enrique, Barton, Guthrie (Nolan, min.45), Carroll, Routledge, Perch, Taylor, Xisco (Jonás, min.45) y Best (Lovenkrands, min.73).

Penaltis: Lovenkrands (1-0), Zé Castro (1-1), Nolan (2-1), Riki (fora), Carroll (3-1), Aythami (3-2), Taylor (4-2), Guardado (4-3), Barton (5-3).


 
Versión imprimible  
PRIMEIRA XORNADA DE PREFERENTE, 1ª AUTONÓMICA E NACIONAL XUVENIL.
Martes, 03 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
http://t1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSKVXlFBIQgutR29LQDsXqWCRMc8EkCtldFu8dnlkFVGP5GLIo&t=1&usg=__PA65IJKlaIOBm0DhNBKQYJlqT8s=

-Na Preferente Autonómica Grupo Norte
, que comezará, o vindeiro 29 de Agosto, o Laracha, comezará na casa ante o Soneira, polo tanto, derbi, dos equipos que seguiremos dista liga.Contará con 20 equipos.

-Na Primeira Autonómica, que comezará o vindeiro 5 de Setembro, o CF Dumbría, vixente campión de Copa comezará, comezará con outro derbi dos equipos, os que máis atención lle poñemos nista liga, o Atlético Arteixo.O recén ascendido Xallas, xogará na casa ante o San Tirso, a sua volta a ista competición.O Unión Club Cee, na casa do recén ascendido, CCRYD Perlío, e o tamén retornado, Sporting Zas, fará visita o Vizoño.A liga contará con 18 equipos.

-Na Nacional Xuveníl, o Bergantiños, rendirá visita o Cultural Areas, e o Deportivo, tamén comezará fora ante o Chantada.

-Mañán sortéanse no Pavillón Municipal de Baio, as competicións da Liga da Costa, 3ª da Costa, e os Xuvenís, Cadetes e Infantís da Costa.
Xa tes en "Clasificacións" istas tres ligas.

 
Versión imprimible  
LOTINA, CONVOCA A TÓDOLOS DISPOÑIBLES, PARA O TERESA HERRERA.
Martes, 03 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Convocou a 22 xogadores para o encontro dista noite, pola TVG.


O adestrador vasco do Depor, Miguel Ángel Lotina, adiantaba onte o equipo titular, como vos informábamos, e decía, que Laure, Guardado e Pablo Álvarez, terían minutos.Tralo adestramento dista mañán, deu a lista de convocados, que se concentrarían ate a hora do encontro, no Hesperia Finisterre.A lista compóñena 22 xogadores, pero só poderán saltar o terreo de xogo 18.

Os titulares: Manu; Manuel Pablo, Aythami, Lopo, Stopira; Juan Rodríguez, Rubén Pérez; Saúl, Míchel, Urreta; e Riki. Temos que sumarlle a:  Diego Rivas, Laure, Seoane, Colotto, Zé Castro, Juan Domínguez, Valerón, Andrés Guardado, Pablo Álvarez, Lassad e Dioni, que irán o banquillo, tendo que descartar a 4 xogadores.

O encontro que será televisado pola TVG, a partires das 21:00 horas, será dirixido, polo colexiado, Ramírez Domínguez.Niste encontro, poderemos ver as novas caras do Depor, xogando en Riazor, agás, Desmarets, que é baixa por molestias.Como boa nova a entrada de Juan Domínguez, que pode ser un dos que se caigan da convocatoria, pero que está para xogar uns minutos, polo que deixa atrás a lesión de nocello, que se produxo, no primeiro encontro da pretempada ante o Young Boys, suizo, na Uhrencup.

Os socios co seu carnet, poderán recoller unha entrada de balde, nas taquillas de Riazor, que estarán abertas ate a hora do encontro.


 
Versión imprimible  
O DEPOR, TRASPASA A RUBÉN CASTRO O BETIS, POR ALGO MÁIS DE UN MILLÓN DE EUROS.
Martes, 03 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/41/R._Castro.jpg/220px-R._Castro.jpg
Rubén Castro, será novo xogador do Betis.

Ainda sen confirmación oficial, adiantámosvos, que o canario, Rubén Castro, pasará a engrosar, a plantilla, do Real Betis Balompié, por expresa petición do seu adestrador Pepe Mel, que o tivo baixo as suas órdes a pasada tempada, no Rayo Vallecano, no que marcou 14 goles.
Non tivo sorte no Depor o pequeno dianteiro canario, o seu primeiro ano no equipo, (o que chegou procedente do UD Las Palmas, despois de ser o máximo artilleiro da Segunda División, con 23 goles), xogou 23 encontros, e marcou 3 goles, (2005-06), o ano seguinte foi cedido o Racing de Santander, no que tan só disputou un encontro, para o seguinte, ir cedido o Nástic, no que xogou 20 partidos, acadando 4 goles.Coma sempre volvía a Coruña, e tivo unha nova oportunidade, pero tan só vería unha vez porta, en 7 encontros disputados, sendo de novo cedido, na 2008-09, o Huesca, no que faría unha gran tempada, o marcar 13 goles, en 41 encontros.Pepe Mel, solicitouno para o Rayo Vallecano, no que en 41 encontros, marcaría un total de 14 goles.

A operación de traspaso de Rubén Castro, suporá, un envolsamento para o Depor de máis de un millón de euros, cantidade, da que se fala, pero que ainda non trascendío de maneira oficial.O negocio, non é malo para o Depor, pois non contaba para Lotina, e acababa contrato, na vindeira primavera, polo que se iría libre.

 
Versión imprimible  
O SABÍAS QUE...? DO TERESA HERRERA:
Martes, 03 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://3.bp.blogspot.com/_M-Zo4LdOCxU/SKg9KXsLleI/AAAAAAAAAKM/sCQ7vi-jeH4/s400/Trofeo+Teresa+Herrera.jpg
O Decano do trofeos de verán.


Sabías que...?
Teresa Margarita Herrera y Posada naceu na Coruña o 10 de Novembro de 1712. Conocida  como "Teresa dos demos", por ser considerada unha especie de "meiga", tivo unha vida moi difícil, o quedarse a súa nai viuba, e con dez fillos, (sete dos cales morrerían xóves), abandonou seu fogar,con curta idade, entregándose o resto da sua vida, a loitar en pro dos desfavorecidos. No 1789, Teresa Herrera donóu seus bens a congregación da "Virgen de los Dolores" para que levase a cabo seu vello obxetivo de fundar un hospital de caridade na cidade, do cal se poría dous anos máis tarde a primeira pedra.O que hoxe en día é o Juan Canalejo e o Materno infantíl da Coruña, son, no que co paso dos tempos, se converteu aquel primeiro hospital.

Sabías que...?
O primeiro Trofeo "Teresa Herrera", disputouse no ano 1946, baixo o amparo da "Junta de Beneficencia", que tivo a ben adicarlle o nome na maior benefactora da cidade o Trofeo.A primeira copa, que así era naquel entonces, levouna o Sevilla, o gañarlle o daquel entonces equipo dos españois, Athletic Club de Bilbao, por 3-2, ante 16.000 espectadores.O primeiro o Deportivo non se lle permitía participar, pra "salvaguardar la originalidad del cartel", rezaban os estatutos da organización.Pero a historia levouno a xogar e gañarlle no 1955 o todopoderoso Athletic Club, na décima edición do torneo, por 2-1, con dous goles de Pahiño.

Sabías que...?
Levan participado no "Decano", dos torneos de vran, 67 equipos nas 65 edición, (ca de hoxe), de 20 paises diferentes.Saendo vencedores os extranxeiros en 21 ocasións.As primeiras copas eran de prata e empleáronse na sua fabricación 270 Kg do preciado metal.Dende 1970 fíxose con prata e ouro, e sempre por artesáns da casa de joyeros Malde, sita na Rúa Real coruñesa.Dende iste ano deixou de ser unha copa pra convertirse na tan coñecida Torre de Hércules, simbolo coruñés hoxe en día de Patrimonio Mundial.As primeiras copas eran diseños do Director Artístico do concello, daquel entonces, Don Rafael Barros Merino.A 50 edición que gañou o Depor, levaba 32 Kg de ouro e 7,4 de prata.

Sabías que...?
Había unha creenza, que pra algúns ainda non morreu, a pesares dos bos derradeiros anos do Depor, que se gañaba o Teresa Herrera, iríalle mal o resto do ano na liga e na Copa.E que nas 65 edicións participaron catro equipos galegos; Celta, Racing de Ferrol, Pontevedra, e Deportivo, sendo o Deportivo, o equipo, con máis trofeos nas suas vitrinas, con 16, seguido do Real Madrid, (8); Atlético de Madrid, (6), Barcelona, (5), Sevilla, (3), Bilbao, Peñarol e Dínamo de Kiev, (2), e un total de 20 equipos con un trofeo, antre eles o Racing de Ferrol, (1967), e o Celta, (1999).

Se premes en "Ler a nova completa...", podes ver tódalas finais, do torneo.

 
O BUÑO, ADIANTE NA COPA NERIA.
Luns, 02 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Buño 2-0 Dumbría

O campión da 3ª Autonómica G5, da pasada liga, que iste ano, competirá na Liga da Costa, foi quen de eliminar o campión da Copa da Costa, e da pasada edición, diste torneo estival, e que milita na 1ª Autonómica, CF Dumbría, nos cuartos de Final, da Copa Neria.
Os de Pablo Mallón, foron mellores, ante un Dumbría, con moitas baixas, polas festas locais, e resolveron o choque no segundo tempo, con un gol de Santi, mediado iste periodo, e outro de Víctor, no tempo de desconto.O equipo que dirixe, José López, quedou en inferioridade, a falla de 15 minutos, por expulsión de Angeliño.
Agora o Buño, tócalle esperar rival, xa que ista eliminatoria, era adiantada.
Os outros enfrontamentos, xogaránse o vindeiro 8 de Agosto, (Sp Zas-Camariñas, Carnota-Mazaricos, e Ponteceso-UC Cee, ).As semifinais serán o día 15 do mesmo mes, e a Gran Final, o 22, en campo ainda sen decidir.


 
Versión imprimible  
O LARACHA CF, PASA A SEGUINTE ROLDA DA COPA DIPUTACIÓN.
Luns, 02 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
      Laracha 2-1 O Val http://seeklogo.com/images/C/C_D_S__O_Val-logo-4BD047A8D5-seeklogo.com.gif

Facía dous anos que non se vían as caras o Laracha e O Val, e iste encontro, viña demasiado pronto, habida conta, de que estamos no peor intre da pretempada, no que se acumula o cansanzo, e as maniotas, por parte da maioría dos xogadores.
O encontro foi moi igualado, e con moitas ocasións, e sería Josito, o que adiantaría os locais, os 34 minutos.Resultado co que acabou o primeiro tempo.Xa na reanudación, e cando se cumpría a hora de encontro, Enmanuel, poñería as táboas no marcado, e tras un rosario de ocasións fallidas, pola debandita pretempada, sería Jorge, o que marcaría o gol, que eliminaba os do Val, (82´), nos derradeiros suspiros do choque.

O Laracha, enfrontarase o vindeiro mércores, o Mesón do Bento, e faráo, como visitante, a partires das 20:00 horas.En caso de que pase, e o faga tamén o Cerceda, poderíamos ter un Laracha-Cerceda.

Outros enfrontamentos, para o mércores, 4 de Agosto:
Dubra-Bergantiños: ás 20:30 horas
Cerceda-Negreira: ás 20:00 horas
Órdenes-Santa Comba: ainda non decidiron o horario, pero fcoméntannos dende a capital xalleira,  da posibilidade de que seña as 21:00 horas.

 
Versión imprimible  
LOTINA, DESVELOU O PRIMEIRO "ONCE" DE RIAZOR.
Luns, 02 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Depor News


Primeiro "once" da pretempada, do que tres, (Raúl, Rochela e Juan Domínguez),  son baixa por lesión, para o Teresa Herrera.

Lotina, desvelou, quenes serán da partida, no primeiro, "once" de Riazor.


O adestrador deportivista, non dará a lista de convocados, ate mañán, despois do adestramento, que terán a partires das 10:30 horas, (o Newcastle, adestrará, en Abegondo, a partires das 11:30 horas), pero sí que adiantou o "once" titular, para a 65 edición do Teresa Herrera, o Decano, dos torneos de verán.Nista ocasión, será a un só encontro, contra o equipo inglés, do Newcastle, que trae na sua expedición, a dous ex deportivistas como son, Coloccini e Xisco.

No once que adiantou Lotina están a maioría, das novas caras, para a liga 2010-2011: Manu; Manuel Pablo, Lopo, Aythami, Stopira; Rubén Pérez, Juan Rodríguez; Saúl, Míchel, Urreta; e Riki.

O encontro comezará as 21:00 horas, e estará arbitrado, por Ramírez Domínguez. As taquillas, de Riazor, estarán abertas de forma ininterrumpida, dende as 11:00 horas, ate a hora do encontro.Os socios, teñen unha entrada de balde, para poder levar a un acompañante.Ate o momento, van retirados 7000 carnets de socio, para a vindeira tempada, o que está dentro do normal a istas alturas do ano.

Lassad, que hoxe adestrou con normalidade, podería ter minutos durante o encontro, así como Guardado.Quen son baixa, por lesión, ou molestias, son: Aranzubía, Juca, Juan Domínguez, Adrián, Antonio Tomás, Rochela, Desmarets, e Raúl García.O resto de xogadores, concentraránse, no Hotel Finisterre, tralo adestramento matutino.

Movementos no clube

Noutro orde de cousas, Adrián López, non quer renovar, (acaba contrato o vindeiro 30 de Xuño do 2011), segundo unha pubricación do xornal madrileño, "As", casualidades da vida, son, que tanto él como Piscu, ("le llaman el desaparecido"), e Antonio Tomás, (que ainda non renovou tampouco), teñen o mesmo representante:  Eugenio Botas, que tamén é de Rochela, e que o parecer, foi o que levou a Sergio González o Levante.

Sergio Escudero

Outro que non virá, cando tiña tódolos visos de que así fose, é o lateral esquerdo, Sergio Escudero, que fichou polo Schalke 04, alemán, onde compartirá vestiario, co xogador que fora do Madrid, Raúl González.
Isto xa o sabían fai días no clube deportivista, e Lotina, xa anda a mirar, vídeos de varios posibles sustitutos, de Filipe Luis, que lle pasou o clube.

 
ENCONTROS PARA HOXE DOMINGO E RESULTADOS DE ONTE:
Domingo, 01 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Copa Diputación:
Laracha-O Val: ás 19:00 horas, o vencedor, enfrontarase o mércores o Mesón do Bento.
Copa Neria, (cuartos de Final):
Buño-Dumbría: No campo de Xaviña, a partires das 18:00 horas.

Amistoso:
Queixas-San Lorenzo: ás 18:00 horas.O adestrador do equipo cercedense é o ceense, Chechu.

Resultados dos amistosos de  onte:

Homeaxe a José Luis Vara:

Fabril 3-3 Racing de Ferrol
Outros amistosos:
Camariñas 0-5 Cerceda
Bergantiños 2-0 Silva
Ponteceso 3-2 Soneira
Cabana 1-3 Sofán
Fisterra 1-2 Muros
Baio 5-1 Porteño
Vizoño B 0-2 Cerqueda



 
Versión imprimible  
NOVO EQUIPO NA 3ª DA COSTA:
Domingo, 01 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://1.bp.blogspot.com/_8N01jnO4XJ4/S-BKMJCm_EI/AAAAAAAAAFQ/fvEY-4nyjow/s320/idc.jpg
O Independiente de Carballo FC, na Liga de Peñas.

O Independiente de Carballo, será novo equipo, na Terceira Autonómica G5, (a da Costa).

Xa nos chegara o runor, por medio dun usuario, tentamos comprobalo, e dende Carballo, dixéronnos, que non era certo.O final, o que nos comentaba iste usuario, era certo, e o Independiente de Carballo, que xogaba na Liga de Peñas, pásase o futbol afecionado federado.Disputará os seus encontros no campo das Eiroas.

O seu Presidente é Paco Cantear, acompañado na directiva, por; Miguel Rojo como tesoreiro, Braian Lista e Manuel Torres, "Cholo", como vocais.Do pasado ano na Liga de Peñas, seguen oito xogadores, e incorporaron a sete máis.

http://4.bp.blogspot.com/_gx0L7-hs4mE/Sie6PcXd6PI/AAAAAAAAAV0/EHS7-y_xrsQ/S240/Imagen(4).jpg


 
Versión imprimible  
PRIMEIRO TRUNFO DA PRETEMPADA.
Sábado, 31 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News

Encontro pouco í reivistoso, o que desenrolaron o equipo británico e o Depor, no que o dominio, foi dos locais, principalmente na primeira metade.Dioni, que entrou por Riki, cando se ía a cumprir, a hora de xogo, (57´), foi o autor do gol da primeira victoria dista pretempada, cando transcurría o minuto 82.O rapáz, que ven do Caravaca, (Murcia), para xogar no Fabril, e que entrou de "rebote", na convocatoria, tralas molestias, de Lassad e Adrián, que se quedaron na Coruña, aproveitou unha xogada antre Saúl e Valerón, para marcar, e así reivindicarse, ante Lotina.
 
O adestrador deportivista, puxo en xogo, a tódolos xopción degadores que desprazou a capital de Gales, a excepción do porteiro, Diego Rivas.

Istes foron os que xogaron;
Manu; Manuel Pablo, Colotto, Zé Castro, Seoane; Antonio Tomás (Rubén Pérez, 46'), Juan Rodriguez, Urreta (Valerón, 73'), Desmarets (Saúl, 46'), Míchel (Aythami, 86') e Riki (Dioni, 57').

 
CUARTO AMISTOSO DA TEMPADA.
Sábado, 31 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Depor News
http://www.cardiffcityfc.co.uk/javaImages/ee/f5/0,,10335%7E8844782,00.jpg

O Deportivo, xoga hoxe contra o Cardiff City AFC, da capital de Gales, e maior cidade do país británico.O encontro será, as 16:00 horas, (hora galega).
O Cardiff City AFC, que se fundou no 1899, e que xoga con camisola azul, calzón branco e medias azuis, estivo a punto de ascender a Premier League na pasada tempada, pero caeu nos Play Off, na derrradeira rolda, ante o Blackpool, da cidade do noroeste de Inglaterra do mesmo nome.

O equipo galés, que é coñecido co apodo dos Bluesbirds, (Paxaros azuis), acabou a tempada en 4º lugar, e xoga no Cardiff City Stadium, tamén coñecido co nome de Ninian Park, con capacidade para 26.828 espectadores, o seu Presidente é o inglés, Peter Ridsdale, e o seu adestrador é o tamén inglés, Dave Jones.

Gañou unha vez a Copa de Inglaterra, (1926-27), e a Copa de Gales, en 21 ocasións.

Os homes de Lotina

A convocatoria de Lotina para iste enfrontamento, está formada por:  Manu, Diego, (metas);  Defensas: Manuel Pablo, Seoane, Aythami, Colotto y Zé Castro;  Centrocampistas: Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Rubén Pérez (que se estrena nunha lista nada máis chegar), Saúl, Desmarets, Urreta, Valerón y Míchel; e os dianteiros Dioni, (que tamén estrea convocatoria co primeiro equipo),e Riki.
Quedan fora por decisión técnica: Laure, Lopo, Andrés Guardado e os canteiráns: Raúl e Rochela.
Stopira, queda fora por problemas co visado, de entrada no país británico.


 
Versión imprimible  
NOVAS BREVES DA COSTA:
Venres, 30 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Manuel Soto "Padronés", nova fichaxe do Muxía FC.

O Muxía CF, comeza a "andar".

O Muxía CF, que comeza hoxe venres, as 21:00 horas, a pretempada, acaba de fichar, a Manuel Soto, "Padronés", que xogou fai tres anos, no Soneira, e que agora dedicábase o futbol sala, co Carpintería Loureiro, de Pasarela, (Vimianzo), co que foi máximo artilleiro, na "I Liga de Verán, de Futbol Sala, do Concello de Muxía".
Fran Toba "Pioto", fará a pretempada baixo as órdes de Luis Romaní, con posibilidades, de aceptar a proposta de xogar con eles, do adestrador muxián.
O Muxía que presenta as novas caras, de Padronés, e o retornado Gerardo, que a pasada tempada xogou no Camariñas, ademáis suben os xuvenís, Juni, Carrera, David, Santi "Papi", Martín "Currás", que farán a pretempada co primeiro equipo.



Hoxe as 21:30, tamén comeza a andar o Outes FC, de Juan Manuel Díaz Mayo, "Roque", ainda que a plantilla, non está pechada, sí nos informan, de que tirarán da xente da casa, pois ademáis de subir, a algún xogador, tentarán repescar, a algún que hai xogando fora, traballo, no que xa está, o Presidente da entidade, branquinegra, Enrique Fornís Molinos.
Os da Serra, xa teñen confirmados os encontros, ante o Boqueixón, (8 de Agosto), o 14 disputarán as semifinais do trofeo Concello de Outes: Outes-Porto do Son e Negreira-Santa Comba. A final entre los gañadores será o 15 de Agosto. Tamén xogará, o 21 do mesmo mes, en Soutomaior,contra o equipo local, e o 28, xogará contra o Lesende.
Por se non fose completa a pretempada, andan en conversas, co Bertamiráns, Puebla e Laracha, para tratar de xogar encontros, antre semán.



Mañán sábado, terá lugar en Esteiro, unha merecida homenaxe, a José Luis Vara, no campo, que leva o seu nome, e que será reestreado, cun encontro, antre o Fabril e o Racing de Ferrol, (19:30), antes pola mañán, (11:30 horas), terá lugar, un enfrontamento antre os equipos de cadetes, da Esteirana e o Orillamar da Coruña.
Tamén se lle rendirá un recoñecemento a Manuel Martínez Brión, pola sua adicación ao mundo da arbitraxe (40 anos), nos que chegou a ser xuíz de líña de Primeira División.

Outro que vai xogar un amistoso, iste sábado, (31 de Xullo), é o Clube Deportivo Baio, que se enfrontará o Porteño, no Platas Reinoso, (Baio),  a partires das 18:00 horas.


 
Versión imprimible  
CARPINTERÍA LOUREIRO, (PASARELA), FOI O GAÑADOR DA LIGA DE FUTBOL SALA EN MUXÍA.
Venres, 30 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
N. Polideportivas

Os de Pasarela, leváronse a primeira edición da Liga de Futbol Sala, do Concello de Muxía.

Carpintería Loureiro 5-1 Pereiriña

Ainda que o resultado foi abultado, non mereceu semellante castigo, o equipo de futbol sala de Pereiriña.
Na primeira metade, o xogo, foi de moito respeto, pero se alguén mereceu, ir por diante no marcador, ise foi o equipo da Feira Nova, que dispuxo, de tres ocasións moi craras para marcar.Unha delas foi a cepa do pau, e as outrs duas, representaron sendos paradóns, do porteiro dos de Vimianzo, Jordi, que sen dúbida, foi o home do encontro, con paradas, "inverosímiles".Tras ista primeira metade, moi igualada, no xogo, como decíamos, comezou a segunda, na que os do Pereiriña, sairon un pouco despistados, e atopáronse, nada máis comezar, ista prolongación, con dous goles encontra, obra do muxián Manel, e Paco.Abríronse máis os ceenses, e tiveron ocasións para empatar, desbaratadas de novo por Jordi, pero nunha contra o outro muxián, dos da Carpintería Loureiro, Miguel, "Camarón", mataría o encontro, tras xogada espectacular, de Paco.Para desgracía do Pereiriña, o xogador Juan, marcaría en propia porta, dende o medio do campo, nunha xogada de mala fortuna, e que o seu prteiro, Simón, non esperaba, entrándolle por toda a escadra.Tralo quinto gol dos de Pasarela, obra de Diego, os da Feira Nova, acadarían o gol da honra, por medio de Darío.Como decíamos, o resultado, foi moi enganoso, pero iso non quita que o Carpintería Loureiro, fose xusto gañador, pois a estupenda actuación do porteiro, Jordi, hai que sumar, o bo traballo, tanto en defensa, coma de cara a gol, dos seus compañeiros.

Carpintería Loureiro: Jordi, Manel, Miguel "Camarón", Padronés, Diego e Lagoa

Pereiriña: Simón, José, Juan, Darío, Javier, Serxio, e Villar.

Lugar: Pavillón Municipal de Muxía.


 

<   1234567891011121314151617181920212232425262728292102112122132142152162   >

Theme creado por dev-postnuke.com