Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 1
Ultimo:  Novos Onte: 11
Ultimo:  Total: 59169
Ultimo:  Ultimo:
MicheleFlaps
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 5
Total:  Total: 5
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

O DEPOR REMONTA ANTE O FABRIL, (1-3) NO PRIMEIRO ENSAIO DA PRETEMPADA, (CRÓNICA E ROLDA DE NATXO GONZÁLEZ).
Sábado, 21 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Primeiro "11" do Depor nesta pretempada.

-O Depor remonta ante o Fabril no primeiro ensaio de pretempada, (1-3)-

Depor e Fabril xogaron esta mañán de sábado un amigable preparatorio no que se adiantaron os fabrilistas por medio de Adri Castro aos 23 minutos de xogo e no que remontou o Depor por medio de Fede Cartabia, Pedro Sánchez e Carles Gil na segunda. Foi Fede Cartabia o que se amosou como o xogador máis en forma en Abegondo ante 550 deportivistas. O arxentino é un dos máis desexados para que se quede antre os nosos afeccionados. Ainda non apareceu por rolda de prensa e sembra moitas dúbidas a sua continuidade. Outro dos desexados Fabian Schär manifestou él mesmo que ainda que ten ofertas, está ben na Coruña e que non lle importa xogar na Segunda, que todo depende do que queira o clube. Sobre o encontro Natxo González dixo que hai :  "Boa actitude ante o traballo. Hai cousas que son innegociables e nese sentido ben en todos os casos". O Depor volve a ter un amistoso o mércores 25 de Xullo en Carballo ante o Bergantiños CF. Abre a nova o completa para ver a crónica do encontro e a rolda de prensa de Natxo González, todo polo miúdo e da man do RC Deportivo.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O PORTEÑO CF CAMPIÓN DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS" TRAS ACEPTARSE A SUA DENUNCIA NUNHA ASEMBLEA NA QUE VARIOS EQUIPOS DECIDEN IRSE A RFGF.
Sábado, 21 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA


O presidente do Porteño CF recibeu o diploma de campións da Copa.

-O Porteño CF campión da Copa da Costa de Veteranos-

-25 equipos poderían irse ca RFGF-


O Comité de Competición de Veteranos da Costa dictaminou tras estudiar toda a documentación que o Porteño CF é o campión da "Copa da Costa de Veteranos". O Club do Mar que foi o que gañou a susodita copa no encontro xogado o pasado 8 de Xullo no Campo O Carral de Sofán, (3-2), non presentou alegacións a denuncia de aliñación indebida do equipo da Ponte do Porto, tal e como refrexa a resolución do Comité que nos fai chegar Modesto Parga presidente do órgano deportivo. Os porteños recibiron o título e agora ínstase aos caioneses a que devolvan o trofeo para facerlle entrega ao novo campión, así como abonar unha multa de 90 euros polas aliñacións indebidas. Este era o primeiro punto da Asemblea de Clubes de Veteranos da Costa que tivo lugar no Local da 3ª Idade de Neaño, (Cabana de Bergantiños).  segundo punto era se cabe ainda máis importante pois tras un par de xuntanzas ca RFGF moitos dos equipos teñen pensado pasarse as ligas de veteranos de federados o que daría pé a creación dunha Liga da Costa de Veteranos da RFGF. Estamos a espera da información por parte da Asociación de Clubes Veteranos da Costa, no obstante dende o Porteño CF que estivo na asemblea coméntannos que serían só 5 os que non decidiron pasarse os federados, ainda que hai equipos que ainda non o teñen craro. Abre a información para ver máis.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
O DEPOR FICHA O DIANTEIRO QUIQUE GONZÁLEZ.
Venres, 20 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Quique González está considerado un xogador de equipo.

-Quique González novo xogador do Depor-

O Depor ven de anunciarnos a contratación de Enrique González Morales, "Quique González", (Valladolíd 16/05/1990). Dianteiro que procede do Atlético Osasuna no que a pasada tempada marcou 4 goles en 42 encontros. O equipo navarro chegou dende o UD Almería no que marcou 31 goles en 81 encontros. Co equipo almeriense xogou na 1ª División na 2014/15.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE TERÁ LUGAR A ASAMBLEA DA ASOCIACIÓN DE CLUBES DE VETERANOS DA COSTA MÁIS IMPORTANTE DOS DERRADEIROS ANOS.
Venres, 20 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA


O Porteño CF reclama a Copa de Veteranos.

-Hoxe será a Asemblea da Asociación de Clube de Veteranos da Costa-

-Unha asemblea con moito que decidir-


No día de hoxe venres 20 de Xullo terá lugar a Asemblea de Clubes de Veteranos da Costa a partires das 21:30 horas no Local da 3ª Idade de Neaño, (Cabana de Bergantiños). Dene a Asociación dos Veteranos, Modesto Parga presidente da mesma, pide a asistencia dos delegados de tódolos equipos, pola grande importanza da xuntanza, pois nela darase a coñecer o veredicto trala denuncia do Porteño CF por "aliñacións indebidas" do Club do Mar na Gran Final da "Copa da Costa de Veteranos", que gañaron os caioneses por 3-2, e aliñaron a 2 xogadores sen ficha, segundo os da Ponte do Porto. O Comité dictará sentenza e pode haber novo campión. Ademáis no segundo punto do día, tralo da Copa, falarase da proposta da RFGF de pasarse o fútbol federado. Varios equipos xa nos manifestaron que o farán, pero a xuntanza de hoxe dará a coñecer se o final se van ou se quedan na liga costeira. Máis dunha dúcia de equipos teñen idea de irse. Nesta xuntanza ademáis tratarase a presentación de novas solicitudes, (segue aberto o prazo de novas inscricións), pago de sancións da Copa, presentación e sorteo do calendario para a 2018/19, estudo de datas de comezo da liga, proposta da Supercopa, as contas da pasada tempada e os "Rogos e preguntas". Abre a nova o completo para ver a órde do día da Asemblea Xeral da Asociaicón de Clubes de Veteranos da Costa.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS DE ACTUALIDADE DO FÚTBOL COSTEIRO".
Venres, 20 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


Julio Vila é o novo adestrador do SD Ameixenda.

-Escolma de novas breves do Fútbol da Costa-

Aquí tes unha serie de novas breves que nos foron chegando por medio de diretivas, xogadores ou mesmamente afeccionados, dos equipos que levamos das diferentes ligas de fútbol afeccionado. Novas de torneos, altas e baixas de xogadores, asembleas, campionatos, voltas o traballo, etc... No enlace direto da dereita da portada da web tes moitas máis breves dos días pasados. Abre a nova completa para ver as novas breves.


Segue cass novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
DEPOR IN BRIEFF . "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Xoves, 19 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Carles Gil outro que non sementa dúbidas e seguirá seo clube quer.

-Carles Gil : "Espero non volver coincidir con Seedorf"-

-Sidnei traspasado ao FC Krasnodar turco-

-Escolma de novas breves do Depor-

Se onte era Pedro Mosquera o que confirmaba que él seguiría no Depor en Segunda, hoxe era o turno para Carles Gil, que tamén afirmaba que non tiña "problema ningún para xogar en Segunda". O valenciano tamén se desfogaba cun rotundo : "A de Seedorf foi a miña peor etapa. Non sabería como describila, pefiro deixala a carón...Espero non volver a coincidir con él a nivel profesional". Tamén onte o xove Mujaid se apuntaba ao deportivismo ao asinar ata o 2022. O FC Krasnodar anunciou a fichaxe de Sidnei. O noso desexo de que lle vaia do milloriño e o noso agradecemento polos servizos prestados como deportivista. O RC Deportivo fainos chegar un comunicado no que renuncia a seguir na lea contra Lendoiro ao "non atopar delito" o xuíz que instrue o caso. Tamén nos anuncia que quedan duas semanas, (ata o 2 de Agosto), para renovar o carnet conservando o asento e tamén que os que queiran ir ao encontro Depor-Fabril, primeiro da pretempada, terán que ter o abono da vindeira tempada para o acceso ao campo de Abegondo. Abre a nova o completo e tes todas estas novas máis explaiadas.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ QUEDOU A "COPA DEPUTACIÓN 2018".
Mércoles, 18 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Os equipos costeiros xogarán cáseque todos antre eles-

-A 1ª eliminatoria o 29 de Xullo-

Sorteouse a Copa Deputación 2018, unha competición que lle vale aos equipos para ir collendo forma na pretempada así como para ir axudando un pouco as suas arcas, en especial canto máis lonxe se chegue. No que se refire aos equipos costeiros da Preferente e 1ª Galicia, van todos polo mesmo lado do cadro e enfróntanse antre eles mesmos, o que fai que polo menos en 3 roldas como mínimo haberá enfrontamento antre clubes da Costa. O CD Baio terá como rival ao Xallas FC campión da "Copa da Costa", o San Lorenzo de Verdillo, derbi co SD Sofán. O SD Fisterra recibirá no Ara Solis ao SD Soneira e o ser impares o único que non ten rival da Costa é o CF Dumbría que terá que visitar ao Sigüeiro. O UD Paiosaco visita ao veciño Queixas. No resto de equipos que levamos acotío, o SD Negreira non entra ata a segunda rolda, e espera rival do Chaián-Bastavales, no equipo padronés asinou como adestrador Alinhos Romero e como segundo Juan "Tomé", ambos o ano pasado no SCDR Esteirana campión da Liga da Costa. O CF Noia esperará rival do Flavia-Órdenes e o Bergantiños CF do Unión-Arzúa. Pola sua banda o Laracha CF espera en Dazaseisavos rival do Cedeira-Eume e o Silva do Ortigueira-Galicia de Mugardos. O Fabril estrearase tamén en segunda rolda ante o gañador do Atlético Montañeros-Portazgo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "MÁIS CA INTERESANTES ROLDAS DE PRENSA DE CARMELO DEL POZO E DIEGO ROLÁN NA SUA PRESENTACIÓN".
Martes, 17 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Máis ca interesantes troldas de prensa na presentación de Rolán.

-Carmelo del Pozo toca tódolos temas dos xogadores e o seu futuro-

-Diego Rolán di que se se queda loitará polo ascenso-

Carmelo presentou a Diego Rolán un xogador que ainda non está craro que se quede e ao que non se deixará sair de calqueira maneira. Ou irá cedido a un Primeira ou se se vai traspasado será con bo beneficio para o Depor. O uruguaio dixo na sua presentación que está "moi contento coa cidade e cos compañeiros e non sei onde estarei, pero se estou aquí pelearei polo ascenso". Pola sua banda Carmelo del Pozo falou do futuro dos xogadores e das fichaxes que poidan vir  destapou que Juanfran foise cedido con opción de compra, que hai ofertas por Sidnei e Guilherme, que se traerá un porteiro e que Francis queda tal e como se falara con ficha do Fabril, tamén falou de Rolán, non se vai a esperar a que a algún xogador que queren que salga decida, se se queda será un máis, pero vaise traer outro xogador no seu posto, (casos Sidnei, Guilherme), os mundialistas vaise tomar unha decisión consensuada, pois hai ofertas por eles, non hai oferta por Unai Simón do Bilbao, pero sí vai vir outro porteiro, contyinuidade de Cartabia, Mosquera e Carles Gil...Abre a nova o completo para ver as roldas de prensa de Rolán e Del Pozo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA".
Martes, 17 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


Hoxe en Vimianzo o "IV Torneo de Fútbol Sub17".

-Escolma de novas breves do Fútbol da Costa-

Aquí tes unha serie de novas breves que nos foron chegando por medio de diretivas, xogadores ou mesmamente afeccionados, dos equipos que levamos das diferentes ligas de fútbol afeccionado. Novas de torneos, altas e baixas de xogadores, asembleas, campionatos, voltas o traballo, etc... No enlace direto da dereita da portada da web tes moitas máis breves dos días pasados. Abre a nova completa para ver as novas breves.


Segue cass novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
ESTE SÁBADO E DOMINGO A "PRAIA DE CANIDO" ACOLLERÁ A "VIDÚ BEACH SOCCER CUP" MASCULINA E FEMININA.
Martes, 17 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


A Praia de Canido acollerá un extraordinario cartel de equipos de ambos sexos.

-A praia de Canido acolle a "Vidú Beach Soccer Cup 2018"-
-O que era a antiga "Copa da Costa de Fúbol Praia"-

A vindeira fin de semana do 21 e 22 de xullo, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, organizan a Vidú Beach Soccer Cup 2018 (antiga Copa da Costa de fútbol praia) no areal malpicán de Canido. Un ano máis, o "Canido Area" centrará toda a atención da Costa da Morte ao acoller a Vidú Beach Soccer Cup, unha competición que xa está consolidado na axenda estival do fútbol praia e que ano tras ano segue medrando en cantidade e calidade. Nesta ocasión, serán un total de dezanove equipos, (12 masculinos e 7 femininos), os que competirán na praia malpica durante dous días cheos de puro deporte.Unha vez máis a asociación que dirixe o tenista internacional en cadeira de roda, Martín Varela, copa o deporte na Costa da Morte, nunha extraordinaria capacidade para orgañizar eventos deste e outros tipos que poñen en alza o noso deporte e a nosa zona. Abre a nova completa para ver polo miúdo como será esta copa tanto no apartado masculino, (sábado 21), coma no feminino, (Domingo 22).

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LUIS ALBERTO MARTÍNEZ DA "PEÑA DEPORTIVISTA LA CUESTA" SERÁ O NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN DE PEÑAS.
Luns, 16 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


As peñas temos peche electoral este sábado coas eleccións.

-Luis Alberto Martínez da Peña "La Cuesta" apunta a presidente-

-As votacións este vindeiro sábado-

Pechouse o prazo de presentacións de candidaturas a presidencia da Federación de Peñas Deportivistas que tras rematar o calendario electoral estipulado pola Xunta Xestora, ten unha soa candidatura sobre a mesa a de Luis Alberto Martínez Sánchez da Peña Deportivista "La Cuesta", que presenta como vicepresidente a Iván Beceiro Cernadas (Peña Mazaricos); Secretaria: Ana Guerra Martín, (Peña Chamberí Blanquiazul); Vicesecretario: Francisco Fraga Paleo (Peña Burela); Tesoureiro: Nidia Alejandra Feal Mosquera, (Peña Bodipo-Casa Freire) e como vocal a José Manuel García Roel, (Peña Caña Derbas). Polo tanto esta é a única candidatura e salvo paso atrás serán os que leven o camiño da nosa federación de peñas. As eleccións terán lugar este sábado 21, as 11:00 horas en primeira convocatoria e 11:30 en segunda, no Centro Cívico San Diego, (Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña). Poderán asistir 2 membros por peña. Confirmando a asistencia. O prazo para anotarse remata o xoves 19. Tralas eleccións haberá uns pinchos para os asistentes.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Luns, 16 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Eneko Bóbeda un bo reforzo para a volta.

-Eneko Bóbeda : "Foi fácil ter claro que a opción que eu quería, que eles querían, era seguir aquí"-

Eneko Bóbeda ao que moitos xa daban por fora do equipo nada máis acabar a pàsada tempada, foi craro en rolda de prensa ao esbotar que tras Falar con Carmelo del Pozo : "Os dous falamos o mesmo idioma nesto do fútbol. Foi doado elixir a opción que eu quería e que eles querían que era seguir aquí". O lateral vasco que tamén pode xogar de central amosouse contento de seguir a pesares de que tiña o opción de irse, pero será unha peza importante e con experienza para Natxo González. Abre a nova para ver a rolda de prensa  enteira.

Segue ca rolda de prensa e outras novas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LORENA COSTA XA ESTÁ NO MUNDIAL DE PIRAGÜISMO DE ITALIA QUE COMEZOU ONTE.
Domingo, 15 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
"MUNDIAL DE PIRAGÜISMO DE ITALIA"


Lorena Costa con Xanel e Ainhoa compañeiras de selección.

-Lorena Costa xa está no Mundial de Piragüismo-

-Palista da Costa da Morte-


A palista do CDM Piragüismo Dumbría, Lorena Costa xa está no Mundial de Piragüismo de Italia. A rapaza costeira é a nosa representación no equipo nacional Sub 18, que tivo onte a inauguración diste gran evento e para o que lle queremos mandar dende aquí toda a forza, e desexarlle toda a sorte do mundo a ela e as suas compañeiras do equipo español. Esta é a primeira vez que unha deportista da Costa da Morte compite nun mundial deste nivel. Abre a nova o completo para ver a información.

Segue oa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
ASÍ FOI A CLAUSURA DO "V CAMPUS JUAN GÓMEZ BARREIRO" DE OUTES.
Domingo, 15 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS FÚTBOL BASE JUAN GÓMEZ"


Foto de familia da clausura do campus outés.

-Éxito rotundo do "V Campus Juan Gomez Barreiro" en Outes-

-Clausurouse o pasado venres-


Tal e como vos adiantamos o pasado venres 13 de Xullo tiña lugar a clausura do "V Campus Juan Gómez Barreiro", no Campo Municipal O Conchido, orgañizado polo Outes CF e o concello outés. Medio cento de rapaces pechaban para este ano o campus que tivo un éxito rotundo de participación e de orgañización. No acto de clausura estaba o encargado da dirección, Carlos Romero así coma o coordinador, Juan "Tomé" e contaban ca presenza do presidente da RFGF, Rafael Louzán, así coma o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, e a alcaldesa da localidade, Beatríz Molinos. Para este derradeiro día do campus contaron ca participación dos , Manu de Roque, José Abelenda e Borja Facal, é durante o campuius foron varios os adestradores que impartiron docencia aos nenos. No acto de peche desta edición os nenos recibirán un diploma de participación. Abre a nova o completo para ver máis información e fotos da clausura.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
VARIOS EQUIPOS DE VETERANOS DA COSTA VANSE CA RFGF O FÚTBOL FEDERADO.
Domingo, 15 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


Porteño e Soneira poedrían xogar o vindeiro ano como federados.

-Varios equipos de Veteranos da Costa vanse ca RFGF-

Trala xuntanza de equipos de fútbol de veteranos da Costa coa RFGF en Baio son fixos ata 15 equipos que decidiron irse o fútbol federado de veteranos, o que daría en sí, unha Liga da Costa de Veteranos polo número de novos equipos. Algúns dos que estiveron presentes na xuntanzas esperarán ao que se fale na xuntanza da Asemblea Xeral da Asociación de Clubes de Fútbol de Veteranos da Costa que terá lugar o vindeiro venres 20 de Xullo ás 21:30 horas no Local da 3ª Idade de Neaño, (Cabana de Bergantiños), e na que un dos puntos será o de tratar sobre o que se falou na xuntanza ca RFGF.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
FÚTBOL COSTEIRO IN BRIEFF : "ESCOLMA DE FOTOS DO FÚTBOL AFECCIONADO DA COSTA".
Venres, 13 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


Julián renovou polo Xallas a pesares de ter boas ofertas de superior categoría.

-Escolma de novas breves do Fútbol da Costa-

Aquí tes unha serie de novas breves que nos foron chegando por medio de diretivas, xogadores ou mesmamente afeccionados, dos equipos que levamos das diferentes ligas de fútbol afeccionado. No enlace direto da dereita da portada da web tes moitas máis breves dos días pasados. Abre a nova completa para ver máis novas breves.


Segue máis novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
HOXE CLAUSÚRASE EN OUTES O "V CAMPUS JUAN GÓMEZ BARREIRO" CA PRESENZA DO PRESIDENTE DA RFGF.
Venres, 13 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS FÚTBOL BASE JUAN GÓMEZ"


Medio cento de nenos disfrutaron dunha semana de fútbol e convivenza.

-Hoxe clausúrase o "V Campus Juan Gomez Barreiro" en Outes-

-Acudirá o presidente da RFGF, Rafael Louzán-


Hoxe venres 13 de Xullo terá lugar a clausura do "V Campus Juan Gómez Barreiro", no Campo Municipal O Conchido da Serra de Outes e orgañizado polo Outes CF e o concello outés. Medio cento de rapaces disfrutaron do fútbol, na táctica e na práctica, así como actividades diversas de disfrute e convivenza. Na dirección do campus estivo Carlos Romero e como coordinador, Juan "Tomé". No peche desta 5ª edición que volveu a ser un éxito en tódolos aspectos, estará o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e con él o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, aos que acompañará a alcaldesa da localidade, Beatríz Molinos. Os adestradores invitados desta derradeira xornada son o muradán de Tal, Manu de Roque, moi coñecido no clube polos moitos anos que pasou nél e que leva a dirección na base do CF Noia, e os adestradores do Bergantiños CF, o coristanqués, José Abelenda e o laxense, Borja Facal, todos eles co título de Adestrador UEFA-Pro. Durante a semana foron varios os adestradores, tanto do clube como doutros clubes os que impartiron docencia. No acto de peche desta edición os nenos recibirán un diploma de participación.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
NOVO PUNTO NA "ORDE DO DÍA" DA ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN DE VETERANOS DA COSTA E XUNTANZA HOXE DE EQUIPOS CA RFGF.
Venres, 13 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA


Juan Abelenda porteiro do Hosgran campión da 2ª División.

-Trocos na Asemblea da Asociación de Clube de Veteranos da Costa-

-Hoxe algúns clubes xuntaranse ca Federación en Baio-


No día de hoxe venres 13 de Xullo, varios equipos de Veteranos da Costa, manterán unha xuntanza coa RFGF na sede sa Subdelegación de Baio a partires das 21:30 horas, para interesarse da proposta de pasar a formar parte do fútbol federado de veteranos. Xa houbo un primeiro acercamento fai unha semana noutra xuntaza. A Asociación de Clubes de Veteranos da Costa que preside, Modesto Parga, ten convocada, (tal e como xa vos informamos días atrás), para a vindeira semana o venres 20 de Xullo a Asemblea de Clubes de Veteranos da Costa a partires das 21:30 horas no Local da 3ª Idade de Neaño, (Cabana de Bergantiños). Tras os movementos de varios clubes coa RFGF dende a asociación costeira tiveron a ben incluir un punto na "Órde do día" da asemblea no que se vai a tratar sobre : "proposta da RFGF que lle fixo chegar aos delegados costeiros, tanto na xunantanza do día 6 de Xullo, coma na de hoxe mesmo". Nesta xuntanza ademáis tratarase a presentación de novas solicitudes, (segue aberto o prazo de novas inscricións), pago de sancións da Copa, presentación e sorteo do calendario para a 2018/19, estudo de datas de comezo da liga, proposta da Supercopa, as contas da pasada tempada e os "Rogos e preguntas". Como primeiro punto do día tratarase o asunto da reclamación por parte do Porteño CF de varias aliñacións indebidas por parte do Club do Mar de Caión na pasada final da Copa da Costa de Veteranos, xa co Comité sabedor das alegacións dos caioneses tras darlle 2 días hábiles para defenderse das acusacións. De ser favorables a eles, os porteños seguirán sen Copa, de ser en contra sería o Porteño CF campión. Dende a asociación de clubes piden a asistencia de como mínimo un delegado por equipo debida a gran importanza da asemblea. Abre a nova o completo para ver a órde do día da Asemblea Xeral da Asociaicón de Clubes de Veteranos da Costa.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
TINO FERNÁNDEZ PRESIDENTE PARA 5 ANOS MÁIS CO 98,998 % DAS ACCIÓNS.
Xoves, 12 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


O "Salón Arao" de Palexco albergou un bo número de accionistas.

-Tino Fernández supérase co 98,998% dos apoios-

-Sumou preto de 16.000 apoios máis ca fai 4 anos e medio-

Xa se sabía que Tino Fernández ía a sair reforzado da Asemblea de Accionistas do RC Deportivo, pero faltaba saber de que maneira e non tivo nen candidato en contra, nen accionariado. Debe ser que todo o mundo debe estar contento ca xestión, pois aquí era o lugar para amosar o descontento e as contas fortalecen a Tino e a sua diretiva na que entra Ramón Piña. Un 98,998% do accionariado deulle o seu favor o presidente con 1,002% de votos nulos. Miguel Otero no apartado de parlamento arremeteu contra Tino Fernández acusándoo de "apoderarse" do clube tendo accións a mofo particular e con varias empresas o que Tino contestou que o "maximo accionista do club é Hijos de Rivera, (Estrella Galicia)", e que él conta con 605 e que Altia non ten accións xa que "tiveron que apartarse do club polos contínuos ataques e traballan máis de 1.000 persoas que merecen un repecto". Otero espera que se teña que celebrar de novo a asemblea cando dicte sentenza o Mercantil da Coruña en tanto en canto a sua denuncia a maneira en que foi convocada e a desestimación das suas propostas cando presentou as accións para solicitar a asemblea. O propio Miguel Otero non votou nen a favor nen en contra, nen apareceron as accións que supostamente estarían en contra e que solicitaban eleccións. Tino dixo que na proxima comparecencia explicaría todo xa que se verteran "acusacións moi graves". Tivo o reelixido presidente deportivista 59.298 accións ao seu favor e recoñeceu tras facer balance da boa saúde no apartado económico e na canteira, do mal resultado no deportivo, que "esperamos revertir, que nadie lle de a espalda o clube, ainda que non lles guste o presidente, entrenador ou equipo...o camiño de volta comeza hoxe", dixo Tino Fernández sacando peito polos resultados.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MUXÍA BATIRÁ RECORD DDE PARTICIPACIÓN NA "V CARREIRA PEDRESTRE CONCELLO DE MUXÍA" CON EN TORNO ÓS 800 ATLETAS.
Xoves, 12 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Atletismo
"V CARREIRA PEDRESTRE CONCELLO DE MUXÍA"


O atletismo inundará as rúas de Muxía por unhas horas.

-Record de inscritos para a "V Carreira Pedrestre Concello de Muxía"-

-Será este Domingo 15 de Xullo-

A día de hoxe un total de 774 atletas están inscritos, (e podería chegarse aos 800), para tomar a saida na "V Carreira Pedrestre Concello de Muxía", que terá lugar este Domngo 15 de Xullo e que está enmarcada nas "Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte". O evento deportivo comezará co acto de recollida de dorsais na planta baixa da "Casa do Concello de Muxía" dende ás 09:00 horas e terá a primeira saida na zona portuaria ás 10:30 horas ca saida da categoría Absoluta, (10 Kms) e a Adaptada, (10 Kms), para dar paso dende ás 11:45 a "Carreira contra o cancro", (3 Kms), e a mesma hora os Infantís, Cadetes e Xuvenís, (3 Kms). Para rematar ás 12:30 horas será a saida dos Benxamíns, e Alevíns, (1 Kms), e rematará este impresionante evento ca saida dos Pitufos que percorrerán 300 metros do Paseo Marítimo do Malecón. A entrega de trofeos será como acotío na explanada do Malecón. Esta é a carreira con maior número de participantes dende que se celebran por toda a Costa da Morte. Pedimos dende aquí, precaución e respeto aos cortes nas entradas ao pobo de Muxía durante o tempo que duran as competicións.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com