  O Deportivo, xoga hoxe contra o Cardiff City AFC, da capital de Gales, e maior cidade do país británico.O encontro será, as 16:00 horas, (hora galega).
O Cardiff City AFC, que se fundou no 1899, e que xoga con camisola azul, calzón branco e medias azuis, estivo a punto de ascender a Premier League na pasada tempada, pero caeu nos Play Off, na derrradeira rolda, ante o Blackpool, da cidade do noroeste de Inglaterra do mesmo nome.
O equipo galés, que é coñecido co apodo dos Bluesbirds, (Paxaros azuis), acabou a tempada en 4º lugar, e xoga no Cardiff City Stadium, tamén coñecido co nome de Ninian Park, con capacidade para 26.828 espectadores, o seu Presidente é o inglés, Peter Ridsdale, e o seu adestrador é o tamén inglés, Dave Jones.
Gañou unha vez a Copa de Inglaterra, (1926-27), e a Copa de Gales, en 21 ocasións.
Os homes de Lotina
A convocatoria de Lotina para iste enfrontamento, está formada por: Manu, Diego, (metas); Defensas: Manuel Pablo, Seoane, Aythami, Colotto y Zé Castro; Centrocampistas: Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Rubén Pérez (que se estrena nunha lista nada máis chegar), Saúl, Desmarets, Urreta, Valerón y Míchel; e os dianteiros Dioni, (que tamén estrea convocatoria co primeiro equipo),e Riki. Quedan fora por decisión técnica: Laure, Lopo, Andrés Guardado e os canteiráns: Raúl e Rochela. Stopira, queda fora por problemas co visado, de entrada no país británico.
|