http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 10
Ultimo:  Total: 4235
Ultimo:  Ultimo:
TFfelipa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 4
Total:  Total: 4
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

NOVAS BREVES DA COSTA:
Venres, 30 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Manuel Soto "Padronés", nova fichaxe do Muxía FC.

O Muxía CF, comeza a "andar".

O Muxía CF, que comeza hoxe venres, as 21:00 horas, a pretempada, acaba de fichar, a Manuel Soto, "Padronés", que xogou fai tres anos, no Soneira, e que agora dedicábase o futbol sala, co Carpintería Loureiro, de Pasarela, (Vimianzo), co que foi máximo artilleiro, na "I Liga de Verán, de Futbol Sala, do Concello de Muxía".
Fran Toba "Pioto", fará a pretempada baixo as órdes de Luis Romaní, con posibilidades, de aceptar a proposta de xogar con eles, do adestrador muxián.
O Muxía que presenta as novas caras, de Padronés, e o retornado Gerardo, que a pasada tempada xogou no Camariñas, ademáis suben os xuvenís, Juni, Carrera, David, Santi "Papi", Martín "Currás", que farán a pretempada co primeiro equipo.



Hoxe as 21:30, tamén comeza a andar o Outes FC, de Juan Manuel Díaz Mayo, "Roque", ainda que a plantilla, non está pechada, sí nos informan, de que tirarán da xente da casa, pois ademáis de subir, a algún xogador, tentarán repescar, a algún que hai xogando fora, traballo, no que xa está, o Presidente da entidade, branquinegra, Enrique Fornís Molinos.
Os da Serra, xa teñen confirmados os encontros, ante o Boqueixón, (8 de Agosto), o 14 disputarán as semifinais do trofeo Concello de Outes: Outes-Porto do Son e Negreira-Santa Comba. A final entre los gañadores será o 15 de Agosto. Tamén xogará, o 21 do mesmo mes, en Soutomaior,contra o equipo local, e o 28, xogará contra o Lesende.
Por se non fose completa a pretempada, andan en conversas, co Bertamiráns, Puebla e Laracha, para tratar de xogar encontros, antre semán.



Mañán sábado, terá lugar en Esteiro, unha merecida homenaxe, a José Luis Vara, no campo, que leva o seu nome, e que será reestreado, cun encontro, antre o Fabril e o Racing de Ferrol, (19:30), antes pola mañán, (11:30 horas), terá lugar, un enfrontamento antre os equipos de cadetes, da Esteirana e o Orillamar da Coruña.
Tamén se lle rendirá un recoñecemento a Manuel Martínez Brión, pola sua adicación ao mundo da arbitraxe (40 anos), nos que chegou a ser xuíz de líña de Primeira División.

Outro que vai xogar un amistoso, iste sábado, (31 de Xullo), é o Clube Deportivo Baio, que se enfrontará o Porteño, no Platas Reinoso, (Baio),  a partires das 18:00 horas.


 
    Versión imprimible
NOVAS BREVES DA COSTA: | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com