Sorpresa "maiúscula", nas semifinais.
Chega o seu final a "I Liga de Verán" orgañizada polo Concello de Muxía, ca disputa da Final, e do 3º e 4º posto.
As semifinais saldáronse con sorpresas, xa que o 1º e 2º clasificado na Liga regular, perdían as suas eliminatorias en favor do 3º e 4º.
Na primeira semifinal, os vimianceses de Carpinteria Loureiro, derrotaban no partido de ida ó Riamar por 5-3,e o partido de volta saldábase con empate a 3 goles, xa na outra semifinal os muxiáns de Pinturas Ramón, levaban un soberano repaso do Pereiriña ó perderen os dous encontros por 6-3 o primeiro e 4-9 o segundo.
Hoxe, xoves 29 ás 20:30 h, disputarase a Final de consolación entre P. Ramón e Riamar, os dous equipos do Concello de Muxía, namentras que a Final disputarana o Carpinteria Loureiro, de Pasarela e o Pereiriña, o desenlace será tamén hoxe, tralo encontro do 3º e 4º posto, ás 21:30 h, no Pavillón de Muxía, ó remate entregaranse os Trofeos da Liga, a tódolos equipos participantes, asi como o máximo goleador,e menos goleado.