 Ana Mouzo, e Patri Romaní, campionas da Copa Provincial de futbol sala feminino, do Fisober Mixto. Rematou a Liga regular e comenzan os playoffs da I Liga de verán que organiza Concello de Muxía, as semifinales disputaranse a doble volta, no día de hoxe, os partidos de ida, e mañán martes 27 de xullo, os partidos de volta. Os muxiáns de Pinturas Ramón remataron en 1º lugar o final da Liga, con 6 vitorias un empate e unha derrota e o Fisober Mixto, pechaba a clasificación con 1 vitoria , 1 empate e 6 derrotas. O máximo goleador foi Padronés, de Carpinteria Loureiro, con 25 goles seguido de Juni, de Pinturas Ramón, con 20, e o porteiro menos goleado, foi Agustín, de Pinturas Ramón con 22 tantos encaixados, seguido de Ángel Luis, do Riamar con 26 goles. Os emparellamentos de semifinales son os seguintes: Luns 26 de xullo: 20:30 horas, Pereiriña vs P. Ramón - 21:30 horas, C. Loureiro vs Riamar Martes 27 de xullo: 20:30 horas, Riamar vs C. Loureiro - 21:30 horas, P. Ramón vs Pereiriña
|