Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 1
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59541
Ultimo:  Ultimo:
Justinfrafe
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 8
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR : PREMIO A OAD, LUISINHO, ROBER PIER, SAUL, ADESTRADORES...".
Mércoles, 13 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF


Merecido premio aos integrantes da OAD do Depor.


-Escolma de novas breves do Depor-

-A "Peña Deportivista de Viveiro" premiará aos empregados da OAD. A Peña Deportivista de Vivairo ten a ben darlle o seu premio anual aos empregados da OAD, ou o que é o mesmo a Oficina de Atención o Deportivista, ou coma toda vida : "Os das Taquillas de Riazor". Un merecido premio para unha xente que cada ano traballa duramente para atender, a ilusión, as gañas, e as veces aos cabreos dos afeccionados. Traballando moitas veces sen poder nin sentarse a xantar, para que da maneira menos molesta, (cas colas), posible os afeccionados renoven os seus carnets, collan as suas entradas ou resolvan problemas de acceso o estadio, (perdida de carnet, renovacións mesuais, etc). Máis ca merecido este premio aos José Manuel, Javier, Fernando e as suas compañeiras : María, Lucía, e ca xefa do departamento Gelines Romero o fronte. A entrega do premio terá lugar o día 22 de Xuño no restaurante Louzao a partires das 21:30 horas. Abre a nova completa para ver máis novas deportivistas.

Segue máis novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.






-Carmelo del Pozo desvela ofertas por Luisinho. Na noite de onte o director deportivo do Depor, Carmelo del Pozo estivo no Galicia en Goles da Radio Galega onde afirmou que había ofertas polo lateral esquerdo do Depor, Luisinho. Dixo que había que ir mirando que a "algúns xogadores non lles viría mal unha cesión para irse refrescando", pois baixan os seus soldos e as suas clausulas. Luisinho renovou esta mesma tempada ata o 2020 e foi sen dúbida o xogador que falou con máis claridade, ata poñendo xunto con todos eles a todos no saco nos erros do pasado e no presente máis cercano : "Non podemos estar así ano tras ano. Temos que mirarnos e cada un sacar as suas conclusións porque aquí estamos a fallar todos, dende o campo ata os despachos". Luisinho é un dos xogadores máis queridos da plantilla.


-Contento co rendemento de Saúl e a espera de Rober Pier. Sober Saúl amosouse espectante sobre a sentenza pola débeda co Valladolíd e considerando como "un bo xogador de equipo, do que haberá que mirar a situación e se ven algunha oferta estudala". Pola sua banda, no tema de Rober Pier xa dixo sempre que "é a miña debilidade" e dixo que está "a espera de que él decida o que quer facer. Sei que é superdeportivista pero será él o que decida. Que decida o que decida será bo para o Depor, dunha maneira ou de outra. Hai que verlle a parte positiva".


-Virá un novo Director Técnico que terá un grupo amplo de traballo. Confirmou que Ernesto Bello non seguirá no cargo e que virá un novo Director Técnico que "terá un grupo amplo de traballo, pois gústae que aos xogadores os vexas varios para que así non haxa erros a hora de contratalos. Cantos máis ollos vexan a un xogador máis difícil é confundirse".


-Adestrador do primeiro equipo e do Fabril. Carmelo del Pozo admiteu que en breve saberase o adestrador do Fabril. que será : "un home cun bo perfil e será unha nova idea para o Fabril. Vai ser unha persoa que cumpra as expectativas que quer o clube". Sobre a saida de Seedorf voltou a repetir que : 2Non nos parecía o perfil de adestrador para afrontar a 2ª División". Sobre o novo adestrador do Depor que todo apunta a que será Natxo González, que como vos adiantamos estes días, abandonou o Zaragoza tras caer na promoción a 1ª e pagou a sua clausula de rescicción en torno a 100.000 euros, para quedar libre. Sobre este tema, non confirmou que sexa o adestrador vasco e dixo que habría que "ter pacienza". Contamos que de cara a find e semana teremos novo adestrador, tras clarexar a cabeza despois de caer na promoción tras estar loitando todo o ano polo ascenso quedando terceiros en liga.


-Desmentidas as ofertas do Huesca por Francis. Se ten sorte e todo lle sae ben, Francis poderá ser o porteiro titular de Nixeria, xa que o seu adestrador mesmamente o confirmou decindo que era o que tiña o tanto por cento máis alto de probabilidades dos 3 metas que ten no equipo. Isto podería traer ofertas polo xogador. Xa estes día falábase do interese do Huesca, recén ascendido a 1ª División, pero Del Pozo dixo que : Non hai ningunha oferta do Huesca e se a houbese eu xa o sabería, e máis coas boas relacións que teño con eles". Sobre Francis dixo ademáis que : "No Depor hai agora mesmo 3 metas con contrato e un deles é Francis. Se saira cedido sería para xogar nun equipo no que tivera minutos".


-Hoxe sae a venda a camistea : "As Nosas Letras". Se en algo acertou a nova diretiva foi na 3ª equipación destes 4 anos e nesta tempada deuselle unha volta de torca. "A Galega", como lle chamamos os afeccionaods, este ano leva na franxa azul escrito o Himno de Galicia", a poesía "Queixumes dos pinos" do insigne Eduardo Pondal Abente. Esta camiseta sae a venda no día de hoxe na Deportienda de Marineda.


-A dianteira Nuria Rábano foi convocada pola Selección Española sub-20. Nuria foi convocada para disputar a próxima edición da Copa do Mundo da categoría, o vindeiro mes de agosto en Francia. A selección española sub-20 fórmana o groso de xogadoras que o pasado verán proclamáronse campioas de Europa sub-19, nun torneo que Nuria tivo que abandonar por lesión. Aquela vitoria deu a España o billete para a novena edición da Copa do Mundo sub-20, que se disputará na Bretaña francesa entre o 5 e 24 de agosto. Nuria xa acudiu a unhas xornadas de adestramento na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), entre o 23 e o 25 de abril. A selección española realizará unha fase de preparación de dúas semanas de duración, do 16 ao 30 de xullo. A expedición desprazarase a Francia o 1 de agosto.



-Dous fichaxes para o Fabril 2018/19. O Fabril da próxima temporada vai collendo forma. A Dirección Deportiva e de Fútbol Formativo acaba de pechar as dúas primeiras incorporacións para o filial branquiazul: Diego Villares Yáñez (Vilalba, Lugo, 17/06/1996) é un centrocampista dereito procedente do Racing Villalbés, co que acaba de xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Esta pasada campaña xogou 37 partidos de liga, todos eles de titular, e anotou 4 dianas. Asinou por 2 temporadas. Víctor García Raja (na foto, Valencia, 01/01/1997) é un extremo destro que chega do CF Torre Levante, do grupo 6º de Terceira División. Disputou un total de 39 partidos, 36 deles como titular. Anotou 11 goles, 1 de penalti. Asinou tamén por 2 temporadas. Por outra banda, Luis Fernández, Martín Bengoa, Álvaro Queijeiro e Jardel non seguirán no Fabril a próxima campaña. O Club quere agradecerlles a súa profesionalidade e dedicación; á vez que lles desexa moita sorte na súa carreira deportiva. O filial xa ten data de regreso aos adestramentos. Será o vindeiro luns 9 de xullo en Abegondo, coincidindo co primeiro equipo.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-


-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 58.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR : PREMIO A OAD, LUISINHO, ROBER PIER, SAUL, ADESTRADORES...". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com