Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A "III TRAVESIA NAVEGA O CAMIÑO" QUE SAE A MEDIADOS DE XULLO DE FRANCIA VOLVERÁ A PARAR EN MUXÍA E MUROS.
Luns, 11 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura





-III TRAVESÍA NAVEGA O CAMIÑO"

-Veleiros-


O Porto Deportivo de Muxía xa está consolidado e crecendo.

-O Camiño de Santiago por mar volve no mes de xullo-
-Muxía e Muros volven a ser un das paradas da peregrinaxe por mar-

A "Sail The Way" ou o que é o mesmo o Camiño de Santiago por mar consolídase como ruta peregrina e celebrará a súa terceira edición o próximo mes de xullo. A ruta ao completo consta de once etapas, (10 por mar e unha a pé), que transcorren por diferentes portos de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia. Todos eles integrantes da asociación North Mariñas, que conta coa aprobación do Arcebispado de Santiago. Os que a completen como mínimo dende a Coruña levarán a Compostela. Porto de Hondarribia e o do Abra-Getxo. Nas xornadas seguintes os peregrinos-mariñeiros percorrerán Santander, San Vicente de la Barquera, Xixón, Cudillero, Viveiro, Cedeira, A Coruña, Muxía, (Porto Xacobeo), e a última arribada da ruta por mar será en Muros, onde se esperan unhas 30 embarcacións e ao redor de 200 navegantes. A Marina Muxía situose o ano pasado no cuarto porto deportivo en volume de amarres.  Está aberto o prazo de inscripcións para a preregrinaxe por mar na web : www.sailtheway.es

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

Sail The Way é unha experiencia para todo tipo de persoas xa que combina a navegación en etapas curtas recalando cada día en porto, con visitas guiadas e actividades culturais en varias das localidades de escala. Parte da frota de esta "III Travesía Navega o Camiño", sairá o 10 de xullo, do porto da Rochelle, (Francia), unha das novidades desta edición, aínda que non será ata o 14 de xullo cando comece oficialmente a travesía coa primeira etapa, entre o

A peregrinaxe completarase o 29 de xullo cunha travesía de 10 quilómetros a pé, desde o Monte do Gozo á Catedral de Santiago. A travesía pode facerse integramente ou por etapas, sendo A Coruña o último porto de saída para obter a Compostela, mesma credencial que nas versións a pé, a cabalo ou en bicicleta.

A inscrición na "III Travesía Navega o Camiño" pode formalizarse a través da páxina web www. sailtheway.es onde poden consultarse todas as etapas e outros detalles deste encontro cultural e deportivo, que se desenvolve en perfectas condicións de seguridade, cun espírito festivo e mariñeiro.

A organización ofrece tamén asesoramento para aqueles interesados en buscar praza nalgún dos barcos inscritos ou alugar embarcacións (ao completo ou por cabina) desde 70 euros ao día, incluíndo a inscrición, as atracadas, as visitas organizadas e o caderno do peregrino. Para obter a Compostela, diploma oficial expedido pola Catedral de Santiago que certifica a realización da peregrinaxe, é necesario completar polo menos 100 millas náuticas e realizar a ruta a pé.

Estes requisitos son os mesmos que deben cumprir aqueles que naveguen o Camiño a vela en calquera outra data do ano. E é que efectivamente, é posible facer o camiño por mar, en calquera momento, coa posibilidade de obter o selado das credenciais en calquera da rede de portos de NorthMarinas.

-Unha información xentileza da Marina Muxía-


+++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-




-AVISOS LEGAIS-
Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-Aquí tes como contactar connosco  se queres axudarnos poñendo a túa publicidade-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?... Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 58.300 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.


Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes. -Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
A "III TRAVESIA NAVEGA O CAMIÑO" QUE SAE A MEDIADOS DE XULLO DE FRANCIA VOLVERÁ A PARAR EN MUXÍA E MUROS. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com