Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 1
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59541
Ultimo:  Ultimo:
Justinfrafe
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 8
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA VOLTA DE SEMIFINAIS DA "LV COPA DA COSTA" : XALLAS E SOFÁN NA GRAN FINAL QUE SERÁ EN BAIO.
Luns, 11 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"LV COPA DA COSTA"

-Volta de Semifinais-


O Platas Reinoso volverá a encherse ca Copa.

-Xallas FC e SD Sofán loitarán pola "LV Copa da Costa"-

-A Gran Final o Domingo 17 de Xuño en Baio-

Non houbo sorpresas e Xallas FC e SD Sofán son os finalistas da "LV Copa da Costa". Non o tivo doado o equipo sofanista para dobregar ao SD Soneira, (1-1), pero o final conseguírono e o adestrador Iván Cancela repite final 3 anos despois. Gañoulla ao SD Soneira nos penaltis, tras epatar a ceros, (0-0), no encontro e na prórroga, en Pino do Val co Xallas FC, que será desta volta o seu rival. Para máis anedotario o adestrador tordoiés gañouna como xogador co Santa Comba CF e tendo como compañeiro de abordo a Doro, que a vindeira semana estará de rival seu. Na outra eliminatoria o Xallas FC de Néstor Romero non tivo contemplacións e goleou a un SCDR Esteirana que o tentou, e que pecha unha das mellores tempada da sua historia, tras gañar a Liga da Costa co conseguinte ascenso a 1ª Galicia G2 e chegar a semifinais da Copa. A Gran Final será no Platas Reinoso de Baio o Domingo 17 con horario por confirmar que sairá dunha xuntanza de tódalas partes na que se decidirá o reparto de taquillas e tódolos detalles típicos dunha final. O campo baiés albergou a final da tempada 2014/15 na que o Xallas de Santa Comba CF derrotaba ao Corme CF por 1-0. Abre a nova o completo para ver as crónicas desta volta de Semifinais.

Segue coa PREVIA...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.













Tralos encontros tódolos resultados desta e das outras copas a un "click"

no enlace direto da dereita da portada da web.

Os cadros son en tamaño super-grande.


+++++++



"LV COPA DA COSTA"

-Volta das Semifinais-



SCDR ESTEIRANA 1-6 XALLAS FC
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro-Muros)
Día : Domingo 10/06
Hora : 18:00

Resultado da ida : 3-1 para o Xallas.

Árbitro : Miguel Ferrol Muñíz, (Comité de Santiago)

Asistentes : Pedro Mirazo e Óscar Costa.



Roberto, (Alexandro, 59´), Dani Rama, (Eloy Fernández, 69´), Alves, Josiño, (Eloy Campos, 61´), Adrián, Rober "Pladur", Pablo Rama, (Simón, 31´),  Alberte, David, Jaime, (Xián, 68´), e Tobío.

Adestrador : Álex Romero "Alinhos"

Delegado : Tomé.


 Julián, Pablo, Camilo, (Kevin, 72´), Becerra, Doro, (Abel, 53´), Julian López, Álex Blanco, Canedo, (Crístian, 64´), Óliver, Marcos, (Adrián, 76´), e Raúl.

Adestrador : Néstor Romero

Delegado : Manolo Couto.


Goles : 0-1, Doro, (10´); 0-2, Doro, (12´); 0-3, Camilo, (23´), 1-3, Rober "Pladur", 33´); 1-4, Julián López, (77´); 1-5, Adrián, (83´); 1-6, Kevin, (88´).


-A VISIÓN DOS TÉCNICOS-


Alinhos, (Adestrador da SCDR Esteirana) : "Pouca historia tivo este encontro. O Xallas empezou con unha presión, velocidade e intensidade no xogo a que nos non fomos capaces de dar resposta. En 25 minutos xa tiñan un 0-3 que daba mostra da diferencia entre ambos equipos. Só nos queda recoñecer a superioridade do rival, e pola miña parte desexarlle a mellor das sortes na final a Néstor".


Néstor Romero, (Adestrador do Xallas FC) : "Fomos dende o primeiro minuto a polo partido sabendo da importancia de meter un gol, xa que eso nos daba media clasificación, e así foi, saimos moi serios en defensa e moi ben en ataque xogando con moita profundidade e froito deso nos 30 primeiros minutos xa íamos 0-3, co cal sentenciamos a eliminatoria xa que sabíamos que se eles conseguían gol antes que nos podíamonos complicar o pase. O resto do partido seguimos igual e conseguimos gañar con moita solvencia, gracias a un gran traballo constante do equipo. Fixemos un gran partido. Darlle a noraboa a Esteirana pola gran tempada realizada e pola eliminatoria de Copa que demostrou ser un bo rival".




SD SONEIRA 1-1 SD SOFÁN
Campo : Municipal de Vimianzo

Hora : 18:00

Resultado da ida : 1-0 para o Sofán

Árbitro : David Vázquez Lema, (Comité da Coruña)

Asistentes : Santiago Boedo e Carlos Señarís.


Ánxo, Darío, (Basti, 71´), Martín Bardanca, ("Fran-chute", 64´), José Ramón, Aarón, De La Sierra, Martín Tajes, Pichi, Rubén Forján, Mario e Álex Figueiras, (Chapela, 60´, (Brais, 79´)).
Adestrador : Pedro Gómez
Delegados : José Manuel e Sergio.


Javi Rumbo, Félix, Ángel, (Serafín, 88´), Iván Rey, José Luis, Raúl, (Quintela, 55´), Pablo, Canedo, Jacobo, (Jonathan, 75´),  Alexandre, (Matías, 81´), e Fabián.
Adestrador : Iván Cancela
2º Adestrador : Fernando
Delegados : Manuel.


Goles : 1-0, Álex Figueiras, (5´); 1-1, Jacobo, (46´).


-A VISIÓN DOS TÉCNICOS-

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : "Na primeira metade tivemos unha marcha máis co Sofán. Pronto chegaría o gol de Álex Figueiras que igualaba a eliminatoria. Pichi ganaba tódalas disputas e as entradas por banda de Forján e Chinda creaban moito perigo. Na segunda metade chegou o xerro de auga fría co gol de Fabián no primeiro minuto. Seguímolo intentando pero xa dunha maneira máis desorganizada. De tódalas maneiras, a sete minutos do final tivemos opción de meternos de novo na eliminatoria cun penalti sobre Pichi que erramos, e o marcador xa non se movería. Eliminatoria moi igualada entre dous estilos contrapostos que se decidíu na eficacia nas dúas áreas. Noraboa polo pase á final do Sofán".


Iván Cancela, (Adestrador do SD Sofán) : "Contentos por disputar a primeira final na historia do Sofán e porque a xente do club e do pobo vexa recompensado o seu gran apoio ò clube. Onte estivemos mellor ante un Soneira moi digno semifinalista e cun gran ambiente propio do fútbol da costa. Primeiros 10 minutos nos que eles entraron máis enchufados que nòs. Pero a partir de aí tivemos o control do balòn e do partido. Boa presiòn alta dos meus xogadores que facían moi difícil que o Soneira enlazara xogo e recuperándolle moitos balòns cerca da súa portería e en situaciòn perigosas cos seus centrais moi abertos. Fixemos que non tiveran clarividencia e que na segunda parte tiveran que xogar directo, pero ahí estivemos impecables nas disputas e segundos balòns con superioridade entorno a balòn. Fomos quen de combinar eficazmente distintas fases ofensivas con xogo máis combinado e outras con contrataques. Ahora a disfrutar da final contra un potente Xallas".

 

+++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-




-AVISOS LEGAIS-
Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-Aquí tes como contactar connosco  se queres axudarnos poñendo a túa publicidade-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?... Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 58.300 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.


Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes. -Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA VOLTA DE SEMIFINAIS DA "LV COPA DA COSTA" : XALLAS E SOFÁN NA GRAN FINAL QUE SERÁ EN BAIO. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com