Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 2
Ultimo:  Total: 58850
Ultimo:  Ultimo:
rolchPrar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 29
Total:  Total: 29
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR : ABONOS, NATXO GONZÁLEZ, ÁLEX BERGANTIÑOS..."
Luns, 11 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF


As colas pasarán este ano a Oficina de Correos.

-Comeza a campaña de abonos no Depor-

-Escolma de novas breves do Depor-

-Hoxe luns 11 de Xuño comeza a campaña de abonos do Depor 2018/19. Unha campaña que terá ademáis das canles de internet ou polo banco, o despacho este ano como xa vos informamos será na Oficina de Correos (Rúa Alcalde Manuel Casás s/n), por mor das obras en Riazor. A rebaixa será dun 5%, segundo o clube, os mesmos prezos do 2011. Terán maior desconto os xubilados, cun 40% de bonificación, así coma os Sub 25, (20%) e o novo ADN Branquiazul, (10%). Entre as novidades para a próxima temporada destaca a creación da bancada "Xuntanza". A mesma servirá para dar cabida a empresas e institucións que desexen dar de alta varios abonos para ceder ou enviar a clientes, empregados ou usuarios ao Estadio de Riazor. Abre a nova completa para ver a táboa de prezos e mái novas deportivistas.

Segue máis novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.




-Natxo González despideuse dos xogadores e axudante e pagou a cláusula que o unía ao Zaragoza para a vindeira tempada e con opción a outra máis. O adestrador vasco Natxo González, que parece que alguén filtrou que será o adestrador do Depor 2018/19 tras caer na promoción ante o Numancia de Soria, mantivo unha xuntanza nos vestiarios cos xogadores e axudantes do clube aos que o parecer lles dixo que "deixaba o Zaragoza e viría para A Coruña". Tamén trascendeu que o técnico, pagou, (disque), a clausula de rescisción que tiña co equipo maño, por un montante de 100.000 euros para en breve ser presentado no Depor. Todo son conxeturas, pero que teñen moita forza.


-Álex Bergantiños aproxímase o Depor. No día de onte o Sporting de Xixón quedaba fora do ascenso ante o Real Valladolíd, polo que colle máis forza a volta de Álex Bergantiños ao Depor, habida conta que o Sporting de Xixón xogará coma os branquiazuis na 2ª División a vindeira tempada.


-A canteira deportivista segue a brilar polo mundo adiante. Un equipo infantil do Deportivo acaparou todos os premios do torneo organizado polo ASC Hazebrouck na localidade de Hazebrouck (Francia). Así, o conxunto branquiazul dirixido por José Manuel Arrojo 'Noni' foi o brillante campión. Pero ademais, Carlos foi nomeado mellor xogador; e David Domínguez, o pichichi da competición. O Infantil deportivista tamén foi o equipo máis goleador, o menos goleado, e o vencedor do trofeo ao 'fair play'.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-


-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 58.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR : ABONOS, NATXO GONZÁLEZ, ÁLEX BERGANTIÑOS..." | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com