Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 1
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59541
Ultimo:  Ultimo:
Justinfrafe
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 8
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CORME CF-SAN LORENZO FINAL DA "COPA DA COSTA DE XUVENÍS", (Crónicas).
Domingo, 10 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA XUVENIL"

-Volta de Semifinais-


O Corme CF deulle a volta a eliminatoria en Muros.

-Corme-San Lorenzo será a Final da Copa da Costa Xuvenil-

-O vindeiro sábado dilucidarase o título-

Como apuntábamos na previa, nada estaba feito na volta das Semifinais da "Copa da Costa Xuvenil", e así foi, e a pesares de estar os campos completamente encharcados víronse dous grandes encontros. O Corme CF deulle a volta a eliminatoria e se fai unha semana caía por 0-1 ante o ED Os Miúdos desta vez era quen de gañar a domicilio nun encntro moi serio dos de Lelo que foron a polo encontro dende o inicio e chegaron ata o desconto gañando 0-3 intre no que marcaba o equipo muradán o definitivo 1-3. Na outra eliminatoria o San Lorenzo defendía unha ventaxe de 2-1 da ida e foi o Cabana SD o que levou o peso do encontro e dispuxo de imnumerables ocasións para levarse unha vitoria máis folgada chegando ao descanso cun resultado de 3-0, que lles sabía a pouco. Pero reaccionou o clube de Verdillo na segunda metade e consigue facer un par de goles, (3-2), que lles deu o pase polo valor dos goles en campo contrario. Polo tanto o vindeiro sábado teremos a finalísima : Corme CF Vs SD San Lorenzo. Abre a nova o completo para ver a crónica dos encontros.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.










"COPA DA COSTA XUVENIL"

-Volta de Cuartos-


Este cadro podelo seguir no enlace direto

da dereita da portada da web a un só "click", así coma o resto de copas e categorías.



-ENCONTROS-



CABANA SD 3-2 SD SAN LORENZO

Campo : As Redondas, (Cánduas-Cabana de Bergantiños)
Día : 09/06
Hora : 17:30

Árbitro : Pablo Rama Cotelo

Na ida : 2-1 para os verdilleses


Primeira metade extraordinaria do equipo cabanés que se adiantaba aos 9 minutos cun tanto de Simón. Romero facía un dobrete pola sua banda antes do descanso para poñer un 3-0 que podía ser maior dadas as ocasións que desperdiciaran os das Redondas. As consignas no vestiario trocaron ao clube de Verdillo que conseguía meterse no encontro e recurtaba distanzas por medio de Pazos. Entráronlle os nervos ao equipo cabanés e Aarón pouco despois facía o 3-2 que lles daba o pase a Gran Final aos verdilleses.


Cabana SD : Roberto, (Marcos, 77´), Yago, Rubén, Samuel, Pose, Breo, Diego Castro, Alberto, Simón, Romero, (Fernando, 68´), e Chrístian.

SD San Lorenzo : Dario, Diego, Eloy, Pablo, Pazos, Alejandro Rodríguez, (Rubén, 55´),  Brais, Alejandro Fernández, Alberto, (Aarón, 45´), Iván Cancela e Esteban, (Martín, 61´).


Goles : 1-0, Simón, (9´); 2-0, Romero, (21´); 3-0, Romero, (43´); 3-1, Pazos, (66´); 3-2, Aarón, (70´).


ED OS MIÚDOS 1-3 CORME CF
Campo : Eleuterio Balayo, (Muros)
Día : 09/06
Hora : 18:00

Árbitro : Por confirmar

Na ida : 0-1 para os muradáns.


Encontro moi ben xogado polo Corme CF que fixo valer o seu potencial para xa moi pronto igualar a eliminatoria cun tanto de Manu Tasende ao cuarto de hora de xogo. Este gol deulle a tranquilidade necesaria par na segunda metade asestar o segundo por medio de Javi Bermúdez, e obrigar aos muradáns a abrirse para o pase. Samu Costa poñía xa a elimiantoria totalmente a favor dos do Roncudo e Sestayo facía xa no desconto o definitivo 1-3. O adestrador cormelán Lelo foi expulsado por dobre cartón amarelo, (19´e 64´).


ED Os Miúdos : Alberto, Xián, Daniel, Abel, Miguel, (Ismael Mayo, 75´), Ismael Senande, Rubén, Javi Sieira, (Sestayo, 46´), Flavio, Gael e Ángel, (Alonso, 75´).

Corme CF : Lucas, Ángel, Brais, Aitor, Eloy, Javi Bermúdez, Mauro, (Martín 91´), Manu Tasende, (Mato, 82´), Garrido, (Noel, 79´), Manu Bermúdez, (Nuñel, 87´), e Samu Costa.


Goles : 1-0, Manu Tasende, (14´); 0-2, Javi Bermúdez, (59´); 0-3, Samu Costa, (77´); 1-3, Sestayo, (desconto).


Tralos encontros tódolos resultados no cadro que podedes seguir no enlace direto da dereita da portada da web.


+++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-




-AVISOS LEGAIS-
Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-Aquí tes como contactar connosco  se queres axudarnos poñendo a túa publicidade-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?... Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 58.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.


Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes. -Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
CORME CF-SAN LORENZO FINAL DA "COPA DA COSTA DE XUVENÍS", (Crónicas). | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com