Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 0
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 57883
Ultimo:  Ultimo:
Acoreypar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 27
Total:  Total: 28
Membros:  Membros Online
Conectado  Acoreypar  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

PREVIA "LV COPA DA COSTA", (IDA) : "FESTIVAL DE GOLES ANTRE LAXE E CORCUBIÓN CON 9 DIANAS".
Luns, 16 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

PREVIA "LV COPA DA COSTA"

-Crónicas ida 1ª eliminatoria-


Santi Casas, (7), entrou e marcou o gol da remontada do Laxe.

SD Laxe 4-5 UD Corcubión

-Festival de goles no Cabo d´area-

Se no encontro do sábado antre o Sporting Seaia CF e o CF Castrelo, do que vos demos contada información ao seu remate e tedes en portada da web e no enlace direto de Fútbol da Costa, só se vía un gol o que marcaba o equipo da parroquia malpicana de Seaia, no que se xogaba este Domingo no Cabo d´area laxense, víanse 9. Todo un espectaculo para os afecionados, no 4-5 final que refrexou o marcador do SD Laxe-UD Corcubión, nesta eliminatorias previa da LV Copa da Costa. Chegou a ir 3-1 o equipo laxense que tivo que remontar o gol inicial dos corcubioneses e foron o vestiario 4-3. Menos goles na segunda metade pero igual de entretida. Aquí tes a crónica do que deu de sí o encontro vista dende as duas escadras. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.







SD Laxe 4-5 UD Corcubión

Campo : Cabo d´area
, (Laxe)
Árbitro : Santiago Boedo Varela
Amonestou polo SD Laxe :
Borja, (34´); Felipe, (65´), Jacinto, (80´) e Naya, (80´)
Amonestou polo UD Corcubión :
Dantes, (34´); Iago, (83´), Alejandro, (84´e 89´); e Gabriel, (90´).


José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : "Partido de ida e volta constante, con moitos goles. Empezaron marcando eles, despois remontamos e puxémonos 3-1, empatáronnos 3-3 e marchamos o descanso con un 4-3. Na segunda ttivemos varias ocasións pero foi o Corcubion o que se levou o partido o final. Chegamos moi xustos de xente a este final de temporada e notouse tanto na liga coma neste partido de Copa.Tíñamos dous cambios e xa no minuto 8 tivemos que facer o primeiro por lesión de Elías. Agora toca ir a Corcubion donde será un partido igualado, pero donde ainda temos as nosas opcións. Esperemos que se recupere Elías, por que como xa dixen andamos moi xustiños de xente".

Emilio Corzón, (Adestrador do UD Corcubión) : "Partido entretido o xogado onte no Cabo da Area, sobre todo para os afecionados. Moitos goles froito do momento atravesado por ambos conxuntos. Adiantámonos cedo no marcador, pero sería o Laxe quen remontou poñéndose por diante cun claro 3-1. Era o día dos despistes defensivos e en 5 minutos logramos de novo o empate.  A primeira parte non quedaría así, pois volvería adiantarse o Laxe nunha contra. Na segunda parte houbo menos goles, pero non foi menos entretida, pois a concentración defensiva era similar a dos primeiros 45 minutos. Logramos o empate rápido e despois houbo ocasións para ambos bandos. Sería xa cara ó final cando transformamos o definitivo 4-5 por medio de Iago dende o punto de penalti. Por outra banda dende o U.D. Corcubión felicitar a Esteirana polo campionato ligueiro".

SD Laxe : Jacobo, Iván, Naya, Jacinto, Borja, Felipe, Iván, Juan, Jorge, Elías e Bieito.
Tamén xogaron : Santi Casas, Eloy e Valentín.
Adestrador : José Manuel Ordóñez.

UD Corcubión : Marcos, Mario, Samuel, Gabriel, Rubén, Carlos, Antón, Rodrigo, Iago Lema, Rama e Dantes.
Tamén xogaron : Abelleira, Rubén e Álex.
Adestrador : Emilio Corzón.

Goles : 0-1, Rodrigo, (6´); 1-1, Felipe, (18´); 2-1, Santi Casas, (20´); Juan, (28´); 3-2, Rodrigo, (30´); 3-3, Antón, (36´); 4-3, Jorge, (44´); 4-4, Rama, (51´); 4-5, Iago Lema, (84´de penalti).

+++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-




-AVISOS LEGAIS-
Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-Aquí tes como contactar connosco  se queres axudarnos poñendo a túa publicidade-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?... Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 57.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.


Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes. -Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-





 
    Versión imprimible
PREVIA "LV COPA DA COSTA", (IDA) : "FESTIVAL DE GOLES ANTRE LAXE E CORCUBIÓN CON 9 DIANAS". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com