Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 0
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 57883
Ultimo:  Ultimo:
Acoreypar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 26
Total:  Total: 27
Membros:  Membros Online
Conectado  Acoreypar  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DA VOLTA DA PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA DA COSTA : "AMEIXENDA E PORTEÑO LOITARÁN NA ELIMINATORIA FINAL".
Luns, 16 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

PROMOCIÓN ASCENSO A LIGA DA COSTA

-Crónicas volta 1ª eliminatoria-


O  CF Porteño celebrou no vestiario o pase a final.

-SD Ameixenda e CF Porteño finalistas da promoción-

-Encontros de tensión máxima ata o final-

SD Ameixenda tras derrota por 1-0 ao SD Camelle, (1-1 na ida), e CF Porteño ao vencer ó Cabana SD por 1-2, (2-2 na ida), serán os que disputen a eliminatoria final polo ascenso a Liga da Costa 2018/19. Xa se sabía que non había nada decidido, que os empates da ida presaxiaban encontros de moita tensión e nervos, e así foi o curto dos resultados puido facer que se tivera que ir a prórroga, non foi así, pero ata o pitido fnal a incertudume creou tensión e nervos nos xogadores e afeccionados. O encontro máis quente viveuse no San Paio de Refoxos no que o colexiado recolleu en acta varios insultos de xogadores camelláns tras ser expulsados. A eliminatoria final comezará o vindeiro Domingo, (salvo acordo antre clubes de trocar o día), co encontro CF Porteño-SD Ameixenda. Comezan no campo dos da Ponte do Porto ao haber quedado peor clasificado cos ceenses na liga. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









                              

SD Ameixenda 1-0 SD Camelle
Resultado ida : 1-1
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Hora : 17:30
Árbitro principal : Marcos Ordóñez
, (Comité da Coruña)
Asistentes : Rai Reborido e Manuel Espasandín
, (ambos do Comité da Coste da Morte).
Amonestados SD Ameixenda : Borja, (60´); Bruno, (65´) e José M., (79´)
Amonestados polo SD Camelle : Carlos de Dido, (36´); Miguel Riveiro, (45´e 88´); Ángel Riveiro, (59´e 89´); Mario, (63´); Pablo, (65´); Gonzalo, (88´) e Tedín, (89´).
Puntuación do árbitro : 3

Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : "Hoxe foi un día no que a pesar da alegría da clasificación para a final, quédalle a un unha sensación de desagrado polo ocurrido no treito final do partido. Pero vamos por partes.
Nos primeiros 15, 20 minutos o partido non tiña dono. Moito pase en longo, moito balón por alto e pouco control de xogo polos dous equipos. Non había ocasións de gol e daba a sensación de que con ese tipo de partido, o Camelle sentíase máis a gusto. Pouco a pouco o Ameixenda foi collendo o mando do partido, pero sin exercer un dominio excesivamente grande. Foi o suficiente, eso si, para disfrutar de 3 boas ocasións de gol. A primeira no minuto 28 nunha boa xogada de Bichiño pola dereita que lle pon o balón a Pikero, pero o seu tiro é parado por David Caamaño. A segunda no minuto 42 nun centro sin aparente perigo, pero unha indecisión do porteiro e a defensa casi se convirte en gol. E a terceira foi a que aproveitou Álex para marcar o 1-0 cun disparo moi difícil a media volta, (m.44).
No segundo tempo o Camelle saleu buscando o empate, e dispuxo de  ocasións, algunhas non moi claras, pero sí e certo que obrigaron o Ameixenda a defender máis preto de Papi do que era aconsellable. Destacar unha gran xogada de Ángel Riveiro con "ruleta" incluida, pero o tiro cruzado fóiselle fora por moi pouco, (m.55). No 58, Marcos Ordóñez anuloulle un gol os camelláns por fora de xogo, lóxicamente protestado por eles. E a partir de aí, tódalas decisións arbitráis eran protestadas polos xogadores e banquillo do Camelle, estando o partido parado en varias ocasións. Ían pasando os minutos, o Ameixenda defendendo a mínima vantaxe e saindo a contra ainda que sin facer moito perigo, e o Camelle buscando o empate, pero cada vez tamén con menos forzas. E chegouse os últimos minutos nos que se sucederon unha serie de accións nada gratificantes, como un xogador expulsado tirándolle a camiseta o árbitro no momento da expulsión, ou outro cuspíndolle os riváis. En fin...Destacar a afeción do Camelle, que se desprazou en gran número e non deixou, sobre todo no segundo tempo, de animar os seus xogadores, e cun comportamento de 10".


Ángel Rey, "Pupus", (Adestrador do SD Camelle) : "Partido que xa sabiamos desde o primeiro segundo de xogo que nos ían a expulsar a moita xente porque este colexiado si se pode chamar así parece que non lle cae moi ben o Camelle. Pitounos 3 veces e 2 deixounos con 7 personas e onte con 9 non entendo como pode estar en Preferente este individuo. Do partido pouco que decir. Eles marcaron un gol nun mal despexe noso e non tiveron máis ocasións de perigo. Nos nin eso. Pouco puidemos facer xogando co "señorito de negro", e co linier que nos tocou que creo que lle debíamos de gustar algún dos que estaban no banquillo porque miraba máis para os banquillos que para o campo. Felicitar o Ameixenda pola vitoria, e nos este ano xa cumplimos co noso obxetivo que era intentar competir a un bo nivel".

Gol : 1-0, Álex, (44´).

SD Ameixenda : Santi "Papi", Samuel, Diego, Javier Carballo, Bruno, Jesús, José, Castreje, Álex, Crístian Caamaño e Adán. Tamén xogaron : Jesús, Borja, Pablo e Juan.
Adestrador : Manuel Olveira, "Manolito".

SD Camelle : David, Sergio, Rubén, Ángel Riveiro, Pablo, Carlos de Dido, Miguel Riveiro, Méndez, Mario, Adrián Pasantes e Álvaro. Tamén xogaron : Adrián Tajes, David Vieites, David Vázquez e Tedín.
Adestrador : Ángel Rey, "Pupus".




                         
Cabana SD 1-2 CF Porteño
Resultado ida : 2-2
Campo : As Redondas, (Cánduas-Cabana de Bergantiños)
Hora : 17:00
Árbitro : Bruno Méndez Gómez
, (Comité Galego)
Asistentes : Daniel Martínez e Óscar Santos, (ambos do Comité da Coste da Morte).
Amonestaron polo Cabana SD : Mateo, (32´) e Ismael, (desconto).
Amonestaron polo CF Porteño : Manuel, (43´) e Pardiñas, (83´).
Puntuación do árbitro : 6

Óscar "Mingui", (Adestrador do Cabana SD) : "Partido que como era de esperar estivo moi igualado e no que a eliminatoria feita por Rachón marcou a diferencia. Na primeira parte Ismael tivo unha ocasión moi clara no remate dunha falta lateral que saeu fora por pouco, e o Porteño tamén tivo un par de remates os que respondeu moi ben Víctor. Na segunda saimos moi ben coa intención clara de empatar entrando polas dúas bandas e xerando varias ocasións de perigo, empatamos e despois Ismael estrelaría o balón no longueiro, na chegada máis clara. A partires do segundo gol do Porteño non tivemos a claridade necesaria para crear perigo e o partido foi morrendo pouco a pouco ata o pitido final. Felicitamos o Porteño pola sua clasificación e desexàmoslle moita sorte na seguinte e definitiva eliminatoria".

Sergio Varela, (Adestrador do CF Porteño) : "O partido empezou cos primeiros 10 minutos tanteando un equipo o outro ata que collemos a iniciativa e fomos o ataque. O perigo máis grande era no balón parado e tendo a homes coma Pejo e Caamaño que van ben por alto, queríamos aproveitalo. Nun corner a favor noso, quedoulle o rexeite a Caamaño e tirou a porta desde a frontal da área pequena e o porteiro fixo un paradón incrible. Despois nun saque de banda, botou o balón na área e rematou Rachón o segundo pau poñendo ó 0-1. Tivemos algunha ocasión máis pero chegamos así o descanso. Na segunda parte, o Cabana saeu a polo gol, e ós 10 minutos nun corner, sacárono o primeiro pau e entraba direto, sacouna Jimy debaixo dos paus e o rexeite aprobeitárono para facer ó 1-1. Despois o xogo era neutral xa con nervos no corpo, e nun contraataque, o Cabana rematou un pase o longueiro que puido ser o 2-1. Dende esa, fomos a buscar o gol e encontrámolo cun centro a área de Porto que Rachón lle marca de "vaselina" o porteiro e poñendo asi ó 1-2 definitivo. Logo dispuxemos dunha clara ocasión para marcar o 1-3 cun man a man de Rachón que parou ben o porteiro, e xa nada máis. Darlle ánimos ao Cabana que loitou todo ano moi ben".


Goles : 0-1, Rachón, (41´); Diego, (57´); 1-2, Rachón, (75´).

Cabana SD : Víctor, Duda, Laik, (Manuel), Ismael, Mateo, (Alberto), Manolo, Castro, "Cacha", Ferreiro, Pablo, (Cristian).
Adestrador : Óscar "Mingui".

CF Porteño : Jimy, Adrián, Caamaño, "Pejo", Pardiñas, Manuel, Simaría, "Rachón", Jorge, Pablo, e Luis.
Tamén xogaron : Ángel, Wii e Canosa.
Adestrador : Sergio Varela.


++++++


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-




-AVISOS LEGAIS-
Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-Aquí tes como contactar connosco  se queres axudarnos poñendo a túa publicidade-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?... Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 57.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.


Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-





 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DA VOLTA DA PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA DA COSTA : "AMEIXENDA E PORTEÑO LOITARÁN NA ELIMINATORIA FINAL". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com