Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 0
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 57883
Ultimo:  Ultimo:
Acoreypar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 26
Total:  Total: 27
Membros:  Membros Online
Conectado  Acoreypar  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICA DA IMPORTANTE VITORIA DO SONEIRA ANTE O TORDOIA E PREVIA DOS ENCONTROS DE HOXE.
Domingo, 15 Abril, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2

O Soneira marcou e mantivo a porta a cero.

-SD Soneira 1-0 Tordoia CF-
-Hoxe o derbi SD Fisterra-CD Baio a máis do San Lorenzo-


Importante trunfo do SD Soneira no encontro adiantado a 29ª xornada da 1ª Galicia G2 no que recibía ao Tordoia CF do carballés, José Barca, un duelo de carballeses no banco, con Pedro Gómez na parte vimiancesa, (1-0). Este trunfo deixa aos da Terra dos Moscoso a 5 puntos do lider e 4 da segunhda praza, cun enfrontamento esta tarde, (17:00 horas), antre os dous na casa do lider. Un tanto de Martín Tajes, "Nazo" dáballes os 3 putnos aos vimianceses ante un Tordoia que se está a xogar a "vida" en cada encontro e que lle puxo as cousas moi difíciles. Destacar que o trío arbitral do encontro encabezado por Luis M. Isua é do Comité da Costa da morte
...Segue ca crónica do encontro e a previa dos encontros de hoxe co derbi SD Fisterra-CD Baio e o San Lorenzo-Bertamiráns CF, abrindo a nova completa.

Segue ca crónica do encontro e a previa para hoxe...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...






SD Soneira 1-0 Tordoia CF

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : "Foi un partido ante un Tordoia moi repregado que nos cedeu o balón e intentou facer dano ó contraataque. Na primeira metade tivemos pouca profundidade e as ocasións escasearon. Na segunda parte, sobre todo ca entrada de Nazo, o equipo gañou en amplitude e comezaron a aparecer espazos para os desmarques de Pichi e Chapela, que dispuxeron de varias ocasións para poñernos por diante. O gol chegaría tras unha boa xogada que finaliza Nazo. Pichi e Álex Figueiras puideron incrementar o resultado pero o marcador xa non se movería".

José Barca, (Adestrador do Tordoia CF) : "Partido moi importante para loitar pola nosa permanencia na categoria.
Saimos o partido moi ben plantados no terreo de xogo sabendo como lle podíamos facer dano o Soneira. Defendendo moi ordeados e presionando no seu inicio de xogo. Gracias a eso tivemos dúas moi claras ocasións de Dubra que nun man a man con Ánxo non acerta e na seguinte falla no último remate, con todo o seu favor. O Soneira non era capáz de crear xogo por dentro e empezou a buscar a espalda da nosa defensa pero sen crear excesivo perigo.
Unha das únicas ocasións dos locais foi un tiro lonxano de Jota, e un "casi", "gol olímpico", que Alex Figueiras mandou o pao. A segunda parte empezou igual cun man a man de Dieguito que para o porteiro local. Despois intentamos subir máis as líñas para ir a polo partido, pero tivemos que utilizar 3 cambios por lesións e trastocou
nos os plans, tendo que acoplar o equipo da mellor maneira posible pero non soubemos manter a fortaleza defensiva que tivemos ata ese momento. A falta de 13 minutos para o final, adiantaríanse os locais despois de varios rexeites no área. A partires de aí arriscamos para ir a polo empate, deixando espazos que aproveitou o Soneira con bos contragolpes. Nos levamos perigo nun par de ocasións a balón parado, pero antre a falla de fortuna e o gran desgaste físico da primeira parte, pasounos factura. Felicitar os meus xogadores polo esforzo feito ante tantas adversidades e agora xa pensar no vindeiro partido. Noraboa o Soneira pola vitoria".

SD Soneira : Ánxo, Darío, "Jota", Marcos, De la Sierra, Adrián, Basti, Rubén Forján, Mario, Álex Figueiras e Brais.Tamén xogaron : José Manuel, "Nazo", Martín, "Fran-chute".

Tordoia CF : Santi, Alejandro, Rubén, Diego, Nico Costa, Denís, Iván, José Antonio, Adrián, Piñeiro e Dubra. Tamén xogaron : Gonzalo, Liste, José I., e Gabino.

Árbitro : Luis M. Insua Lago. Acompañado nas bandas por Daniel Martínez e Iván Ferreiro. Amonestaron a Pardiñas e Álex Figueiras polo Sopneira e a Liste, Gonzalo e José I. polo Tordoia.

Gol : 1-0, "Nazo", (77´).



-PREVIA ENCONTROS DE HOXE-

SD Fisterra-CD Baio
Día : Domingo 15/04
Campo : Ara Solis, (Fisterra)
Hora : 17:00
Árbitro : Arturo Díaz Álvarez

Asistentes : Óscar Manuel Vidal e Sergio García.




San Lorenzo SD-Bertamiráns CF
Día : Domingo 15/04
Campo : As Pedreiras, (Verdillo-Carballo)
Hora : 17:00
Árbitro principal : Denís Añón Salgueiro
Asistentes : Iago Varela, e Gabriel Rodríguez
.


+++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-




-AVISOS LEGAIS-
Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-Aquí tes como contactar connosco  se queres axudarnos poñendo a túa publicidade-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?... Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 57.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.


Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes. -Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICA DA IMPORTANTE VITORIA DO SONEIRA ANTE O TORDOIA E PREVIA DOS ENCONTROS DE HOXE. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com