Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

MAURO SILVA INAUGURARÁ NO DÍA DE HOXE A SUA RÚA NA CORUÑA.
Xoves, 12 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
UN DOS NOSOS

Mauro animou o deportivismo dende Riazor.

-Mauro Silva terá a sua rúa na Coruña dende hoxe-
-O acto ás 18:00 horas-

Mauro da Silva Gomes, (Sao Bernardo do Campo-Brasil; 12/01/1968)
, recén cumpridos os 50 anos, poderá por fin descubrir a placa da rúa que levará o seu nome na Coruña. Pasaron 13 anos dende que o ex alcalde Paco Vázquez decidise en pleno que o mellor centrocampista defensivo do mundo, Mauro Silva e o extraordinario interior riveirense Fran, tivesen a sua rúa na cidade herculina. Hoxe 12 de Abril do 2018 e cun alcalde deportivista ao cento por cento, Mauro estará presente para descubrir a placa co seu nome na perpendicular a Avenida de Gran Canaria, na zona de Labañou, preto de Riazor. Mauro chegou o Depor na tempada 1995/96, para quedar 13 anos no clube e sumar a consecución dos 6 títulos do clube e participar das grandes xestas, a nivel nacional e internacional, tanto co Depor coma ca Selección de Brasil ca que foi Campión do Mundo e da Copa América. Disputando un total de 459 encontros ca elástica deportivista. Hoxe terá un merecido recoñecemento, polo grande xogador e persoa que foi, sendo elixido no 11 aniversario do clube como o "mellor xogador da historia do Depor"...A nosa máis enorme noraboa, a esta gran persoa, que como dí él na sua humildade : "Eu non sou nen Vragas Llosa, nen Stephen Hawking. Só un rapáz que xogou o fútbol"...Cantas rúas habería que retirar do rueiro se se tomase ese baremo, pero él foi grande no seu, e para todos nós sempre estará nos nosos corazóns
...Mauro que chegou no día de onte a Coruña, pasouse por Riazor, onde cunha camiseta das actuais co seu nome e o seu "eterno" 6, animou o deportivismo nesta tempada deprimente. Esta foto é un exemplo claro do que trocou o Depor, de ver a un Campión do Mundo co 6, a ver actualmente quen leva ese número, que só cos puntos que regalou estaríamos fora do descenso.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...







++++++





-AVISOS LEGAIS-

Queda totalmente prohibida a publicación e a manipulación destas fotos en calquer outro medio de comunicación, (non así nas redes sociais dos equipos e dos que saen nas fotos, pero prohibindo usarse por outros medios), sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Estas fotos son para disfrute e recordo dos afeccionados, xogadores, diretivos, clubes, etc...

Nas fotos que aparezcan nenos menores dos 16 anos se algún pai ou titor non quer que seu fillo aparezca nas fotos que publicamos, non ten máis ca poñerse en contacto connosco no tlf que aperece nas publicidades de máis abaixo.


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Aquí tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-



-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 57.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
MAURO SILVA INAUGURARÁ NO DÍA DE HOXE A SUA RÚA NA CORUÑA. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com