Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

DERROTA DO EQUIPO MASCULINO E VITORIA DO FEMININO DO FSF VILLA DE CEE NA LOITA POLA PERMANENZA.
Mércoles, 11 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA
-Masculino e Feminino-

Importante trunfo das ceenses que acariñan a permanenza.

-Derrota do FS Villa de Cee masculino na 3ª División-

-Vitoria do equipo feminino ceense na 1ª Autonómica-

Unha vitoria e unha derrota foi a vagaxe desta pasada xornada nos equipos ceenses de Fútbol Sala. As féminas da 1ª Autonómica, derrotaban ao FSF Castro por 5-1, un rival direto pola permanenza que teñen cada vez máis preto as rapazas do FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo, que se situan agora con 24 puntos na 9ª posición. Pola sua banda o equipo masculino ceense da 3ª División Nacional Grupo 1, caía por un contundente 0-4 ante o Valdesuso Peugeot Vilalba FS, 5º clasificado da competición. A pesares da derrota os rapaces ceenses seguen moi ben situados para sacar a diante a tempada e acadar a permanenza. Nesta xornada só o Bueu FS que está por enriba deles a 4 puntos agora mesmo, sacou os 3 puntos, e dos que están por debaixo perderon todos agás o Santiago Futsal que sumou 1 punto. Con 2 puntos por enriba deles tamén perdía o Academia Red Blue 5 Coruña, (12º). Abre a nova para ver as crónicas destes dous encontros da man do Xefe de prensa do clube ceense, Mon Lijó.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









3ª DIVISION NACIONAL F.S. (GRUPO1)
XORNADA 25

FSF VILLA DE CEE CLINICA A XUNQUIERA 0-4 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido complicado para os Ceenses, que se viron sorprendidos poun un moi bo equipo. Na primeira parte todo parecía moi igualado onde ambos equipos estábanse a mostrar con moitas reservas, os Ceenses defendíanse ben e conseguían a contra xerar bastantes ocasións, pero unha moi boa labor do porteiro visitante non conseguían mover o marcador. Xa cara o final da primeira parte, dúas perdidas na saída do  balón nos custou dos goles en contra, co que iriamos o descanso cun 0-2.

      Xa na segunda parte, os homes de Llopis intentaron ariscar, pero o rival que se encontraba moi cómodo co resultado o seu favor resolveu o partido nos 5 primeiros minutos da segunda parte, poñéndose cun 0-4 e case sentenciando o partido. Intentárono os Ceenses, pero en ataque non saia nada, intentárono saíndo co porteiro xogador pero o rival mostrouse moi serio e superior en todo momento. Non foi o día para os ceenses.
    
 As estrelas son para :
 3* Angelito, seu retorno a pista.
 2* Juanjo, non deixou de intentalo.
 1* Marroco.


+++++++++





1ª DIVISION AUTONOMICA FEMENINA F.S.
XORNADA 23

HOTEL SEMAFORO FSF VILLA DE CEE 5-1 FSF CASTRO

Partido moi importante o que tiñan as rapazas, gañando xa case confirmaban a sua permanencia na categoría, contra un ribal que está loitando para evitar o descenso. Moi ben saíron as Centoliñas a pista, conscientes da importancia de gañar o encontro foron a polo partido dende o primeiro minuto, dominaban o xogo e xa os catro minutos adiantábanse no marcador cun zurdazo de Goreti. Co resultado a favor continuaron dominando o encontro defendíanse perfectamente, combinaban moi ben e creaban moitas ocasións e de novo aparece Goreti con outro zurdazo e pon o 2-0. As Centoliñas non estaban dispostas a dar tregua e continuaron que bo partido que estaban a facer e era o dia de Goretti  que pon o 3-0 para ir así o descanso con partido mais que encarrilado.
 
  Na segunda parte as do Castro saíron de 5 dende o primeiro minuto subiron a intensidade e facendo un  xogo  moi duro, que o arbitro non  freou en ningún momento, aínda así as Ceenses estiveron perfectas, defendíanse moi ben e creaban a contra moito perigo, chegando a enviar o balón os paus da portería contraria en varias ocasións.
Xa no tramo final, estaba claro que era o día de Goreti, que pon o 4-0, e deixa o partido sentenciado. Seguiron intentando as do Castro, e no minuto 27 conseguen marcar, pero pouco lles durou a alegría, no seguinte minuto María poñería o definitivo 5-1.

   As estrelas nesta semana son para :
 3* Goreti, a dinamita do equipo con 4 golazos.
 2*Alba Cambeiro, o motor do equipo.
 1* María Lijó.

++++++

AVISO : Tódalas novas do Fútbol Sala Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da portada da web a un "click", para que as visites cando queiras con toda facilidade.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-


 


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 57.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
DERROTA DO EQUIPO MASCULINO E VITORIA DO FEMININO DO FSF VILLA DE CEE NA LOITA POLA PERMANENZA. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com