Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 20ª Xda DA LIGA DA COSTA : "POR ARRIBA TODOS APROVEITAN O EMPATE DO LIDER".
Luns, 12 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-20ª Xornada-  
 
O SCDR Esteirana venceu en Ponteceso e acercouse o lider.

-Por arriba todos aproveitan o empate do lider Mazaricos-
-Por abaixo o único que destaca é o Sporting Zas-

O empate do lider CF Mazaricos ante o CF Lira, (1-1), do sábado foi un aliciente para os encontros do Domingo desta 20ª xornada da Liga da Costa, (2ª Autonómica G2). Sabado tal e como vos trouxemos na crónicas que tedes en poratada da web, o lider saía cun punto de Lombáns, (Carnota), ante un Lira que non perdía a compostura  conseguía igualar a falla de 4 minutos para o final. O UD Cerqueda, "desatouse" e goleaba ao UD Monte Louro, (4-1), para subir a 6ª posición, e xa nos encontros do Domingo o Muxía CF a pesares de xogar moito minutos en superioridade numérica non era quen de facerse cos 3 puntos en Cee, (0-0), pero ainda así ca derrota do SD Ponteceso ante o SCDR Esteirana, (3-5), os muxiáns colocábanse sextos cos mesmo 28 puntos ca pontecesáns e loureses, pero con mellor golaveraxe. Por abaixo na loita direta por evitar o descenso o máis beneficiado da xornada foi o Sporting Zas que derrotaba a un complicadísimo SCD Malpica, (2-1), aproveitando que non gañaban nen UC Cee, nen Outes CF que empataba co FC Camariñas, (1-1), resultado malo para ambos, e o mesmo SD Buño que caía ante o CD Baiñas, (2-1), plantando cara. Os baiñeses e o Corme CF aproveitaban ben o empate do lider. Os cormeláns derrotaban ao SD Coristanco, (2-1), ouutro dos inmersos en evitar o decsenso. Abrindo a nova o completo tes as crónicas e máis cousas.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.










ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...
 


 


 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-



O Esteirana acercouse o lider e apartou a un rival direto.


SD Ponteceso 3-5 SCDR Esteirana

David Antelo, (Xefe de prensa do SD Ponteceso) : "Partido xogado no Pinguel ante o segundo clasificado. Saiu o Esteirana máis metido no encontro e marcaría de falta xa no comezo, a partir de aí comezamos a ter máis a posesión da pelota con ocasións claras de Dieguito nun tiro lonxano e de Puente. A media hora de encontro tras mellorar moito no xogo empataríamos o encontro por parte de Dito pero pouco nos duraría a alegría xa que outras dúas chegadas serían convertidas en gol polos visitantes indo o vestiario con 1-3 en contra. A segunda parte asedio por parte nósa pensando na remontada e máis do mesmo, dúas chegadas serían dous goles que supuñan xa os cinco goles. Nós marcaríamos dous goles máis por obra de Matias e Rubén que souberon a pouco. Cabe destacar que co resultado de empate a 1-1 teríamos duas xogadas, unha de Dito que toca o balón no longueiro e no pao da escadra e outra de Alvite cun tiro dende a banda e tocaría no pao da escadra visitante. Non quixo entrar o balón, podería cambiar o encontro. Tamén debutou connosco Christian Martinez despois dun tempo traballando fóra, xogador criado nas categorias base do Puenteceso SD. Dar a felicitación ós nosos guerreiros polo partidazo e a entrega no partido de hoxe e decir que xa chegará a victoria, agora a pensar no seguinte encontro".

Rama, (Xefe de prensa do SCDR Esteirana) : "Bonito partido o xogado no Pinguel no que o primeiro tempo foi de dominio da Esteirana donde puido sentenciar, e nunha segunda na que se impuxo no xogo o Ponteceso, pero que o resultado se axusta o que se veu no campo".
 

 Goles :
0-1, Pablo Rama, (3´); 1-1, Sergio, (22´); 1-2, Jose Barreiro, (26´); 1-3, Rober "Pladur), (45´); 2-3, Matías, (58´); 2-4, Eloy, (60´); 3-4, Rubén, (64´); 3-5, Rober "Pladur", (69´).

Árbitro : Pablo Rama Cotelo. Puntuación : 3





Corme CF 3-1 SD Coristanco

Ángel Pérez, (Adestrador da Corme CF) : "Partido antre Corme e Coristanco, unha ve máis con gran ambiente nas gradas a pesar do frío. Un partido ante un rival difícil  que por algo é un dos equipos menos goleados da liga. Unha primeira parte donde o rival estivo moi ben defensivamente, e con saidas o contrataque, e nos costounos  moito dominar o partido e crear ocasións claras de gol. Tivemos duas moi claras, un disparo de Diego dende fora da área que foi a base do pao e outra de Lucas que detivo o porteiro sobre a líña de gol. Rematou a primeira parte co empate inicial. Na segunda parte arriscamos un pouco máis, subimos as líñas, xa que o empate non nos valía pa seguir na loita polos primeros postos e empezamos a dominar o partido, cun rival que se defendía moi ben e creábanos certo perigo nas contras e a balón parado.  De novo Diego de de fora da área o seu disparo repeliuno de novo o poste, pero a terceira foi a vencida, e no minuto 27 de novo Diego conseguiría adeiantarnos no marcador dende o borde da área. A partir do gol tivemos os mellores momentos de xogo, o Coristanco subíu un pouco as líñas e eso deixounos máis espacios. E no minuto 35 Lucas conseguiría cun gran disparo dende o vértice da área o 2-0, e no 40, Alejo con outro gran disparo conseguiría o 3-0, que practicamente pechaba o partido. No 44  o Coristanco acortou  distancias pero xa non houbo tempo para máis. Vitoria creo que xusta pero que nos costou moito diante dun rival que nos puxo as cousas moi difíciles. Felicitar Unha vez máis a afición polo seu apoio e os xogadores polo gran esforzo durante todo o partido. Unha vitoria que nos permite seguir pelexando polos primeiros postos".

Alberto Pensado, (Adestrador do SD Coristanco) : "Primeira parte moi igualada donde ambos equipos tiveron un bo ritmo de xogo. Defensivamente controlamos ben o Corme e logramos xerar algunha boa ocasión. A segunda parte entre o bo facer do Corme  e o descenso da nosa intensidade defensiva lograron ter acercamentos peligrosos. Sobre o minuto 25 da segunda parte lograron adiantarse no marcador. Eso abríu máis o partido e descolocounos un pouco, conseguindo marcar o segundo  gol moi rápido. Intentamos ir arriba e marcaron o terceiro logrando nos marcar en saque de esquina".

Goles : 1-0, Diego, (73´); 2-0, Lucas, (83´); 3-0, Alejo, (87´); 3-1, Pazos, (88´).

Árbitro : Luis M. Insua Lago. Puntuación : 5.




CD Baiñas 2-1 SD Buño

Tasky, (Adestrador do CD Baiñas) : "Foi un partido no que nos costou moito sacar os tres puntos. Tivemos bastantes ocasións na primeira metade, pero non estivemos acertados de cara o gol. Si que tivemos na segunda cando o partido estaba máis igualado. Tres puntos moi importantes sacados con moito traballo".

Dani Calvete, (Adestrador do SD Buño) : "Nos primeiros 10 minutos o Baiñas podía ir gañando 4-0, pero entre Brais e o pouco acerto o marcador non se movería. Desde aí igualouse un pouco o encontro. O Baiñas marraría un  inexistente un penalti nas botas Javi. O mesmo Javi faría o 1-0, xusto polo visto. Nun corner Jorge faría o 1-1. A segunda parte o Buño mellorou moito e o partido foi parexo, pero o Baiñas a espalda era peligrosísimo. O equipo baiñés sacou un corner rematouno fora, incomprensiblemente o árbitro mandou repetir, e Roi fixo o 2-1, precedido dun penalti de Jorge que quita o gol da liña ca man no rexeite. Gol de Roi".

Goles : 1-0, Javi, (27´); 1-1, Jorge Calvete, (41´); 2-1, Roi, (81´).

Árbitro : Santiago Boedo Varela. Puntuación : 2+.



As defesnas superaron as dianteiras no UC Cee-Muxía CF.

UC Cee 0-0 Muxía CF

Ángel Insua, "Rosqui", (Adestrador do UC Cee) : "Foi un partido disputado e entretido a pesar do 0-0. Empezamos ben e puidemos adiantarnos no marcador en máis dunha ocasion. A partir da expulsión de Penedo no minuto 28 eles fixéronse co control do balón e nós a esperalos para non deixar espacios. Defendemos ben e conseguimos algunha chegada perigosa. Pola parte de Muxia dominou pero sen crear moitas ocasións, ainda que tivo duas claras, en duas contras moi boas que desperdiciaron por desacerto e acerto de Carlos o noso porteiro que estivo moi ben. Empate xusto contra un rival que o está facendo moi ben".

Adrián Lema, (Adestrador do Muxía CF) : "Partido con pouco ritmo por parte do Mxía que na primeira parte non foi quen de meterse no partido. O rival puidose poñer pordiante un par de veces que gracias a gran actuación do noso porteiro foi quen de deixar a portería a cero. Na segunda parte saimos un pouquiño mellor tivemos varias ocasións pero a fortuna non estaba do noso lado de cara o gol igual que o Cee".

Goles :

Árbitro : Manuel Carreira Parrado. Puntuación : 5




Sporting Zas 2-1 SCD Malpica

Manolo Corredoira, (Adestrador do Sporting Zas) : "Partido tremendamente disputado, donde comenzó muy fuerte el Malpica y, poco a poco, fuimos contrarrestando si potencial ofensivo y ya en la última fase de la primera mitad pasamos a controlar el Partido, consiguiendo el 1-0. En la segunda parte, trabajamos fuerte para mantener la ventaja y crear peligro a la contra, y lo conseguimos salvo en la acción del tanto del Malpica que llegaría tras un lanzamiento rechazado por el larguero y aprovechado por Vírico. Cuando parecía que nos podía dejar tocados el gol, logramos marcar el 2-1, a falta de 7 minutos y sacamos adelante un complicado choque ante un gran rival, con jugadores de gran nivel".

Felipe Ventureira "Repi", (Adestrador do SCD Malpica) : "Partido donde tivemos controlado en todo momento donde o normal na 1ª parte era ir gañando por ocasións e xogo e acabamos con dous lesionados e perdendo no último minuto a balón parado da primeira metade. Tivemos que cambiar todo equipo, buscar dous medios diferentes, cambiar a defensa, e ainda así competimos moi ben. Empatamos, tiramos 3 tiros a madeira e nun fallo atrás marcáronos o segundo, e na última xogada, cun bo centro de Omar, tirou o pao Vituco. Creo que hoxe os chavales non mereceron perder a pesar de ter tres lesionados. Durante o partido Juan, Vilariño, e Eloy, que son moi importantes. Intentar recuperar a xente animicamente para o próximo partido".

Goles : 1-0, Víctor Vecino, (44´); 1-1, Víctor Muiños, (75´); 2-1, Ferreiro, (83´).

Árbitro : Bruno Méndez Castro. Puntuación : 6




Outes CF 1-1 FC Camariñas

Jorge Carou, (Xefe de prensa do Outes CF) : "Partido moi combativo e moi disputado no que se poñía por diante o Outes nunha pequena indecisión antre o porteiro e o defensa do Camariñas no que Eleoy estaba máis listo e facía o primiro da tarde. Pouco despois un penalti tonto sobre Soule que transformaba Javi Antelo condenaba o choque a un empate claro. No 58 dianteiro Soule era expulsado por según o árbitro simular penalti. O Camariñas agarrouse o balón e a tentar algunha contra, pero o final o resultado penso que é xusto".

Toño do Atlántico, (Adestrador do FC Camariñas) : "Partido igualado e moi pouco atractivo, (por non decir malo), para o espectador. Creo que ámbolos equipos fomos vítimas do que se denomina "non querer perder o partido". E así transcurrío todo o partido. Na miña opinión, visto o que pasou no campo. Primeiro gol do Outes, penalti parado polo noso porteiro e decisións, como mínimo discutibles, do árbitro o empate é o resultado máis xusto.
Pero insisto, partido malo de solemnidade".


Goles : 1-0, Elías, (11´); Javi Antelo, (De penalti no 13´).

Árbitro : Julio José Martínez Barral. Expulsou a Soulle por dobre cartón, (55´e 58´); e ao delegado Francisco J. Bemúdez, con vermello direto. Ambos do Camariñas. Puntuación : 3.



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. www.piratasdemuxia.es non se fairesponsable das manifestacións que son propias individuais de quen as fai".


-PICHICHI-

Os porteiros o peor enemigo dos "Pichichis".

:  Pablo Muiño, (CD Baiñas), con 20
2º : Rober "Pladur", (SCDR Esteirana), con 13, (2 penalti)
3º : Alejo Cambón, (Corme CF), con 13, (2 penalti)
4º : Dani Mato, (Sporting Zas), con 10
-Alejandro, (CF Lira), con 10
-Pablo Rama, (SCDR Esteirana), con 10.

-(Os goleadores son os recollidos en acta polo árbitros)-


-DATOS DA LIGA-


O Muxía CF é o segundo equipo menos goleado xunto co UD Cerqueda.


-Marcáronse nesta xornada :
27 goles
-Lévanse marcados na liga :
496
-Equipo máis realizador : Corme CF con 45
-Equipo menos realizador :
SD Buño con 17
Equipo menos batido :
CF Mazaricos con 21
-Equipo máis batido :
CF Lira con 49.



Miguel Antonio González Rey.

 
-PEMIO "CORSARIO DE HONRA" O MELLOR ÁRBITRO NA COSTA-

As puntuacións aos colexiados pola sua labor son de 0-3 por cada equipo, polo tanto o máximo por encontro son 6 puntos. Esto pretende ser unha maneira de valorar a gran labor dos colexiados, que teñen un papel moi complicado, tendo en conta os erros que se ven ata no fútbol profesional, sendo ata 5 ou 6 árbitros, e que as veces non se ten en conta esto, e son unha parte moi importante do fútbol, que poden fallar coma calquer dianteiro, defensa, adestrador, etc...No caso que apareza o número de puntuación co signo más, (exemplo 3+), é que falta a puntuación dun dos comentaristas.


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 20ª Xda DA LIGA DA COSTA : "POR ARRIBA TODOS APROVEITAN O EMPATE DO LIDER". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com