Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A PREVIA : DEPOR Vs BETIS : "DÍA DE CONNOTACIÓNS VARIAS".
Luns, 12 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
A PREVIA

 
Depor Vs Betis
-"Día de connotacións varias"-

Hoxe haberá en Riazor un encontro cheo de connotacións, (21:00 horas/20:00 GMT). A pesares desa sensación rara que da o encontro dos luns, que parece que non é desta competición, con algúns equipos xa comezando a preparar a seguinte xornada e nós sen acabar esta, hoxe son moitas esas connotacións. É o primeiro encontro sen Cristobal e Manjarín no banco, primeira con Clarence Seedorf como "capitán" do barco, primeira sen Guilherme na convocatoria, unha final na que de gañar empataremos co Levante e de perder acabaremos de penúltimos, tralo empate do venres do UD Las Palmas en Bilbao. Hoxe é un día para ver os trocos que presentará no equipo Seedorf, se seguirá Rubén, se é verdade que Schär irá o banco, sen Sidnei ainda recuperado. É moito o que se xoga e é moito o que hai que ver, esperar e desexar.

Segundo os que seguen o día a día de Abegondo, Seedorf traballou cun "once" formado por : Koval ou Rubén, Luisinho, Eneko Bóveda, Albentosa e Juanfran, con Valverde e Krhon-Delhi por diante, con Bakkali e Lucas nas bandas e antre eles de media punta Adrián, con Andone na proa. Unha aliñación moi arriscada, tendo en conta os contínuos erros os que nos ten acostumados este ano Albentosa, e cun medio do campo máis de ataque que de contención, pero haberá que ver se esto e certo ou se non van por aí os tiros. Pedro Mosquera entrou na lista tras superar a sua lesión e recibir o alta médica.

Segue ca previa...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...







-PREVIA-
Depor Vs Betis

POSEQUIPOXGPEGFGCDIFPTS
19DEPOR2241352451-2717
11BETIS2291033745-830




LISTA DE TRIPULANTES




Entran con respecto a anterior convocatoria : Andone, Celso Borges e Pedro Mosquera.
Quedan fora da convocatoria : Gerard Valentín, Tytón, Carles Gil e Guilherme por decisión técnica e por lesión, Sidnei.




O ÁRBITRO


Carlos Del Cerro Grande

-Nado en Alcalá de Henares, (Madrid), 13 de Marzal do 1976, (41 anos)
-Colexio : Madrileño
-Debút na 1ª División : no 2011
-Leva arbitrados na 1ª : 118
-Internacional : 2013
-Encontros internacionais : 9

Leva arbitrados Del Cerro grande esta tempada 10 encontros. A nós dirixeunos o UD Las Palmas 1-3 Depor e o Real Betis Balompié un empate a dous ante o Girona, (2-2). Árbitro que non se corta a hora de ensinar cartóns vermellos. Non ten unha media de moitos cartóns aarelos por encontro situándose en torno aos 3, pero esta tempada só acumula un vermello, nun Málaga 3-3 Atlhetic Club, no que amosou 8 cartóns, un deles vermello.


MANIFESTACIÓNS


 


Clarence Seedorf

"Cuando hay más dificultades es cuando hay que estar juntos. Cuanto sé de este club es que hay una característica de esta ciudad: siempre fue una afición que mostró su afecto a los colores y eso nunca ha cambiado. No creo que haya que decir muchas cosas. Este grupo de jugadores merece el apoyo de la afición, son chicos que trabajan, que se han dedicado esta semana a lo que hemos hecho y todos tenemos que tener ilusión para cambiar esta página rápido, llega una ocasión importante para todos, los jugadores primero, para el cuerpo técnico y el club. Contamos con ellos, mucho".


Sobre Guilherme : "No ha podido completar dos días importantes de trabajo y he hablado con todo el mundo para decirles que contamos con todos. Todos tendrán la ocasión de ser titulares, pero hasta el final de la temporada solo vale el nosotros, no vale el yo. Es lo que han entendido y todos están disponibles. Alguno que se ha quedado ahora fuera, quizá la próxima semana juegue".


"Quiero que este grupo entre al partido con orgullo y ganas. El orgullo es un motivador importante. El equipo ha demostrado por la semana que lo tiene, pero el partido es mañana por la noche (por la de hoy) y ahora tenemos que mostrarnos con hechos en campo. Por la semana ha habido muchas palabras y muchos hechos, y demostraron que están preparados para reaccionar".


"Este es un equipo con valor, la clasificación no se corresponde al potencial del equipo, esta semana han empezado a volver a creer en sus capacidades. Hemos visto cosas buenas y ganas de trabajar juntos, la sensación es de ser competitivos y la consecuencia lógica sería que el resultado llegase también".


"Queremos ser competitivos, jugar juntos, pensar como equipo en las dos fases, esa la primera cosa a enfocar".




-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-









-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.500 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
A PREVIA : DEPOR Vs BETIS : "DÍA DE CONNOTACIÓNS VARIAS". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com