Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 7
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 58395
Ultimo:  Ultimo:
RalphGet
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 26
Total:  Total: 28
Membros:  Membros Online
Conectado  fzlaffelsy  
Conectado  RalphGet  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DOS 3 ENCONTROS ADIANTADOS DA 3ª DA COSTA : "VITORIAS DE MUROS E CORCUBIÓN E EMPATE DO LIDER VOLANTES".
Domingo, 11 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-20ª Xornada-  
 
O Corcubión acadou a goleada da xornada sabatina.

-O lider Volantes empata e acércaselle o Muros que gaña-
-Goleada do Corcubión o Outes-
-Hoxe quedan 3 encontros-

Tal e como apuntábamos "Axenda do Fútbol Afeccionado no Antroido", (que podesdes consultar na portada da web cos encontros para hoxe), xogábanse na tarde do sábado 3 encontros da 20ª xornada da3 da Costa, (3ª Autonómica G4). O lider Volantes de Baño CF visitaba a sempre difíscil cancha do CF Porteño e non pasaba do empate, (2-2), o que facía que o trunfo do CD Muros sobre o SD Castríz pola mínima, (1-0), collese máis importancia ao restarlle aos seus veciños de Baño a distancia a 2 puntos. No Novo Cubaleiro, Emilio Corzón tiña dobre sesión, tras gañarlle o Muxía CF en xuvenís por 3-0, pasaba a dirixir o equipo senior ante o Outes CF "B", e acadaba a que pode ser a goleada da xornada o facerll un 7-1 aos da Serra. Abrindo a nova o completo tes as crónicas e máis cousas.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...
 


 


 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-


CF Porteño 2-2 Volantes de Baño CF

Sergio Varela, (Adestrador do CF Porteño) : "Partido moi disputado. Eles sabían moi ben o que viñan xogar. Plantexaron o partido perfecto para xogar na Ponte. Empezamos marcando primeiro, gol de Rachón. Eles non tardaron en empatar e meterse por diante no marcador. Todo a balón parado. Xa na segunda metade conseguimos empatar e despois desaprobeitamos un penalti faltando 10 minutos. Un empate que non nos sirve a ningún".

Gabriel Lago, (2º Adestrador do Volantes de Baño CF) : "Partido complicadísimo ante un rival que apura as súas opcións para meterse en promoción. Un campo embarrado no que conseguimos sacar un valioso punto. Adiantáronse eles nun despiste noso pero antes do descanso remontamos, incluso fallando ocasións para levar máis ventaxe. A saída do descanso fallamos outra clara ocasión e empatarían eles. Despois teríamos ocasións para o terceiro pero non chegou. Creo que pese o estado do terreo de xogo soubemos competir moi ben e sacamos un auténtico puntazo. Por ocasións merecemos ganar pero era importante sumar e así o fixemos".
 

 Goles :
1-0, Rachón, (7´); 1-1, Yanky, (15´); 1-2, Yanky, (44´); 2-2. Pardiñas, (57´).



CD Muros 1-0 SD Castríz

Bibi, (Adestrador da CD Muros) : "Partido moi disputado polos dous equipos. O Castríz con moito máis xogo ca nos e nos recuperando nosa forza na defensa. Eles tiveron duas oportunidades boas antes do descanso, e nós o fío do descanso adiantámonos cun golazo de Alvarito. Na segunda metade o dominio foi do Castríz e nos intentamos buscar algunha contra onde tivemos unha moi clara de Peski. Eles tiveron varias ocasións incluido un tiro desde lonxe que pegou na escadra e saeu. A sorte que non tivemos en Laxe tivémola hoxe. Para rematar só dicir que para nós xa é un éxito, acabemos, primeiros, segundos, ou octavos, porque nadie creía en nós e aí estamos dando a lata. Loitaremos cada partido sin presión ningunha que somos un equipo feito por 4 amigos, e moi humildes".

Mata, (Adestrador do CD Castríz) : "Un resultado que non fai xustiza o visto sobre o terreo de xogo. Pero non estivemos atinados a hora de ver portería. O Muros competiu ben e levouse o gato a auga".

Goles : 1-0, Alvariito, (43´).




UD Corcubión 7-1 Outes CF "B"

Emilio Corzón, (Adestrador da UD Corcubión) : "Partido sen moita historia hoxe no Cubaleiro. Adiantámonos rápido no marcador con 2 goles de Rama, tras sair moi conectados. Dispuxemos dalgunha ocasión mais ó largo do primeiro tempo, pero no sería ata preto do descanso onde lograría Tito culminar unha contra maxistral tras un saque de corner rival. No segundo tempo tratamos de manter o balón, a raíz desto máis das ganas dos xogadores por reivindicarse no seu xogo, fixeron que o resultado fose tan abultado. Álex, Roi, Lema e Asier, foron os goleadores desta segunda metade. O gol dos da Serra viría dun tiro de fóra da área, (golazo que xa no momento do golpeo se vía que entraba na nosa portería)".

Carlos Romero, (Adestrador do Outes CF "B") : Cando nos chegue o seu comentario colgarémolo aquí.

Goles : 1-0, Rama, (4´); 2-0, Rama, (8´); 3-0, Augusto, (42´); 4-0, Álex, (65´); 5-0, Roi, (68´); 6-0, Iago Lema, (70´); 7-0, Asier, (72´); 7-1, Aitor, (82´).



-20ª XORNADA-


10/02/18 16:15   UD Corcubión  -  Outes CF "B"   7 : 1       
10/02/18 16:15   CF Porteño  -  Volantes de Baño CF   2 : 2       
10/02/18 17:00   CD Muros  -  SD Castríz   1 : 0       
11/02/18 16:15   Sporting Seaia CF  -  Camelle SD   _ : _       
11/02/18 16:30   Cabana SD  -  SD Ameixenda   _ : _       
11/02/18 18:00   CF Castrelo  -  SD Laxe   _ : _       



-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DOS 3 ENCONTROS ADIANTADOS DA 3ª DA COSTA : "VITORIAS DE MUROS E CORCUBIÓN E EMPATE DO LIDER VOLANTES". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com