Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DOS ENCONTROS ADIANTADOS DA LIGA DA COSTA NOS QUE O LIDER EMPATABA E O CERQUEDA GOLEABA.
Domingo, 11 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-20ª Xornada-  
 
O Lira deixou o Mazaricos ca mel nos beizos.

-O CF Lira frea ao lider CF Mazaricos, (1-1)-
-Vitoria incontestable do Cerqueda sobre o Monte Louro, (4-1)-

Como xa vos adiantábamos na "Axenda do Fútbol Afeccionado no Antroido", xogábanse na tarde do sábado dous encontros da 20ª xornada da Liga da Costa, (2ª Autonómica G2). Un dos que adiantaban o seu encontro era o CF Lira, que recibía nada menos ca o sólido lider da competición o CF Mazaricos e neste importante encontro moi seguido de preto por tódolos perseguidores, os rapaces de Juan Rey conseguían sumar 1 punto, e frear a carreira hacia o título dos de Roberto Amoedo, (1-1), nun encontro que ía camiño do 0-1 e deixou aos mazariquenses ca mel nos beizos. No outro encontro adiantado a xornada, o UD Cerqueda que viña de facer un encontro moi serio a pasada semana e tumbando a Arliña, (0-1), desta volta recibía o outro "equipo revelación" o UD Monte Louro ao que derrotaba de maneira incontestable, (4-1). Abrindo a nova o completo tes as crónicas e máis cousas.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...
 


 


 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-


CF Lira 1-1 CF Mazaricos

Juan Rey, (Adestrador do CF Mazaricos) : "Foi un partido moi traballado contra un rival moi sólido. O Lira traballou moito, con e sin balón. Os xogadores fixeron un desgaste enorme. O Mazaricos domiñou o partido territorialmente e no computo global tivo máis ocasións que nós, pero nunca perdemos a fe, e seguimos loitando moi ordenados. Tivemos que facer 3 cambios obligados por lesións, pero ainda así o equipo mantivo a compostura. Froito do dominio territorial do rival chegou o gol en contra, e a falta de 5 minutos chegou o noso gol. Un auténtico golazo que penso estara nos mellores que se marquen este ano na categoría".

Roberto Amoedo, (Adestrador do CF Mazaricos) : Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí.

 
 Goles : -1, Manuel, (72´); 1-1, Bruno, (88´).




UD Cerqueda 4-1 UD Monte Louro

Raúl Periscal, (Adestrador da UD Cerqueda) : "Partido igualado durante os primeiros 45 minutos, donde o Louro consigue empatar despois de adiantarnos nós, e ponnos en dificultades. A partir do segundo gol noso estamos mellor. Chegamos o descanso con ese 2-1, e na segunda parte creo que somos mellores e conseguimos un moi bo resultado ante un equipo moi bo e competitivo".

Óscar Lesi, (Adestrador do UD Monte Louro) : "Púxosenos o partido costa arriba co o 1-0 rápido, e sí que reaccionamos ben e empatamos, pero non soubemos contrarrestar o bo facer do Cerqueda, que pouco a pouco foise facendo co partido e foi xusto vencedor. Non estamos nun bo momento e a única maneira de sair desta dinámica e traballar e estar máis unidos ca nunca. Confío na nosa plantilla máis que nunca e para semana temos unha nova oportunidade para volver o bo camiño".

Goles : 1-0, Crístian, (10´); 1-1, Álex Siaba, (22´); 2-1, Crístian, (34´); 3-1, Guillamet, (68´); 4-1, Fran, (70´).




-20ª XORNADA-


10/02/18 16:30   LIRA C.F.  -  MAZARICOS C.F.   1 : 1       
10/02/18 16:30   U.D. CERQUEDA  -  U.D. MONTE LOURO   4 : 1       
11/02/18 16:00   C.D. BAIÑAS  -  BUÑO S.D.   _ : _       
11/02/18 16:30   CORME C.F.  -  S.D. CORISTANCO   _ : _       
11/02/18 17:00   U.C. CEE  -  MUXIA C.F.   _ : _       
11/02/18 17:00   S.D. PONTECESO  -  SCDR ESTEIRANA   _ : _       
11/02/18 17:00   SPORTING ZAS  -  S.C.D. MALPICA   _ : _       
11/02/18 17:00   OUTES C.F.  -  CAMARIÑAS F.C.   _ : _       



-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DOS ENCONTROS ADIANTADOS DA LIGA DA COSTA NOS QUE O LIDER EMPATABA E O CERQUEDA GOLEABA. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com