Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 56765
Ultimo:  Ultimo:
Ewmsundogue
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 6
Total:  Total: 7
Membros:  Membros Online
Conectado  Ewmsundogue  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DOS ENCONTROS ADIANTADOS O SÁBADO DA 24ª Xda DA PREFERENTE NORTE.
Domingo, 11 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-Crónicas 24ª Xornada-  
 
Fernando Varela fixo o primeiro do Xallas na vitoria sobre o As Pontes.

-Derrotas de Paiosaco e Dumbía e vitoria do Xallas-
-O Sofán xoga na tarde de hoxe-

Enxcontros adiantados ao sábado da 24ª xornada da Preferente Norte, na que o lider Paiosaco Hierros Añón caeu ante o segundo SD Polvorín, (2-0), filial do CD Lugo da 2ª División. Queda reducida agora a distancia dos lucenses cos de "Peisaco" en tan só 1 punto. Tamén caeu o CF Dumbría no derbi ante o Atlético Arteixo, (3-1), o que complica a situación dos dumbrieses, penúltmos, pero coa esperanza de que isto troque, xa que hai moita igualdade na zona baixa. Quen si que segue ca sua traxectoria impecable é o Xallas FC, "quen o veu e quen o ve", pensará máis de un. Pasou de ser colista, dende a chegada de Néstor e agora mesmo 7º e mirando dende o alto a zona "quente". O outro dos "nosos" equipos, o SD Sofán visita hoxe o SD Órdenes no Vista Alegre a partiresd as 17:00 horas coa arbitraxe de Iván Morlán. Sofanistas e ordeses van da man na clasificación, decimo e decimoprimeiro, ambos con 30 puntos, por enriba por golaveraxe os de Órdes. Tamén se xogaron neste sábado o CD Castro 2-1 San Tirso e o SD Residencia 1-2 Betanzos CF. Abre a nova completa para ver os comentarios dos encontros de onte sábado.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





-ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS-









-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-
 




 
SD Polvorín 2-0 UD Paiosaco Hierros Añón

Fernando "Peisaco", (UD Paiosaco) : "O partido non defraudou nada nos primeiros minutos da primeira metade o POLVORíN faciase notar dandolle velocidad e ritmo e xogo pero tampouco sen gran perigo.. E cos pasos dos minutos nos fumos entrando no partido con chegadas a aérea pero sen perigo... A oportunidade máis da primera parte foi unha internada de Manjarín que chegaba con perigo... DESPOIS case rematando os primeiros 45 nunha xogada a contragolpe marcaban eles o primeiro gol do partido ( Cuadrado de Cabeza) O partido quedaba vivo para segunda metade pero xa o árbitro amonestou bastante as 2 equipos e eles quedarían con 10... NA 2 parte os foi un dominio constante noso aproximadamente de 35 minutos donde tivemos moitas oportunidades pero non claras para empatar con eles replegados e na mitade do segundo tempo Juanma tivo a mellor oportunidade de empate pero o disparo iva floxo e o porteiro desvarataba a gran oportunidade nosa do segundo tempo... E xa nós últimos minutos nunha contra de eles facían o segundo gol. Donde onde o desgaste físico notábase. Eles foron máis efectivos que nos".

Goles : 1-0, Cuadrado, (25´); 2-0, Nico, (desconto).



Atlético Arteixo 3-1 CF Dumbría

Nacho Barreiro, (Adestrador do CF Dumbría) : "Partido no que era moi importante ganar, pero outros 10 minutos de estar aparbados e empezamos perdendo 2-0. A partir de aí o equipo medrou e xa na segunda fíxose dono do partido dominando toda a segunda parte con bo fútbol, creando moito dano e facendo moitas ocasións que non materializamos. O lastre dos dous primeiros goles costounos os tres puntos, e xa na última xogada, do posible empate, dun tiro de Pesco pasamos a unha contra deles que significou o 3-1. Seguir traballando e o que queda e ter moita fe".


Goles : 1-0, Rivas, (6´); 2-0, Mauro, (20´); 2-1, Aarón, (67´); 3-1, Javi Manjarín, (desconto).




Xallas FC 2-1 CD As Pontes

Néstor Romero, (Adestrador do Xallas FC) : "Fixemos un moi bo partido ante un gran rival. Neutralizámolos en cáseque tódalas fases do partido, a excepcion do minuto 30 o 45, donde non tapamos de todo ben o seu xogo interior. Sabíamos que sufrían moito nas transicións defensivas e fixémoslle moito dano, e de aí os dous goles. O rival apenas dispuxo de ocasións claras de gol, a excepcion do penalti fallado, e creo que fomos xustos vencedores. O meu equipo estivo enorme".

Goles : 1-0, Fernando Varela, (24´); 2-0, Kevin, (30´); 2-1, Adrián, (desconto).



-PICHICHI-

1º : Fernando Cuadrado, (SD Polvorín), con 21, (3 de penalti)
2º : Iván García, (CSD Arzúa), con 11, (2 de penalti)
- José a. Bertua, (Órdenes), con 11, (1 penalti)
- Brais Calvo, (Agrupación Estudiantil), con 11, (2 de penalti)
3º : Adrián Iglesias, (CD As Pontes), con 10.
4º : Daniel Escriche, (SD Polvorín), con 9
- Eloy, (CD As Pontes), con 9
- Otero, (Atlético Arteixo), con 9.



-Resultados-
24ª Xornada

10/02/18 16:30   CD Castro  -  San Tirso   2 : 1       
10/02/18 16:30   XALLAS FC  -  CD As Pontes   2 : 1       
10/02/18 16:30   Polvorín SD  -  UD PAIOSACO   2 : 0       
10/02/18 17:00   SD Residencia  -  Betanzos CF   1 : 2       
10/02/18 18:00   ATLÉTICO ARTEIXO  -  CF DUMBRÍA   3 : 1       
10/02/18 18:30   Boimorto CF  -  SD Arzúa   1 : 1       
11/02/18 16:30   Agrupación Estudiantil  -  Viveiro FC   _ : _       
11/02/18 16:45   SD Dubra  -  Atlético Escairón   _ : _       
11/02/18 17:00   Órdenes SD  -  SD SOFÁN   _ : _       
11/02/18 17:00   Outeiro de Rei  -  Ribadeo FC   _ : _       




-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DOS ENCONTROS ADIANTADOS O SÁBADO DA 24ª Xda DA PREFERENTE NORTE. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com