Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59542
Ultimo:  Ultimo:
smolonen
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 11
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

O MAPA PIRATA : "LENDOIRO E LUCAS PÉREZ...DOUS DOS NOSOS".
Venres, 09 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
O MAPA PIRATA

Lucas deu e da sempre todo polas nosas cores.

-Lendoiro e Lucas dous dos nosos-

Non sei se é a xuventude ca cabeza quente, se son antideportivistas, ou deportivistas de novo cuño, que non pensan e non saben, de onde vimos e por que somos quen somos. A onde imos, está por ver, pois o futuro non está escrito, pero en nada será presente e despois pasado. Augusto Joaquín César Lendoiro, fai uns días fixo un comunicado pedindo "Unión o deportivismo, apoio total a Seedorf e eleccións para Xuño", parece que dixo unha barbaridade e prncipalmente en Twitter vense manifestacións, que non teñen nada que ver ca realidade e son unha falta de respeto a historia do Deportivo. Igualmente pasou con Lucas Pérez. Apèrecen nunha fachada da casa na que viveu fai anos pedindo que se fora. De seguro que son dun que terá de todo, menos cabeza e deportivismo, se non sabe valorar, o que fixo e quen é Lucas na historia do Deportivo. Imos analizar estas duas barbaridades hacia dous dos noso. Duas persoas en maior ou menor medida parte da historia do noso querido Depor.

Segue co artigo...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...










Lendoiro

Augusto Joaquín César Lendoiro fixo este día un comunicado pedindo "Unión ao deportivismo, apoio total a Seedorf e eleccións para Xuño". Como decíamos leíanse verdadeiramente barbaridades no Twitter e noutras redes sociais. Cando Lendoiro colleu o Depor no 1.988, que o foron buscar pola sua extraordinaria labor no Lice de Hoquei, sendo o clube galego máis laureado, un dos máis laureados de España e do mundo, tendo tódolos títulos que se poden ter neste deporte e en varias ocasións. Cando o foron buscar o primeiro reusou, pola mala situación do clube branquiazul, cunha débeda que o condeaba a caer a 3ª ou a desaparecer e con tan só unha media de 4.000 socios e cunhas entradas en torno aos 8.000 espectadores, cando moito 10.000 dos que entraban de balde preto da metade por ser o "señor tal", "fillo de cual", etc, etc...

Restructurou o equipo que levaba 17 anos en 2ª División e consigueu ascendelo, pero non como na antiguedade para ser o "equipo ascensor", para telo 25 anos seguidos en Primeira. Neses 25 anos, trouxonos aos mellores xogadores do mundo, gañáronse 6 títulose foise a Europa en numerosas ocasións , ata 5 participacións en Champions seguidas. Fixéronse garndes xestas e durante 19 anos someteuse en Riazor tanto o Madrid, que non foi quen de gañar en ningunha delas ou o Barcelona que só gañou en 3 e en duas delas con "axuda". Consigue superar os 30.000 socios, cando collera o equipo con 4.000 e batir records en Primeira e Segunda, cunha media cando baixamos a Segunda de máis de 27.000 spectadores por enontro,sendo a maior da historia da competición.

Todo esto non sería posible, (e estou facendo un esquexe do moito que fixo), e non fose pola sabeduría do de Corcubión, que atraeu a milleiros, centos de milleiros, ou millóns de persoas ao Deportivo. Consigueu plantar a semilla do deportivismo e xerminala. A grande maioría, nun porcentaxe que podemos tasar en máis do 90% dos deportivistas son hoxe gracias ao que fixo Lendoiro. Aquel : "Barça, Madrid xa estams aquí!!!" da 1990/91, foi toda unha realidade, pois Riazor trocou do primeiro ano no que se celebraban os goles do Madrid a recibir a chuvía de pitos nunca vista polo equipo estatal. A grande maioría dos deportivistas sono hoxe porque Lendoiro seduxo cos seus proxectos a eles, ou aos seus pais, seus irmáns, etc...Unha cadea que se foi forxando a base de ter un equipo de provinias, que lle du nas cachas ata os máis grandes de Europa.

Moi pouco memoría hai, ou non se sabe porque se é do Deportivo...porque é da Coruña?...porque é galego?...todo suma, pero foi porque fomos un equipo GRANDE, e non facía falta ser doutros. Así naceu o sentimento. Que despois Lendoiro tivo que deixar a nave acuciado o equipo polas débedas, tras pechar os bancos a "billa" dos créditos. Totalmente certo, pasoulle a tódlos equipos e varios desapareceron, agás os de sempre que seguen con débedas exhorbitantes pero a LFP permítelles seguir adiante e nin os obrigan a ser SAD. Totalmente certo quedeixou o Depor como o colleu a piques de desaparecer polas débedas, pero colleuno, sendo simplemente o Deportiviño e deixouno sendo o DEPOR. Colleuno con 4.000 socios e deixouno sendo o equipos do 42% dos galegos, (segundo o Instituto Nacional de Estatística, (INE)), e con 10 de cada 100 galegos coma socios e a mesma cifra en canto a accionistas.

Pideu "Unión o Deportivismo"...non é verdade?...non é o que fai falla?...Xa temos estado pero e con menos posibilidades, pero se tiramos pedras o noso tellado mal nos irá. Pideu "Apoio total a Seedorf". Totalmente o mesmo que dixen. Unha realidade e unha necesidade. Por último, pideu "eleccións para Xuño". Non é este un tirón de orellas a actual diretiva?...Estano a facer excelente no apartado económico e resucitaron o clube neste eido. Na canteira, as cousas comezan a carburar co Fabril dando o callo na 2ª B e tras ascendelo e co resto de equipos no mesmo senso, e con campus, etc...Pero no primeiro equipo que é o que sustenta todo, estase a errar, xa que outros equipos cas nosas mesmas características as cousas estanse a facer mellor. Un toque de atención non ven mal. Non sei porqué tanta polémica e máis vindo de xente que se non fose polo que fixo Lendoiro nunca serían do Depor, directa ou indirectamente. Que haxa ou non eleccións en Xuño, só me parece un aviso do que se pode pedir se as cousas non collen mellor rumbo no primeiro equipo e ademáis, son dos que penso que sempre as asembleas deberían ser o acabar o curso. A actual diretiva reflotou o clube no económico e social. Agora falta que o fagan no deportivo e que volvamos a ser, xa non o que fomos, senón que teñamos opcións de selo algún día. Estas verbas deben ser un motivo de reflexión de cara o futuro, que pronto será presente e de contado pasado, pero vívese dos recordos, do momento e pensando no que virá. Só viven do presente os que non tiveron pasado e non ven máis alá da taza de café que están a beber.





Lucas Pérez

Indignante o das pintadas en contra de Lucas Pérez, que non poden ser dun "cabezatola", ou un grupiño, sen sentido e que non saben nen o que dín. Seguramente a grandísima maioría dos deportivistas, por non decir practicamente todos, estarán dacordo conmigo que Lucas xa non estará na forma e eficacia goleadora de fai 2 anos, pero que é parte da historia do Depor e que é un xogador super importante no plantel, por galego, por coruñés, por instinto e por entrega.

Estes que puxeron a pintada de seguro que nas duas tempadas que Lucas non salvou cos seus goles e ca sua entrega, celebraron os goles e a salvación. De seguro que estes ingratos antideportivistas, non lembrn que veu para o Depor de Grecia, perdendo cartos e facendo presión para vir, non en unha ocasión, senón que en duas. De seguro que esta mesma tempada fixo presión para vir, desbotando equipos de Champions, aquí e en Europa, e co perigo de quedarse en Londres e sen xogar. Non ven a entrega, sálganlle as cousas ou non, que ten en cada encontro. As suas asstencias, estando relevado a banda. Non ven que é un dos nosos que o deu e o da todo, esteña en mellor ou pero forma.

Só pedimos dende aquí a Lucas, que non faga caso destas aberracións en forma de pintadas, que non son o sentimento do deportivismo, que é un dos nosos e sempre o será.


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
O MAPA PIRATA : "LENDOIRO E LUCAS PÉREZ...DOUS DOS NOSOS". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com