Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 0
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 57883
Ultimo:  Ultimo:
Acoreypar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 24
Total:  Total: 25
Membros:  Membros Online
Conectado  Acoreypar  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 17ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "SONEIRA E BAIO PUNUTAN NO FINAL DA 1ª VOLTA...DERROTAS DE FISTERRA E SAN LORENZO".
Martes, 09 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-17ª Xornada-  
 
De la Sierra, (7), arcou o gol da vitoria do Soneira.

-Soneira e CD Baio puntuaron neste final da 1ª volta-
-Derrotas de Fisterra e San Lorenzo para comezar o ano-

17ª xornada da 1ª Galicia G2, primeira do 2018 e derradeira da 1ª volta e na que os "nosos" tiñan todos rivais moi complicados, pois o SD Fisterra recibía no Ara Solis ao SD Piloño, colider da competición co SD Agolada, e perdía por 0-1 facéndolle fronte a un dos "cocos". O CD Baio tamén tiña un "oso" duro de roer no CD Unión, 3º e que se xogaba seguir a 2 puntos dos líderes, e foi quen de igualarlle o encontro, (0-0) no seu campo. O San Lorenzo caía ante o CD Lalín, 5º na liga, pero facéndolle fronte, (3-5), e o único que sacaba os 3 puntos era o SD Soneira, no que debutaba no banco, Pedro Gómez, que derrotaba ao Bastavales, (6º clasificado), por un axustado 2-1. Non foi bo comezo de ano para a maioría dos "nosos", pero hai que ter en conta os rivais, e como non as festas que ten abordo o corpo do cque máis e o que menos. Abrindo a nova o completo tes as crónicas e máis cousas.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...
 


 


 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-
 
 

CD Unión 0-0 CD Baio

Diego Díaz, (Adestrador do CD Baio) :  "Dominamos con posesión a primeira parte, pero sin crear perigo, faltounos finalizar algunha das xogadas que enlazamos no medio campo. Na segunda fóronse impoñendo eles e fixéronse co partido, melloraron bastante sobre todo cos cambios, pero tampouco tiveron ocasións claras. Tivemos nos unha contra na que chegou Josiño antes que o porteiro e metíulla a un lado, pero chegou un defensa deles e sacouna baixo paus. Resultado xusto cunha parte para cada un".


Goles :



SD Soneira 2-1 UD Bastavales

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : "Moi boa primeira metade na que o equipo monopolizou o control do xogo e as ocasións. Adiantámonos cun gol de Pichi e puidemos incrementar o resultado pero non estivemos finos na finalización. Na segunda metade o Bastavales empata tras un gol de falta directa, e ó pouco quedamos cun home menos tras ver Alex Figueiras o cartón vermello. Non pasamos de todas formas apuros en defensa, e preto do final De la Sierra marca ó 2-1 tras unha boa xogada colectiva".

 
 Goles : 1-0, Pichi, (18´); 1-1, Adrián, (50´); 2-1, De la Sierra, (88´).



SD Fisterra 0-1 SD Piloño

 Fran Pequeño, (2º Adestrador do SD Fisterra) : "Partido moi igualado no que na primeira parte houbo unha ocasión para cada equipo, (un libre indirecto a favor nosa, e eles un remate de cabeza  que saca Paulo baixo a liña de gol). Na segunda parte o mesmo que na primeira, máxima igualdade. O porteiro faille una parada a Breixo o remate dunha falta, e pouco despois marcan eles o 0-1 que sería definitivo. Con todo eso nós ainda tivemos alguna ocasión, como para non irnos de valeiro".

-Encontro dirixido polo camellán, Alberto Baña.

Goles : 0-1, Joan, (79´).


San Lorenzo 3-5 CD Lalín

Encontro dirixido polo fistrrán David Castreje no que comezaba ben os de Verdillo, nunha primeira metade na que se adiantaban por medio de Parafita, (que suma xa 5 goles), aos 5 minutos de xogo, pero non tardaban en empatar os lalinenses por medio de Ricardo. Sentou mal o gol de Alberto Camba ao fío do descanso,pois a volta de vestiarios os de Lalín facían dous goles seguidos para poñerse cun 1-4 que parecía definitivo. Reaccionou o equipo carballés, e recurtaba por medio de Brais Cancela, e ainda que os visitantes facían o 2-5, na seguinte xogada, Parafita voltaba a recurtar, pero sen tempo.

Goles : 1-0, Parafita, (5´); 1-1, Ricardo, (18´); 1-2, Alberto Camba, (43´); 1-3, Braian, (46´); 1-4, Alberto Camba, (47´); 2-4, Brais Cancela, (73´); 2-5, José Luis, (74´); 3-5, Parafita, (88´).




-PICHICHI-

1º : Ricardo, (CD Lalín), con 15, (1 de penalti)
2º : Alberto Camba, (CD Lalín), con 13
3º : Madiop, (Atlético Riveira), con 11, (3 de penalti)
4º :  Rubén, (Silleda), con 9
- Jacobo, (Chaián), con 9, (2 penalti)
- Papa, (Puebla CF), con 9, (1 penalti).



-RESULTADOS 17ª XORNADA-


    Chaián CF  -  Tordoia CF   0 : 0       
    CF Silleda  -  SD Agolada   2 : 4       
    SD SAN LORENZO  -  CD Lalín   3 : 5       
    Cordeiro CF  -  Sigüeiro CF   3 : 2       
    SONEIRA SD  -  UD Bastavales   2 : 1       
    Flavia SD  -  Bertamiráns CF   3 : 0       
    CD Unión  -  CD BAIO   0 : 0       
    SD FISTERRA  -  SD Piloño   0 : 1       
    Atlético Riveira  -  Puebla CF   1 : 4       
 


-18ª XORNADA-
14/01/2018

    Atlético Riveira  -  CD Lalín   _ : _       
    SONEIRA SD  -  SD Piloño   _ : _       
    CF Silleda  -  Puebla CF   _ : _       
    SD SAN LORENZO  -  UD Bastavales   _ : _       
    Flavia SD  -  Tordoia CF   _ : _       
    SD FISTERRA  -  Cordeiro CF   _ : _       
    Bertamiráns CF  -  Sigüeiro CF   _ : _       
    Chaián CF  -  CD BAIO   _ : _       
    CD Unión  -  SD Agolada   _ : _       



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.100 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 17ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "SONEIRA E BAIO PUNUTAN NO FINAL DA 1ª VOLTA...DERROTAS DE FISTERRA E SAN LORENZO". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com