Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 4
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 56357
Ultimo:  Ultimo:
IgnacioPlaix
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 9
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 19ª Xda PREFERENTE NORTE : "O PAIOSACO "CAMPIÓN DE INVERNO"...VITORIAS DE DUMBRÍA, ARTEIXO E SOFÁN E DERROTA DE XALLAS".
Luns, 08 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-Crónicas 19ª Xornada-  
 
O UD Paiosaco, flamante e merecido "Campión de Inverno".

-O lider Paiosaco escápase e proclámase "Campión de Inverno"-
-Vitorias do Dumbría, Arteixo e Sofán e derrota do Xallas-

19ª xornada da Preferente Norte,  primeira do 2018 e derradeira da 1ª volta e na que o lider, UD Paiosaco Hierros Añón escápase a 6 puntos do segundo o filail do CD Lugo, SD Polvorín que caía por 1-0 na sua visita ao Agrupación Estudiantil. Proclámanse así os peisaqueses, "Campións de Inverno". Os de "Peisaco" gañaban na sua visita ao Órdenes, (0-2). Pola sua banda sumaban de 3 o SD Sofán que derrotaba por 3-1 ao Atlético Escairón. O CF Dumbría, que o facía a domiicilio ante un rival direto coma o San Tirso, (1-2), que se lle podía escapar e que agora a pesartes de estar os dumbrieses antepenúltimos con 20 puntos teñen aos de Mabegondo a 4 puntos, e iso que están na 12ª praza. Tamén gañaba o Atlético Arteixo pola mínima ao Betanzos CF poñéndolle así unha man aos dumbrieses e ao Xallas FC que caía neste reinicio de curso por 0-3 ante o Ribadeo FC, 6º clasificado. Segue cas crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









-ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS-









-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-
 




 
Órdenes SD 0-2 UD Paiosaco Hierros Añón

Fernando "Peisaco", (UD Paiosaco) : "Despois dun refacho de resultados negativos tocaba empezar o 2018 cunha vitoria e despexar as DÚBIDAS e cojer sensacións e ritmo a priori o partido dábanos o cartel de favoritos polo que se reflicte na clasificación . E pronto se encarrilaba o partido , por mediación de Juanma ( min 3). Este gol serviu para tranquilizar ao equipo , que foi amo e señor do encontro. Demostrou frescura no xogo e presionou ao rival ata o punto de que o segundo gol ( min 68) veu precedido dunha gran presión exercida polo central Sergio sobre varios xogadores locais. Onde Josiño só ten que empuxala á porteria, cos tres puntos e cos resultados dos nosos perseguidores máis líderes e co título de campión de Inverno".

Goles : 0-1, Pombo, (3´); 0-2, José, (68´).



Xallas FC 0-3 Ribadeo FC

Néstor Romero, (Adestrador do Xallas FC) : "Foi un partido donde non estivemos a altura, creo que non estivemos concentrados e non traballamos en equipo. Creo tamén que foi un resultado excesivo para o que foi o partido, xa que na primeira metade, a pesar de non xogar ben, tivemos ocasións de gol, pero no minuto 43, eles marcaron tras un desaxuste defensivo noso. Na segunda metade, marcáronnos moi pronto o 0-2, e aí xa arriscamos máis, e recortamos cun gol de Doro que o árbitro anulou por fora de xogo que non era clarisimamente, e que nos podia meter no partido. Ademáis tivemos 20' moi bos chegando a área constantemente, pero nun contrataque sentenciaron. Creo que o rival estivo máis centrado e metido no partido, que xunto co oficio que teñen moitos dos seus xogadores, penso que foron merecedores da vitoria. Nos non estivemos a altura, xa que non tivemos a tensión necesaria para afrontar o encontro".

Goles : 0-1, Chistopher, (43´); 0-2, Diego, (50´); 0-3, Iván, (85´).




San Tirso 1-2 CF Dumbría

Nacho Barreiro, (Adestrador do CF Dumbría) : "Partido ante un rival da nosa liga, que por certo me gustou e no que nos primeiros minutos puxéronnos en apuros con moita movilidade e coas extratexias. A medida que ía pasando os minutos íamosnos encontrando mellor e estando máis cómodos, mostra deso foi o noso gol a mediados da primeira parte e posteriormente tendo varias ocasións e poder poñernos máis cómodos. Xa na segunda parte estivemos mellor asentados, sobretodo nos primeros minutos, logo eles apretaron e costounos xa que nos estaban achuchando. Fixemos os cambios e o equipo volveu a estar cómodo e así nunha contra fixemos o segundo, e xa no desconto nunha asignatura pendiente nosa, que son as estratexias, volvéronnos a marcar, temos que traballar muito máis se queremos chegar con vida ao final do campionato".


Goles : 0-1, Yuyo, (22´); 0-2, Sergio Cambeiro, (desconto); 1-2, Guillermo, (desconto)




SD Sofán 3-1 Atlético Escairón

Iván Cancela, (Adestrador do SD Sofán) : "Partido no que comezamos algo adormilados e que pouco a pouco nos fomos espabilando, realizando 60 minutos de bo xogo e con equilibrio. O gol encaixado en contra serveu de revulsivo.  Nos minutos finales puidemos aumentar a conta goleadora en clara contras con espacio".

Goles : 0-1, Caio, (19´); 1-1 Juan de Dora, (28´); 2-1, Félix, (62´); 3-1, Quintela, (67´) .



Atlético Arteixo 1-0 Betanzos CF

Adrián Oterto aos 87 minutos de xogo, cando parecía o encontro abocado a igualada, fixo o 1-0 que lle permite aos rapaces arteixáns seguir a tiro de meterse na promoción.

Goles : 1-0, Adrián Otero, (87´).



-PICHICHI-

1º : Fernando Cuadrado, (SD Polvorín), con 19, (3 de penalti)
2º : Iván García, (CSD Arzúa), con 10, (2 de penalti)
3º : Daniel Escriche, (SD Polvorín), con 9
- Brais Calvo, (Agrupación Estudiantil), con 9, (2 de penalti)
4º : Jonathan Cendón, (Órdenes SD), con 8
- José a. Bertua, (Órdenes), con 8, (1 penalti)
- Fran, (San Tirso), con 8, (3 penalti).




-Resultados-
19ª Xornada

    ATLÉTICO ARTEIXO  -  Betanzos CF   1 : 0       
    CD Castro  -  Viveiro FC   2 : 1       
    Outeiro de Rei  -  SD Residencia   0 : 2       
    XALLAS FC  -  Ribadeo FC   0 : 3       
    San Tirso  -  CF DUMBRÍA   1 : 2       
    Agrupación Estudiantil  -  Polvorín SD   1 : 0       
    Órdenes SD  -  UD PAIOSACO   0 : 2       
    CD As Pontes  -  SD Arzúa   1 : 0       
    SD SOFÁN  -  Atlético Escairón   3 : 1       
    Boimorto CF  -  SD Dubra   1 : 1       



-20ª XORNADA-
13/01/2018

    Órdenes SD  -  Viveiro FC   _ : _       
    Polvorín SD  -  Atlético Escairón   _ : _       
    ATLÉTICO ARTEIXO  -  UD PAIOSACO   _ : _       
    Boimorto CF  -  Betanzos CF   _ : _       
    CD Castro  -  Ribadeo FC   _ : _       
    Agrupación Estudiantil  -  SD Residencia   _ : _       
    CD As Pontes  -  CF DUMBRÍA   _ : _       
    XALLAS FC  -  SD Arzúa   _ : _       
    Outeiro de Rei  -  SD Dubra   _ : _       
    San Tirso  -  SD SOFÁN   _ : _       



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-






-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.100 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


 


 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 19ª Xda PREFERENTE NORTE : "O PAIOSACO "CAMPIÓN DE INVERNO"...VITORIAS DE DUMBRÍA, ARTEIXO E SOFÁN E DERROTA DE XALLAS". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com