Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 4
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 56357
Ultimo:  Ultimo:
IgnacioPlaix
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 8
Total:  Total: 8
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 15ª Xda DA 3ª DA COSTA : "MUROS COPA AS PRIMEIRAS PRAZAS DA LIGA".
Luns, 08 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

3ª DA COSTA

-Crónicas 15ª Xornada-


O CD Muros comeza o novo ano como deixou o outro...lider.

-Muros copa a parte alta-

-O Camelle descólgase e Cabana aguanta-

15ª Xornada da 3ª da Costa, primeira do 2018 e na que Muros manda na liga, pois o CD Muros que derrotaba a domicilio ao CD Nantón, (0-1), aguanta firme no liderato, seguido do outro equipo muradán o Volantes de Baño que tiña un complicado encontro ante outro candidato a todo o SD Camelle, que tras caer no Eleuterio Balayo, (4-0), queda un tanto descolgado, copando as prazas de ascenso direto os dous clubes muradáns. Aguanta o tirón dos sureños o Cabana SD que derrotaba ao CF Castrelo, (1-0), para situarse os cabaneses a 1 punto dos de Baño. Colle aos camelláns que caen a cuarta praza o SD Ameixenda, que tamén se levaba os puntos pola mínima ante o Sporting Seaia, (1-0), sendo agora os ceenses 5º cos memso 24 puntos cos camelláns e a 3 puntos do segundo Volantes. O SD Castríz goleaba ao Outes CF "B", (1-5), e tamén se pon as portas de poder loitar polo ascenso direto. Importante vitoria do Porteño CF sobre o UD Corcubión, (3-0), na loita por entrar en posto de promoción, unha loita na que queda moi tocado o clube corcubionés.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









MÁIS ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...





AVISO LEGAL : As nosas fotos están suxeitas a Copyright. Está prohibido a todo medio de comunicación a utilización total ou parcial destas fotos sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Así mesmo as que lle poñemos marca de auga, que nos envían os colaboradores para a difusión por parte nosa e que que levan o nome de quen nola envía ou realizou e o noso, que foi a quen se enviou para a sua publicación. As fotos son para disfrute e recordo dos xogadores, equipos, afeccionados, etc...

 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-



O Cabana bastoulle un gol e manter a porta a cero.


Cabana SD 1-0 CF Castrelo

Óscar "Mingui", (Adestrador do Cabana SD) :  "Partido moi condicionado polo forte vento e tamén polo frío que facía moi difícil ver bo fútbol. Na primeira parte o Castrelo dispuxo de dúas boas ocasións antes do noso gol, unha estrelouse no pau e outra enviou moi ben a córner Diego. Nos co vento en contra apenas conseguimos xerar perigo a parte do gol. Na segunda tivemos o partido controlado en liñas xerais con claras ocasións para Dani Reigía, Pablo, Manolo e Ismael pero non fomos capaces de acertar ó igual que tampouco o Castrelo foi quen de marcar algunha das que tivo polo empuxe que mostraron para empatar".


Litos Vimio, (Adestrador do CF Castrelo) : "Gran desgaste fisico con tan só 12 xogadores e mínimo tiña que ser 1 empate. O Cabana fixo pleno na primeira parte con unha única xogada materializada con grandes toques e un gran gol, eso si, no minuto 40. A segunda parte idem...moita presión a saida do balón do Cabana e eles tiveron a setencia no minuto 75, e o Castrelo varias oportunidades nos 90 minutos para empatar. A falta de gol  sentencianos no último posto, pero é inxusto coa entrega e loita que ofrecemos en cada partido. Felicito o Cabana porqué é o primeiro equipo que quer partir sempre desde atrás xogando o balon".

Goles : 1-0, (40´), José Ángel finalizando moi ben un perfecto servicio de Reigía nunha moi boa xogada colectiva.

Árbitro : Carlos Señarís Balsas. Puntuación : 5



SD Ameixenda 1-0 Sporting Seaia

Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : " Moito frío para empezar o 2018, e polo tanto, o primeiro que merece ser destacado e o esforzo de tódolos xogadores. No futbolístico, si en outros partidos se fala de alternancias no xogo e momentos para un ou outro equipo, hoxe hubo un dominador claro dende o m.1 ó 95. O Ameixenda controlaba, movía dun lado o outro o balón, as veces incluso con un ex exceso de pases que lle ralentizaba o xogo. Parecía que era cuestión de tempo que chegara o gol, pero as ocasións tampouco eran muy claras. O segundo tempo fui unha copia do primeiro en canto a dominio. A diferencia, importante dende logo, fui que as ocasións de gol foron sucedéndose, podendo contabilizar 3 de Chucho, (unha delas o longueiro de falta), 3 de Cristian, unha de Bruno o poste nun corner, unha de Yago e ata un claro penalti no m.86 (recoñecido no momento polo propio adestrador do Seaia) que o árbitro non sinalou e que fui o seu único erro no partido. Mentras o Seaia fiabao todo a ter algunha oportunidade nunha contra, pero non chegaron a tirar a portería, tendo Poke un partido muy tranquilo...e frío.  Xa se xogaba o m.93 e parecía que o 0-0 sería definitivo cando Nes, que debutaba hoxe procedente do Cee,  mete un centro alto dende a esquerda que  entra na portería entre o longueiro e as mans do porteiro que, dito sea de paso, xogou os últimos 10 ou 12 minutos casi sin poder andar por un golpe. Resultado corto polos méritos de uns e outros, pero as ocasións si non se meten non sirven de nada".


Pablo Mancebo, (Xefe de prensa do Sporting Seaia) : "O equipo estivo compacto e loitou ata o final. Era un partido complicado pois estábamos despois do día grande das nosas festas, pero aínda así os rapaces loitaron ata o final, e por desgraza, no 93 marcou o Ameixenda con algo de fortuna xa que o noso porteiro se desequilibrou e lle caeu o balón das mans. Era un partido difícil contra un gran rival, cun tempo adverso e despois das nosas festas, polo que a pesar da derrota demos o callo e estou orgulloso dos nosos homes".


Goles : 1-0, Andrés, (88´).


Árbitro : Juan Núñez Fiuza. Puntuación : 4




CD Nantón 0-1 CD Muros

Carlos Regueira, (Adestrador do CD Nantón) :  "Visita do líder ás Fontiñas e novo tropezo do Nantón nunha desas tardes que te vas coa sensación dun resultado  non xusto, pero como sempre, o que vale é o acontecido no campo. O Muros con baixas, afrontaba este encontro intentando non encaixar e aproveitar as súas ocasións nalgunha saída a contra e sobretodo a balón parado, e saiulle perfecto. Os primeiros minutos de partido eran totalmente nosos. Contaba o Nantón con varias oportunidades na primeira metade para poder abrir o marcador pero a de onte non ía ser unha tarde acertada de cara a gol. Sen embargo Guille, que xa anteriormente tivera traballo, evitaba o gol do Muros antes do descanso cunha moi boa parada. A segunda metade transcurría cas mesmas premisas, pero desta volta o Muros conseguía subir un pouco líneas e as ocasións a balón parado eran máis cerca da área contratia e levando perigo en case todas elas. A nos costábanos máis chegar a área contraria. A falta de 10 minutos para o final, chegaba o gol visitante que lles daba a victora nun remate de cabeza totalmente libre de marca no segundo pau. Este gol fixo moito dano o Nantón, aínda así, dispuxo Ivan do empate nos seus pes nos minutos finais pero erraba o man a man. Aínda que os nosos xogadores protestaron moito a acción do gol (cousa que eu non podo opinar posto que dende alí non aprecio o acontecido), creo que foi unha tarde na que todas as partes cometimos erros polo cal o árbitro é o menos culpable do marcador final".


David González, "Bibi", (Adestrador do CD Muros) : "Foi un partido moi igualado onde puido gañar calquera dos dous equipos, con 3 ou 4 ocasións claras para nós e máis para o Nantón. O final o partido sacámolo nos adiante cun golazo de cabeza. Felicitar os meus xogadores a pesar de ter 7 baixas, non se nota xogue quen xogue, e eso e moi bo. Por último animar a xente de Muros que nos veña a apoiar que estes chavales merecen eso e máis".


Goles : 0-1, Gael, (82´).

Árbitro : Daniel Martínez Ferrío : Puntuación : 4




CF Porteño 3-0 UD Corcubión

Sergio Varela, (Adestrador do Porteño CF) : "Foi un partido moi difícil de xogar polo terreo de xogo. Era totalmente imposible dar 3 pases seguidos. Foi todo balóns longos e ocasións a balón parado. Así marcou Caamaño, Wii, e logo o último Pejo. Facíanos moita falta esta vitoria para loitar polo fase de ascenso. Unha pena ter que descansar esta semana, porque vimos nunha moi boa racha".

Brais, (UD Corcubión) : "Partido igualado a pesar do resultado final. Cun terreo de xogo impracticable e máis axeitado para un partido de waterpolo que de fútbol, a primeira parte non tivo demasiado xogo, con moitas inseguridades por ambas partes. A finales da primeira parte chegaría o primer gol do Porteño nunha falta lateral incorrectamente sinalada segundo a nosa opinión. Na segunda saliu máis enchufado o Corcubión, con ocasións para lograr o empate e tendo ós locais encerrados no seu campo durante moitos minutos. Xa ó final do encontro, dous goles máis do Porteño pecharon o partido cando xa estábamos cun home menos pola expulsión de Lagoa por doble cartón. A expulsión por doble cartón é correcta, máis é froito da impotencia do rapaz despois de recibir golpes por todos lados non pitados. Houbo unha agresión sin balón a un dos nosos rapaces que tampouco viu o árbitro ".


Goles : 1-0, Caamaño, (36´); 2-0, Wii, (81´); 3-0, Andrade, (88´).

Árbitro : David Cancela García. Puntuación : 3


Outes CF "B" 1-5 SD Castríz

 

Carlos Romero, (Adestrador do Outes CF "B") : "Un penalti os 3 minutos e o segundo gol 5 minutos despois. O Castriz con moi boa circulaciòn de balón facía dano en cada xogada. As chegadas eran continuas e chegou o terceiro antes do descanso. A segunda parte xa foi máis igualada con ocasións para ambos lados. O 1-5 e reflexo do acaecido no campo. Moi superior o Castriz".


Mata, (Adestrador do SD Castríz) :  "Partido que se puxo moi pronto de cara, xa que Mata facia o 0-1 de penalti e o 0-2 nos primeiros 10 minutos. No 25, Nakata lograba o 0-3, indo con este resultado o descanso xa co noso equipo relaxado e empeorando no xogo e manexo do balón. Na reanudación o Outes tivo algunha situación de perigo na nosa área, pero non materializou, e despois cara a media hora de xogo desta segunda metade, Toniño facia o 0-4 e Nakata de novo o 0-5. O Outes facía o seu gol nunha colada de Álvaro que non estivo acertado a raíz dunha falta desde casi medio campo".


Goles : 0-1, Mata, ( penalti, 1´); 0-2, Mata, (6´); 0-3, Nakata, (25); 0-4, Toniño, (73´); 0-5, Nakata, (76´); 1-5, Saúl, (78´).


Árbitro : Julián Buján Vidal. Puntuación : 6


Volantes de Baño CF 1-0 SD Camelle

José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : "Creo que foi un partido complicado e que non nos resultou tan doado como di o marcador final. O Camelle amosou boas maneiras pero nos hoxe estivemos moi ben no plano defensivo, e sobre todo moi solidarios, sacando contras moi perigosas. Cando conseguimos dar este nivel de implicación órde e solidaridade no aspecto defensivo, e respetamos o rival, sacamos moi bos resultados. O obxetivo e que nos comportemos así sempre para ser algo fiables. Hoxe creo que temos que felicitarnos por esta victoria e por o comportamento dos meus ante un bo rival que luchou ata o final e nunca dou partido por perdido".


Ángel Rey, "Pupus", (Adestrador do SD Camelle) : Colgaremos aquí o seu comantario cando nos chegue.


Goles : 1-0, Thiago, (27´); 2-0, Thiago, (30´); 3-0, Samuel, (41´); 4-0, Samuel, (desconto).


Árbitro : Mar Thiaw. Puntuación : 3+



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. www.piratasdemuxia.es non se fai responsable dos comentarios dos colaboradores que son propios e intrasferibles. Calquer persoa aludida ten o noso correo para facer chegar a sua queixa o pubricado".


-PICHICHI-

Thiago, (Volantes), fixo dous goles esta semana.

1º : Crístian Caamaño, (SD Ameixenda) con 10, (1 de penalti)
-Alberto Mata, (SD Castríz), con 10, (1 penalti)
2º : José Carlos, "Cote", (UD Corcubión), con 9
3º : Felipe Barreiro, (SD Camelle), con 9, (2 de penalti)
4º : Thiago, (Volantes de Baño), con 8, (1 de penalti)
-Samuel, (Volantes de Baño), con 8.






 
-PEMIO "CORSARIO DE HONRA" O MELLOR ÁRBITRO NA COSTA-

As puntuacións aos colexiados pola sua labor son de 0-3 por cada equipo, polo tanto o máximo por encontro son 6 puntos. Esto pretende ser unha maneira de valorar a gran labor dos colexiados, que teñen un papel moi complicado, tendo en conta os erros que se ven ata no fútbol profesional, sendo ata 5 ou 6 árbitros, e que as veces non se ten en conta esto, e son unha parte moi importante do fútbol, que poden fallar coma calquer dianteiro, defensa, adestrador, etc...No caso que apareza o número de puntuación co signo más, (exemplo 3+), é que falta a puntuación dun dos comentaristas.


-16ª XORNADA-
13/01/2018

    UD Corcubión  -  Cabana SD   _ : _       
    SD Castríz  -  SD Laxe   _ : _       
    CF Castrelo  -  CD Nantón   _ : _       
    Camelle SD  -  Outes CF "B"   _ : _       
    Sporting Seaia CF  -  Volantes de Baño CF   _ : _       
    CD Muros  -  SD Ameixenda   _ : _       
Descansa : Porteño CF.

 
 
 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.100 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior).



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 15ª Xda DA 3ª DA COSTA : "MUROS COPA AS PRIMEIRAS PRAZAS DA LIGA". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com