Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 0
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 57883
Ultimo:  Ultimo:
Acoreypar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 25
Total:  Total: 26
Membros:  Membros Online
Conectado  Acoreypar  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 15ª Xda DA LIGA DA COSTA : "O MAZARICOS CEDE TERREO NA PRIMEIRA XORNADA DO ANO".
Luns, 08 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-15ª Xornada-  
 
O Campo d´Arliña viveu un Muxía-Camariñas máis dunha década despois.

-O lider Mazaricos cede terreo o Esteirana-
-O Corme "despelótase" nun encontro no que houbo 11 goles-

15ª Xornada da Liga da Costa, penúltima da primeira volta e primeira do 2018 e na que o lider CF Mazaricos non pasaba do empate sen goles na Rocheira, ante o Coristanco o que fai que a SCDR Esteirana, que gañaba un trepidante derbi ante a UD Monte Louro, (3-4), que acabou na primeira metade con 0-3 a prol dos das Salinas e os de San Francisco foron quen de igualar e que perderon buscando gañar. A Esteirane recurtaba con este trunfo distanzas co lider, poñéndose a 3 puntos. Pola sua banda o Corme CF sube a 3ª praza tras "despelotarse", ante o CF Lira, cun choque que rematou 9-2. Os cormaláns subían o podio da liga aproveitando a derrota do Ponteceso ante o Sporting Zas, (0-1). Nesta xornada que tíñamos 3 derbis para reanudar a competición o Muxía CF recibía o Camariñas CF nun derbi de rivalidade, que non se daba dende fai preto de 12 anos, dende a tempada 2005/06. Os muxiáns foron contundentes e gañaban 3-0. No outro dos derbis o UD Cerqueda derrotaba ao SCD Malpica, pola mínima, (1-0), nun choque emocionante ata o pitido final. O Outes CF, 9 xornadas despois acadaba a ansiada vitoria, derrotando por 4-2 a todo un CD Baiñas. Segunda xornada en positivo dos da Serra. Pola sua banda UC Cee e SD Buño firmaban un reparto de puntos no San Paio de Refoxos, (1-1). Segue cas crónicas e moito máis.

Tamén informarvos de novo que os adestradores e colaboradores que nos mandan as crónicas dos encontro votarán as arbitraxes con 3, 2, 1 ou 0, e o final da tempada nesta liga e na 3ª da Costa saberemos quen foi o mellor árbitro dos que arbitran na Costa, o cal lle daremos o "Corsario de Hoinra", como mellor colexiado na entrega dos "Piratas de Honra" no 2018.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 


 MAIS ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...


 
 





AVISO LEGAL : As nosas fotos están suxeitas a Copyright. Está prohibido a todo medio de comunicación a utilización total ou parcial destas fotos sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Así mesmo as que lle poñemos marca de auga, que nos envían os colaboradores para a difusión por parte nosa e que que levan o nome de quen nola envía ou realizou e o noso, que foi a quen se enviou para a sua publicación. As fotos son para disfrute e recordo dos xogadores, equipos, afeccionados, etc...

 
-CRÓNICAS-


 
Penedo fixo o gol para os ceenses.


UC Cee 1-1 SD Buño

Ángel Insua, "Rosqui", (Adestrador do UC Cee) : "".

Dani Calvete, (Adestrador do SD Buño) : "Unha parte para cada lado. A primeira parte o Cee tivo o dominio total do balón, o Buño ordenado apenas sufríu perigo. Un tiro lonxano de Penedo que dou no pao foi a máis clara de toda a primeira parte. Na segunda mellorou o Buño e empezou a estar en campo contrario nos primeiros vinte minutos, a partir de aí igualouse, con dominio alterno. Adiantouse o Cee, e na seguinte xogada empatamos. Os últimos dez minutos o equipo ceense volcouse en busca do partido e nos puidemos gañalo nun par de contras que non fomos quen de materializar en gol".

Goles : 1-0, Penedo, (78´); 1-1, Jorge Calvete, (80´).

Árbitro : Luis M Insua Lago. Puntuación : 5



A Esteirana celebrou no vestiario a vitoria nun derbi apaixoante.


UD Monte Louro 3-4 SCDR Esteirana

Óscar Leis, (Adestrador do UD Monte Louro) : "Saimos concedendo moitas facilidades a un rival que ten moita calidade e rápidamente o aproveitaron para irse no marcador cun 0-3 o descanso. Pero na segunda saimos moito mais enchufados e con outro sistema e  arriscando meteémonos de novo no partido, corremos riscos e as contras da Esteirana podían pechar o partido pero non acertaron e nos fomos recortando ata lograr o empate. Buscamos o gol do trunfo pero nunha falta lateral mal defendida fixeron o gol eles. Ata o final tivemos ocasións pero non acertamos.
"Gran derbi" con moita xente, e con un moi bo comportamento de ambas plantillas, o que facilitou a arbitraxe".


Rama, (SCDR Esteirana) : "A clave na primeira metade foron os bos contragolpes que levamos a cabo xa que nos permitiron dispoñer de varias ocasións para acabar cun resultado máis abultado que o 0-3, que refrexaba o marcador o ir os rapaces os vestiarios. A saida da segunda parte foi parecida pero a falta de acerto ante a porta rival impediunos sentenciar o resultado. A partir de aí o Louro aproveitou as suas ocasións para igualar o partido. Xa nas postrimerías do encontro Codesido sentenciaría o partido cun remate de cabeza para facer o 3-4 final.".

 
 Goles : 0-1, Pablo Rama, (18´); 0-2, Eloy, (25´); 0-3, Pablo Rama, (33´); 1-3, Gabriel, (51´ de penalti); 2-3, Miguel Rey, (68´); 3-3, Álex Siaba, (78´); 3-4, Codesido, (82´) .

Árbitro : Miguel Ángel Castro Castro. Puntuación : 3




Corme CF 9-2 CF Lira

José Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : "Partido disputado no Cairo cunha gran afluencia de aficionados a pesar do moito frío reinante no campo. Unha primeira parte que saimos con moita forza e presion e no minuto 5 conseguimos adiantarnos no marcador despois dun penalti sobre Toni que lanzaba Alejo, rexeitaba o porteiro e o rexeite mandábao o fondo da portería, Lucas. Cinco minutos máis tarde, despois dun roubo de balón no campo contrario por medio do xuvenil, Manu, chegaríalle o balón a Alejo qué conseguiría o seu primeiro tanto da tarde. Seguimos sin darlle ninguna opción o equipo rival e no  minuto 30 conseguiríamos o 3-0 por mediación de Alejandro que casi deixaba sentenciado o partido. Na reanudacion no 46 conseguiríamos o 4-0 por medio de Diego. Na saida dun corner no minuto 50 conseguiría o Lira o seu primeiro gol. Non baixamos o ritmo e no minuto 64  conseguimos, despois dunha gran contra, o 5-1, por mediación de Lucas. No 66,  Alejo conseguiría o seu segundo gol da tarde. O Lira a pesar do resultado adverso seguía intentándoo, e un minuto máis tarde co seguiría o 6-2. No 76, sin dúbida o gol da xornada, dun disparo dende o noso campo por medio  de Lucas, que colleu adiantado o porteiro rival que nada puido facer para evitar o gol. No minuto 82, Dani de cabeza conseguiría o 8-2, e no 87 noutra gran xogada Isaac conseguiría o definitivo 9-2. Gran partido disputado polo Corme que non lle deu ninguna opción o Lira, ainda que o tentou. Destacar a gran deportividade dos dous equipos".

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : "Pouco podemos decir deste partido. O resultado, totalmente xusto reflexa o que pasou no campo.  Un equipo que non supo competir contra un equipo chamado a ser o que eles queiran, non valen excusas de baixas nin de ninguna outra cousa. Dous goles nos primeiros 5 minutos bastaron para facer con nos o que eles quixeron facer. Nada que obxetar".


Goles : Corme : Alejo, (3), Torrado, Diego, Lucas, Dani e Isaac. Lira : Kike e José.

Árbitro : Samuel Pardo Pouso.  Puntuación 5



Extraordinario pase de Mario no 3-0 do Muxía.

Muxía CF 3-0 CF Camariñas

 Adrián Lema, (Adestrador do Muxía CF) : "Derbi en Muxía despois tantos anos donde o Camariñas saíu máis despertó e donde presionaba arriba desde o primeiro minuto. Na primeira parte non houbo un dominador claro o Muxía xogaba a favor do vento e as ocasións mais claras eran para nos. Tanto é así que no minuto 38 Manu Nogueira despois de un bo recorte tira forte casi pola escadra, sin que o porteiro poida facer nada. Parecía que o Muxía quería máis despois do gol pero na primeira parte non se sentía cómodo. Na segunda saimos máis enchufados ainda que encontra do vento, que nos perxudicaba, pero pouco a pouco íamos a polo partido e sentíamonos máis cómodos . A hora de xogo Manu Nogueira veu a recibir, controla, e engancha un forte tiro o primeiro pao, que supoñía o 2-0. O gol deulle ás o equipo e tanto Nogueira, como Mauro e Iván lagoa, (unha na primeira parte e outra na segunda), puideron ampliar o resultado. Non tardou en vir o terceiro a centro do xuvenil Mario o segundo pao, e Lagoa marcaba cun testarazo impresionante . As ocasións máis claras foron para o Muxía, ainda que o Camariñas tentábao con disparos lonxanos, etc etc. Un bo partido, limpio, e donde os dous equipos se respetaron".

Tono do Atlántico, (Adestrador do CF Camariñas) :  "Partido igualado na primeira parte polo que creo que o resultado máis adecuado sería o 0-0. Na segunda parte, tras uns primeiros quince minutos nos que puidemos abrir o marcador, o Muxía foi moi superior polo que só me queda darlle a enhoraboa polo triunfo acadado".


Goles : 1-0, Manu Nogueira, (36´); 2-0, Manu Nogueira, (60´); 3-0, Iván Lago, (65´).

Árbitro : Yannick Juncal García. Puntuación : 5



UD Cerqueda 1-0 SCD Malpica

Raúl Periscal, (Adestrador do UD Cerqueda) : "Partido igualado, con poucas ocasións, sabendo os dous equipos a importancia dos puntos e con medo a perder. Creo que non houbo un dominador claro, pero por ocasións merecimos o trunfo.Tamen e verdade que Diego estivo espectacular na mellor ocasion do Malpica, sacando unha man fantástica. Creo que no computo xeral do partido podemos decir que o resultado foi xusto".

Felipe Ventureira, "Repi", (Adestrador do SCD Malpica) : "Un partido mui disputado con moito corazón pero con pouca profundidade e desborde por ningún dos dous equipos, donde estivo sempre trabado con moitas imprecisións. Apenas houbo ocasións, salvo un par delas por ambos. Creo que ningún equipo merecía gañar, pero marcou o Cerqueda nun disparo "raro" desde fora da área e serviulle para gañar, xa que nestes partidos o que cometa menos erros págao, xa que hai moito medo a perder, porque estamos xogando finais tódolos partidos, debido a clasificación. Nos intentaremos recuperar algunha xente que non esta xogando, e que para nós e imprescendible de cara a ter gol e seguir creendo que podemos sacar esto adiante, que queda toda segunda volta".

Goles : 1-0, Abdessamad, (80´).

Árbitro : Pablo Rama Cotelo. Puntuación : 4




SD Coristanco 0-0 CF Mazaricos


Alberto Pensado, (Adestrador do SD Coristanco) :"Primeira parte intensa donde nos tivemos algo máis de posesión, conseguindo controlar ben o Mazaricos e logrando chegadas con perigo. A segunda máis do mismo. O Mazaricos tamén nos creaba algunha ocasión de perigo. Pero seguimolo intentando e co paso dos minutos logrando máis chegadas, que non finalizamos polo oficio do Mazaricos e por infortunio noso".

Roberto Amoedo, (Adestrador do CF Mazaricos) :  "Partido moi complicado nun campo de pequenas dimensións, no que afrontamos como puidemos debido as moitas e importantes baixas que levamos arrastrando nas últimas xornadas. Do partido pouco de dicir, o Coristanco foi superior a nós en todo o partido, só nos salvou o desacerto local, que dispuxo de moitas ocasións e non soubo materializar. Nos creo que non tiramos en todo o partido. Resultado inxusto, felicitar o partido do Coristanco e nós a esperar 3-4 semanas a ver si damos xuntado algún efectivo para poder competir como antes".


Goles : 

Árbitro : Carlos Martínez Rodríguez. Puntuación : 5. 



Álex Mourelle, (20), fixo o gol da vitoria dos zacenses.


SD Ponteceso 0-1 Sporting Zas

David Antelo, (SD Ponteceso) : "Tarde despois de reises moi fria no Pinguel, ante o Sp. Zas un rival moi correoso que non o puxo nada fácil. Comezou o encontro cos dous equipos moi metidos no encontro, a primeira ocasión sería no min.1 por obra de Alberto Recarey nun tiro dende a frontal cun trallazo que facería temblar o longueiro. Catro minutos mais tarde nun córner botado por Alberto Recarey moi cerrado a piques estivo de marcar Dieguito xa que o remate no rexeite pasaría rozando a escadra visitante. Estabamos chegando con máis perigrosidade nós, no min.8 tería outra ocasión Alberto Recarey diante da porteria pero non conseguiría remachar a rede. Sobre o min.21 comezarían a chegar con perigo os visitantes, con moitas ocasións. A máis clara sería no min.29 nun cabezazo do Zas a bocaxarro que facería un paradón Xurxo. Cinco minutos máis tarde nun centro diagonal marcaría Alex o primeiro gol do partido no Pinguel, xa non habería máis ocasións rematando a primeira metade con victoria visitante de 0-1. O comenzo da segunda parte foi de moita intensidade por parte nósa cun gol anulado a Alberto Recarey nun centro lateral por posible fóra de xogo, para nós sería inexistente. Logo un penalti non pitado por arrumbón na área a Dieguito pero son lances do xogo. Intentámolo por todos os medios pero sen conseguir premio facendo un gran encontro. Escapáronnos tres puntiños do Pinguel pero agora temos que pensar no seguinte encontro".

Manolo Corredoira, (Adestrador do Sporting Zas) : "Partido muy trabado, donde el Ponteceso comenzó fuerte, pero poco a poco fuimos controlándole e imponiendo nuestro juego. Tras el 0-1 tuvimos ocasiones para llegar con mayor ventaja. En la segunda mitad tuvimos al Ponteceso donde nos interesaba, lejos de nuestra meta, y solo en acciones a balón parado, sobre todo en un cabezazo de Matías, nos crearon peligro".

 
Goles : 1-0, Álex Mourelle, (53´).

Árbitro : Santiago Boedo Varela. Puntuación : 5.


Outes CF 4-2 CD Baiñas

Jorge Carou, (Outes CF) : "Na 1ª parte o partido foi igualado, ainda que as ocasións foron locais, pero na primeira aproximación do Baiñas, Pablo Muiño facía gol. Inmediatamente despois, Borja disparaba a porta baiñesa, daba nun defensa e facía o empate. O peor foi o árbitro que se adicou a pitar dende medio do campo e así é difícil dirixir un partido. Pablo muiño puido darlle a volta o marcador, pero erraba un penalti que podía ser o 3-3 e 2 minutos despois o Outes finiquitaba o choque o finalizar unha contra, que os visitantes reclamaron como fora de xogo.

"Tasky", (CD Baiñas) : "Non foi un dos nosos mellores partidos, na primeira parte o meu parecer fomos algo mellores e buscamos máis o gol, ainda que sin oportunidades claras. Adiantaríamonos no marcador con un gol de Pablo e creo que a chave do partido estivo no pronto empate deles, nun gran lanzamento de falta xusto coincidindo co final da primeira metade. Na segunda pronto se puxeron por diante, teríamos a ocasión de empatar a 3 nun penalti que fallaría Pablo, e serian eles os que marcarian o cuarto e sentenciaban unha segunda metade na que foron mellores".

Goles : 0-1, Pablo Muiño, (44´); 1-1, Roi, (propia porta, 44´); 2-1, Elías, (52´); 3-1, Yago, (62´); 3-2, Pablo Muiño, (82´); 4-2, Bruno, (desconto).

Árbitro : Steven Muñíz Lago. Puntuación : 2.




 
-PEMIO "CORSARIO DE HONRA" O MELLOR ÁRBITRO NA COSTA-

As puntuacións aos colexiados pola sua labor son de 0-3 por cada equipo, polo tanto o máximo por encontro son 6 puntos. Esto pretende ser unha maneira de valorar a gran labor dos colexiados, que teñen un papel moi complicado, tendo en conta os erros que se ven ata no fútbol profesional, sendo ata 5 ou 6 árbitros, e que as veces non se ten en conta esto, e son unha parte moi importante do fútbol, que poden fallar coma calquer dianteiro, defensa, adestrador, etc...


NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. www.piratasdemuxia.es non se fairesponsable das manifestacións que son propias individuais de quen as fai".


-PICHICHI-

Manu Nogueira, (Muxía CF), fixo 2 esta semana e xa suma 6.

:  Pablo Muiño, (CD Baiñas), con 15
2º : Dani Mato, (Sporting Zas), con 10
3º : Rober "Pladur", (SCDR Esteirana), con 10, (2 penalti)
4º : Pablo Rama, (SCDR Esteirana), con 8
 5º : Leo Picallo, (UC Cee), con 7, (1 penalti)
- Iván Mato, (UD Cerqueda), Con 7, (2 penalti).


-(Os goleadores son os recollidos en acta polo árbitros)-


-16ª XORNADA-
14/01/2018
 
    U.C. CEE  -  S.C.D. MALPICA   _ : _       
    U.D. CERQUEDA  -  SCDR ESTEIRANA   _ : _       
    CORME C.F.  -  BUÑO S.D.   _ : _       
    U.D. MONTE LOURO  -  CAMARIÑAS F.C.   _ : _       
    SPORTING ZAS  -  MAZARICOS C.F.   _ : _       
    MUXIA C.F.  -  S.D. CORISTANCO   _ : _       
    S.D. PONTECESO  -  C.D. BAIÑAS   _ : _       
    OUTES C.F.  -  LIRA C.F.   _ : _       
 
 

 
-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.100 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 15ª Xda DA LIGA DA COSTA : "O MAZARICOS CEDE TERREO NA PRIMEIRA XORNADA DO ANO". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com