Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 4
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 56357
Ultimo:  Ultimo:
IgnacioPlaix
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 9
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A CRÓNICA : VILLAREAL 1-1 DEPOR : "SI SABEN".
Domingo, 07 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
A CRÓNICA

 
Villareal 1-1 Depor
-"Empate amosando que sí saben"-

"Non era o mellor día para deixar de fumar", decíamos pola mañán na nosa previa, pero o final e tras disipar dúbidas o equipo deu sensación deso, de "equipo", e fixo un gran encontro. Tiña o balón o Villarreal pero sen facer perigo e pola contra o Depor, defendía ben e chegaba con perigo. Un erro defensivo na primeira chegada clara dos amarelos, representaba o 1-0 a media hora de xogo. Tivo un intre de desasosego o equipo e apareceu Rubén para salvar os mobles. Ben e certo que aos 17 minutos Albentosa tivo un remate ao máis puro "9", que non entrou por pouco e antes do descanso xa recuperados do pau do gol, Andone puido poñer o empate. Saeu igual o Depor, con Sidnei, mandando atrás e subindo ao máis puro estilo Djuckic. Mosquera no medio do campo un pulmón e Adrián e Andone arriba asustando, Puido empatar nun man a man Andone, pero gañoulle a partida Asenjo. O Villareal tamén chagaba e topábase cun Rubén extraordinario, e parecía que tiña que vir e veu. Sidnei saeu dende o área, veu pasillo, foi ata liña de fondo, centrou de zurda e Andone no segundo pau perforaba as redes de testa cun remate cruzado. Un punto que sabe moi ben trala semana de despropósitos que vivimos e que lle da fé aos xogadores de que si poden e si valen, e moito máis do que viñeron amosando. Agora espera o vindeiro sábado, (20:45 horas), en Riazor o Valencia, outra dura pedra de toque, pero que se ve doutra maneira tralo amosado polo equipo no Estadio da Cerámica.

Abrindo a nova completa, tes máis polo miúdo a crónica do RC Deportivo.

Segue ca crónica...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...




O primeiro cuarto de hora de encontro transcorreu entre longas posesións de ambos os equipos, con escasa profundidade. A acumulación de homes en mediocampo complicou os avances tanto dos castellonencos como dos herculinos. O Villarreal só roldou a área coruñesa na primeira xogada do encontro, na que Borges despexou a córner un centro ao corazón da área. O Dépor fíxoo nun centro-chute de Juanfran.

No minuto 17, Albentosa estivo a piques de inaugurar o marcador, ao rematar co seu pé esquerdo, en posición de dianteiro centro, unha fenomenal triangulación entre Carles Gil e Adrián. O disparo do central estrelouse no lateral dereito da rede da portería local.

A primeira ocasión do equipo de Javi Calleja produciuse no minuto 27, nun disparo lonxano de Carlos Bacca. O dianteiro colombiano tentou sorprender a Rubén buscando por baixo o pau máis afastado, pero o gardameta branquiazul respondeu, en dous tempos, para conxurar o perigo. Pouco despois, Enes Ünal desperdiciou unha clara oportunidade, pois se durmiu cando quedou só ante Rubén, após un desaxuste defensivo dos deportivistas.

Non desaproveitou a terceira o Villarreal, que abriu o marcador após unha triangulación no extremo esquerdo entre Jaume Costa, Fornals e Bacca que remachou o propio Enes Ünal, xusto cando se cumpría a media hora de xogo. Unha acción similar á oportunidade de Albentosa.

Rubén evitou, dous minutos despois, o segundo tanto vilarrealense, ao rexeitar un potente dereitazo raso de Pablo Fornals.

O Depor sacudiuse eses pouco máis de cinco minutos de dominio do Villarreal que lle concederon a vantaxe no electrónico. Os branquiazuis roldaron o gol no minuto 37, cando Andone entrou na área en vantaxe e, aínda que algo escorado, quedou só ante Sergio Asenjo. O porteiro local despexou a saque de esquina o remate co pé esquerdo do dianteiro romanés.

Coa vitoria pola mínima dun máis eficaz Villarreal concluíron os primeiros 45 minutos de encontro.

Nada máis comezar a segunda parte, Andone non chegou por milímetros a un centro de Adrián desde a esquerda. Un dubitativo Asenjo atrapou o esférico en dous tempos. No minuto 52, o Villarreal tivo a oportunidade de ampliar distancias. De novo Rubén estivo espléndido ao rexeitar un disparo de Samu Castillejo que Albentosa desviou levemente.

Á hora de xogo, Emre Çolak substituíu a Carles Gil, co que Cristóbal modificou a disposición táctica. O turco pasou a xogar por diante da liña de tres centrocampistas de contención e Adrián situouse arriba como parella de Andone.

No minuto 70, Adrián gozou dun man a man con Asenjo. O duro disparo do dianteiro asturiano repeleuno como puido o gardameta local. O Deportivo por entón xa subira as súas liñas de presión, co que comezara a esmagallar ao Villarreal.

Cinco minutos despois, de novo Adrián desbordou no extremo esquerdo, pero o seu pase á área pequena, con Sergio Asenjo superado, non atopou rematador.

No minuto 84, chegou o máis que merecido empate para o Deportivo. Sidnei arrincou ante a pasividade da medular do Vilarreal, para sacarse un fenomenal centro coa esquerda. Andone cabeceou con claridade o balón, que se introduciu na portería local despois de golpear no interior do poste dereito.

Co Dépor buscando máis a vitoria que o Villarreal, unha contra local chegando ao minuto 90 estivo a piques de custar un desgusto ao equipo coruñés. Carlos Bacca tratou de definir desde o bordo da área, após encarar a Sidnei, pero o seu lanzamento escapouse preto do poste esquerdo do marco de Rubén.

Con este empate, o Deportivo sae das posicións de descenso, ao sumar 16 puntos despois de 18 xornadas e antes da visita da Valencia CF ao Estadio ABANCA-RIAZOR, o vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 20:45 horas, coa que se pechará a primeira volta de LaLiga Santander.

Villarreal CF: Sergio Asenjo, Mario Gaspar, Álvaro, Víctor Ruiz, Jaume Costa, Fornals, Rodrigo, Raba (Chuca, min. 76), Samu Castillejo (Cheryshev, min. 64), Bacca e Enes Ünal.

RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Sidnei, Albentosa, Luisinho, Guilherme, Pedro Mosquera (Borja Valle, min. 78), Borges, Carles Gil (Emre Çolak, min. 60), Adrián (Bruno Gama, min. 85) e Andone.

Goles: 1-0 Enes Ünal (min. 30); 1-1 Andone (min. 84).

Árbitro: Medié Jiménez (c. catalán). Cartón amarelo a Víctor Ruiz (min. 28), Álvaro (min. 54), Guilherme (min. 60), Luisinho (min. 72), Sidnei (min. 77), Bacca (min. 77) e Mario Gaspar (min. 77).

Incidencias: partido da 18ª xornada de LaLiga disputado no Estadio de la Cerámica ante 15.442 espectadores.

-(Crónica do rcdeportivo.com)-

+++++++
 
 
 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 56.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
A CRÓNICA : VILLAREAL 1-1 DEPOR : "SI SABEN". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com