Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 12
Total:  Total: 14
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS E RESULTADOS DE TODO O XOGADO NA PONTE DE CONSTITUCIÓN EN XUVENÍS, CADETES, INFANTÍS E SELECCIÓNS SUB 12.
Mércoles, 06 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Base

PONTE DA CONSTITUCIÓN DE FÚTBOL BASE

-Crónicas e resultados-


Gol de Marce no Muxía CF-Xallas FC dos CXuvenís da Costa.

-Crónicas e resultados dos encontros da Ponte da Constitución-

-Ligas Xuvenís, Cadetes, Infantís e Selección Sub 12-

Aquí tedes os resultados e as crónicas dos encontros que se xogaron no día de hoxe e dos que vos informamos na Axenda Futbolística da Ponte da Constitución. Encontros da 1ª Fase do Campionato Galego Sub 12, que se desenrolou durante todo día no Municipal do Conco, (Dumbría), e no que debutou historicamente a Selección da Costa da Morte, e tamén os encontros da Liga Galega Xuvenil, Liga Xuvenil da Costa, Galega Cadete e Liga da Costa Infantil. Ademáis xa vos adiantamos os horarios para esta fin de semana destas ligas.

Segue cos resultados e crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









1ª Fase Campionato Galego de Seleccións Sub 12
Dumbría


A Selección da Costa, (amarelo) debutou historicamente.

 Selección da Costa da Morte 0-8 Selección de Santiago
 Selección da Costa da Morte 1-3 Selección de Ferrol.

Comezou titubenate e pesoulle a inexperienza a Selección da Costa da Morte que caía ante a Selección de Santiago de goleada, pero xa pola tarde e sen os nervos da mañán e o madrugún, plantábanlle cara a Selección de Ferrol ca que caían por un axustado 1-3. Debút histórico nun Municipal do Conco que acolleu un grandísimo ambente para ver as maravillas que ofrece o noso fútbol base.




Liga Galega Xuvenil
15ª  Xornada

 Galicia de Caranza 4-1 CD Calasánz
(Resto de encontros da liga o 8 e 9... ver nas clasificacións).



Liga da Costa Xuvenil
17ª  Xornada


Roi, porteiro do Muxía CF evitou varios goles do Xallas FC.


Muxía CF 3-1 Xallas FC

Gran encontro antre dous equipos de nivel parecido, pero no que tanto un coma outro amosaron que son dous equipos que na segunda volta darán algunha satisfacción aos seus siareiros se os seus xogadores son solidarios e compiten cada semana a este nive. Na primeira metade foron os muxiáns co vento a favro os que levaron o peso do encontro e as ocasións e adiantábanse por medio de Marce o rematar só un saque de curruncho no segundo pau ao máis puro Djuckic nos tempos de Arsenio, aparecendo sen que se pensase só para marcar a pracer, como se pode ver na foto de portada, (ata xoga co 5). Non aproveitou o clube muxián as suas chegadas con perigo e puido empatar por medio de Adrián Mourelle ao que Roi lle paraba un disparo a bocaxarron no área pequena, (na foto). Na segunda metade e tan como se esperaba o vento arreciou con máis forza con intensidade de 25 nós, (en torno aos 48 Kms/h), e o Xallas volcouse sobre a porta muxiana pero topáronse cun Roi que as parou de tódalas cores. O Muxía achicaba auga e sufría, xa que ademáis perdera a Rodri por lesión, que se lle repetía nos adutores. Non foi quen de batir o meta muxián o equipo xalleiro, pero en troques o uxía tivo a sorte que lle faltou noutros encontros e finalizou as suas contadas chegadas e Manuel sentenzaba a pesares de estar a xogar cun menos por expulsión por dobre cartón de Migul Papí, (69´e 74´), con dous tantos de mota calidade na xogada e finalización, (78´ e 82´). Xa no tempo de desconto Brais acurtaba distanzas cun tanto en fora de xogo. Fixo méritos para máis o equipo xalleiro e amosou moi boas maneiras, pero topouse con Roi e cun Muxía moi solidario a hora de defender e moi resolutivo arriba.


Outes CF 2-1 SD Sofán

Adrián, (35´) e Lires del Río, (39´), en catro minutos deixaron moi de cara o encontro para os outeses. David, (52´), acurtou distanzas con moito tempo por diante para sumar algo positivo no encontro para os sofanistas, pero non se movería o marcador.


SD Laxe 3-5 SD Coristanco

Púxose 0-3 o equipo coristanqués cun tanto en propia porta de Manuel, (6´), e Novi, (11´) e Diego Castro, (27´), parecía que deixaban xa sentenzado o choque. Santi Casas pouco despois, (33´), aurtaba distanzas, e de novo poñía terra de por medio o Coristanco cun gol de Braian, (43´). Relaxouse o equipo da Terra da Pataca na segunda metade e Santi Casas completaba un "Hat-trick", (52´e 67´), pero de novo Diego Castro, de penalti, (80´), sentenzaba este duelo de goleadores.


SCDR Esteirana 6-2 CD Baio

Deixou sentenzado o clube esteirán o encontro con dous goles na primeira metade, obra de Sergio, (21´), e Xián, (31´), e un de José Benjamín a volta de vestiarios, (49´) e outro de e Carlos, (62´). Acurtou distanzas Mohedano pouco despois, (66´) e Moreira, (69´). Pero pouco despois Jaime, (70´) e Xián, (73´), competaban a goleada.


UD Corcubión 4-2 Camariñas CF

Encontro cómodo para os corcubioneses que xa o deixaron sentenzado na primira metade para controlar e deixar pasar o tempo na segunda metade. Luis Lojo, (11´), Samuel, (24´), e Alejandro, (40´), deixaron sentenzado o encontro no que acurtaba antes do descanso Bradanca, (42´), pero Alejandro finiquitaba o choque pouco despois, (44´) antes de irse a vestiarios. Na segunda control e deixar xogar o Camariñas que marcaba o seu segundo gol por medio de Barreiro, (52´).


Corme CF 7-1 ED Os Miudos

Encontro cómodo para os cormeláns que sentenzaron e deixaron todo finiquitado na primeira metade con goles de Samu Costa, (3´), Manu Tasende, (11´), Eloy Villar, (19´) e Manu Bermúdez, (43´). Rubén Lago acurtou a volta de vestiarios, (49´), pero a resposta foi inmediata polo lider cun tanto de Eloy, (59´). Aitor, (73´), e Núñel, (79´), completaron a goleada materializando sendos penaltis.


SD Ponteceso 1-2 SD Fisterra

Costoulle o segundo clasificado, Fisterra, dobregar aos da Vila de Pondal a pesares de que se adiantaban por medio de Dani Martínez, (57´), pero empataba para os pontecesáns, Aarón, 880´), con moi pouco tempo para a reacción, pero de novo Dani Martínez batía a Damián, para facer o 1-2 definitivo 4 minutos despois, para seguir na presión o Corme CF.


SD Soneira 2-4 Cabana SD

Saleu moi serio e crwando ocasións o Cabana, pero foi o Soneira o que "pegaba" primeiro cun gol de Fran Moreira, (6´). Non foi ata o 20 de xogo cando Manuel materializaba o empate o aproveitar un rexeita do meta vimiancés, Chrístian. O propio Manuel non tardaba en poñer en vantaxe os cabaneses, (28´), tras aproveitar unha boa xogada de Castro que lle daba un centro perfecto. Igualaba o Soneira por medio de Brais antes do descanso. Xa na segunda metade o Cabana saeu gustándose e xogando moi bo fútbol, e Manuel de vaselina finalizaba unha gran xogada de Simón. Desconcertado o Soneira vía como se lle ía o encontro e máis cando Breo sacaba un centro en longo para Diego Castro que facía o definitivo 2-4. O Soneira buscouno e creou varias ocasións para meterse no encontro pero faltoulle definición.



18ª Xornada
-Comeza a 2ª Volta-

09/12/17 11:30   Muxía CF  -  Cabana SD   _ : _       
09/12/17 16:00   UD Corcubión  -  ED Os Miudos   _ : _       
09/12/17 16:00   Corme CF  -  SD Fisterra   _ : _       
09/12/17 16:00   SD Soneira  -  San Lorenzo SD   _ : _       
09/12/17 16:00   Ponteceso SD  -  Xallas FC   _ : _       
09/12/17 16:00   Outes CF  -  CD Baio   _ : _       
09/12/17 16:15   SD Laxe  -  SD Sofán   _ : _       
09/12/17 17:00   SCDR Esteirana  -  Camariñas CF   _ : _       



Liga Galega Cadete
15ª  Xornada

San Tirso 6-0 Atlético Coruña Montañeros
 Racing de Ferrol "B" 3-3 CD Lugo "B"
CD Conxo 0-3 Deportivo  "B"
(Resto de encontros da liga o 9 e o 10... ver nas clasificacións).



Liga da Costa Infantil
16ª  Xornada

06/12/17 10:00   SD Coristanco  -  UD Cerqueda   0 : 4       
06/12/17 10:30   Outes CF  -  SD Laxe   10 : 0       
06/12/17 11:00   EF As Baleas  -  Corme CF   1 : 5       
06/12/17 11:00   Cabana SD  -  ED Os Miudos   2 : 5       
06/12/17 11:00   EF Concello de Carnota  -  UC Cee   3 : 7       
SUSPENDIDO   CF Dumbría  -  SCDR Esteirana   _ : _       
06/12/17 11:00   CD Concello de Zas  -  SD Ponteceso   4 : 0       
06/12/17 11:00   SD Fisterra  -  Muxía CF   2 : 2       
06/12/17 12:00   Xallas FC  -  SD Sofán   1 : 1       



16ª Xornada
-Final da 1ª volta-

09/12/17 11:00   SD Laxe  -  CF Dumbría   _ : _       
09/12/17 11:00   Corme CF  -  SD Coristanco   _ : _       
09/12/17 11:00   SD Ponteceso  -  Xallas FC   _ : _       
09/12/17 12:00   ED Os Miudos  -  EF As Baleas   _ : _       
09/12/17 12:00   UD Cerqueda  -  SD Fisterra   _ : _       
09/12/17 12:30   UC Cee  -  Outes CF   _ : _       
09/12/17 16:15   Muxía CF  -  CD Concello de Zas   _ : _       
09/12/17 16:30   SD Sofán  -  EF Concello de Carnota   _ : _       
09/12/17 19:00   SCDR Esteirana  -  Cabana SD   _ : _       









-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior).





 
    Versión imprimible
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TODO O XOGADO NA PONTE DE CONSTITUCIÓN EN XUVENÍS, CADETES, INFANTÍS E SELECCIÓNS SUB 12. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com