Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

EN NOME PROPIO . "O CASTINS DA PORTERÍA", (Por Rubén García).
Mércoles, 06 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Pirata-News

-EN NOME PROPIO-


Catro porteiros ocuparon ata agora a porta do Depor.

-En nome propio : "O casting da portería"-

-Artigo de Rubén García-

Unha vez máis volve a nosa sección de artigos de colaboradores, "En nome propio", Rubén García, redactor do DXT Campeón e 2º adestrador do CD Boiro da 3ª División. Dista volta fai un análise individual dos problemas na porta do Depor e a sua visión intrasferible. Abre a nova o completo para ver o artigo.

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.







O casting da portería
-Por Rubén García-

Se non fose porque o Pirata, o poseedor deste tesouro de web, cre por enriba de todo na vontade da xente, ata me atrevería a comentar que un dos porteiros do Depor non fai todo o que está nas súas mans (nunca mellor dito) nos partidos. Ao principio caeu en gracia polo seu simpático e refrescante apelido pero, como os chistes fáciles que se repiten moitas veces, a broma xa era demasiado pesada. Ou lenta. Ou torpe. O de rondar ou pasar dos dous metros sempre gusta nun porteiro, pero tamén hai que movelos. E se nunha falta que pode ser directa, o lanzador da un pase hacia á súa dereita para que tire outro, o que quere parar o balón ten que dar, xa non digo máis, un paso hacia á súa esquerda para poder seguir vendo a xogada. Nin son porteiro nin adestrador de porteiros, pero este home, que só ten 30 anos e pinta de xubilado, da mala imaxe. E dirá a xente: “a culpa non é del, é de quen o pon”.

Coa mesma idade e uns centímetros menos, ¡sube ao ring o púxil polaco! Tal vez con máis intención, sen erros tan maiúsculos, pero ofrecendo pouca seguridade. O de púxil… Calquera diría que non salta ao campo con guantes de boxeo… Toca máis balóns que o anterior, sen dúbida, pero atrapa moi poucos permitindo sempre que as xogadas continúen na súa área. As súas prestacións non son tan sofisticadas: nin é o máis alto, nin o máis áxil, nin o que mellor bloca balóns, nin o que mellor xoga co pé. Non é contundente, non chama a atención e, por enriba, tamén comete erros importantes.

Cando queres unhas botas de fútbol (das boas) ou cando queres o coche dos teus soños (sen escapar da realidade) e o consegues, parece que perde valor. O máis bonito dos soños é precisamente iso, o soño. Cando espertas e te das conta de que non era máis que un soño e que volves á realidade, soes sentir decepción. Pero esa período de tempo no que o imaxinas todo ao teu gusto, ou ese período de tempo no que esperas con ansia esas botas ou ese coche… Ese proceso é o que máis disfrutas. Unha vez que o tes, daste conta de que non é tan perfecto, por un ou por mil motivos, e iso está a pasar no Depor. Nada máis comezar a tempada, lesionouse despois de un par de boas actuacións. Os que o supliron (probouse con tres) fixérono mellor e ese tempo que estivo de baixa botouse moito de menos, pensando incluso que regresaría sendo mellor do que é. A necesidade da súa volta converteuse en obsesión, pero el é un ser humano e no segundo partido cometeu un erro tanto ou máis grave que os dos seus compañeiros.

Houbo un cuarto esta tempada. Pepe Mel, non sei se por colgarse unha medalla, tomou a decisión de morrer con el na porta. Cun porteiro lesionado, cos outros dous a un nivel moi baixo e notando como as agullas do reloxo da súa conta atrás no Depor se lle clavaban nas costas, fixo debutar a un dos cancerbeiros do Fabril. Deulle dous partidos. No primeiro (Eibar) non fallou e no segundo (Girona) si. Foi precisamente tras ese segundo partido cando Pepe Mel pasou a ser historia no Deportivo e o porteiro nixeriano pasou a ser historia no primeiro equipo. Unha das primeiras medidas de Cristóbal tras o seu ascenso foi devolvelo ao Fabril para non volver a xogar co Depor nin en Liga nin en ningún dos dous partidos de Copa.

En 9 xornadas (actualmente vivimos na 14) o Depor utilizou catro porteiros e, se non me equivoco, no mercado de inverno, ademais dun ou de dous centrais, chegará un novo porteiro. E antes ou despois regresará o que para moitos foi o mellor adestrador de porteiros do clube. Porque, ao mellor, esa figura tamén ten algo que ver.








-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior).




 
    Versión imprimible
EN NOME PROPIO . "O CASTINS DA PORTERÍA", (Por Rubén García). | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com